Post sobre viveiros

Page 1

ANTECEDENTES HISTÓRICOS Cultigar, fundada en 1.989, é a única empresa privada galega que se adica á producción de planta ornamental e forestal mediante técnicas de cultivo in vitro. Actualmente deixou de ser unha S.L. para formar parte da FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA. É, ademáis, unha empresa con amplos antecedentes no ámbito da investigación. Proba disto é a participación entre os anos 1988 e 1998 en proxectos de ámbito europeo como ECLAIR ( European Collaborative Linkage of Agricultura and Industry through Research ) no que se desenrolou unha parte do traballo orientado á multiplicación “in vitro” de material seleccionado de especies leñosas como castanea, quercus robur, prunus avium, camellia japónica....ou o COST G4 ( European Cooperation and Coordination in the Field of Scientífic and Technical Research ) no que se levou a cabo unha investigación multidisplinar sobre o castiñeiro que abarcou campos como a fisioloxía, a patoloxía, os recursos xenéticos e a silvicultura e que ofreceu á empresa a oportunidade de intercambiar valiosas experiencias con outras empresas e centros de investigación europeos con ampla traxectoria na multiplicación do castiñeiro. De feito estableceronse colaboracións interesantes co Departamento de Fisioloxía Vexetal do IIAG ( Instituto de Investigacions Agrobiolóxicas de Galicia ) pertencentes ó CSIC ( Consello Superior de Investigacions Científicas ). Dende entón, mantivose unha estreita relación, seguindo e apoiando como empresa interesada nas investigacións que alí se desenrolaban, entre as que se atopan as que actualmente se están levando a cabo e que se refiren, por un lado á transformación xenética do castiñeiro para desenrolar resistencia a enfermidades e por outro, á transformación xenética do bidueiro para empregalo en tarefas de biorremediación. Ademáis, nos próximos meses prevese a firma dun convenio de colaboración para desenrolar un sistema de multiplicación in vitro válido para o quercus alba.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Post sobre viveiros by vazquez besteiro - Issuu