ENFERMIDADES MENTAIS

Page 1

AS ENFERMIDADES MENTAIS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA A SAÚDE


SAÚDE E ENFERMIDADE Que é a saúde? A saúde é un estado de benestar físico, mental e social. Se o noso corpo funciona ben e nos sentimos a gusto co que facemos, co noso ambiente e cos demais, temos saúde. ÁS VECES ACONTECE ALGO QUE FAI QUE O NOSO CORPO NON FUNCIONE BEN OU QUE NON NOS SINTAMOS A GUSTO. DICIMOS ENTÓN QUE CAEMOS ENFERMOS.

Que é a enfermidade? A enfermidade é calquera situación na que a nosa saúde se altera ou se perde en maior ou menor medida, Maniféstase con síntomas ou sinais de que algo non funciona ben.


Que son as enfermedades mentais? As enfermidades ou trastornos mentais son afecciĂłns que impactan o pensamento, sentimentos, estado de ĂĄnimo e comportamento. - Poden ser ocasionais ou duradeiras. - Poden afectar a capacidade de relacionarse cos demais e de funcionar cada dĂ­a.


Qué tipos de enfermedades mentais existen? As máis frecuentes son os trastornos de ansiedade e a depresión, pero tamén existen outras como: o trastorno bipolar a esquizofrenia a psicose a demencia as discapacidades intelectuais os trastornos do desenvolvemento


1. Depresión A depresión é un trastorno mental frecuente que afecta máis a mulleres que a homes. As persoas con depresión presentan tristura, perda de interese e de capacidade de desfrute, culpabilidade, baixa autoestima, trastornos do sono ou do apetito, cansanzo e falta de concentración. Pode presentar síntomas físicos sen causa orgánica. Os casos máis graves poden conducir ata o suicidio.


2.Trastornos de ansiedade Os máis coñecidos son as fobias, o trastorno obsesivo compulsivo e o estrés postraumático. - As fobias, sentimentos de ansiedade e pánico que interfieren na actividade diaria e son difíciles de controlar. - O trastorno obsesivo-compulsivo caracterízase pola presenza de obsesións (ideas recurrentes) e compulsións (conductas repetitivas que seguen determinados patróns) - O estrés postraumático está desencadeado por ter vivido ou observado un evento aterrador. Os síntomas incluen pesadelos, angustia e pensamentos incontrolados sobre o citado evento.


3. Trastorno afectivo bipolar Adoita caracterizarse pola alternancia de episodios maniacos e depresivos separados por periodos de estado de ánimo normal. Durante os episodios de manía, o paciente presenta un estado de ánimo exaltado ou irritable, hiperactividade, autoestima elevada e una disminución da necesidade de durmir.


4. Esquizofrenia e outras psicoses A esquizofrenia é un trastorno mental que aparece, xeralmente, a comezos da idade adulta. As psicosis, entre elas a esquizofrenia, caracterízanse por anomalías do pensamento, a percepción, as emocións, a linguaxe e a conducta. As psicoses adoitan ir acompañadas de alucinacións (oir, ver ou percibir algo que non existe) ou delirios (ideas persistentes das que o paciente está plenamente convencido que que non se axustan á realidade). Todo isto pode ser causa de que a persoa non traballe ou estude con normalidade.


5. Demencia Este trastorno, de natureza progresiva, caracterízase polo deterioro da función cognitiva máis alá do que podería considerarse un envellecemento normal. Afecta á memoria, ao pensamento, orientación, comprensión, aprendizaxe, linguaxe e xuízo. O deterioro cognitivo adoita ir acompañado do deterioro do control emocional e do comportamento social. A demencia está causada por diversas enfermedades ou lesións que afectan ao cerebro como o Alzheimer ou os accidentes cerebrovasculares.


6. Trastornos do desenvolvemento É un termo xeral que abarca discapacidade intelectual e trastornos do desenvolvemento, entre eles o autismo. Adoita comezar na infancia e tenden a persistir na idade adulta causando disfunción ou retraso na maduración do sistema nervioso central - O retraso mental afecta á capacidade de adaptarse ás esixencias cotiás da vida. - Os trastornos xeralizados do desenvolvemento e o autismo afectan a factores sociais, de comunicación e linguaxe, así como intereses e actividades que realizan repetidamente.


Que causa os trastornos mentais? Non hai una soa causa, senón varios factores que contribúen: - A xenética e a historia familiar - As experiencias da vida - Factores biolóxicos e desequilibrios químicos - Lesións cerebrais - Eposición a determinados productos durante a xestación - Enfermedades graves - Illamento social - Consumo de alcohol ou drogas


Quen estĂĄ en risco de padecer enfermedades mentais? Son trastornos comĂşns, e algĂşns de eles poden aparecer en calquera momento da nosa vida.


Cómo se diagnostican os trastornos mentais? Os pasos para obter un diagnóstico inclúen: - historial médico - exame físico - avaliación psicolóxica


Cales son os tratamentos para as enfermedades mentais? Depende do tipo de trastorno, desde terapias psicolóxicas, psicofårmacos, apoio social, terapias especializadas‌


3º ESO A MARZO DE 2019 UN TRABALLO DE

SOFÍA GUTIÉRREZ PEREIRA E YONI IGLESIAS SAMPEDRO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.