PROPOSTAS 30 de xaneiro: DÍA DA PAZ Achégase un día importante que como todos os anos nos gusta celebrar "O día da Paz" A biblioteca e o departamento de Orientación fai as seguintes propostas: Na hora de ler: realizaremos un pequeño acto. -
Un alumno/a de 6º de EP, lerá a frase de María Zambrano:
" A paz é moito máis que que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa” -
E recitarán a seguinte poesía: SOLDADOS DE ROSAS Era un soldado de chumbo que lle gustaba xogar. Xogaba coas gaivotas e cos peixes do mar. Todos xogaban con el, todos querían xogar. Unha tarde levárono nun camión a loitar. Ía á guerra o soldado que só sabe xogar. -Ti, dispara-ordenáronlle. -Que teño que disparar? Eu non sei o que é un tanque, eu non podo facer chorar. E o soldadiño de chumbo colleu rosas da roseira e converteunas en pombas que xogaban á paz. E din que o inimigo veu con el a xogar. Se este conto che gustou volvereicho contar.