Info pais

Page 1

NAIS E PAIS Claves para un bo comenzo de curso:

Enderezo centro: Rosalía de Castro, s/n 15145 - A Laracha Teléfono: 881880676 - Fax: 881880683 E-mail: ies.agra.leboris@edu.xunta.es

 Compartir as experiencias diarias, preguntar, interesarse e reflexionar xuntos.  Organizar o seu espazo, proporcionarlles un lugar tranquilo para o estudo.  Fomentar o repeto mutuo, confianza, responsabilidade e autonomía persoal.  Participar e implicarse no centro, buscando un clima de entendento entre familias e profesorado compartindo inquedanzas, propostas e experiencias.  Organizar o tempo tanto de estudo como de lecer, para a familia, as amizades, o deporte…..

Directora Xefa de Estudos Vicedirectora Secretario

Teresa Díaz Valiña Mª Cristina Ureta Guzmán Julia Cea Cabanelas Carlos Lens Sanmartín

Atención país: De luns a venres en horario lectivo, previa cita por teléfono.

Asociación de Nais e Pais: “MANUEL MURGUÍA” Contacto: anpa.iesagradeleboris@gmail.com

WEB DO IES: www.edu.xunta.gal/centros/iesagraleboris

http://anpaagradeleboris.blogaliza.org/ Tlf: 616654543 (de luns a venres polas tardes)


HORARIO DE CLASES: Mañás de 8:40 a 14:20 con dous recreos de 20 minutos, ás 10:40 e ás 12:40. O último día de avaliación a saída será ás 12:20, despois da entrega de notas e sempre e cando o permita o transporte escolar. HORARIO DE SECRETARÍA: de 9:00 a 14:00h, de luns a venres. ORIENTACIÓN: Puri Porta Lage Horario de atención a pais: previa cita Horario de atención a alumando: recreos

NOVIDADES CURSO 2016-17 BIBLIOTECA: aberta durante tódolos recreos. É un espazo cultural de traballo e lecer. Consulta de CATÁLOGO: www.opacmeiga.rbgalicia.org Estase dotando á biblioteca de novos fondos sobre educación e outros temas que poden ser do interés das familias. A partir deste curso ofrecemos o PRÉSTAMO DE FONDOS ás familias. Aqueles que estean interesados deberán comunicalo á Vicedirección do centro dando o nome e DNI para solicitar o carné de préstamo. ABALAR MÓBIL: trátase dunha aplicación móbil que permite un maior acercamento das familias á realidade diaria dos seus fillos no instituto. A aplicación permite ás familias consultar información relativa a cualificacións, faltas de asistencia, faltas de conducta dos seus fillos, solicitar citas de titoría, etc. en calquera momento. Máis información: www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil


 Rexistro

Abalar Móbil  Definición abalarMóbil é una aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móvil. As diferentes funcionalidades e servizos que se poden utilizar dende abalarmóbil, son:          

Acceder aos datos persoais Consultar as cualificacións Comprobar e xustificar as faltas de asistencia Consultar o partado de faltas de conduta Consultar os datos de centro educativo Solicitar unha titoría Consultar os avisos ou notificacións Consultar as incidencias Modificar o idioma da aplicación Contactar co servizo técnico

Unha vez instalada a aplicación deberase realizar o rexistro creando o usuario e o contrasinal para poder acceder. Para iso é preciso seguir estes sinxelos pasos: Introducir o número de teléfono móvil e premer en “Enviar”. Introducir, na seguinte pantalla, o código recibido por sms e premer en “Enviar Código”. A continuación, escribir o contrasinal que se utilizará para acceder á aplicación nos dous recadros e premer en “Aceptar”. Finalmente pulsar en “Continuar” para completar o proceso de rexistro.  Acceso Cada vez que se desexe acceder a abalarmóbil deberase introducir o contrasinal elexido durante o proceso de resixtro.

 Descarga A descarga desta aplicación no teléfono móvil faise dende Apple Store (se o sistema opertivo é Ios) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android Play Store

Apple Store

Introducir aquí o contrasinal e premer “Aceptar”

Seleccionar o alumno, pulsando sobre o seu nome

ABALAR MÓBIL: www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil


Aula de Convivencia e Atención Educativa Esta aula e un espazo de reflexión e de traballo individualizado.  Funcionamento como aula de reflexión: Ante un conflicto o profesor/a opta por apartar momentáneamente a un alumno/a do grupo, co fin de que reflexione e cambie de actitude, envíao á Aula de Convivencia co profesorado de garda e dita aula; logo de comprometerse a manter unha actitude correcta, volve o seu grupo.  Funcionamento como aula de traballo individualizado (ATI): A Xefatura de estudos envía a alumnado que presente reiteradamente unha conducta inapropiada na clase, con acumulación de partes de amonestación, durante un período de 1 a 5 días. A xefatura de estudos comunicará a resolución: ao alumno/a, á familia, solicitándolle a súa implicación na corrección, e ao profesorado, o cal lle poporciona material de traballo para os días que permanezca na ATI e ao departamento de Orientación para traballar o cambio de conducta do alumnno/a. Asistencia As faltas deben de xustificarse sempre ante o titor ben empregando o impreso que se atopa en conserxería ou ben a través da aplicación ABALAR móvil. En todos os casos é importante presentar a documentación necesaria que xustifique a ausencia.

As faltas serán comunicadas ás familias con periodicidade quincenal ou mensual.

Folgas de alumnado (3º e 4º da ESO e Bacharelato): Ante unha convocatoria oficial de folga por parte dunha entidade legalemte constituída, prodederase do modo seguínte: 1. Facilitar que a información, dirixida ao alumnado, chegue aos seus representantes: membros da Xunta de Delegados/as. 2. A Xunta de Delegados/as adoptará colectivamente, previo debate nas aulas, por maioría simple, a forma de participación na xornada de folga, entre dúas alternativas posíbeis: actividade reivindicativas no centro ou non asistencia ao centro. 3. A dirección facilitarase ao alumnado un modelo de comunicado as familias ou autorización para non vir ao centro (segundo a opción elixida), que deben traer asinado e entregar a dirección ou o titor con 24 horas de antelación. 4. A entrega do comunicado ou xustificación da familia, en prazo, supón que o alumnado non pode ser sancionado e a súa falta considerarase como xustificada, no exercicio dun dereito democrático. Polo tanto, de estar programado algún exame para ese día este alumnado terá dereito a realizalo noutra data. Materias Pendentes Alumnado que pasa de curso con materias pendentes do curso anterior seguirá un Programa de Recuperació proposto polo departamento correspondente, debendo realizar as actividades e exames que se lle indiquen. En cada avaliación entréganse as notas do curso e das materias pendentes de cursos anteriores. Se no se aproban durante o curso, hai dous exames finais:  Abril (para 2º Bach) ou Maio (para ESO e 1º Bach).  Setembro (para todo o alumnado con pendentes).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.