CARAMIÑAS Daniel Briones Olveira
nº 21. Xuño 2.014 C.E.P. “PILAR MAESTÚ SIERRA” Cadreche – Posmarcos. (Pobra do Caramiñal)
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
A HISTORIA DUN NENO SAHARAUI Érase unha vez un neno saharaui chamado Mohamed, que veu a vivir a España coa súa nai. O neno non tiña amigos, porque tiña outra cor de pel e os rapaces discriminábano. Un día o neno foi coa súa nai á biblioteca. A nai díxolle: -Mohamed, vai mirar libros para ti, que eu vou a buscar uns libros. Entón o neno foi a mirar libros, e de repente escoita: -Hola! E Mohamed dixo: -Quen está falando? -Nós, os libros. -E que facedes os libros parlantes?. -Facemos que os nenos tristes se divirtan. -Ti estas triste? -Si. -Porque ? -Porque non teño amigos, como teño outra cor de pel ninguén quere ser o meu amigo. -Nós vamos a xogar contigo,vale. -Vale. -Ves aquel libro de alí? -Non o podes abrir -E logo, porque? -Porque se come a todos os nenos. -Vale nunca o vou a abrir. Entón a mamá de Mohamed díxolle que se tiñan que marchar. E Mohamed despediuse dos libros e díxolles que mañá ía vir á biblioteca. E ao día seguinte foi á biblioteca. Entón esqueceuse do libro malo e sen querer abriu o libro malo. E o libro díxolle : -Ti acábasme de abrir, e eu voute a comer. Entón o libro tragouse a Mohamed. Cando Mohamed estaba dentro do libro non sabía o que estaba pasando. Entón Mohamed dixo: -Onde estou? Que está pasando? E o libro dixo: -Cala, rapaz! Agora estás no meu interior e nunca vas saír. -Que dis? Seguro que todos os libros agora están buscando por min. -Si; xa; seguro. Hahahaha! Máis tarde, os libros estaban preocupados porque Mohamed prometéralles que ía ir a velos. De súpeto viron ao libro malo moi contento. Os libros preguntáronlle: -Ti non comerías a Mohamed, non? -Quen? Eu? Vós estades tolos.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Entón o libro malo díxolle a Mohamed: -Mohamed, chegou o momento de que sufras. Mohamed suplicou : -Non, por favor! E os libros escoitaron a Mohamed gritar. E dixeron: -Ti, si que comiches a Mohamed, e vámolo a rescatar. -Si , seguro. A ver como o sacades de dentro de min. Entón o libro malo empezou a poñerlle a Mohamed os seus peores pesadelos. E púxolle aos nenos da escola, insultándoo , pegándolle e ríndose del. Entón os libros, cando escoitaron que Mohamed estaba sufrindo, dixéronlle: -Saca a Mohamed de aí, que está sufrindo. -Non, non o vou a sacar. - Ah, si! Xa veremos Os libros empezaron a pelexar. Patada por aquí ,patada por alá. E Mohamed gritando: -Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa... Daquela os libros deixaron de pelexar e foron a xunto do consello de libros. Dixéronlle ao xefe que o libro malo atrapara a Mohamed. O xefe decidiu que tiñan que facer unha apócema para sacar a Mohamed. Facía mil anos que non se elaboraba. Entón todos os libros se xuntaron, para facer a apócema. Logo foron a buscar todos os ingredientes necesarios que eran: babas de caracol, polbo de fada, ollo de troll, e unha chisca de bicarbonato. Cando reuniron todos os ingredientes, mesturáronos. A apócema xa estaba feita. Logo todos os libros foron axunto o libro malo, para botarlle a apócema, e que soltara a Mohamed dun esbirro. Os libros dixéronlle ao libro malo: -Temos unha beberaxe para que liberes a Mohamed dun esbirro. O libro malo dixo: -Seguro que esa apócema non funciona. Entón os libros botáronlle a apócema, e o libro malo expulsou a Mohamed. O xefe dos libros díxolle ao libro malo que ía estar castigado no cárcere o resto da súa vida. E o libro malo dixo: -Por favor non me metades no cárcere. Síntoo moito. Entón os libros preguntáronlle: -E por que comiches a tantos nenos? -Porque estou só e non teño amigos. E os libros, como non lle crían, mandárono ao cárcere. Mohamed díxolle aos libros que o pasara moi mal dentro do libro malo. Mohamed decatouse que xa tiña que estar na casa, polo tanto marchou. Uxía Fernández Piñeiro Ana Piñeiro Suárez CEP Pilar Maestú Sierra
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Para Vivi a de sexto as clases de proa son: “ A amizade o compañerismo, aprender mellor e mais ,traballar en equipo ,aprender trucos para estudar e para todo. Solucionar os nosos problemas,xogar ,aprender, rir, estudar, e facer novas amizades,e practicar o compañerismo. Aprender valores da vida e traballar moito para poder mellorar todo. E encontralo noso don , e nunca renunciar a os nosos sonos : o que non ten sonos non ten nada. E mellorar as nosas notas, e axudarnos a aprender e estudar mais ”
Para Lourdes as cousas importantes son: “É moi importante que se non estuveran aquí todos estos nenos e Silvia, xa non podíamos aprobar e estudar con trucos moi importantes por exemplo: trucos para sumar,restar,multiplicar e moitas cousas mais, como aprendizaxe de lengua uo lingua,que para min me costa moito lengua. ”
Alberto ensinanos un dos seus dons, como di VIVI; Profe: Que descrubrimos en clase que sabes facer moi ben? Alberto:papiroflexia Profe: Porque? Que sabes facer? Alberto: porque sei facer moitas cousas, e son capaz de inventar novas.
SOMOS UN GRUPO MOI ESPECIAL: LOURDES, AINARA, BRAIS C, BRAIS V., VIVIANA, DANIEL, ÓSCAR, BORJA, ALBERTO, ANTONIO E LIDIA. Está escrito pol@s nen@s durante a sesión do mércores día 04 de Xuño do 2014. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Esta é a primeira vez que na escola celebramos a I SEMANA DA ORIENTACIÓN, e quería aproveitar a revista para AGRADECER, en primeiro lugar a TODO O PORFESORADO, a alta participación e a colaboración no desenvolvemento da actividade, pois senón non sería posible. En segundo lugar ás FAMILIAS, xa que a participación na mesma foi alta e en especial as MAMÁS que colaboraron na realización dos diferentes obradoiros. E como non, ao ALUMNADO, porque efectivamente, sen eles tampouco sería posible. A continuación quería amosarvos un resumo en fotos do que foron as diferentes actividades realizadas: SEMANA CULTURAL-ORIENTACIÓN
VISITA A AMICOS
RISOTERAPIA
OBRADOIROS FAMILIAPROFESORADO- NEN@S
Ademais de todo o que se pode ver en imaxes realizamos unha actividade de coñecemento do traballo nas aulas de PT e AL, así como a visita do alumnado de 6º ao IES para coñecer e dar resposta ás dubidas que xorden neste cambio de etapa educativa. Sen dúbida, unha semana cargada de actividades que agardo foran para todas e todos aproveitables e que ao mesmo tempo desfrutaramos do traballo coas e das diferenzas. Silvia Folgueira Puente- Departamento de Orientación http://orientamaestuvarela.webnode.es EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Desde o EDL do colexio seguimos a dinamizar algunhas festividades cíclicas como o Samaín ou o magosto, así como a realizar outras que xa competen máis ao departamento. Para o SAMAÍN elaboramos unha unidade didáctica, fíxose un mural e unha exposición de libros da biblioteca con temática de terror. As familias decoraron cabazas. Celebramos unha vez máis a noite do Samaín, con contos de medo, acendido de cabazas e degustación de comidas e bebidas terroríficas.
No magosto seguimos co decorado e o xa tradicional concurso de buxainas. Cada vez hai máis afección. Para o remate da festa deixamos a degustación das castañas asadas e o tisnado das caras.
Este curso celebramos a primeira Semana das Ciencias en Galego. Participamos nunha videoconferencia de Marilar Alexandre sobre os insectos (2º e 3º ciclos) e, o alumnado de 6º preparou unhas ilusións ópticas e catro sinxelos experimentos que fixeron diante do resto do colexio.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Outra actividade que nos encanta é a visita ao centro da 3ª idade de A Pobra a cantarlle panxoliñas aos nosos maiores. Este curso correu a cargo do alumnado do 1º ciclo. Para o Día da Paz elaboramos unha presentación prezi sobre Alfred Nobel, os premios da paz que levan o seu nome e Nelson Mandela. No Día de Rosalía elaboramos unha presentación Videoscribe sobre a autora e algúns poemas seus famosos. Tamén elaboramos un libro colectivo de todo o centro con poemas de Rosalía e outros escritos polo noso alumnado.
En colaboración cos demais EDL do Barbanza elaboramos un calendario adhesivo que se repartiu á comunidade educativa; tamén participamos nunha campaña de fotografía de “corasóns intuídos” (Día da Candeloria) e na ilustración colectiva do poema Penélope, de Xosé Mª Díaz Castro. Tamén tivemos no centro a un avó que estivo toda a mañá facendo un cesto. O alumnado amosouse moi interesado en todo momento. Para celebrar o Día das Letras Galegas, fixemos un videoscribe coa historia deste día, do nacemento da Real Academia Galega e algúns autores homenaxeados. Despois saímos ao patio, onde pintamos un mural coa caricatura do autor homenaxeado este ano. Alí lemos poemas e o alumnado de 5º e 6º interpretou o Himno galego coas frautas.
Organizamos uns obradoiros para a semana cultural (compartida con Orientación): repostería, chapas, chuches, colgantes, álbums de fotos,... Todo isto e moito máis, podédelo ver no blog do EDL de Cadreche.
http://cadrechegalego.blogspot.com.es/ EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Non deixes de visitalo! . C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Un ano máis repítese a actividade da Escola de Familia. Son moitas as reflexións que se me ocorren para facer sobre esta actividade. Neste curso pensei que mellor que falasen os papis sobre estas sesións. Por iso entrevistei a algúns deles, e estes foron os resultados: ENTREVISTA Á MAMÁ DUN NENO DE 2º CURSO: Rosa
1.-Dende
cando
participas
nesta
actividade? Dende hai dous anos
2.- Cales son os aspectos que consideras son necesarios para a mellora da calidade da educación das nenas e nenos que educamos? O respecto polos iguais, o cariño, a empatía, escoitar e falar cos nosos fillos, poner normas e límites, ser consecuente.
3.- Que crees que mellora cando implementamos algunhas das pautas que construímos en Escola de Familia? Que melloramos as condutas dos nosos fillos, a comunicación, o entendemento. En fin…. O día a día en todos os aspectos.
4.- Para ti, cal é o tema fundamental que tod@s deberíamos tratar e coñecer en profundidade para mellorar a relación e contribuír a formación de nenas e nenos “íntegros, completos”? A autoestima e as normas e consecuencias.
5.- Cres que as sesións que temos con expert@s son enriquecedoras? En que medida? Para min son superenriquecedoras e gratificantes, nas que descubrín algo que non imaxinaba.
6.- Que lle dirías ás mamás e papás do cole sobre o que é a Escola de Familia? Unha fonte de información moi positiva na que aprendes, falas, escoitas, desafogas…..
ENTREVISTA Á MAMÁ DUNHA NENA DE 1º CURSO, E DUN NENO DE 3º CURSO: Chus 1.-Dende cando participas nesta actividade? Dende hai catro anos
2.- Cales son os aspectos que consideras son necesarios para a mellora da calidade da educación das nenas e nenos que educamos? Principalmente fomentar a motivación e a autoestima, xunto con valores como a empatía
3.- Que crees que mellora cando implementamos algunhas das pautas que construímos en Escola de Familia? Aínda que hai que ser moi constantes, e non deixarnos levar (en moitas ocasións) polo cansancio ou o aburrimento, o premio é fantástico, xa que cando se pon en marcha a maquinaria a recompensa para os nenos e para nos mesmos é imparable.
4.- Para ti, cal é o tema fundamental que tod@s deberíamos tratar e coñecer en profundidade para mellorar a relación e contribuír a formación de nenas e nenos “íntegros, completos”? A autoestima é a base fundamental para todo.
5.- Cres que as sesións que temos con expert@s son enriquecedoras? En que medida? Moitisimo xa que proporciona grandes momentos de reflexión e debate
6.- Que lle dirías ás mamás e papás do cole sobre o que é a Escola de Familia?
Bueno, non me chegaría un folio para poder expresarme. É unha experiencia fantástica na que todos
participamos,
expresamos
dúbidas
e
preocupacións, e o enriquecemento é grandioso. Fainos ser mellores persoas, reflexionando acerca de nós mesmos e aprendemos a poñernos no lugar dos peques…
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
ENTREVISTA Á MAMÁ DUNHA NENA DE 3º CURSO E DUN NENO DE 4º CURSO: Moncha 1.-Dende cando participas nesta actividade? Dende hai cinco anos
2.- Cales son os aspectos que consideras son necesarios para a mellora da calidade da educación das nenas e nenos que educamos? Compenetración pais- profesorado e falar moito.
3.- Que crees que mellora cando implementamos algunhas das pautas que construímos en Escola de Familia? Mellorar o comportamento
4.- Para ti, cal é o tema fundamental que tod@s deberíamos tratar e coñecer en profundidade para mellorar a relación e contribuír a formación de nenas e nenos “íntegros, completos”? Fomentar a autoestima
5.- Cres que as sesións que temos con expert@s son enriquecedoras? En que medida? Por suposto, sempre aportan solución máis profesionais e moito máis enriquecedoras.
6.- Que lle dirías ás mamás e papás do cole sobre o que é a Escola de Familia? A escola de Familia é un lugar donde todas e todos aportamos vivencias persoais, ás veces
atopamos
solucións
para
determinados temas, e con un pouco de sorte saímos cunha sonrisa na cara.
Todo o que se atopa nesta revista con respecto á Escola de Familia recolle “integro” o que os papás e mamás contestaron por escrito de forma individual e nas súas casas.
ENTREVISTA Á MAMÁ DUN NENO DE 4º CURSO e unha nena infnatil: Montse
1.-Dende cando participas nesta actividade? Dende o seu comenzo.
2.- Cales son os aspectos que consideras son necesarios para a mellora da calidade da educación das nenas e nenos que educamos? Penso que debe haber moi boa relación entre escola e familia.
3.- Que crees que mellora cando implementamos algunhas das pautas que construímos en Escola de Familia? A Convivencia familiar.
4.- Para ti, cal é o tema fundamental que tod@s deberíamos tratar e coñecer en profundidade para mellorar a relación e contribuír a formación de nenas e nenos “íntegros, completos”? O tema das normas e a súa aplicación.
5.- Cres que as sesións que temos con expert@s son enriquecedoras? En que medida? Si, en gran medida xa que sempre sacamos conclusións
que
podemos
aplicar
na
educación dos nosos fillos.
6.- Que lle dirías ás mamás e papás do cole sobre o que é a Escola de Familia? Escola
de
enriquecedoras
familia donde
son
sesións
tratamos
moi temas
relacionados coa educación dos nosos nenos, aprendendo das experiencias de outras familias e da información que nos acerca a “profe Silvia”. Estas sesións nos dan seguridade a hora de actuar ante situacións que se nos presentan no día a día.
Silvia Folgueira Puente- Departamento de Orientación http://orientamaestuvarela.webnode.es EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
No ano 2013 visitounos a familia da nosa auxiliar de conversa Emily. A sua tía é periodista para a BBC en Londres e escribiu un artigo sobre a súa experiencia en Galicia. Aquí temos o orixinal en inglés e unha versión en español traducida por Emily. Galicia: Love in a Cold Climate Mum Amy, Granny Heather, Grandee Lizzi & Baby Charles visit Niece/Daughter/Sister/Auntie Em in Spain. Welcome to Galicia! It’s supposed to be summer but climatically at least it resembles Scotland in November. Cold, wet, grey; and stunningly mountainously beautiful. That head-in-the-clouds 'mizzle' ... a cross between mist and drizzle: the default position of the Scottish climate that led to their creation of their onomatopoeic hybrid word; as full of meaning as the moisture their air carries. As Scotland does with England, Galicia rides on the shoulders of Portugal: the filter to Portugal's cigarette. But it’s so much more – and so much better – than that. Emily is teaching English to Galician school children, in A Pobra do Caramiñal courtesy of the British Council. The Galician Government having wised up to the fact that with Spanish unemployment levels as they are, allowing the next generation to grow up without speaking English frankly isn't an option. Hence many adults speak only Galician and Spanish, whereas it’s rare to find a child over seven who can't have a basic conversation in English. Terrific stuff. Well done the Galician authorities and well done Emily and others like her. Emily's like Madonna to these kids. They literally treat her like a rock star. A tumble of painted faces with union-flagged cheeks and 'Emily' branded across their foreheads ran out to greet her as we arrive at her school: a tsunami of pale skinned brown-eyed shrieking creatures with big beating hearts. A delightful mixture of maturity and naivety. Simple of manner, alert of mind, curious and wide-eyed: they're like sea sponges soaking up new words, phrases and experiences at every turn. Child-like not childish: there's a very big difference. Neste artigo vén a dicir que na visita a Galicia se atoparon con mal tempo, semellante ao de Escocia, a pesares da época. Que o goberno galego lle dá importancia ao idioma inglés traendo lectoras nativas como Emily para formar ás novas xeracións. Tamén comenta o trato que recibe Emily por parte do alumnado, sendo pouco menos que idolatrada. E do enriquecedora que resulta a experiencia, na que o alumnado absorbe “como esponxas” palabras, frases e costumes inglesas.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Había unha vez unha familia moi pobre. Un día a nai díxolle ao seu fillo: _Cariño, vai á cidade a pedir comida. A nai doulle unha mochila con pan e auga. _Mamá, é un camiño moi longo; non sei se aguantarei tanto. _Tranquilo. Métoche dobre pan e auga_ dixo a nai. _Vale_ contestou o fillo. E tomou rumbo á cidade. Cando chegou á cidade encontrouse coa raíña. _Ah, ola! Vés a por comida?_ díxolle a raíña. _Si, veño a por comida_ dixo o neno. _Neno, como te chamas? _Chámome Tobi. _Ben, pois Tobi, vouche dar dúas bolsas con comida e bebida. _Grazas! Que amable! A raíña invitou ao neno á súa casa, e deulle un té e unhas galletas. O neno deulle as grazas e foise. Polo camiño encontrouse a un can abandonado e colleuno. O can estaba moi contento porque o neno o collera. Cando chegou á casa, a súa familia preguntoulle ó neno quen era o can, como se chamaba. E o neno contestoulle que aínda non o sabía e que tal se o decidían xuntos. _Vale. Decidirémolo xuntos. _Que tal Nube? Non, Dino; non, sol; vaise chamar Bolt. Bolt quedou moi contento coa nova familia e a familia preguntoulle ao neno que tal lle fora a ventura. O neno díxolle todo o que pasara e, co que lle dou a raíña, quedaron tan contentos que non sabían que dicir. Cando ían abrir as bolsas para a cea, déronse conta de que non había comida, senón diñeiro. Con ese diñeiro puideron comprar comida e roupa nova. O galo cantou e o conto rematou.
Sara Dieste Rivas
CEP Pilar Maestú Sierra
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Pulseiras de gomiñas Contan as malas linguas que algún nenos cambiaron a comba e o balón no recreo por un novo entreteñemento. Nos coles e nas casas xa non se fala doutra cousa e, o máis pequenos, aproveitan o tempo para sentarse en grupo e facer as famosas pulseiras de gomiñas. Un elemento tan simple coma unha gomiña de cores, algo de técnica e moita paciencia conqueriron pasar a ser o novo pasatempo dos nenos No noso cole, os alumnos de 4º e 5º, decidimos tentar facelas para recaudar fondos para a excursión do ano que ven. Empezamos con creacións sinxelas e, pouco a pouco, mergullámonos nun mundo de cores maravillosas entretexidas coas nosas mans ou con pequenos teares que fumos mercando. Desta actividade xurdiron pequeñas obras de arte e, os nosos país, empezaron a amosar interese polas nosas producións. Cal foi a nosa sorpresa, cando os vimos traballando connosco, trenzando gomas, entretexendo quizáis con elas as añoranzas da súa infancia perdida, Aquí tedes as imaxes de nós e dalgunhas das nosas obras. Verdade que son unha pasada?
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Pulseiras de gomiñas: cinco leccións de pedagoxía Para os educadores non debería pasar desapercibido o interese dos nenos polas pulseiras de gomiñas. Quizáis deberíamos estar dándolle voltas á cabeza sobre como utilízalo como recurso educativo e escolar. De feito, os nenos, deronnos unha lección de pedagoxía. En realidad, cinco leccións que agora explicamos. Primeira lección Cando lles preguntas aos nenos como aprenderon, a resposta máis frecuente é que recurriron a un dos numerosos titoriales que existen en Youtube sobre elaboración de pulseiras de gomitas. Menuda lección! Iso si que é ter competencia dixital, capacidade de buscar información, aprender a aprender, comprensión oral…
Segunda lección A segunda lección que nos dan é o que os expertos chaman aprendizaxe cooperativo e axuda entre iguais. Ao final, os nenos se axudan os uns aos outros, observan e preguntan aos demáis como elaboran as pulseiras .
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Terceira lección Os nenos que elaboran Pulseiras de gomiñas dannos unha lección acerca do que é secuenciar unha dificultade cando se está a realizar unha nova aprendizaxe. Os que se inician neste entreteñemento, comezan por elaboracións sinxelas, axustadas ao seu nivel de competencia para, pouco a pouco e segundo a súa capacidade, ir elaborando diseños máis complexos.
Cuarta lección A cuarta lección é sobre creatividade. Aquí ponse en xogo os diseños que cada un utiliza na combinación de cores. Hainos que repiten modelos, pero tamén hai outros que cambian as cores ao seu propio gusto. Outros nenos máis creativos van máis alá e utilizan as gomiñas non só para facer pulseiras, senón tamén noutro tipo de produccións: colgantes, cintas para o móvil, etc.
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Quinta lección A quinta lección refírese ás capacidades de organización. Víchedes algunha vez os maletíns que utilizan os nenos para elaborar as pulseiras. Iso si que é un exemplo de organización de material para facilitar o traballo.
Algunas conclusións. Este interese polas pulseiras de gomiñas desmonta a falsa crenza de que aos nenos só lles interesan as “pantalliñas”. As pulseiras de goma están ocupando máis tempo que os videoxogos en moitos casos. Por último, como educadores e profesionais comprobar que as cousas que realmente lles interesan aos nenos non as aprenden na escola…por que será?
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
O dolmen de Axeitos está na parroquia de Oleiros, no Concello de Ribeira.Foi construído no entre o 4000 e o 3600 a.C. É un monumento funerario megalítico, formado por oito grandes laxes de granito. Son os restos dunha tumba de corredor con cámara. Mide 1,80 m de alto O dolmen de Axeitos é un monumento funerario megalítico, levantado en época neolítica (IV milenio a.C.). Oito grandes laxes de granito fincadas na terra conforman unha planta poligonal sobre a que se apoia outra lousa horizontal de 4,5 por 3,5 m. Conserva dous das laxas que conformarían o corredor de entrada. Apenas se conservan restos do túmulo de terra que adoitaba cubrir este tipo de construcións. A Torre de Hércules foi construída como faro polos romanos entre os séculos I e II, sendo na actualidade o único faro de orixe romana en funcionamento. Mide 68 metros de altura e 10 metros de ancho. Antigamente subíase por unha rampla exterior á actual torre. Os muros acadan un grosor de máis de 1,50 m. A lenda conta que Hércules enterrou a cabeza do seu inimigo, o xigante Xerión, tras tres días de loita e sobre ela levantou a torre. No escudo da cidade da Coruña aparece a Torre de Hércules coa cabeza de Xerión debaixo dela. É patrimonio nacional da humanidade pola UNESCO. Atópase na Coruña. A Catedral de Santiago é un templo católico que se comezou a construír no 1075. Tralo descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago no ano 813, edificouse no lugar unha igrexa, que máis tarde sería convertida en catedral, dada a grande cantidade de peregrinos que chegaban. O Papa Calisto II (século XII) decidiu nomear Ano Santo os anos nos que o 25 de xullo caese en domingo. Isto faría de Santiago o centro de peregrinación máis importante de toda Europa. Destacan o Pórtico da Gloria (Mestre Mateo) e o gran incensario: “O botafumeiro”, de metro e medio de altura e 62 kg de peso.
A muralla de Lugo comezou a construirse probablemente contra o ano 260. Ten forma de elipse imperfecta de 2.266 m de lonxitude. A súa altura varía entre os 8 e os 12 metros; o camiño sobre a muralla varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Inicialmente tiña 5 portas de entrada á cidade (agora 10) e moitas torres das que só se conserva unha. Fixemos este traballo cos ordenadores da aula ABALAR. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
O tema no que nos baseamos este ano para traballar na biblioteca foi Monumentos do mundo”. A partir del fixemos varias actividades desde a biblioteca como O Día da biblioteca(24 de Outubro), O Día mundial da poesía (21 de Marzo),O Día de Rosalía (24 de febrero), O Día do libro( 23 de Abril), Conversas cos autores… Así como outras non promovidas desde a biblioteca pero facendo actividades do tipo de exposición de fondos, presentación de información… Día da paz, Día dos dereitos d@s nen@s, Letras Galegas e certame literario “Esther Dourado” Por mencionar algún podemos falar do Día das conversas cos autores, este ano conversamos co autor Jacobo Fernández Serrano e que tivo lugar o día 11 de Abril. Nese día o autor ilustrounos con moitos debuxos relacionados cos libros que os nen@s previamente leran: “Marcopola 1 e 2”, “A pedra e as formigas” e “Mil cousas poden pasar”. Ademais contestou a cada pregunta que se nos ocorreu con respecto á súa obra e incluso á súa vida e tamén inauguramos na nosa biblioteca un andel co seu nome. Outra importante celebración foi a do Día do libro o día 23 de Abril na que os nenos de 1º ciclo así como os de 3º e 5º curso nos falaron dalgún libro que leran nos que aparecía un famoso monumento. Os nenos de 5º ilustraron a súa explicación con diversas fotos deses famosos monumentos, o que nos gustou moito. Os nenos de 4º presentáronnos o seu traballo: “Os edificios ao longo da historia”, así como os de 6º nos presentaron o seu: “Monumentos de Galicia”. Ademais ese día tivemos a sorte de contar coa participación dalgunhas nais que nos falaron da súas experiencia coa lectura dalgún libro que lles impactou especialmente e no que tamén aparecían célebres monumentos. O lema da nosa pegatina foi: “Ler dáche ás”. No Día das Letras Galegas tamén o pasamos xenial: primeiro aprendemos un pouco da historia do día das Letras Galegas a través da proxección dun vídeo e logo cantamos a canción de Paco Nogueiras á vez que viamos fotos de tódolos nenos do cole co lema: “En galego… (falo, xogo, canto…). Logo, os alumnos de 5º tocaron coa frauta “O son do Ar” de Luar na Lubre e “ O himno Galego”. Despois recitamos poemas de Xoán María Díaz Castro como “Penélope”. E inauguramos a columna do autor. Tamén este curso tivemos un Proxecto de biblioteca chamado “A Catedral dos libros” no que fixemos maquetas de edificios, skylines. Se queres saber ou ver mais relacionado coa nosa Biblioteca recorda que podes facelo no noso blog, alí, en BIBLIOCADRECHE, atoparás un site con interesantes contidos educativos. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Este ano seguimos desenrolando actividades para fomentar a lectura como a HORA DE LER no cole. Esta actividade, que ten lugar a diario, consiste en facer una lectura silenciosa durante vinte minutos en horario lectivo. A lectura faise en distintas sesións segundo a semana na que esteamos e cada un le o que lle apetece, sen que ninguén lle poida dicir nin comentar nada, o importante é ler e desfrutar facéndoo. Este ano xa estabamos habituados a facelo, non era nada novo para nós, así que non nos custou nada estar en silencio ou ter libros listos para ler, ben das nosas casas ou da biblioteca. Cada día nos gusta máis ler!! Este ano tamén contamos coa importantísima axuda de tod@s aqueles que quixeron colaborar coa difícil tarefa que é o coidado da biblioteca durante os recreos. Temos que agradecer moito a labor dos biblioaxudantes que tiveron un duro traballo por diante á hora de dar préstamos, ordenar fondos, manter a orde na biblioteca, coidar o correcto uso dos ordenadores… GRAZAS a tod@s!!!!!!!!: Jonathan, Martín, Samuel, Iria, Vivi, Nerea, Helena, Ana Fandiño, Noelia Linares, Alberto, Lucía Hermo, Pablo Cameán, Pablo Pérez, Brais Olveira, Carla Rodríguez, Paula, Oscar, Iker, Agustín, Joel González, Inés, Lydia Pérez, Joel Castro, Ainara, Álvaro Villanustre, Lois, Unay, Daniel Fernández, Daniel Dieste, Lara, André, Zaira, Eva, Sabela, Sara e Lucía.
Este curso un grupo de mamás organizaron no seo da Biblioteca un CLUBE DE LECTURA. Unha actividade que consistiu na lectura en voz alta por parte dos organizadores da mesma. Resulta moi interesante este tipo de lectura porque e unha das mellores estratexias para formar lectores, xa que contaxia o gusto polos libros.
ANIMÁDEVOS E O CURSO QUE VÉN ANOTADEVOS MÁIS!!!!!
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Que pasaría se non houbese médicos? Xa sei que sempre hai alguén que quere ser médico pero, ¿e se chega un momento no que todo o mundo... mais ben ninguén queira ser médico? Pois esta historia vai sobre iso, sobre un mundo no que ninguén queira ser medico... Xurxo volvía a casa despois dun largo día de traballo. Ultimamente había menos médicos porque cando se xubilaba un non viña outro a ocupar o seu lugar e polo tanto había mais traballo para os demais. A principios do ano había aproximadamente cen médicos traballando con Xurxo. Agora, no mes de setembro, so quedaban sesenta e tres e ó día seguinte xubilábanse outros dous. Xurxo foi directo a súa habitación para tombarse na cama. Aquel día fora especialmente duro porque faltaban varios médicos que colleran a semana libre. Xirou a cabeza e mirouse no espello e o que viu sorprendeuno. Seguía tendo a mesma cara alargada de sempre coa fronte prominente, a pequena cicatriz que tiña na meixela esquerda de cando se cortara cunha navalla e o pelo largo cubríndolle as orellas. Pero o pelo non tiña a súa cor dourada de sempre senón que parecía que tiña menos color e xa se vían algunhas canas nada normal a súa curta idade. Ademais os seu ollos castaños xa non tiñan o mesmo resplandor que tiñan cando empezara a traballar. Mais agora parecía máis apagado, máis cansado que antes. Incluso parecía mais vello do que era. Esa noite cando Xurxo se foi durmir pensou que polo menos as cousas non poderían ir peor. Estaba moi equivocado. -Xa sei mama pero e que teño moito traballo... non, non vou poder ir... xa sei que cho dixen pero e que somos moi poucos traballando e non teño tempo... por enésima vez que ninguén quere coller o traballo... non, non sei porque... vale xa o intentarei pero agora teño que colgar que teño traballo.. si, si vale. Adeus-. Xurxo colgou o teléfono e reprimiu en suspiro. Xa tiña suficiente traballo coma por encima ter que aturar as discusións familiares. -Que pasaba?- Xurxo levantou a cabeza e viu a unha muller que un pouco mais nova ca el, de pelo marrón e ollos verdes e cun sorriso pícaro nos beizos. Era a súa axudante Adela a única persoa que estaba aprendendo o oficio. -Ah, nada unha reunión familiar. Tomaches nota do ultimo paciente?-Si, foi un caso de gastroenterite que ...- Empezou Adela pero foi interrompida por uns golpes na porta. -Pasa- dixo Xurxo e apareceu un home baixiño de mediana idade con pouco pelo, os dentes de diante un pouco torcidos e cun brillo que nunca se extinguía por completo nos seu ollos verdes. Era Lúcimo o seu compañeiro de traballo. -O xefe pregunta por ti Xurxo- dixo este nada mais entrar despois de saudar coa cabeza. -Di que e urxente así que vas ter que ir agora mesmo-. -E os meus pacientes?-Xa se encargara Adela deles e, se hai algo que non sabe que acuda a min que estou no despacho do lado-Eh vale, Adela quero que fagas un informe completo de todos os pacientes que veñan por aquí. - Si señor- respondeu a aludida e con isto Xurxo marchou do despacho. De camiño ó despacho do xefe Xurxo sentiuse un tanto incómodo porque so fora ó despacho unha vez e fora cando empezara a traballar. Cando entrou viu a varios médicos dos mais vellos, unha ducia mais ou menos, sentados arredor dunha mesa moi larga e rectangular. Xurxo supuxo que serían os que mais tempo levaban traballando alí pero entón, ¿porque estaba el? Na cabeceira había un home co pelo branco cuns ollos pequenos detrás dunhas gafas e cunha nariz mais ben larga. Era algo gordo e vestía coma se fose un home de negocios. Era o xefe. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
-Ah, Xurxo xa chegaches. Ben séntate nesta cadeira bacía- díxome nada mais entrar apuntando a unha cadeira ó final da mesa. Eu fun alí e permanecín calado. -Supoño que vos estaredes preguntando porque vos trouxen aquí? Pois a razón e a seguinte. Como supoño que xa sabedes ultimamente non hai ninguén quere aprender esta profesión- houbo unha serie de murmurios de aprobación- coa excepción de Adela a axudante do señor Carami aquí presente-. Xurxo apertou os dentes. Detestaba que os demais o chamasen polo apelido.- Que nos pode contar dela señor Camari? Sabe porque os demais estudantes non queren seguir o seu exemplo?-Xa lle preguntei e ela díxome que todos os demais pensaban que ser médico e algo pasado de moda. Todos queren ser policías, bombeiros, actores … E ademais pensan que non vale estudar tanto para despois recibir este soldo- respondeulle Xurxo aínda bastante anoxado. -Sen embargo subimos o soldo e seguen sen vir- replicoulle o xefe. Xurxo encolleuse de ombros. -Xa che dixen que pensan que e algo pasado de moda-. -Moi ben se iso e todo a outro asunto. Non e so aquí onde non veñen novos médicos senón en todo o mundo. Francia estase quedando sen médicos, Estados Unidos estanse quedando sen médicos... incluso China! Así que se os rapaces seguen pensando que ser médico e algo pasado de moda durante moito tempo dentro de pouco non quedara nin un! Haberá enfermos por todas partes e nin unha soa persoa capaz de curalos. Haber para que serven os actores entón- fixo unha pausa par beber un grolo de auga porque acalorarase bastante. – Pero iso non e o peor- proseguiu nun ton de voz mais calmado.- O peor e que fai pouco descubriuse unha nova enfermidade. Unha que empezou por Rusia pero que se esta estendendo cara o sur. Nunca se vira antes e un completo misterio. Veredes o único que se sabe dela e que pode atacar a diversas parte do organismo. O corazón, o ril, o cerebro … Sen embargo o mais espantoso e da forma en que mata. A xente empeza a sentir fortes dores no órgano afectado. Ó cabo duns días as dores son insoportables ata que morre. Despois cando se fai a autopsia non esta o órgano afectado. Desapareceu. Foi comido por completo polo virus. Os científicos e os médicos que trataron con ela pensan que é peor ca o cáncer peor incluso ca peste negra!Cando rematou de falar houbo un silencio sepulcral. Ninguén se movía. Entón un dos médicos dixo: -Pero os científicos non poderían investigar un remedio contra esa enfermidade?-Iso seria o mellor do mundo pero desgraciadamente, igual que cos médicos, os científicos están pasados de moda- respondeulle o xefe con aire sombrío. Ó saír da sala Xurxo sentíase mareado. Despois do que escoitara no despacho quedara asombrado. Non esperaba unha cousa así. Estaba tan despistado que case choca con Adela. -Hola señor fíxenme caso dos pacientes. Non lle tiven que pedir axuda a Lúcimo para nada. Case lle fun buscar cando lle tiña que poñer unha inxección a un neno e non atopaba a vea. Queres que che lea o informe? Preguntou e logo fixouse na cara do seu titor.- Señor estas ben? Creo que debería tomarse un descanso tanto traballo non lle esta indo moi ben a saúde-. Xurxo non protestou e foi cara a porta. Cando volveu a entrar seguía tendo a mesa sensación de antes aínda que o aire freso lle sentira ben. Foi buscar a Adela e cando a encontrou lle dixo: -O resto dos pacientes vas facelos ti eu vou a estar na esquina vendo como traballas. Non me encontro en condicións para atender a ninguén.-Si señor- lle respondeu encantada coa cantidade de pacientes que estaba tratando ese día. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Esa noite mentres estaba tombado na cama púxose a pensar. Que pasaría se non houbese mais médicos? E se non houbese mais científicos? Que pasaría se a enfermidade esta se estendera? Seria peor ca o cáncer e a peste negra? Chegaría a extinguirse a raza humana? Con estes pensamentos na cabeza Xurxo pensou que non sería mala idea ir ó día seguinte á comida familiar … 20 ANOS DESPOIS
Xurxo levanta a vista do paciente. -Esta escaiola permanecera no seu sitio durante uns meses. Se non se che curou o brazo para entón volve a visitarme. Vale? -Si señor- respondeulle un home duns trinta anos- moitas grazas señor- e con isto saíu da tenda de campaña xigante que servía de hospital. Nos últimos vinte anos a enfermidade furase estendéndose polo mundo enteiro e a xente seguía sen querer traballar coma médico ou científico. A situación foi empeorando e cando a xente se deu conta do grave da situación xa so quedaban uns poucos médicos e científicos en cada país polo que agora había moi pouca xente que puidese ensinar a profesión. A maior parte dos médicos tiña que atender os enfermos e/ou feridos e a maior parte dos científicos buscar unha cura. So uns pouquiños podían dar clases, aproximadamente un 10% e iso non era moito. Polo tanto a poboación empezou a decrecer rapidamente. Agora mesmo case todos os países estaban deshabitados con excepción da maioría das illas (sen contar Australia), o norte de Rusia e de Europa, Alasca e unha pequena poboación polos Alpes. Isto foi grazas a que a enfermidade non soportaba temperaturas moi baixas e por iso non chegou a eses sitios Xurxo tivérase que mudar ós Alpes coa súa axudante Adela. Alí traballando so eran catorce médicos para abarcar un área de case 250km dos cales dous deles (un era Lúcimo o antigo compañeiro de Xurxo) daban clases de medicina. Por esta razón todos os médicos tiñan que estar traballando día e noite atendendo ós pacientes. Xurxo levantouse da cadeira e dirixiuse cara a un home maior que estaba na esquina da tenda -Quen e o noso próximo cliente?- lle preguntou. O home ollou para os seus papeis e lle respondeu: -Unha muller de corenta e catro anos. Fractura na perna esquerda. Veu aquí fai dúas semanas. -Pois dille que espere un pouquiño que vou ver coma o leva Adela- e con isto saíu da tenda por unha portiña lateral e entrou noutra idéntica a anterior dirixíndose cara unha muller sentada detrás dunha mesa escribindo algo. -Que tal vas?- lle preguntou. - Estou esgotada levo desde as catro traballando e non me relevan ata as oitorespondeu mostrando un sorriso fatigado.- E ademais o último paciente foi un neno duns catorce anos con mononucleoses que non axudou moito a relaxarme-. -Ti tranquila que dentro de tres meses chegan novos médicos para axudar e todos alumnos de Lúcimo- intentou tranquilizala Xurxo. -Cantos veñen? -Seis. -Buf, canta axuda. -Pénsao así cando cheguen terás mais horas de sono. -Supoño que si. -Agora teño que volver a traballar. Vereiche logo as oito- despediuse Xurxo cun ademán e encamiñouse cara a porta. Cando a estaba abrindo pensou no moito que cambiara o mundo en vinte anos. Conseguirían encontrar unha cura contra esta enfermidade? Conseguirían volver os seus países? Se todo isto pasase, canto tardaría en pasar? Con estes pensamentos na cabeza Xurxo entrou na súa tenda. Cando se estaba sentando na súa cadeira tivo outro pensamento. Que, en gran parte, todo isto pasara porque ser médico ou científico estaba pasado de moda. Miguel Boullón Cassau EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
nº 21 – Xuño 2.014
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Neste curso un grupo de mestr@s traballamos conxuntamente no Plan de formación que temos no centro e que este é o segundo ano que estamos a impleméntalo. Froito deste traballo que se basea en dúas liñas de actuación diferenciadas (ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E MELLORA DA CONVIVENCIA), pero á vez interrelacionadas, realizamos diferentes actividades entre as que me gustaría destacar aquelas que tiveron unha influencia directa no alumnado e nas familias. O alumnado do 1º ciclo participou en sesións de Mindfulness con Mireia Cabero, co fin de traballar a atención plena, sendo esta outra das formas de chamarlle a isto. Técnica sobre a que os Mestres estamos aprendendo a traballar así como na xestión eficaz da aula a través de estilos comunicativos propios, baseados na Comunicación Zen. Así mesmo e para as familias contamos cunha charla titulada: “Comunicación efectiva na familia e na escola”, realizada o pasado día 13 de Maio. Gustaríame destacar o valor desta sesión pois permite poñer en coñecemento das familias o que estamos a facer no cole. Se cremos realmente na importancia da colaboración familia-escola este será un dos eixos fundamentais de traballo. Por outra banda, o alumnado do 1º ciclo contou cunha sesión de traballo conxunto con outra das persoas de referencia para nós, e coa que levamos traballado cinco curso, base da metodoloxía por proxectos. A sesión de traballo do alumnado con Mar Romera serviu para que puideran debuxala como a viron, e isto foi o mural de recibimento que tivo na sesión coas familias. Traballou con eles algo moi interesante, entre outras cousas, que era como ven ao seu profe. Que é o que máis lles gusta e o que menos?? O obxectivo é mellorar como docentes… pois realmente Mar estaba facendo unha observación de nós como Mestres e mestras. Tamén tivemos unha sesión coas familias, sen dúbida moi interesante, o día 31 de Xaneiro. Traballamos, hábitos, toma de
decisións, fomento da responsabilidade, motivación dos nenos e nenas.
O EQUIPO DE FORMACIÓN CURSO 2013-2014 CEP PILAR MAESTÚ SIERRA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
CARAMIÑAS
nº 21 – Xuño 2.014
Esta é a historia dunha nena chamada María. A súa familia non tiña moito diñeiro. A María gustáballe moito o violín; o seu soño era aprender a tocalo. Con moito esforzo, os seus pais apuntárona a unha escola de música. María estaba moi contenta pola sorpresa dos seus pais. O primeiro día na escola de música foille moi ben; era moi boa estudante. Pasado o tempo, María tocaba cada vez mellor e os seus pais aforraron moito para comprarlle un violín. Desde aquel día María practicaba cando tiña un momento libre e tocaba para a xente que quería escoitala: a súa avoa, as súas amigas, nun aniversario, nunha festa da aldea, etc. Todos estaban encantados con ela. Un día viña da escola de música e ía cara a súa casa. Detrás dela viñan uns canallas que a empurraron; co empurrón o violín caeu ao chan. O violín estaba roto! María, moi desgustada, foi á súa casa a contarlle aos seus pais o sucedido. Os seus pais tamén estaban moi tristes porque agora María non podía tocar e non podían facer outro esforzo. Na aldea todos estaban moi tristes porque lles gustaba como tocaba. Entón decidiron xuntar os seus cartos para comprarlle a María un violín novo. María estaba moi agradecida aos seus veciños, non o podía crer. Agora podía seguir coas clases de música e os veciños escoitándoa. Lucía González Vilasó CEIP Salustiano Rey Eiras
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
“Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!”