Como facer bos lectores

Page 1

Vive lendo


Un libro é importante porque... 

É unha boa maneira de coñecer o mundo sen moverse da casa.



É divertido porque nenos e nenas conviven cos personaxes e participan das súas aventuras.



Fai voar a imaxinación e enriquece o seu mundo de fantasía.



Un libro sempre te espera e faite compañía cheando moitos momentos de soidade.



Os personaxes proporcionan unha amplía gama de modelos que o neno/a pode elixir e cos que pode identificarse.



Ensina diferentes estratexias e modelos de comunicación.



Enriquece a intelixencia ampliando o vocabulario e ensinando a expresarse oralmente e por escrito. 

As variadas historias

que o neno vive nos libros ábrenlle as fiestras da creatividade.


Cómo facer bos lectores Estimular o gusto pola lectura non é unha tarefa ocasional, debe formar parte do cotiá. Animar á lectura non significa dicir tes que ler; isto pode provocar aburrimento e oposición. Tratase, polo contrario, de lograr que o libro convértase en algo vivo e desexado polo neno/a. Os pais/nais PODEDES COLABORAR:  

Valorade vos a lectura. Se vos ve ler, el tamén lerá. O gusto pola lectura cultivase dende moi pequeno. Comparte co teu fillo/a un tempo de lectura.



O momento de lectura require tranquilidade, sen ruídos, sen TV...



Creade na casa o rincón dos libros.



Aproveitade vivencias dos seus libros para aplicalas á vida cotiá.



Visitade co voso fillo/a bibliotecas e librerías.



Ofrecédelle variedade nos seus libros: poesía, contos, lendas.



Buscade libros adecuados aos seus intereses. UN LIBRO PODE CONVERTERSE COA VOSA AXUDA NUN REGALO ESPECIAL

Criterios de selección Antes de mercar un libro: 

Tende en conta a madurez lectora do neno/a.



Observade atentamente os seus gustos e intereses.



Elixide sempre aqueles libros que conecten co seu mundo.



Non sempre o libro mais vistoso ou mais caro é o mellor. Antes de mercalo comproba se se adapta aos gustos e idade do neno/a.



Por último, se non te dicides por un libro en concreto, non dubidedes en consultar cos mestres/as do teu fillo/a, cos pais/nais dos seus amigos/as, co libreiro, consultar na biblioteca do Centro...


Qué libros prefiren os nosos fillos e fillas TERCEIRO CICLO DE E. PRIMARIA



Libros con tensión narrativa e argumentos complexos.



Libros de aventuras.



Tebeos, letras de cancións.....



Libros de ciencia ficción.



Libros de misterio e detectives.



Libros de humor.



Libros sobre convivencia de diferentes pobos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.