AS PLANTAS
Autores: Miguel, Yago, Nerea, Alba C., Carmela, Antón, Ismael, Claudia, Alba M., Diego R., Iván G., Mario, Iván L., Ainoa, Daniela, Bruno, Emma, Paula, Carmen, Breixo R., Óscar, Eva, Carla, Álvaro, Marta, Antía, Iván C, Xián, Pablo, Lara, Breixo G, Rodrigo, Ana, Tania, Lucas, Antón L, Sofía. Quique, Alejandro, Marina, Diego P, Iria e Matthew.
Fotografía: Familias, alumnado e mestras. Edición: Araceli e Patricia..
Para que os nenos e nenas de primeiro non esquezan querer, coidar e valorar o mundo que lles rodea. Patricia e Araceli Curso 2016/2017
AS PLANTAS
Este é un libro interactivo. Para visionar os vídeos debes ter instalada a aplicación de REALIDADE AUMENTADA AURASMA no teu dispositivo intelixente (smartphone, tablet…). Faite seguidor da nosa canle de Aurasma capturando este código QR ou buscando a canle “papebar” nesta mesma aplicación. Ás páxinas que conteñan imaxes con vídeo asociado terán este símbolo:
QUERES SABER COMO SE FIXO ESTE LIBRO? Descubre con Aurasma o proceso do proxecto!
1ยบ A
1ยบ B
ÍNDICE 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
ORIXES DAS PLANTAS………………..7 NACEMENTO E COIDADOS…………..8 CARACTERÍSTICAS…………………..13 ALIMENTACIÓN………………………..14 PARTES DAS PLANTAS.……………...17 TIPOS DE PLANTAS………………….. 25 CURIOSIDADES………………………..30 O NOSO HORTO……………………….36 PLANT-ARTE…………………………....46
1. ORIXES DAS PLANTAS. Charles Darwin foi un científico naturalista que estudou a evolución das especies, entre elas, as plantas.
As plantas teñen un nome científico que vén do latín (dos romanos) e outro común, por exemplo: -
A prunus doméstica é unha ameixeira. A prunus avium é unha cerdeira.
Existen máis de 600 tipos de plantas, algunhas están en perigo de extinción, coma o acivro.
2. NACEMENTO E COIDADOS As
plantas
nacen
das
sementes, son seres vivos, e pódense trasplantar a unha maceta ou á terra cando medran. O tamaño da planta non depende do tamaño da súa semente. No caso das fabas, por exemplo, a raíz alóngase e o brote empeza a medrar.
A maiorĂa das plantas necesitan auga, luz solar e terra para vivir. Ă s plantas ĂŠ mellor botarlles auga sen cloro (auga da choiva) que auga con cloro.
Se lle arrancas a unha planta unha flor ou unha pola ás veces morre pero outras veces nace unha nova, por exemplo, no caso da roseira ou das hortensias. Tamén podes, nalgunhas plantas, metelas en auga e así sáenlle raíces.
Hai plantas que nacen nos invernadoiros. O invernadoiro é para protexer as plantas dos paxaros, dos insectos ou do tempo (se vai frío, calor, moito sol ou xeada). O plástico do chan é para que non nazan máis herbas e non coman os bechos o que plantamos.
As árbores fabrican o seu alimento pola parte das follas. As árbores son plantas fanerógamas, os seus órganos reprodutores son as flores. A cortiza das árbores protéxeas do frío e dos bechos.
3. CARACTERÍSTICAS As plantas teñen clorofila nos estomas, producen osíxeno e botan dióxido de carbono, expúlsano ao exterior.
Hai 115 parasitos de plantas en España, tamén poden ter virus como o maca ou enfermidades como a mosca branca.
4. ALIMENTACIÓN. Se non hai plantas morremos porque non hai alimento para a cadea alimentaria.
As
plantas son quen de crear a súa
propia comida. Por exemplo, as patacas que comemos son a parte das raíces onde almacenan os seus propios alimentos.
As plantas realizan a FOTOSÍNTESE, fabrican o seu propio alimento con auga e dióxido de carbono. A auga é absorbida polas raíces e chega ás follas a través do talo onde están os estomas que conteñen o dióxido de carbono. Este xúntase coa auga e coa luz solar (por iso as plantas xiran as súas follas cara ao sol) e transfórmase en alimento para a planta. O dióxido de carbono transfórmase en osíxeno que sae para o exterior.
15
Polas raĂces collen a auga e as sales minerais que son repartidas por toda a planta pero‌ Como? TeĂąen veas as plantas?
5. PARTES DAS PLANTAS.
TALO
FLOR FROITO FOLLA
RAÍZ
RAÍCES.
As plantas teñen raíces. As raíces absorben a auga e suxeitan as
plantas ao chan. Hai raíces principais, as que nacen primeiro, e secundarias que son máis pequenas. A raíces van medrando lentamente.
TALO
O talo transporta auga, sales minerais e nutrientes.
O sangue das plantas chámase zume (savia) e discorre polos vasos liberianos. Polos vasos liberianos pasan os alimentos das plantas, son como as súas veas.
Hai
dous tipos de talos: herbáceos e
leñosos. O herbáceo é fino como o das herbas e o leñoso è duro como o das árbores e arbustos.
Os talos poden soster follas e froitos.
FOLLAS
As
follas poden ser de moitas formas, hai
algunhas que parecen abanos.
As partes dunha folla son o pecíolo ou rabiño que se agarra ao talo, as nervaduras por onde pasa o zume (savia), o limbo ou parte máis ancha, o ápice ou punta e o bordo.
As
árbores podes ser de folla caduca, se
caen no outono, ou de folla perenne se non caen como os piñeiros. As follas cambian de cor segundo a estación na que estamos.
A
primeira folla que nace dunha planta
chámase cotiledón.
FLOR
Algunhas flores teñen que vivir ao aire libre. Das flores saen os froitos. Son moi importantes na fabricación das sementes.
As
partes da flor son: estame, pistilo, pétalos,
corola, sépalos e cáliz.
Os pétalos, ao ser de cores, atraen aos insectos. As
flores teñen unha parte feminina e outra
masculina. O pistilo é feminino e o estame masculino. O estame ten o pole.
Pistilo
Pétalo
Cáliz Sépalo
Estames Corola
O
pole está na flor e vai para outras flores grazas aos insectos, aos paxaros, a auga e ao vento. As bolboretas lévano nas patas e no caso do mexacán transpórtao o aire.
FROITOS
Os
froitos teñen moito azucre e os
bechos veñen a comelo. Algunhas froitas como os plátanos primeiro están verdes e cando maduran están amarelos, é dicir, cambian de cor.
O froito fórmase cando insectos como os escaravellos levan o pole nas súas patas para outra flor.
Dentro dos froitos poden estar os ósos que protexen as novas sementes. No caso dos amorodos as sementes están por fóra.
6. TIPOS DE PLANTAS. Medicinais.
O áloe é
unha
planta
medicinal. As plantas medicinais son o poexo, a macela, a tila e a valeriana. O té faise con follas secas. A herboristaría é onde se compran plantas medicinais. Hai diferentes tipos de plantas segundo a estación.
Alimenticias e aromáticas O romeu, o incenso, o loureiro, o fiúncho ou a herba luísa son plantas aromáticas. O fiúncho ole a anís e está na beira dos ríos. Moitos dos alimentos que comemos son plantas. De cada unha aproveitamos unha parte diferente. As froitas, as verduras ou as hortalizas son plantas comestibles.
No San Xoán, en Galicia, temos a tradición de lavarnos a cara despois de levantarnos con herbas aromáticas.
Acuáticas. Hai plantas acuáticas como as algas.
Parasitas. As orquídeas son plantas parssitas e nacen nas árbores.
Para
adornar
(ornamentais).
Hai
plantas de xardín para adornar. Hai plantas que adornan como as prímulas, as semprevivas, as calas, os caraveis ou as orquídeas
Gabeadoras: O poto, por exemplo, é
Endémicas: Só existen nun lugar. Nas
unha planta gabeadora, estas plantas necesitan suxeitarse para non caer. Tamén son gabeadoras as cabazas, as fabas, as silvas...
Illas Canarias hai moitas endémicas de plantas.
especies
Propias de Galicia. O buxo é un arbusto propio de Galicia, tamén o son as silvas, os fentos, o fiuncho, os toxos, as carpazas, os carballos, xestas, acivro, piñeiro,loureiro, bilitroques, e codesos.
7. CURIOSIDADES.
SABÍAS QUE…?
Algúns cactos poden vivir ata 200 anos. As chumbeiras son os cactos máis altos do mundo.
Hai cactos que non teñen espiñas.
A árbore máis alta do mundo é unha sequoia de 115 metros que está en Estados Unidos (EE.UU).
Os bonsais son as árbores máis pequenas do mundo
Existe unha planta chamada Árbore do amor que ten as follas en forma de corazón.
A Venus Atrapa moscas provén de América do Sur
As plantas carnívoras, tamén chamadas insectívoras, desfán os bechos e absorben o que necesitan deles.
As plantas son verdes porque teĂąen clorofila.
Hai gomas de mascar con sabor a clorofila!
As
gramíneas, plantas que dan alerxia,
teñen un cotiledón e as non gramíneas dous
Sabías que algunhas plantas non teñen terra e poden vivir só con aire e po?
O coco é unha semente, non unha froita.
Os osos panda comen bambú que é unha planta.
Hai persoas que se chaman igual que as flores: Hortensia, Rosa, Violeta...
8. O NOSO HORTO.
TOMATES: Para plantar os tomates primeiro tes que facer un burato, despois colles a planta do tomate e sácala da maceta, métela no burato e tapas as raíces coa terra. Por último hai que botarlle abono á terra. Tamén hai que botarlle “babosil” para que non os coman as babosas e os caracois.O tomate plántase fóra ou dentro do invernadoiro. Os tomates teñen peliños para protexerse dos bechos. Ás sementes dos tomates cando se secan tamén lles saen .
CENORIAS: Primeiro hai que facer unha montaña pequena de terra, despois hai que botar as sementes e, por último, tapalas con pouca terra. Temos que esperar a que nazan.
PATACAS:
Hai que cortar en anacos as
patacas cun coitelo por onde teñan o grelo ou brote. Así facemos a semente. Despois faise un rego cunha aixada, co sacho ou co tractor. Finalmente bótaselle o abono e tápase coa terra. As patacas nacen debaixo da terra.
FABAS:
Primeiro
podes
plantalas
directamente no rego ou facer un burato cun pau. Despois pos a semente no burato. Por último, tápala coa terra e bótaslle abono. As fabas non se deben regar.
CHÍCHAROS:
Primeiro facemos un
rego na terra cun sacho, en forma de fila. Logo facemos varios buratos separados entre si, cun pau puntiagudo. Posteriormente metemos só unha semente en cada burato. A continuación botamos abono en cada un dos buratos. Por último tapamos o rego (non lle botamos auga).
LEITUGAS:
Primeiro facemos un rego
na terra cun sacho, en forma de fila; despois distribuímos as sementes por todo o rego; máis tarde botamos un pouco de abono orgánico enriba (un pouco, se botamos moito queimará a planta); por último tapamos o rego con terra.
MILLO:
En
primeiro lugar facemos un rego na terra cun sacho, en forma de fila. A continuaciĂłn imos facendo un burato e metendo unha semente, asĂ sucesivamente. Logo botamos abono. Por Ăşltimo, tapamos con terra.
TRASPLANTAR PEMENTOS:
En primeiro
lugar facemos un rego na terra cun sacho, en forma de fila. A continuación facemos uns buratos pequenos. Despois sacamos a planta da maceta. Logo metemos as plantas nos buratos pequenos, botamos abono e tapamos con terra. Por último, regamos a planta.
TRASPLANTAR
LEITUGAS:
Para
comezar
facemos un rego na terra cun sacho, en forma de fila; a continuación dentro do rego facemos outro burato pequeno; posteriormente sacamos a leituga da maceta e metémola no burato, con coidado para que non se rompa; logo botamos un pouco de abono e tapamos con terra; finalmente regamos as plantas.
OUTROS CULTIVOS
AMORODOS SALVAXES: Primeiro, co sacho, levanto a terra, facendo un burato. Posteriormente sacamos o amorodo salvaxe da maceta. A continuaciรณn metemos a planta no burato, botamos abono orgรกnico e tapamos con terra. Para rematar regamos a planta.
CARBALLO: En primeiro lugar facemos un burato na terra co sacho, dámoslle a volta á maceta e sacamos o carballo. Logo metemos o carballo na terra. A continuación botamos abono e logo a terra por enriba. Por último, regamos.
LOUREIRO:
Facemos un burato grande pero non profundo.
Posteriormente facemos outro burato dentro deste, pero máis fondo e pequeno. A continuación sacamos a árbore da maceta e poñémola no burato pequeno, tapamos un pouco e botamos abono orgánico. Logo tapamos todo e botamos auga.
Para
traballar necesitamos unha
azada ou sacho, un “rastrilloâ€? e un pau ou ferro para facer buratos. Para regar unha mangueira ou unha regadeira. Ă s veces debemos usar guantes.
O horto hai que abonalo con esterco ou “compost”. O “compost” son verduras, pallas ou herbas secas e verdes que podrecen, tamén pode levar bechos. Se lle botamos moito poden morrer as plantas. O esterco é caca de vaca con herba ou toxo.
9. PLANT-ARTE PINTURA
PLANT-ARTE POESÍA
PLANT-ARTE XEOMETRÍA. Ciencia
Cidadá e matemáticas mesturadas neste traballo baseado no método científico
(observación e recollida “MUNDOXEOMETRÍA”.
de
datos)
a
través
da
aplicación
creada
en
Epicollect+
Este é un libro feito integramente polos nenos e nenas de 1º de EP do CEIP “Vicente Otero Valcárcel” no curso 2016/2017