ESCOLMA DE POEMAS PRESENTADOS CEIP Vicente Otero Valcárcel Curso 21-22
O FALCÓN LAMBÓN Tiña fame un falcón, viu un gorrión nun rincón. O falcón colleu un bastón e deulle no cabezón ao pobre do gorrión. Un furón e un leirón viron o problemón, pobre gorrión! Ía rematar dentro do barrigón. O furón e o leirón déronlle unha poción para vomitar ao gorrión. O falcón pediulles perdón por ser tan lambón Berto 4ºA
OS IDIOMAS DA MIÑA FAMILIA Eu falo inglés, escribo en africano. Xogo en francés, e escoito o cubano. María a miña nai fala en holandés, escribe en venezolano. Xoga en neocelandés, e escoita o mexicano. Xoán, o meu pai, fala escocés, escribe en rumano. Xoga en portugués, e escoita o hawaiano. Sheila 4ºA
ANIMAIS Teño un loro que baila como un toro Teño un can que é listo como un refrán. Teño un oso que dorme como un perezoso. Teño unha maqueta chea de bolboretas. Teño un dragón que é enfurruñón. Sabela D. 4ºA
A MIÑA VIAXE Fun a Rusia, levoume Lucía. Tamén a Canadá, levei ao meu can. Creo que tamén fun a China, coa miña filla. Tamén a Brasil, con Jasmín. Tamén a España, comendo lasaña. Noelia 4ºA
CANDO CHEGA O INVERNO Cando chega o inverno poño o abrigo, as luvas e o gorro porque vai frío. O meu amigo que ten un panda pono de bufanda. Sandra ten unha lebre que vai pola neve. Cando o xeo cae do ceo eu esquío moi cedo; e, cando por fin chega o Nadal todos comemos uvas e pan de Carral. Martina 4ºA
OS MEUS ANIMAIS Teño un loro bravo coma un toro Teño un can que come pan Teño un cabalo que berra coma un galo Teño un gato que vive nun zapato Teño un golfiño que da moito cariño Lara B. 4ºA
VIAXANDO POLO MUNDO Fun a Roma e collín unha rosa. A rosa era fermosa, fermosa era a rosa. Fun a España e vin unha piraña, colgada dunha araña comendo lasaña. Fun a Aragón e vin un león comendo xamón sentado nun balón. Inés 4ºA
O VERÁN O verán e a época de San Xóan. No San Xóan saltas o lume e comes o pan. Pan, empanada, piscina, chapuzada. Eu chapuzo no mar e cando teño medo é a hora de saltar. No verán viaxas e pouco traballas. Días abertos, praias e desertos. O pan comerase en San Xóan. No verán levas sombreiro ou se non queimaraste. Festas de día e de noite moito sol e pouco camarón. Acaba o colexio pouco desexo e a hora de falar e do verán. MIGUEL 4ºA
A PRIMAVERA Estamos na primavera, os días xa son máis grandes as árbores florecen e todo é alegría. As bolboretas póusanse e póusanse nas flores. Alégrate bolboreta que a primavera xa chegou. Hoxe os paxariños veñen cantar é porque a primavera xa chegou! ADRIÁN 4ºA
O VERÁN No verán nace a cerdeira, coa calor de San Xoán. E na sombra da aciñeira, repousa durmidiño un can. Móvese a lavandeira, as nenas danlle pan. Co son dunha muiñeira, ela prefire o gran. As rosas da roseira, xa pronto florecerán. Os froitos da moreira, encherán a nosa man. Sabela B. 4ºA
UN POEMA PEQUECHIÑO Un poema pequechiño, vai sobre o solpor e un pequeno meniño pintando unha flor, con moito cariño e o seu espléndido verdor. Un poema pequechiño, vai sobre o calor e un paxariño, cheo de valor, vai polo camiño a rescatar o seu amor. Martín 4ºA
Os animais do mundo Unha balea, enredouse cunha cadea. Fun durmir co meu oso, chamado Fermoso. Fun coa miña besta, comprar unha cesta. No camiño encontrei un raposo, nun foso. Miña nai manda, comprar un panda. Vin un golfiño, e díxome ata loguiño. Carlos 4ºA
O can e o gato Un can intelixente e listo como un allo vai salvar a un gato valente dun carballo. No carballo había xente cun espantallo pero o gato valente quería ir alí encher o bandullo. O can rompeu o espantallo e o gato valente encheu o bandullo. Ainara 4ºA
SOMBRAS Unha sombra nada máis, unha sombra despiadada, unha sombra intrigada, unha sombra que desaparece. Unha sombra é unha sombra porque ninguén a pode cambiar. Unha sombra é unha sombra porque existe a luz. Pero… unha sombra desaparece cando chega a noite. Lucía 4º B
A FAMILIA ZZZZZZZZZZZZZZZ O neno está durmindo. HAHAHAHAHAHAHAHA O pai está rindo. SHHHHHHHHHHHHH a nai dou silencio. MIAU, MIAU, MIAU O gato miaña. GUAU, GUAU, GUAU O can ladra. PUM, PUM, PUM. Chegou á avoa. Esta familia xa está completa completiña! Samari 4ºB
TECNOLOXÍA? POR UN ORDENADOR EU NON DOU NADA. O RATO, TEN QUE SER UN ANIMAL. O TECLADO DESVARADO E O ALFABETO VAISE VOANDO. UN CAIXÓN E A CPU… QUE? E ONDE O GARDA TODO? A TECNOLOXÍA... ESTAMOS LOCOS!
Nico 4ºB Inspirado nun poema de Mar Benegas do libro “A lo bestia”
A MIÑA FERMOSA CIDADE Chegarei cansado. Chegarei con fame. Chegarei mareado. Chegarei con sono. Chegarei sucio. Chegarei coa miña familia. Pero fareino porque alí chegarei, xa que é… a miña fermosa cidade. Minyhons Fran 4ºB
ECOSISTEMA E ti, sentir. E eu, falar. E eles, escoitar. E el, xogar. E ela, mirar. E aquel, cantar. E aquela, observar. E xuntos: ECOSISTEMA.
Sergio 4ºB
MEU IRMÁN AMIGO
Máxico Educado Unidos Intelixente Rebelde Medoso Áxil Natural Alegre Mimoso Iago Goloso Observador Sergio 4ºB
CAMBIO CLIMÁTICO O plástico chega ao océano profundo. A contaminación por plásticos pon en perigo a moitas especies. A borrasca que precede ao anticiclón. Ceo nuboso na praia da Lanzada. Inverno moi seco, primavera chuviosa. Inundacións rexistradas en Valencia. Galicia resiste mellor o quencemento global. Cambio climático nas noticias. Sergio, Samari, Olivia e Lucía. 4ºB
A Casa A casa tiña un balcón. O balcón tiña unha flor. A flor tiña unha abella. A abella tiña pole. E pasou unha persoa... Por que pasaría por alí ?! E a persoa levouse a casa co balcón. O balcón coa flor. A flor coa abella. E a abella co pole. Por que levou o mel ?! Por que levou a dozura ?! Roi 4ºB
E por que? E por que a lúa é redonda? E por que o leite é branco? E por que as peras son verdes? E por que a auga é incolora? E porque hai po? E por que hai animais? E por que hai flores? E por que hai que contestar? E por que hai que vivir? E por que hai que amar? Roi 4ºB
Os sons Guau! guau! Fai o can. Miau! miau! Fai o gato. Grrr! grrr! Fai o león. Pío! pío! Fai o paxaro. Bee! bee! Fai a ovella. Fiu! fiu! Fai o vento. Cantos sonidos hai que escoitar, teño a cabeza a explotar! Roi 4ºB
EMOCIÓNS
Ti enfado meu ti tristeza miña ti alegría miña ti vergoña miña ti medo meu ti amor meu ti decepción miña ti timidez miña ti impaciencia miña. Vos,as miñas emocións. Emocións puras! Olivia 4ºB
O LADRÓN
Nunha cidade,hai un parque. No parque,hai un tobogán. No tobogán,un neno. No neno,emocións. Nas emocións,alegría. De supeto,un ladrón que roubou das emocións a alegría, do neno as emocións, do tobogán o neno, do parque o tobogán, e da cidade o parque. Maldito ladrón! Olivia 4ºB
O CAMPO
As flores abaneábanse escóitase o vento zoar. Ducias de abellas pasan preto de min. Voa un paxaro no ceo. A alegria percorre o meu corpo. Os olores daquel sitio… síntome en paz! Tirome ao chan na herba, bolboretas voan ao meu arredor. Que ben me sinto! Non hai ninguen, so eu e a natureza. OLIVIA 4ºB
DARA Ti eres o meu corazón. Ti eres a miña alma. Ti eres quen me anima. Ti eres o meu espíritu. Ti eres o meu rir. ¡Quérote moito! MATEO 4ºB
EU PODO… Podo rir. Podo chorar. Podo sentir. Podo soñar. Podo vivir. Podo respirar. Podo falar. Podo cantar. Podo soplar. E podo voar! Martín 4ºB
E POR QUE? E por que nacían de ovos? E por que a maioría eran carnívoros? E por que eran tan diferentes? E por que eran tan peculiares? E por que eran tan fortes? E por que eran tan salvaxes? E por que habitaban este planeta? E por que había volcáns frecuentemente? E por que había actividade sísmica? E por que desapareceron os dinosaurios? Martín 4ºB
O XARDÍN Xardín, flores xerminando. Xa é primavera! Árbores que medran. Plantas en estado de metamorfose. Un ecosistema minúsculo. Movemento microscópico. Raíces longas de todos os tipos, coma unha floristería… Martín 4ºB
ASÍ SERÁS E por que non eres perfecta? E por que non eres tan alta? E por que non comes? E por que eres rubia? O importante é o que eres ti mismo. Sexas como sexas da igual o que pensen os demais se a ti che gusta… Así serás! Cintia 4ºB
FELIZ Cando vexo caer as cotas do inverno póñome FELIZ. Cando vexo caer as follas do outono póñome FELIZ. Viva a natureza! Cintia 4ºB
O CORAZÓN Eu teño o corazón un pouco tolo, tirándose dun avión está por aí so intentando conseguir unha ocasión para encherse de emoción, saír do caixón e ir cantando unha canción de rosas frescas e de amor. Joel 4ºB
PAN PAN A VACA MUUU, MUUU O PATO CUA, CUA O CAN GUAU, GUAU O GATO MIAU, MIAU E NA GUERRA, A CHORAR, E AS PISTOLAS PAN! Ainara 4ºB
UNHA SAIA Eu tiña unha saia cunha casa debuxada. Co seu tellado, coa súa porta, coa súa fiestra. Veu o vento marchou a casa, marchou o tellado, marchou e quedou sen nada. Ainara 4ºB
CANTOS Beeee! Fai a ovella. Zuum-zuum! Fai a abella. Bisss-biss! Fai a mosca. Muuu-muuu! Fai a vaca. Hiii-hiii! Fai o cabalo. Grrr-grrr! Fai o león. Gluu-gluu! Fai o peixe. Auuu-auuu! Fai o lobo. Clak-clak! Fai o cangrexo. Miau-miau! Fai o gato. Kikiriki! Fai a galiña. Guau-guau! Fai o can. Cantos de animais! Alexis 4ºB
PARQUE Árbores móvendose, farolas que alumean, nenos divertíndose, nacen flores. Xogos sorrintes, nais falando, pombas comendo. As feiras aí se fan, xente con presas, adolescentes co teléfono, mimos aos bebés, así é o parque! Alexis 4ºB
A TERRA Este e o mundo Dentro do mundo hai países. Nos países hai lugares, Dentro dos lugares, hai cidades Dentro das cidades, hai persoas. Dentro das persoas está o corazón, e dentro do corazón vive a amizade.
Alejandra 4ºB
NO MONTE… As flores están a cantar, os paxaros a silbar, o río a bailar, ule a eucalipto. As árbores corren, mentras os coellos as persiguen. Os animais fan unha obra de teatro. As plantas danzan co vento. No monte todo é alegría, todo é paz. Alejandra 4ºB
GUERRA NO XORNAL A base da Otan ás portas de Rusia. Rusia golpea obxectivos clave mentras a ONU prepara a evacuación de Mariupol. Os tanques rusos que abren feridas no corazón de Berlín. Defensa pide máis armas a EE.UU na visita a Kiev do xefe da diplomacia. Os evacuados relatan o inferno vivido nos búnqueres da acería de Mariupol. “Imos gañar a guerra, a única incógnita é a que prezo” O DE MOITAS VIDAS!
Alejandra, Aldara, Ainhoa, André e Cintia 4ºB
SON EU MESMO Cando serei libre? Cando serei como o ceo? Cando serei feliz? Cando serei decidido? Cando serei natural? Cando serei optimista? Cando serei gracioso? Cando serei divertido? Será sempre… porque son eu mesmo! André 4ºB
PIO, MIAU, GUAU Pío, pío! Fai o polo. Miau, miau! Fai o gato. Guau, guau! Fai o can. Pío, miau, guau! Calade, animais que estou durmindo! zzzzzzzzzzzz! André 4ºB
AO VERVOS Ese mar. Esa auga. Esa calma caída. Ese sufrimento vivinte. Esa voz lapidaria. Esa estraña sensación. Esa tortura eterna. Ese berro. Ese arrepío. Esas noites de insomnio. Que ao vervos… se van.
Aira 4ºB
PATADA
Nunha casa hai un xardín, no xardín hai un neno, no neno hai un zapato, no zapato hai un becho. O becho dá unha patada. O zapato dá unha patada. O xardín dá unha patada. A casa dá unha patada, e… Pobre becho, quedou esmagado!
Aira 4ºB
FOGAR DE BEXATOS
A nai bexato ás súas crías ensina a voar, os seus cantares non paran de soar, de árbore en árbore voan sen parar. A nai caza, as crías comen. Eu miro sen decir nada. Que fermosura! Que elegancia! As crías xa voan, xa cazan, xa teñen fillos. E todo volve a empezar…
Aira 4ºB
O CAMPO O sol sorrí, o río flúe, a herba ri, as árbores berran, os castiñeiros choran o reflexo vive, os animais corren, as pedras soñan, os paxaros voan, os pitiños comen, as follas caen, a natureza, o campo, a vida. Aldara 4ºB
PARTIDO REMATADO No infinito, o universo. No universo, a galaxia. Na galaxia, os planetas. Nos planetas, a Terra. Na Terra, hai un pavillón. No pavillón, unha nena xogando ao balonmán. No balonmán, un árbitro. No árbitro, un silbato. Sopra o silbato… fin do partido.
Aldara 4ºB
MUNDO LIBRE
Marabilloso. Unidos. Natureza. Divertido. Orixinal. Liberdade. Inmellorable. Breve. Risa e pranto. Elixir da vida!
Aldara 4ºB
UN RUÍDO FORTE O ceo ten unha estrela. A estrela ten un corazón. O corazón ten unha vida. A vida ten soños. Os soños teñen persoas. Escóitase un tuido, un ruído forte: O ceo, de día, levou as estrelas, as estrelas apagaron o seu corazón, o corazón triste, sen vida, a vida que perdeu os soños, os soños acabaron. As persoas espertaron xa… Ainhoa 4ºB
Porque Se un videoxogo tivera vida Tería mans de mando? Se a Lúa falara co Sol Que idioma falaría? Sa a Terra fora plana e alguén se caera Como faría para rescatalo? Se o protector solar tivera relación co Sol Estarían enfadados? Que pasaría se o Sol non fora o que quencera? Que pasaría se o rotulador non se levara ben coa tapa? Que pasaría se o libro non coincidira coa súa portada? Que sería dos puntos se non houbera final de frase? Que sería do cadro sen pintura? Porque hai nenos sen casa, sen fogar? Cando eu teño todo, todo o que necesito
AINARA 4ºC
O meu deporte estrela
Danzando síntome relaxada Co ritmo correndo polas miñas veas E a miña perna cruzada Inventando unha coreografía Cunha melodía Mentres a música sentía Esquecendo toda tristeza Bailando con delicadeza Como unha fortaleza O meu mundo imaxinario A miña cabeza estou alterando E entre tanto a miña poesía citando.
CARMEN 6ºA
Erros Na vida temos moitos erros, Que podemos solucionar. Igual que o ferro, Se pode oxidar.
O erros producen tristeza, Pero é máis bonita a beleza. Un mundo sin erros, É coma un recreo sen berros.
Erramos todos sin parar, Sin saber solucionar, Os problemas, Que os erros nos poden ocasionar.
GABRIEL 6ºA
O canciño dos meus soños
O canciño dos meus soños Co que xogo na terraza, Logo vai durmir, Aínda que ás veces , Medo, tensión e trastadas, Fan que queden sen enerxía, E poida durmilo no meu colo axiña.
ALVARO 6ºA
Poema As miñas mascotas son tenras, As miñas mascotas son traviesas, Teñen moito amor ao verme, E sempre me deixan boas sorpresas.
As miñas mascotas xogan, As miñas mascotas rin, E aínda máis cando nacín.
Aquí o final, aquí a morte, E sempre os recordarei con moita sorte. OSCAR 6ºA
O abandono máis especial
Deica logo Noa, deica logo ilusión deica logo a aquela caixa na que eu te encontrei, deica logo á tensión e á ilusión. As súas crias naceron, A soedade non nos abandonou, aínda me entristece, pensar no día que me abandonou. Naquel día no que agonizou.
IRIA 6ºA
A cadela boa
É moi doloroso sentir que xa non está fisicamente, pero aínda así sempre estará no meu corazón e na miña mente.
Vilma, si te tivera en frente un abrazo tan forte te daría que pasara o que pasara nunca xamais o esquecería.
Pero agora é o momento de olvidar o pasado pisado e vivir o presente de frente sen ter medo ao futuro, e con este conxuro se feliz no lado oscuro.
ANTÓN 6ºA
O meu canciño, pequeniño e bonitiño
O meu can sácame un sorriso cada día doulle un abraciño non llo dou pequeniño senón doulle un xigante, o meu canciño é moi bonitiño.
BREIXO 6ºA
Can O meu can é máis rápido que a luz.
Gaña todas as carreiras en menos do que te esperas.
Cando salta convírtese en un saltamontes saltando en todos os montes.
IVÁN CAMPELO 6ºA
O meu curmán
Meu curmán é unha persoa de ouro un completo sabio é o meu tesouro. O meu curmán dáme calor, o meu curmán entregoume o seu corazón. Para min el é o rei. El a min márcame a lei.
IVÁN LÓPEZ 6ºA
O meu querido avó
Avó meu, avó querido, a ti, non te esquezo, ti, que eras tan aventureiro, como o noso libro preferido, que con toda a familia compartías.
A ti, por tan boa persoa, por arriesgar a vida na mili, como paracaidas viaxando de aquí para alá, dende que nacín, e durante a miña infancia, sempre fuches o meu exemplo a seguir.
A ti, por non so ser amable coas persoas, senón tamén cos animais, por ensinarme que a miña relaxación e o exercicio.
ALDA 6º A
Anel
O anel da miña tía Vaia amiga miña. Por que morreches tía? Raro anel que clarea raro anel que sombrea. Unha profunda amatista. Oxalá viviras Tía miña.
NEREA M. 6ºA
Álbum de fotos
Chegaches á miña vida con moitas lembranzas os teus retratos todavía lembro cando os meus ollos pecho.
Penso en ti en todo momento, pasaches pola miña familia Quérote moito! Meu álbum de fotografías.
NEREA M 6ºA
Irmán
Un irmán dá tranquilidade e felicidade. Un irmán é a túa parte do corazón. Por un irmán choras, ries... Un irmán entrégache o seu corazón. Un irmán dáche o seu amor.
ALBA 6ºA
O mundo
O mundo é grande é un mundo de emocións
Un día estás triste outro contento
A vida é así que lle vas a facer. ALBERTO 6ºA
A Estrada
Cando marcho Cando vou alí eu crieime nese pobo. Moitas emocións que un pode sentir. ALBERTO 6ºA
O meu corazón Eu e a miña familia descansando no campo felices da noticia un novo membro na familia. Decidindo o seu nome, gañei eu. Miña irmá, Paula, cun sorriso na cara. Non para! Levamos 7 anos xuntos, desfrutando ao máximo, todo o tempo que estamos xuntos. Quéroche Pauli! Encántanos ir iguais, maquillarnos, sacarnos fotos. As veces discutimos pero no fondo se unha non está, extrañámonos moito. Eu e a miña familia descansando no campo felices da noticia, un novo membro na familia. Daniela 6ºA
Miña preciada dama Ola Antonia, ola avoa; Ola miña preciada dama; Ola, teus deseos, Oxalá que sigas viva toda a vida.
Avoa que xira no meu arredor, casa na que me criou, recordo tantos dibuxos que pintabamos, encima da mesa do salón.
Antonia, miña avoa, a máis preciada familia, a que tanto queremos, nunca alvidaremos.
A que fai a mellor comida, de toda a familia, anque teña 86 anos, é a mellor do mundo.
TANIA INSUA 6ºA
Por Chloe choro, por Chloe río
Por que ela deixou a miña alma soa. Aberta e toda ardente. Por que ela fixo, que a ida da miña vida. Tomara sentido. Por que ela fixo, que cada palabra, abra unha nova ventana. EMMA 6ºA