GUÍA TURÍSTICA DE CARRAL
Elaborada polo alumnado de 6º B do C.E.I.P. Vicente Otero Valcárcel
ÍNDICE 1.- Non somos invisibles………………….páx. 3 2.- Tempos pasados………………………páx. 8 3.- Come soñando………………………..páx. 16 4.- Paraíso natural……………………….páx. 20
NON SOMOS INVISIBLES CARRAL O Municipio de Carral está situado na parte centro-norte da comarca setentrional da provincia da Coruña, a 17 quilómetros da capital provincial, en plena estrada nacional.
LÍMITES Carral delimita co Concello de Cambre polo norte, Ordes e Mesía ao sur, Abegondo ao leste, Cerceda ao oeste, e co municipio de Culleredo ao noroeste. Ocupa unha superficie total de 48 Km², que representa o 0,6% da provincia.
POBOACIÓN * 6237 habitantes (INE 2017 ) * Densidade : 118’09 hab/km ²
PARROQUIAS Está formado por oito parroquias: * Beira (Santa Mariña): 9,735 Km². * Cañas (Santa Baia): 3,338 Km². * Vigo (San Vicente): 4,760 Km². * Paleo (Santo Estevo): 8,172 Km². * Quembre (San Pedro): 5,118 Km². * Sergude (San Xián): 2,481 Km². *Sumio (Santiago): 9,334 Km². *Tabeaio (San Martiño): 5,016 Km².
1 San Vicente de Vigo. Fonte do Pío.
FESTEXOS Festa do Queixo, é unha festa de carácter gastronómico na que dan cita ás queixerías da zona. Celébrase no mes de abril. Festa do Pan de Carral, non ten ningunha data fixa no calendario, pero entre os meses de maio e xuño na que se enxalza este afamado produto que sae das numerosas panaderías deste pobo. Festa do Socorro, celébrase arredor do 8 de setembro, en honra a súa patroa. Dentro da mesma destaca o festexo gastronómico, a festa da empanada, que se desenrola en torno a este produto gastronómico de tradición das panaderías do municipio. Magosto, é outra festa de carácter gastronómico onde xente se reúne arredor dun bo puñado de castañas.
Festa de San Estevo, 26 de decembro en honra ao patrón do pobo.
TRANSPORTE PÚBLICO Servizo de autobús (Santiago-Coruña) O Canedo: 7:15,8:45,9:45,10:45,11:45,13:00,14:45,16:15,17:15,20:15. Herves: 7:20,8:50,9:50,10:50,11:50,13:05,14:50,16:20,17:20,20:20. Ponte Lago: 7:23,8:53,9:53,10:53,11:53,13:08,14:53,17:23,20:23. Carral: 7:25,8:55,9:55,10:55,11:55,13:10,14:55,16:25,20:25. Esperón: 7:30,9:00,10:00,12:00,13:15,15:00,16:30,17:30,20:30. Servizo de autobús, Asicasa ASC Liña 4052 / Coruña E.A Vilaboa -Outelo-Sigrás Carral De luns a venres cada hora dende as 7:10 ata as 20:10,os sábados cada 2 horas de 7:10 ata 22:30 e os domingos ás: (11:10,13:10,19:10 e 21:10). ASC Liña 4.052/ Coruña E.A – Vilaboa- Outelo – Sigrás-Carral-Cañás. De luns a venres ás: ( 7:55,10:55 e 15:55),os sábados:( 10:55 e 18:55),domingos e festivos ( 10:55 e 18:55). ASC Liña 4052/ Coruña E.A Vilaboa-Outelo-Sigrás-Carral-Santa María de Vigo. De luns a venres as:(7:55,10:55 e 15:55),os sábados:(10:55 e 18:55),domingos e festivos sen servizo.
TELÉFONOS DE INTERESE Concello: 981 67 0002 Casa da cultura: 981 67 25 80 Complexo deportivo: 981 61 34 18
Toñito Espiñeira: 981 61 35 20 Policía Local: 689 544 311 Biblioteca infantil: 981 67 27 32 IES Carral: 881 96 04 80 CEIP Vicente Otero Valcárcel: 881 880 446 CEIP Tabeaio: 981 67 03 96 Escola Infantil Galiña Azul: 981 67 15 14 Centro de saúde: 981 67 21 86 Punto limpo Os Capelos: 607 266 033 Cuartel Garda Civil: 981 67 02 03 Emerxencias: 112 Emalsa Carral: 981 67 05 28 Emalsa A Coruña: 981 24 23 22 Consorcio As Mariñas: 98178 47 04 Correos: 981 67 11 88 Taxis Carral: 981 67 02 57 Estación de autobuses Coruña: 981184335 Estación de autobuses Santiago: 981 54 24 16 Ambulancia e urxencias: 061 Incendios: 085 Permiso de queima: 902 112 000
Farmacia J.B. Lois Carral: 981 67 000 4 Farmacia Seijas Tabeaio: 981 67 0602
CENTROS ESCOLARES DE CARRAL Ceip Vicente Otero Valcárcel Nel impártese educación Infantil e Primaria. Está situado na Rúa Alcalde Juan Seijas. IES Carral Localízase na rúa Costa do Pincho Carral. Ceip Tabeaio A súa localización é en Esperón, na parroquia de San Martiño. Gardería Galiña Azul Localízase en Rúa Alcalde Juan Seijas.
TEMPOS PASADOS A vila de Carral é coñecida entre outras cousas polos seus monumentos históricos, tanto igrexas, coma pazos ou castros. Ademais nesta pequena vila houbo un gran percance co presidente Narvaez. A partir deste problema construíuse un monumento no centro de vila chamado “Os Mártires”. Vexamos algúns destes monumentos ou obras arquitectónicas:
IGREXA DE PALEO: A primeira mención da igrexa de Paleo é no Trutiria do ano 868, que foi referencia das parroquias do territorio Nemidas ou Nerdas < Noticia de ecelesis que sent in Nemitas de sede hyirense ex antiquo :id ,est scm. Tirasens de Mauogodo : scm , santi stephanum paleo >. Atopáronse outros rastros baixo a igrexa durante os séculos VIII e IX. A igrexa actual data do século XVIII, de estilo Neoclásico e con dúas capelas laterais adicadas a San Xosé e Cristo de Coralo. Sitúase nunha zona con fonda tradición de cultos ou asentamentos . O mais importante desta histórica igrexa son os sepulcros dos mártires.
CASTRO DAS TRAVESAS: O castro ten unha planta circular. Despois das limpezas que foron realizadas en 2006 e os estudos que xurdiron, fixan unha extensión dunhas 12 hectáreas, polo que está considerado o castro mais grande e extenso de toda a cidade da Coruña. No interior, en 2006, documentáronse estruturas de postes de madeira fincados na rocha e asegurados con dronzas entrenzadas e cubertas de vexetais. A construción é autóctona.
IGREXA DE SAN MARTIÑO DE TABEAIO: A igrexa de Tabeaio, da que se teñen datos dende 1700, ten a súa fachada e o seu campanario en pedra, mentres que o resto do edificio foi encalado. Acolle un interesante retablo con imaxes de San Xosé, o Sagrado Corazón de Xesús, San Martiño e San Roque .
IGREXA DE SAN XIÁN DE SERGUDE: Desta igrexa xa se ten coñecemento dende a Idade Media. Aquel edificio foi substituído polo templo que coñecemos hoxe. Tan so a súa fachada e o campanario se conservan en pedra. Conta con imaxes de San Xián, a Virxe da Carme Purísima. Tamén dispón de dúas imaxes de San Antonio.
IGREXA DE VIGO: Existen certos rexistros na historia que comunican que esta catedral, situada en Santa María de Vigo, puido ser construída no século XII, así aparece nun documento de 1156, no cal se reparten as 16 parroquias de Tui entre o bispo Don Pelayo Méndez e o seu cabildo. Tamén aparece mencionado o documento do 1170 no que o rei Fernando II de León lle outorga á igrexa o bispado en forma de recompensa . A este monumento seguiuno un cambio gótico finalizado no ano 1403. En certos anos como pode ser o 1809 explotou un polvorín moi preto dela, no Castelo do Castro A igrexa tivo que ser protexida de novo dado a que sufriu uns grandes danos.
IGREXA DE SAN PEDRO DE QUEMBRE: Esta igrexa de San Pedro de Quembre está situada como ben di o nome, en San Pedro, un lugar de Quembre ao lado de Esperante. Foi construída e inaugurada no século XIX, no lugar onde se atopa unha capela románica. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais estando activa. Ao ser creada no século XIX, esta igrexa é toda unha antigüidade e un gran monumento histórico tanto como por valor histórico, como por cristián e por anos de existencia en San Pedro de Quembre.
SEPULCRO DOS MÁRTIRES: Se lles coñece como Mártires de Carral aos sublevados militares galegos que loitaron contra o presidente do goberno español chamado Narváez. Ocorreu baixo o reinado da raíña Isabel II en España, que nese momento era unha moza de 13 anos. O presidente do goberno era o xeneral Narvaez. Este estableceu unha ditadura que provocou protestas e levantamentos populares. O día 2 de abril de 1846 tivo lugar unha desas revoltas contendo liberais encabezados polo coronel Miguel Solís. Chegou a disolverse coa axuda do consello provincial e a deputación, pero outros pobos uníronse á revolta para vencer a Narváez. Tras isto o xeneral e presidente respondeu enviando tropas baixo o mando da raíña Isabel II. O 23 de abril comezou a Batalla de Cacheiros entre as tropas do xeneral e os encabezados de Miguel Solís. As tropas galegas de Solís finalmente foron derrotadas pola gran superioridade das forzas gubernamentais de Narvaez. As tropas perdedoras foron sometidas na capital de Galicia a cumprir co castigo imposto por Narvaez. O coronel Miguel Solís ,foi levado a igrexa, concretamente a Paleo, para enterralo. De aí dise que son as tumbas dos Mártires.
PAZO DE RIBEIRA: Este antigo pazo está situado, como ben di o seu nome, no lugar de Ribeira, á beira do río Barcia e preto de Ponte Lago. É unha casa de planta rectangular realizada en cachotería con cantería en xambos, linteis e esquinas. Mais adiante engadíuselle unha galería de madeira pintada en branco. Este pazo ten un escudo mostrando as armas da Solaza e das Alverado. A capela que contén no seu interior está adicada a San Xosé Bautista. Este pazo sitúase na parroquia de Quembre, que se atopa nun pequeno pobo da cidade da Coruña.
PAZO DAS CADEAS: En abril de 1690, España espera a chegada da nova Raíña Mariana de Neoburgo que antes casara co rei Carlos II. O rei non acudiu a recibir a súa nova esposa, pero non se lle critica, xa que de todos era coñecido o seu precario estado de saúde. A antiga capital do Reino de Galicia a recibe cos brazos abertos, entregándose por completo ao solaz e á diversión. A esposa do rei é acollida con toda solemnidade polo Arzobispo de Santiago na Real e Insigne Colexiata de Santa María del Campo. Unha vez finalizada a cerimonia, a invita a visitar no seu próximo viaxe a Santiago de Compostela os restos do Apóstolo que se conservan na catedral. Ven un refuxio. A raíña, antes de entrar nel, solicita acceder á capela anexa ao edificio a fin de agradecer ao Señor encontrar un refuxio. Pasaron así dous días. Ao terceiro, a primeira hora, o capelán celebra misa na capela para rogar aos santos unha maior clemencia no estado do tempo, a fin de que poidan chegar sen percances á metade do seu viaxe. A raíña ordena chamar ao vello fidalgo propietario do pazo. E esa é a historia do paso da raíña polo actualmente chamado Pazo das Cadeas.
PAZO DE ESPERANTE: O pazo de Esperante atópase na parroquia de Quembre, este mesmo edificio ten hórreo, un garaxe e un almacén.
PAZO DE VILASUSO: Está situado no Val de Barcia, Vilasuso, na parroquia de Santiago de Sumio. É barroco e ten moito terreo, de planta rectangular, con dous corpos da fachada principal na escuadra. No lateral , está situada a capela. Na parte superior está a cociña, destacando a lareira. Entre as torres da fachada principal ten un escudo que representa os Vilardefracos, Bermúdez de Castro, Salgado, Santiso, Lobera e Mariño. Neste pazo residiron importantes personaxes, como por exemplo: Juan Francisco Santiso, Gobernador General de Tucumán (Argentina), Juan de Santiso, Caballero de Santiago y Gobernador de Cádiz; Alonso de Moscoso, eclesiástico na Catedral de Tui; José de Avellaneda Manrique e Santiso, Capitán General de Castilla la Vieja; Diego Osorio e Escobar, Bispo de Puebla nos Ángeles en Argentina.
COME SOÑANDO A gastronomía en Carral é coñecida polo seu pan e a súa empanada:
O SEU PAN: É un produto artesanal elaborado de forma tradicional, en Carral. Algunhas das súas panaderías son: Panadería Da Cunha Localización: N-550, 91, 15175 Carral, A Coruña. Panadería Do Pincho Localización: rúa Costa do Pincho, 13, 15175. Panadería Paraíso Localización: rúa Paraíso, 9, 15175 Carral, A Coruña. Panadería Manuel Rodríguez e hijos. Localización: praza Doctor Pérez e Pérez.
A EMPANADA: Carral tamén é coñecido pola súa empanada. En Carral a empanada está elaborada con masas do mesmo día e con recheos da máxima calidade procedente do mar ou do campo. Carral vende centos de quilogramos de empanada e pan á semana. Tanto o pan coma a empanada de Carral protagonizan a súa festa gastronómica, que entra dentro das festas e feiras.
BARES E RESTAURANTES: El Rincón de Oro: Bar Restaurante Localización: Paraíso, 34, 15175. Mesón ``Casa Carlos´´: Bar Restaurante Localización: carreteira Coruña - Tui, 43, 15182.
Solpor: Bar Localización: rúa Costa do Pincho, 28, 15175. A Parola: Bar Localización: rúa Río da Melra, 5, 15175, A Coruña. Tribus: Localización: rúa Bélvis, 2, 15175 Carral, A Coruña. Bodega O Alprende: Localización: rúa Costa Do Pincho, 43, 15175 Carral, A Coruña. Kebab e Pizzería Hassan, restaurante. Localización: rúa do Cura Pereiro, 15175 Carral, A Coruña.
Muíño vello: Vinoteca, restaurante. Localización: rúa Cortaduría, 19, 15175 Carral, A Coruña.
Taberna XXI Localización: rúa Río de Canles, 1, 15175 Carral, A Coruña.
HOSTALES: Pensión Residencial Mesía: hostal Localización: Torreira, 7, 15182, A Coruña. Pensión Angelita: hostal Localización: rúa Torreira, Tabeaio.
Casa da Paioca: hostal Localización: A Paioca, 3, 15183 Carral, A Coruña.
Bar Solpor
Taberna XXI
A Parola
Pensión Residencial Mesía
Cervecería Ivi’s
PARAISO NATURAL No municipio atopámonos con dous vales que acollen os ríos Barcés e Brexa que son do Mero. O Brexa percorre Carral en dirección noroeste-nordeste, formando o val situado entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O río Barcés nace nos concellos de Cerceda e Carral, forma o Val de Barcia e transcorre diagonalmente o territorio carralés, servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite do concello de Abegondo.
AREAS RECREATIVAS En Carral atópanse varias zonas recreativas e de descanso: -
Área Recreativa río Brexa:
-
Marco das Eiras:
-
Campo da Feira:
MUÍÑOS DO BATÁN Carral garda un segredo natural, a ruta dos Muíños do Batán e o seu Ecomuseo . A ruta é atravesada polo río Abeleira afluente do Barcés, e discorre durante bo treito en paralelo ós muíños. O Abelleira era o que daba a forza os muíños para activar o seu mecanismo. As canalizacións son algúns dos espazos polos que a auga transita pracidamente, xa que o resto do seu curso vese obrigado a sortear as pedras e os pequenos saltos que orixinan cascadas rodeadas de abundante vexetación. O río tamén conta no seu curso cunha pequena central eléctrica levantada a comezos do século pasado. A palabra «batán» fai referencia á maquinaria empregada para moer o gran e tamén dan nome a este conxunto etnográfico. Xunto a este muíño álzase unha das cascadas máis rechamantes, duns 100 metros de altura pero cuberta por eucaliptos que dificultan a súa correcta visualización.
SAN PEDRO DE RUBIEIRO A Capela de San Pedro de Rubieiro (Século XVI) atópase no Val de Barcia, o pé do Vello Camiño de Santiago. Abrangue un conxunto de fonte (rego de San Pedro), situada á beira da estrada, cruceiro e capela. Ten un entorno natural digno de admiración. A capela ten dúas imaxes do San Pedro. A máis pequena, con chaves e báculo, en madeira de cronoloxía descoñecida tivo recentemente unha restauración da súa policromía (principios do século XXI).
MONTE XALO O Monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514mtrs., sobre o nivel do mar e a maior cota dos montes que o rodean. Está situado entre os concellos de Culleredo, Carral, Cerceda e A Laracha.
O CASTRO DAS TRAVESAS O castro das Travesas foi unha importante cidade dos galaicos brigantinos. É un dos grandes castros da provincia da Coruña, ten entre 6 e 12 hectáreas.