O GATO
Este libro contén realidade aumentada. Instala a app gratuíta HP Reveal no teu móbil ou tableta, pincha na lupa e escribe rbpeva. Logo dálle a seguir. Enfoca as imaxes con este símbolo. Descubrirás os vídeos que se esconden tras delas!
O GATO
ÍNDICE
1. 2. 3. 4. 5. 6.
Características …………………… páxina 7 Razas …………………………………….. páxina 17 Alimentación ………………………… páxina 24 Reprodución ………………….……... páxina 29 Enfermidades ………………………. páxina 33 Curiosidades ………………………… páxina 37
CARACTERÍSTICAS O gato é un animal mamífero, vivíparo e carnívoro da familia dos felinos. Os gatos pesan entre 2 e 8 kg, dependendo da raza, e miden sobre 50 cm, sen contar a cola, que pode medir preto de 30 cm.
É un animal de catro patas e ten o corpo cuberto de pelo. As súas patas dianteiras teñen cinco dedos e as traseiras posúen catro, e en cada dedo teñen gadoupas moi afiadas.
As unllas dos gatos son retráctiles e téñenas sempre escondidas debaixo do pelo menos cando as precisan (escalar, cazar…).
Cun pequeno movemento, o gato tira dunha especie de goma elástica que ten dentro da súa pata. Esa goma chámase ligamento e fai que as unllas saian fóra.
Teñen o sentido do olfacto moi desenvolto e unha lingua áspera. Poden mover cada unha das orellas por separado. Teñen moi bo oído e teñen moi boa visión, incluso na escuridade.
Comunícanse de diferentes formas, polo que a súa comunicación é visual, olfactiva, vogal e táctil.
Teñen unha gran axilidade e elasticidade que lles permite dar grandes saltos. Se esvaran, sempre caen de pé sobre as patas. Teñen máis de 500 músculos que funcionan como resortes.
Teñen unha longa cola que usan para comunicarse e tamén lles serve para manter o equilibrio. Poden pasar por lugares moi estreitos.
Son moito máis flexibles que a maioría dos mamíferos.
Son depredadores por natureza, son independentes e aĂnda que sexan domĂŠsticos nunca perden o instinto de caza. EncĂĄntalles xogar!
Conservan a súa enerxía... durmindo! Son animais moi durmiñóns.
RAZAS
Hai unhas 100 razas de gatos. Algunhas son: siamĂŠs, persa, angora ou bengala.
Dependendo da raza, o seu pelo pode ser de diferentes cores e mรกis ou menos longo.
Algúns, como o bosque de Noruega, ragdoll, maine coon, angora ou persa teñen o pelo moi longo mentres que outros como o sphynx non teñen pelo.
As razas máis frecuentes en España son a persa e a siamesa. Os gatos que máis abundan nas nosas casas son os comúns europeos.
Os siameses ao nacer son brancos e cambian de cor ao ir medrando: marrรณn claro no lombo e escuro na cara, orellas, patas e cola.
A raza bosque siberiano é orixinaria de Rusia, ten 3 capas de pelo e aguanta moi ben o frío. É amigable e xoguetón, moi fiel e intelixente.
Existen varias razas que se diferencian pola forma da cabeza.
ALIMENTACIÓN Os gatos en liberdade cazan ratiños e ratas, ademais doutras especies. Os domésticos capturan insectos, ratos e pequenos paxaros instintivamente, aínda que non os soen comer. Os gatos comen moitas veces ao día por iso sempre temos que ter comida e auga limpa a súa disposición.
O gato é un animal carnívoro.
Por iso debemos darlle un penso específico para a súa etapa da vida que lle aporte os nutrientes precisos para gozar dunha boa saúde.
Os gatos son moi limpos e reservados, por iso prefiren que o seu areeiro estea lonxe da sĂşa zona para comer e durmir, nun lugar tranquilo e sen ruĂdos, con area fina e limpa.
Os gatiños aliméntanse os primeiros días de vida dun líquido moi nutritivo que ten a súa nai, o costro. Despois maman do leite materno 7 ou 8 semanas. Se a nai non pode amamantalos hai leites formuladas para darlles cun biberón.
Cando se lamben tragan pelo. Ás veces os gatos comen herba porque lles gusta e lles pode axudar ao tránsito dixestivo.
A herba que máis lles atrae é a nébeda.
REPRODUCIÓN Os gatos son animais vivíparos, é dicir, os gatiños nacen do ventre da súa nai. Os gatos poden entrar en celo a partir dos seis meses. Unha gata pode estar en celo ata máis de cinco meses ao ano.
No momento de parir a gata busca un lugar tranquilo e prepárao para os gatiños. O parto pode durar desde dúas horas ata máis de doce (dependendo do número de gatiños, a experiencia da gata, as condicións…)
Nacen cegos (cos ollos pechados), xordos e con pouca mobilidade. Aos dez dĂas abren os ollos e comezan a desenvolver o sentido do oĂdo.
Dormen de 16 a 18 horas diarias. O embarazo dura 2 meses e soen ter arredor de 4-5 gatiĂąos.
Os gatiños nacen sen dentes. Comézanlles a saír os dentes de leite ás tres semanas. Os gatos adultos teñen 30 dentes definitivos e mantérllelos limpos é importante.
ENFERMIDADES
Poden padecer diversas enfermidades, algunhas mĂĄis graves que outras. A maiorĂa destas enfermidades son causadas por distintos virus.
Algunhas enfermidades frecuentes dos gatos son: enfermidades víricas, enfermidades dixestivas, cancro ou enfermidades da boca. A enfermidade renal é a enfermidade máis común.
Os gatos teñen que vacinarse todos os anos. Tamén hai que desparasitalos.
Os gatos poden ter enfermidades nos ollos como cataratas e conxuntivite. Ă s veces teĂąen manchas no iris dos ollos, pero non significa que estean enfermos. SĂĄenlles co paso dos anos.
Os gatos son os mellores animais disimulando. Tenden a ocultar as enfermidades polo que moitas veces non apreciamos os seus sĂntomas, por iso ĂŠ bo levalos ao veterinario periodicamente.
CURIOSIDADES Os gatos teñen máis ósos que os seres humanos: 233. Gáñannos por 24! Os gatos teñen 12 bigotes moi sensibles en cada lado do seu rostro: 24 en total!
O gato provĂŠn do deserto africano, por iso lle gusta tanto a area e case non bebe.
Ao contrario do que pensa moita xente, cans e gatos pรณdense levar ben.
En Inglaterra e Australia os gatos negros representan boa sorte.
Gústalles mirar polas ventás e polas noites saír a pasear .
Os gatos son moi curiosos.
Os cerebros dos gatos son mรกis parecidos aos dun humano que aos dos cans.
Os gatos camiñan apoiando os seus dedos, que teñen unhas almofadas. Por iso son rápidos, áxiles e non fan ruído ao camiñar.
O gato dorme polo día e caza pola noite. Di a lenda que os gatos teñen 7 vidas.
Se o gato dunha familia exipcia morría, os seus donos afeitábanse as cellas en sinal de loito.
Poden vivir mรกis de 15 anos.
RÉCORDS Puss, un gato inglés, ten o récord de lonxevidade: viviu 36 anos! Towser, un gato escocés, ten o récord Guiness por ser o mellor cazador de ratos.
LEMBRA Os gatos son divertidos, xoguetóns e cariñosos pero non son xoguetes.
Se queres ter un gato como mascota debes ter en conta as súas necesidades e coidados (vacinacións, desparasitacións, alimentación, hixiene…).
MOITO OLLO! A que gatos pertencen estes ollos? Atรณpaos!
Este ĂŠ un libro feito integramente polos nenos e nenas de 1Âş de E.P. do C.E.I.P. Vicente Otero ValcĂĄrcel no curso 2017/2018.