Visita a Naturnova O 12 de marzo os alumnos e alumnas de 2º ciclo de Educación Primaria visitaron o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova. Está formado por tres salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, Nuestro Planeta e o Home e o seu medio.
Vestíbulo Os alumnos e alumnas realizaron un "paseo en submarino". Consistiu nunha recreación da natureza somerxida, en tres dimensións, nun simulador que realizou unha viaxe virtual ao fondo da ría.
Nunha pantalla, no chan, puideron ver imaxes reais do fondo da ría que son o resumo do vídeo "Baixo ás ondas dás rías" premiado en Antibes (o certame de vídeo submarino máis importante do mundo).
SALA I. O UNIVERSO Grazas a unha pantalla circular viaxamos polo sistema solar. Dende un ordenador os alumnos e alumnas dirixiron a operación marcando os nomes dos planetas.
SALA II. O NOSO PLANETA Nesta sala explícase a importancia de todos os compoñentes da biosfera: o aire, a auga, o chan e os propios seres vivos. Realizaron un crebacabezas con pezas dos distintos continentes. Á dereita do crebacabezas viron as distintas fases polas que pasaron.
Os alumnos e alumnas sobrevoaron Galicia nunha viaxe virtual para localizar algúns puntos de interese natural (ecolóxico, xeolóxico,...) dos cales obtiveron imaxes reais en pantalla e información a través dos auriculares.
Nunha pantalla aparecían sucesivamente imaxes de diferentes especies, para darnos unha idea da enorme variedade de seres vivos que existen no planeta
SALA III. O HOME E o SEU MEDIO. Os paneis desta sala ensinaron aos alumnos e alumnas como o home utilizou os recursos que a natureza ofrece, ao longo da historia e qué impacto puido producir no medio. Observaron como a auga se contamina cada día máis por residuos industriais, agrícolas, gandeiros, augas fecais, lixos domiciliarios e outras causas. As tapas tiñan distintas imaxes de augas contaminadas. Ao levantalas puideron descubrir augas limpas.
Na maqueta de "Enerxía Eólica" viron como ao pulsar o botón saía aire do tubo que movía as aspas do pequeno aerogenerador. A enerxía mecánica que se producía, era transformada en enerxía eléctrica que acendía a lámpada.
A través do olor tamén puideron detectar distintos tipos de contaminación. Premendo o botón e achegando o nariz tiveron que adiviñar a que ulía. Ao pasar un tempo iluminábase unha fotografía que nos desvelaba que producía ese "fedor".
Os tres cubos, do centro da sala, ensinábannos imaxes dos "paquetes" correspondentes a distintos tipos de residuos (vidro, teas, papel, metais, ...)
Finalmente, mediante un test puideron co単ecer o seu grao de responsabilidade con respecto ao medio.