RECUNCHO DE LECTURA “Da horta ao prato” 2014-15
[Escribir texto]
Título: Explorar y crear Autor/a: Clare Youngs Editorial: Editorial Juventud Tomando conciencia da importancia da reciclaxe, os nenos veranse inspirados para saír a explorar e aproveitar ao máximo as infinitas posibilidades creativas que a natureza pode ofrecelos.
Título: Una cocina tan grande como un huerto Autor/a: Alain Serres Editorial:Kókinos Unha extraordinaria viaxe a través do mundo das froitas e hortalizas. Con receitas tas que nos levarán a descubrilas de xeito diferente, datos de como se cultivan ou cal é a súa historia e proverbios de diversas culturas
Título: Y de pronto es primavera Autor/a: Julie Fogliano Editorial:Océano Travesía Un rapaz planta varias sementes para facer un horto e mira cara ao ceo esperando que caia a chuvia. Acompáñano o seu can, unha tartaruga, un coello e algunhas aves. O cambio das estacións e, con elas, as distintas cores da paisaxe están representados con gran detalle en” Y de pronto é primavera”.
[Escribir texto]
Título: Diez semillas Autor/a:Ruth Brown Editorial:Brosquil ediciones Un neno fai 10 buratos na terra nos que coloca 10 pipas de xirasol e espera a que a natureza siga o seu curso: que as sementes xermolen e se convertan en 10 grandes flores amarelas. Pero os lectores comprobarán que non acontecen así as cousas. A medida que vemos como as sementes xerminan e crecen, vemos como diferentes animais e circunstancias van facendo desaparecer as plantas.
Título: de la maceta a la cazuela Autor/a:Deborah Lock e Clare Mary McLean Editorial:Ediciones sm Con este libro aprenderemos a plantar, a cociñar e a decorar os alimentos compartindo marabillosos pratos coa familia e amigos. Un práctico manual de cociña e xardinaría para achegarse ao mundo das plantas
Título:El jardín curioso Autor/a:Peter Brown Editorial:Takatuka Un día, mentres explora a súa cidade monótona e gris, un neno curioso chamado Liam descobre un xardín en apuros. Decide axudar a crecer ás plantas, sen nin sequera se imaxinar o que está a punto de provocar. Co paso do tempo, o xardín cobra vida propia e expándese pola cidade, cambiándoo todo ao seu paso.
[Escribir texto]
Título:Mamá Autor/a:Mariana Ruiz Jhonson Editorial:Kalandraka Editora Un breve poema dedicado á maternidade ilústrase cunha explosión de cor capaz de transmitir as emocións que van ligadas ás relacións nais-fillos: fillos: protección, coidado, vinculación coa tierraA partir dunha ilustración naif e primitiva rimitiva alúdese a todo o que no universo se relaciona coa vida: animais, plantas, auga para conformar un espazo clausurado que se abre na última ilustración cando o fillo crece e pasa a formar parte dun mundo máis amplo. VI Premio InternacionalCompostela Compostela
Título:La jardinera Autor/a: Sarah Stewart Editorial:Ekare Ediciones Nos anos trinta en Estados Unidos a Gran Depresión sumiu na pobreza a moitas familias do campo. Os que teñen familiares na cidade mandan os seus fillos con eles para que traballen. Iso é o que lle acontece á protagonista desta singular historia, Lydia, Lydia a quen lle encantan as plantas e, non obstante, terá que ir a vivir co seu tío Jim,, que traballa nunha panadaría. Aínda que non sabe nada sobre facer pan, Lydia axudará ao seu tío e recibirá da súa avoa sementes coas que irá adornando a casa da panadaría e cultivando un enorme xardín na azotea. É a súa sorpresa para o tío Jim, Jim para que sorría. Finalmente conségueo, cunha festa onde hai un pastel cheo de flores. Un relato entenrecedor contado pola protagonista en forma de cartas breves a todos os familiares. Pouco a pouco o lector coñecerá a vontade desta rapaza ante a adversidade e o seu entusiasmo capaz de superar as dificultades do momento. Cando sexa o momento de partir, r, ocupará un gran lugar no corazón do seu tío. As ilustracións de David Small traballadas con acuarela, pastel e tinta recordan as ilustracións dos anos trinta.
[Escribir texto]
Título:En el jardín Autor/a:Annette Tamarkin Editorial:Océano Travesía Este álbum non ten texto, pero si moita emoción. A que se desprega ao levantar as solapas dunhas imaxes monocromáticas de potente colorido sobre branco, que achegan aos máis pequenos ao mundo da natureza dende a beleza plástica.
Título:Rosa caramelo Autor/a:Adela Turín e Nella Bosnia Editorial:Kalandraka Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade rdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Título:El gigante egoísta Autor/a:Óscar Wilde Editorial:Ekaré Europa Todas as tardes os nenos xogan no fermoso xardín do Xigante, ata que un día este regresa de viaxe e, indignado, clausura o seu xardín pero non pode impedir a chegada duns desagradables visitantes que se instalan sen reparos. Un eterno clásico de Oscar Wilde.
Título:Susana Ojos Negros Autor/a:Marjaleena Lembcke Editorial:SM A nena da casa do lado de Tania non ten nome. Ela a chama Susana Ojos Negros por unha fermosa flor que crece xunto ao valo do xardín. A Tania gustaríalle coñecer a nena, pero non sabe como facelo. Logrará achegarse a ela algún día? Fermosa historia que reflicte a amizade sen prexuízos nin barreiras.
[Escribir texto]
Título:El jardín del abuelo Autor/a:Lane Smith Editorial:Océano Un delicioso álbum que achega unha historia entrañable na que un neno rememora ememora a vida do seu avó xardineiro e a través dela a aparición de moitas referencias históricas, literarias, poéticas... Un libro acumulativo que permite observar unha gran cantidade de detalles curiosos que se plasman a través dunha mestura de liñas e de d estampación. Humor, tenrura e xogo nun libro para ver e falar.
Título:La pequeña oruga glotona Autor/a:Eric Carle Editorial:Editorial Kókinos A eiruga era moi pequena, pero tiña unha fame enorme. Así que se pasou todo este conto comendo, atravesando páxina tras páxina. Ata que finalmente se converteu, como todas as eirugas, en bolboreta. Un libro perforado de verdade pola moi lambona.
Título:Las hadas verdes Autor/a:Agustín Fernández Paz Editorial:Ediciones sm Diana, unha nena, observa dende a súa ventá o terrible incendio que arrasa o monte do Castro. Castro Á mañá seguinte decide subir ao bosque e alí encontra un fantástico ser que cambiará o seu xeito de ver a vida. Unha novela que é un canto á esperanza e a amizade
[Escribir texto]
Título:El hombre que abrazaba los árboles Autor/a:Ignacio Sanz Martín Editorial:Edelvives Felicidade fíxose moi amiga de Marcial, Marcial un vello leñador que lle conta historias sobre o seu traballo. O home recorda as aventuras que viviu en Canadá, onde tallaba talla enormes secuoias, se enfrontou aos perigos dos bosques e coñeceu personaxes inesquecibles. Marcial, ademais, sabe comunicarse coas pegas e comprende todos os segredos da natureza. Un día, non obstante, empeza a perder a memoria. Felicidade, entón, comprende compr o importante que resulta que agora ela se faga cargo de contar as historias do vello leñador.
Título:O home que prantaba árbores Autor/a:Jean Giono Editorial:Galaxia Un libro que fala do valor dunha vontade decidida, a vontade dese home sinxelo e solitario que prantaba árbores como un acto de amor á terra e á humanidade. Un empeño férreo que fai cambiar a paisaxe.
Título:Inventario ilustrado de los árboles Autor/a:Virgine a:Virgine Aladjidi e Emmanuelle Tchoukriel Editorial:Kalandraka Co encanto dos debuxos feitos a man, case coma se tivesen tomado notas do natural para un caderno de campo, estes libros poñen os nenos en contacto cunha forma delicada de mirar e de apreciar o que os rodea. As árbores e as súas singularidades, a forma das súas follas, os seus habitantes ofrecen información e beleza aos nenos que queren saber máis sobre a natureza.
Título:Os bolechas queren saber...que é o solo Autor/a:Pepe Carreiro Editorial:A Nosa Terra Xogos e peripecias contadas e ilustradas por Pepe Carreiro dunha familia, un pouquiño máis numerosa que outras, que aluará os ollos dos pequenos.
[Escribir texto]
Título:Reciclar es mágico y otras aventuras Autor/a:Emma Thomson Editorial:Beascoa Valeria tenlle pavor ás arañas así que non está moi feliz coa idea de Marga de plantar un horto ecolóxico, pero se lle mencionas os batidos de amorodos orgánicos...
Título:Pan de Millo Autor/a:María Campos e Carlos Yus Editorial:Kalandraka Co proceso de elaboración ación do pan de millo como fío condutor, este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua
Título:Los árboles de mi jardín Autor/a:Emmanuel Chanut Editorial:SM As árbores cambian de aspecto ao longo das distintas estacións do ano. Este libro percorre as estacións, e mostra como algunhas árbores perden as súas follas en outono, mentres que outros as manteñen. Existen moitos tipos de árbores con follas diferentes, e polo tanto os brotes que saen en primavera tamén son distintos uns doutros. Neste libro de coñecemento trátase o tema das árbores e as súas características ao longo das estacións do ano. Título:Plantas y flores Autor/a:Lynn Huggins-Cooper Editorial:Everest Ruby ayuda en el jardín. Únete a ella y aprenderás por qué las flores necesitan agua y sol, qué es el polen y cómo se desplaza o qué plantas sirven de alimento a animales y personas.
[Escribir texto]
Título:¿Qué es la agricultura ecológica? Autor/a:Ester Sánchez Editorial:Pintar Que é a agricultura ecolóxica? Libro de coñecemento cheo de cor, con despregables explicando aos nenos conceptos como agricultura ecolóxica, biodiversidade, ecosistema ou equilibrio ecolóxico.
Título:El gran libro del árbol y del bosque Autor/a:René Mettler Editorial:Juventud Dende a prehistoria ata os nosos bosques actuais, este gran libro describe con marabillosas ilustracións as diferentes árbores e bosques do mundo, así como a fauna e a flora a que crece en cada un deles.
Título:Un puñado de semillas Autor/a:Mónica Hughes Editorial:Ediciones Ekaré Tras a morte da súa avoa, Concepción debe abandonar a granxa onde aprendeu a cultivar a terra, para ir á cidade. Alí, cun grupo de nenos da rúa, comparte a súa única pertenza: un puñado de sementes. Xuntos aprenden que unhas sementes poden significar algo máis que comida. O retrato dunha dura realidade acompañada de esperanza e solidariedade.
[Escribir texto]
Título:¿Cómo se cultivan los alimentos? Autor/a:Valérie Guidoux Editorial:SM
Título:Tú puedes salvar el planeta Autor/a: Marta Fenollar Simón Editorial:Lynx Cada día facemos as mesmas cousas (vestirnos, ir a clase, ver os nosos amigos), sen pensar no impacto que as nosas accións teñen no planeta. Pero mesmo os cambios máis pequenos poden significar MOITO para o futuro da Terra. Neste libro descubrirás como prexudicamos xudicamos o medio no noso día a día (cando imos de compras, enchemos a neveira, chamamos polo móbil...). Poderás consultar os datos máis actualizados e encontrarás grandes ideas para axudar ao planeta e achegar o teu granito de area. Toda a información sobre sob a pegada ecolóxica, o Comercio Xusto, a quilometraxe dos alimentos... consellos para axudar ao planeta día a día,, cun diario para anotar as túas accións ecolóxicas.
Título:Salvar el planeta Autor/a:Jacquie Wines Editorial:SM 101 cousas que ti podes facer para protexer o medio.
[Escribir texto]
Título:Las plantas Autor/a:MaríaAntonietta del Moro Editorial:Editex Se ás veces nos parece que no mundo das plantas non sucede nada interesante é só porque non o sabemos observar. De igual modo que os animais, as plantas crecen, loitan, comunícanse, aparéanse e reprodúcense. Grazas á fotosíntese as plantas fan posible a vida de todos os seres viventes, o home entre eles.
Título:¿Por qué debo reciclar? Autor/a: Jen Green e Mike Gordon Editorial:Anaya Por que é importante reciclar? Como podemos contribuír nós á reciclaxe? Acompaña os protagonistas desta historia e encontrarás as respostas a esas preguntas. O libro inclúe notas para pais e profesores, así como actividades lúdicas que axudarán a reforzar o seu contido.
Título:¿Por qué debo ahorrar auga? Autor/a:Jen Green e Mike Gordon Editorial:Anaya Por que é importante non malgastar a auga? Que podemos facer nós para contribuír ao aforro? Acompaña os protagonistas desta historia e encontrarás as respostas a esas preguntas. O libro inclúe notas para pais e profesores, así como actividades lúdicas que axudarán a reforzar o seu contido.
[Escribir texto]
Título:¿Por qué debo proteger la naturaleza? Autor/a: Jen Green e Mike Gordon Editorial:Anaya Por que é importante coidar a natureza? Que podemos facer nós para protexela? Acompaña os protagonistas desta historia e encontrarás as respostas a esas preguntas. O libro inclúe notas para pais e profesores, así como actividades lúdicas que axudarán a reforzar o seu contido.
Título:¿Por o:¿Por qué debo ahorrar energía? Autor/a: Jen Green e Mike Gordon Editorial:Anaya Por que é importante non malgastar a enerxía? Que podemos facer nós para contribuír ao aforro enerxético? Acompaña os protagonistas desta historia e encontrarás as respostas a esas preguntas. O libro inclúe notas para pais e profesores, así como actividades lúdicas que axudarán a reforzar o seu contido.
Título: Cuida tu planeta Autor/a:Jean Michel Billioud Editorial:SM Aprende a coidar o noso planeta! Descubre o teu mundo con estes divertidos libros interactivos! Xira as rodas, abre as ventás e desprega as solapas para descubrir moitas cousas sobre a Terra.
[Escribir texto]
Título:Mi pequeño manual de desarrollo sostenible Autor/a: Editorial:Zendrera Zariquey
Título:Nuestro jardín Autor/a:Andrea Erne Editorial:Elfos Ediciones Que crece e ule no noso xardín? Como se reproducen as plantas? Para que son útiles os insectos? Que renxe e murmura de noite no xardín? Que crece nun horto? Que podemos obter? O libro responde sponde a estas e a moitas outras preguntas.
[Escribir texto]