Resumen conto rosa caramelo

Page 1

CONTO ROSA CARAMELO 1º EP O libro narra a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e outros viven de xeito separado e teñen actividades diferentes, ata a súa cor é distinta. Os elefantes son grises, comen herbas verdes, bañanse no río, envórcanse na lama e durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas son rosas, non comen herbas verdes, non se bañan no río, non se reenvorcan no lama e non durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas están encerradas nun xardín valado, comendo unhas flores que non lles gustan porque saben mal e levan zapatiños, babeiros e lazos tamén de cor rosa para volverse máis rosas. Os elefantes non levan nada para facerse máis grises, nin comen flores que saben mal. De entre todas as elefantas destaca unha, Margarida, que é de cor gris e por máis que intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosa, non o consegue. Cando xa se perde a esperanza de que Margarita se volva rosa para que un elefante queira casarse con ela, toma a decisión de saír do valado, quitar os seus adornos rosa, e xogar a ser unha elefanta libre igual que os elefantes que nunca estiveron encerrados no valado. A súa iniciativa serve de modelo para que as outras elefantas fagan o mesmo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.