Equipo da Biblioteca CEIP Plurilingüe da Serra de Outes
PAUTAS E ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA Ler non é so decodificar letras, ler comprensivamente require que se acceda ao significado. Hai moitos mecanismos implicados que, en ocasións, impiden que os nenos e nenas (e ata os adultos) entendan realmente o que se pon nun escrito. Unhas veces é por falta de vocabulario, outra de coñecementos previos, por problemas de atención ou memoria, ler demasiado lento e agotar o esforzo niso…
Hai diferentes TIPOS DE COMPRENSIÓN LECTORA, e todos eles son iguais de importantes e van aumentando en grao de dificultade: -
COMPRENSIÓN LITERAL. Soe ser a que máis se traballa nos primeiros anos e serve para recordar datos específicos e localizar información no texto.
-
COMPRENSIÓN INFERENCIAL. Require da activación dos coñecementos previos e das viviencias persoais pois a resposta non está explícitamente nos textos, necesítase analizar e recrear a información dada.
-
COMPRENSIÓN CRÍTICA. Leva consigo xuizos de valor e opinións argumentadas dende un punto de vista lóxico e soe acadarse ao final
Equipo da Biblioteca CEIP Plurilingüe da Serra de Outes
da Primaria onde os rapaces e rapazas deberían ser quen de distinguir os feitos das opinións. -
METACOMPRENSIÓN. Trátase de que o alumno e alumna entenda como comprende e aplique diferentes estratexias para facelo mellor como comentaremos a continuación. Pequenos consellos: - Se non entendes máis de cinco palabras dun texto non vas a comprender o que di, busca outro. - Se che costa moito ler o que pon (vas moi lento, silabeas, sigues co dedo a línea e pérdeste...), ese esforzo, vai facer que non accedas ao significado, cambia de texto.
Deixámosvos unha serie de estratexias para COÑECEMENTOS PREVIOS que temos sobre un tema.
ACTIVAR
OS
-
Le un texto por enriba, escolle dúas ou tres palabras e trata de adiviñar de que vai tratar ese texto.
-
Facede na aula unha chuvia de ideas sobre o posible argumento do texto ou os coñecementos que tedes sobre el.
-
Observa o título e trata predecir de que vai tratar.
-
Mira as ilustracións e intenta pensar no que pode suceder, enumera despois palabras que estén relacionadas con esa ilustración para ver se saen máis tarde.
-
Faite preguntas a ti mesmo sobre que sucederá, cando sucederá, onde...
-
Pensa en que sabes do tema do que vas ler e que queres aprender.
Equipo da Biblioteca CEIP Plurilingüe da Serra de Outes -
IMPORTANTE: Le e escribe sempre cun propósito, ainda que este sexa so divertirte! Se non hai motivación, non hai aprendizaxe significativa.
-
Unha vez comeces a ler pensa se se cumpliu o que pensabas antes.
-
Intenta dicir o que les con outras palabras.
-
Pregúntate cousas sobre o protagonista (ou o que está lendo), trata de imaxinalo, de describilo, de “velo” na túa mente…
-
Resume o que liche en poucas palabras, así aprenderás a sacar as ideas principais dun texto e isto serache moi útil!
A continuación propoñemos diferentes MODALIDADES DE LECTURA pero antes de nada queremos destacar as palabras de Daniel Pennac: “Trátase de convertir o momento da lectura nun momento de desfrute, non de castigo, por iso, tes dereito a confundir a ficción coa realidade, a reler un libro, a deixalo se non che gusta, a saltarte páxinas se queres!” -
Lectura en voz alta, tanto dos nenos e nenas como dos adultos, que sirven como modelo a seguir.
-
Lectura guiada, é o adulto o que vai indicando aos nenos e nenas que preguntas facerse para comprender o texto.
-
Lecturas compartidas: Por equipos un alumno é o guía a comprensión do texto a partir de preguntas proporcionadas polo mestre. Máis tarde será el o que formule esas preguntas.
-
Lectura comentada. En equipo un alumno le un parágrafo o seguinte cométao, e pasa a ler o seguinte párrafo de maneira que todos len e comentan un trozo da lectura.
Equipo da Biblioteca CEIP Plurilingüe da Serra de Outes -
Lectura independiente: Cada un selecciona libremente o libro que quere ler.
- Lectura en episodios. Trata de crear suspense lendo cada vez unha parte para xerar espectativas. Facilita as prediccións e é válida para textos extensos. En canto aos TIPOS DE TEXTOS que debemos escoller eso sempre dependerá da función para a cal os escollamos: investigar, desfrutar da lectura, elaborar unha listaxe... Dende a biblioteca e tamén no Decreto 105/2014 polo que se establece o currículo na comunidade autónoma de Galicia recomendamos utilizar textos de uso cotiá que estén relacionados cos coñecementos e os contextos nos que se desenvolve o alumnado. Estes textos de uso social poderán ser segundo a clasificación de L. Maruny: - Enumerativos (manexar datos) como horarios, etiquetas, listas… -
Informativos (informar) como entrevistas, dípticos e trípticos…
diarios,
revistas,
invitacións,
-
Literarios (desfrutar) como a poesía, os contos, teatro…
-
Expositivos (estudar) como as biografías, libros de consulta...
-
Descriptivos (facer) como as receitas de cociña, as instrucións... Isto que significa? Significa que leas de todo, tes dereito a ler calquera cousa que che interese! (Daniel Pennac)
E unha vez que teñas lido e comprendido aplícao a outros contextos e novas situacións, cámbiao, crea e recrea, busca máis información, cámbialle o final, cámbialle o principio, pono do revés, imaxina, debuxa,
Equipo da Biblioteca CEIP Plurilingüe da Serra de Outes
razona, comenta, contrasta a información, critica, debate ou fai un poema pero, en definitiva… APRENDE E DESFRUTA DO APRENDIDO!
VÉMONOS NA BIBLIOTECA, ESTÁMOSTE ESPERANDO! BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA: http://es.slideshare.net/caritolob/estrategias-de-comprensin-lectora Decreto 105/2014 polo que se establece o currículo para a EP na Comunidade Autónoma de Galicia. Maruny Curto, Lluís; Ministral Morillo, Maribel; Miralles Teixidó , Manuel. Escribir y Leer: Materiales para la enseñanza del lenguaje escrito de tres a ocho años. Centro de publicaciones del MEC y EDELVIVES. Los derechos del lector, visto en http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2014/10/losderechos-del-lector.html