Xincana literaria

Page 1


XINCANA LITERARIA O vindeiro día 23 de abril celébrase o Día do Libro, data que dende o ano 1995 foi escollida pola UNESCO. Por que este día? Pois porque coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616 (aínda que realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentres que Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano, que corresponde ao 3 de maio do calendario gregoriano). Nesta data tamén

faleceron William

Wordsworth (en1850)

e Josep

Pla (en

1981).

Para festexalo este curso imos a realizar dúas actividades:

- Apadriñamento lector. - Xincana en Secundaria.

O apadriñamento lector é unha actividade que xa realizastes outros anos os alumnos de 1º da ESO converterédesvos o xoves a 1ª hora (coincidindo coa Hora de ler ) en lectores para os vosos afillados de primaria. Se o tempo o permite distribuirédesvos pola zona exterior do centro. No caso de que non fose así, estáredes cos vosos afillados repartidos entre a Biblioteca, o salón de actos e o pavillón.

Este ano como novidade, divertirémonos aprendendo cunha xincana literaria. Todos os cursos teredes que organizarvos en dous grupos equitativos. Teredes que encontrar os dez globos que se repartirán polo exterior do centro. Debaixo de cada globo haberá unha pregunta que deberedes resolver axudándovos da información que encontredes na bIblioteca. Cada grupo resolverá a metade das preguntas (grupo A as 5 primeiras, grupo B as 5 restantes). As preguntas versarán sobre literatura francesa, castelá, inglesa e galega. Moitas das preguntas terán sido formuladas por compañeiros vosos doutros cursos. No momento que atopedes a resposta teredes que comunicalo ao profesor


encargado, no caso de que fose correcta poderiades continuar co seguinte globo, nunca antes.

Ao finalizar a décima, un dos encargados anotará o tempo que empregastes en facer todo o percorrido e gañará a clase que necesitase menos. Non esquezades que o tempo de cada clase é a suma do empregado por cada grupo. Recordade que só poden estar a resolver as preguntas aqueles integrantes do grupo correspondente (A ou B), o resto permanecerá esperando e animando. Nunca poderán saír a buscar o globo máis de tres alumnos e, cando o atopen, terán que entregar inmediatamente a pregunta ao resto do grupo e permanecer en espera ata a seguinte. Como vedes teredes que ter moi clara a vosa función no grupo e que a organización sexa perfecta para que logredes o mellor tempo.

Ánimo! e…Que gane o mellor!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.