XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA PRODUCCIÓN DE PLANTA
Repaso 1
Tema 1 REPASO DOS COÑECEMENTOS PREVIOS NECESARIOS PARA ENTENDER A REPRODUCIÓN DE PLANTAS POR SEMENTE 1 2
CONCEPTO DE REPRODUCCIÓN E DE MULTIPLICACIÓN ....................................................................1 REPRODUCCIÓN SEXUAL ................................................................................................................................1 2.1 ESTRUCTURA DA FLOR .........................................................................................................................2 2.2 SEXUALIDADE DA FLOR........................................................................................................................5 2.3 A POLINIZACIÓN .....................................................................................................................................5 2.4 FECUNDACIÓN..........................................................................................................................................8 2.4.1 ESTRUCTURA DO ÓVULO ...................................................................................................................9 2.4.2 ESTRUCTURA DO GRAO DE POLEN.................................................................................................9 2.4.3 FECUNDACIÓN EN XIMNOSPERMAS .............................................................................................10 2.4.4 TRANSFORMACIÓN POSTERIORES.................................................................................................10 2.5 VANTAXES E INCONVENIENTES DA REPRODUCCIÓN SEXUAL ...........................................10 2.6 APLICACIÓNS..........................................................................................................................................11 3 DEFINICIÓN DE SEMENTE. ...........................................................................................................................11 3.1 ESTRUCTURA BÁSICA DE SEMENTE..............................................................................................12 3.2 DESENROLO DAS SEMENTES ...........................................................................................................13 3.3 DISEMINACIÓN DE SEMENTES ........................................................................................................13 3.4 XERMINACIÓN DE SEMENTES.........................................................................................................14
1
CONCEPTO DE REPRODUCCIÓN E DE MULTIPLICACIÓN
A reproducción consite na capacidade dos seres vivos para producir seres semellantes a eles para a súa perpetuación no espacio e no tempo Cando falamos de reproducción e multiplicación estamos referíndonos a un proceso que implica a formación de novas plantas, pero a nivel práctico utilízanse estes conceptos dunha forma particular. Reproducción é un termo usado sobre todo cando nos referimos á reproducción sexual, e o de multiplicación cando nos referimos á reproducción asexual ou vexetativa. REPRODUCCIÓN ASEXUAL, MULTIPLICACIÓN VEXETATIVA ou de forma máis común simplemente multiplicación é a forma que teñen os vexetais de producir novos individuos sen intervención de gametos sexuais, senón por outros métodos permitindo que a partir dunha parte dun vexetal (raíz, talo, follas, xemas, explanto...) se poida formar unha nova planta completa. A multiplicación vexetativa ou reproducción asexual ocorre por divisións mitóticas, sen que se fusionen gametos dando lugar por tanto a seres idénticos a aqueles dos que proceden. REPRODUCCIÓN SEXUAL, ou en termos prácticos reproducción é a forma que teñen os vexetais de perpetuarse mediante a producción de sementes, é dicir e a unión dun gameto masculino con outro feminino (intercambio de material xenético) para que se produza a fecundación e posterior formación dunha semente que, en condicións axeitadas, dará lugar á unha nova planta. A súa importancia débese á combinación (no novo ser) da combinación dos caracteres do pai e da nai, resultando diferente xeneticamente a ámbolos dous.
2
REPRODUCCIÓN SEXUAL
A reproducción sexual asegura a conservación dos caracteres xenéricos e específicos (é dicir, son individuos que comparten características xenéticas procedentes de ambos proxenitores). Desta forma subministrase a variabilidade xenética necesaria para a adaptación continua dunha especie ó seu medio ambiente. Pola contra o rango varietal, con este tipo de multiplicación, é heteroxéneo, salvo os híbridos F1 e nas razas puras. A formación das sementes é esencial para a supervivencia da maioría das especies vexetais. Na reproducción sexual a flor é o órgano que da orixe ás sementes, das que van nacer as novas plantas. Marina Engroba Sal