¿QUE É UNA RONDALLA? Rondalla é unha palabra que deriva da "ronda española" na que se canta unha "serenata". É un grupo de músicos, sobre todo homes (algo que está cambiando hoxe en día) que cantan e tocan diferentes instrumentos, a maioría de corda como mandolinas, guitarras, bandurrias, violíns, laudes ... e por suposto as pandeiretas. Antigamente, os obxectivos das rondallas eran varios, como a difusión das festividades e as peregrinacións populares ou o cortexo de algunha muller. Hoxe a súa función é máis festiva e lúdica, formada por grupos de amigos e amigas que buscan divertirse e gozar do seu amor pola música.
AS RONDALLAS EN FERROL. UN POUCO HISTORIA. En Ferrol, dise que as primeiras rondallas aparecen grazas aos traballadores dos astilleiros, que cantaban en bares, tabernas e festas da cidade. Os pioneiros que comezaron a rondar á muller de ferrolá nos anos 60 do século pasado foron "Os Cabaleiros de Esteiro", un grupo que comezou esta tradición alá polo ano 1886. A famosa Noite das Pepitas celébrase na noite do 18 de marzo como homenaxe á festividade de San Xosé (19 de marzo), na que se lle canta a todas as Josefas, Pepas, Pepitas, Josefinas, etc. Os rondallistas teñen a súa propia roupa, formada principalmente pola capa, a camisa, o lazo, a bufanda e as cintas con escarapelas. Ademais, cada grupo identifícase por elementos comúns, como a cor e a súa propia "bandeira", que adoita ser transportada por un membro que dirixe o grupo.
A NOITE DAS PEPITAS. É unha festa onde a música é a protagonista. Celébrase o 18 de marzo, véspera do San Xosé. É un gran día en Ferrol, un día dedicado a homenaxear á muller ferrolá.
A noite das Pepitas conta con máis de 120 anos de historia, e converteuse nun emblema da cidade. Por este motivo, desde setembro de 2013 foi declarado Festival de Interese Turístico de Galicia. Nos últimos anos, volveuse popular que algunhas tendas e establecementos de restauración distribúan, entre os seus clientes, os famosos "bicos". Un biscoito en forma de corazón recheo de laranxa e cuberto con chocolate negro que foi deseñado pola Escola de Hostelería de Pontedeume. Cando remata a noite, a tradición é que cada rondalla acompañe á súa madriña ata o portal da súa casa e, alí cántanlle a derradeira canción como despedida.
AS RONDALLAS DE FERROLTERRA. As rondallas máis destacadas de Ferrolterra son as seguintes: Sonidos del Alba (Ferrol) Bohemios (Ferrol) Añoranzas (Ferrol) Rondalla do Club de Campo (Ferrol) Lucero del Alba (Neda) Rondalla Mugardesa (Mugardos) Trovadores de Ares (Ares) Rondalla de Cariño (Cariño).
Cada rondalla conta co seu propio cancioneiro para esa noite, na que non faltan habaneras, pasacalles e valses. As letras das cancións están impresas nun folleto chamado “pañuelo” que, os rondallistas, van entregando á xente para que poidan seguir as súas cancións e acompañalos cantando. Aínda que a maioría das cancións son de amor e están dedicadas ás mulleres, tamén existen outro tipo de temáticas populares nas letras das cancións, como por exemplo as sobre tradicións ferrolás e a vida cotiá, sobre os barrios máis populares da cidade (como o de Esteiro) e, incluso existen letras cun certo fervor relixioso sobre a Virxe de Chamorro. Como exemplo, imos ver a letra dunha canción popular que cantan todas as rondallas, dedicada á cidade: “Ferrol donde yo nací”.
FERROL DONDE YO NACÍ
FERROL FERROL FERROL DONDE YO NACÍ BAJO UN ARDIENTE SOL VALLE DONDE YO ASPIRÉ EL PERFUME DE AMOR DE UNA BELLA MUJER FERROL FERROL FERROL DONDE YO NACÍ BAJO UN ARDIENTE SOL VALLE DONDE YO ASPIRÉ EL PERFUME DE AMOR DE UNA BELLA MUJER ADIOS NOVIA QUERIDA SON TUS DIENTES DE NACAR Y EN TUS OJOS SE RETRATA LA IMAGEN DE UN PURO AMOR NO TE ACUERDAS CUANDO ME DECÍAS CONTEMPLANDO LA PÁLIDA LUNA YO NO PUEDO QUERER MAS QUE A UNA YO NO PUEDO QUERER MAS QUE A TI EL ASTRO DEL DÍA APAGA LA LUZ Y ENCIENDE EN LA NOCHE SU NEGRO CAPUZ EN UN VALLE DE LÁGRIMAS VÁMONOS AL FERROL ADIOS CORUÑESA ADIOS, ADIOS, ADIOS EL ASTRO DEL DÍA APAGA LA LUZ Y ENCIENDE EN LA NOCHE SU NEGRO CAPUZ EN UN VALLE DE LÁGRIMAS VÁMONOS AL FERROL ADIOS CORUÑESA ADIOS, ADIOS, ADIOS
OS INSTRUMENTOS DE CORDA DAS RONDALLAS
Guitarra: É un instrumento de corda pulsada. Está composta por unha caixa de resonancia que, a maioría das veces ten un burato no medio; por un mástil sobre o que van adosados os trastes que permiten facer as diferentes notas musicais; e por 6 cordas. As cordas están feitas con nailon e as máis graves, a maiores, levan un entorchado de bronce ou niquel.
Bandurria: É un instrumento de corda pulsada que se toca con púa. Ademais da súa forma, a diferencia coa guitarra é que a bandurria ten 12 cordas agrupadas en 6 pares. Actualmente soen fabricarse cos dous primeiros pares metálicos e os catro últimos entorchados.
Violín: É un instrumento de corda frotada de orixe italiana. Consta principalmente dunha caixa de resonancia que posúe unhas elegantes formas ergonómicas, dun mástil, dun clavixeiro e de 4 cordas de metal ou entorchadas. O violín sóese tocar cun arco que se frota sobre as cordas pero, tamén é posible beliscar as cordas.
Laúd: É un instrumento de corda pulsada que ten a súa orixe na idade media. A peculiaridade deste instrumento é que ten a caixa de resonancia abombada. Tamén conta cun mástil cuberto polo diapasón e cun clavixeiro. Ao igual que a bandurria, conta con 12 cordas de metal afinadas en pares.
A PANDEIRETA Non hai rondalla que non conte con algún pandereteiro. A pandeireta é un instrumento de percusión con ton indeterminado. Está formada por un ou dos arcos superpostos provistos de sonallas de ferro ou latón. Por un dos lados, o oco está cuberto por pel moi estirada de ovella ou panza de burro.
AS ESCAPERLAS Son un emblema típico da vestimenta dos rondallistas. Fanse con lazos de cores en forma de rosetón e vai sobre unha cinta larga na que vai bordada algunha mensaxe característica da rondalla. As escaperlas colócanse sobre a capa negra dos rondallistas e é o elemento que caracteriza a cada un deles.