ENTREVISTA AO MEU AVÓ - ¿Fuches ao colexio? - Si. - ¿Como se chamaba e onde se situaba? - Chamábase Emilio Crespo Cano e situábase na parroquia de Sampaio de Navia. - ¿Nel, que estudos fixeches? - Fixen Ensinanza Xeral Básica. - ¿Como era o colexio? - Un edificio de planta baixa para una capacidade de sesenta alumnos aproximadamente. Daquela, non había comedor pero sempre recibíamos polas mañás un almorzo que consistía nun vaso de leite feito neste e polas tardes un bocadillo de queixo. - ¿Cantos libros usabades para as distintas materias? - Usábamos a enciclopedia, onde se resumían todas as materias e o catecismo. - ¿A que xogabades no recreo? - Ao fútbol. − ¿Cales eran os horarios do colexio?
De luns a venres de nove a unha e media da mañá e de tres e media a seis de tarde.
Xoel Traba Costas 5º Primaria