BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: Alimentación E nutrición
Adolescentes E alimentación Os hábitos alimentarios adóitanse establecer durante os primeiros anos de vida, por iso é importante que teñamos claros tanto as nosas necesidades nutricionais como os conceptos básicos sobre unha dieta sa e equilibrada. Cando se acada á adolescencia, as necesidades calóricas poden rondar as 2100 calorías para as moz as e as 2700 calorías para os mozos. Pero non debemos falar só de calorías, dado que a combinación adecuada de alimentos aportaranos non unicamente a enerxía necesaria para realizar a s nosas actividades diarias, senón tamén os materiais de construción para o noso corpo, así como elementos que regularán todos os procesos físico-químicos que se leven a cabo no noso interior. A carencia ou o exceso de calquera dos elementos fundamentais pode traernos serios desgustos nesta época na que madura o organismo, desde deficiencias vitamínicas e minerais, ata diabetes, obesidade, tendencia a padecer enfermidades cardiovasculares, incluso cáncer. Así que a nosa alimentación convértese nunha das claves da saúde, xunto co exercicio físico moderado, o descanso e unha vida tranquila, o máis exenta posible de estres. Os adolescentes teñen case sempre un apetito voraz que se corresponde con necesidades enerxéticas incrementadas. Iso leva moitas veces a comer entre horas, e tamén a inxerir os alimentos sen gardar normas como sentarse tranquilo á mesa. O almorzo non recibe a atención adecuada, sendo, como é, a comida máis importante do día, sobre todo porque a continuación chegan as horas de maior actividade no centro escolar. Máis adiante falaremos dos alimentos precociñados e dos tentempés, así que agora centraremos a atención no que se debería comer a estas idades. Os adolescentes teñen unha gran necesidade de todos os nutrientes, en especial de enerxía e proteínas para ter un organismo forte e san, así como Bioloxíía e Xeoloxíía 3º ESO I.E.S. Illa de Tambo
Paí xina 1