Caraminhas 2015

Page 1

CARAMIÑAS Raúl Sanisidro Parada

nº 22. Xuño 2.015 C.E.P. “PILAR MAESTÚ SIERRA” Cadreche – Posmarcos. (Pobra do Caramiñal)


CARAMIÑAS

nº 22 - Xuño 2.015

CARAMIÑAS Publicación anual do C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”

Parece incrible pero xa pasaron seis anos dende que chegamos ao noso colexio. Nós eramos pequenos, e o

Cadreche – Posmarcos

POBRA DO CARAMIÑAL

mundo era moi grande: os nenos eran enormes, os profesores

xigantes,

as

mesas

altísimas,

as

aulas

inmensas. Pero o tempo foi pasando e as cousas nº 22 Xuño 2.015

recuperaron o seu tamaño natural. Os nenos fixéronse máis pequenos, as mesas encolleron, os profes xa non eran tal altos, e as aulas minguaron. Facíamonos maiores. Durante caéronnos

estes os

anos

dentes

pasáronnos e

nacéronnos

moitas

cousas:

outros

novos,

gozamos de festas e viaxes, fixemos amigos e, por desgraza, tamén se nos foi unha compañeira moi Redacción:

especial, Vera. Pero ela non nos deixa que nos poñamos

Alumnado do Centro.

tristes, así que nos quedamos só coas cousas boas. Foron seis anos marabillosos.

Maquetación e deseño: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Marchamos. O ano que vén xa non estaremos aquí. O futuro dános un pouco de medo (só un pouco), pero os bos recordos que nos levamos de Cadreche farán que todo nos resulte máis doado. Como dicían os versos de Rosalía, aínda que un pouco cambiados...

“Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, Impresión:

Copinova Dixital

adeus vista dos meus ollos, que moi pronto nos veremos” Alumnado de 6º

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Debuxos gañadores da categoría A (Debuxo en Educación Infantil) do Certame Literario “Esther Dourado”, xunto co da portada.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Érase unha vez tres gatiños. Os país chamábanse Puscas e Busquiñas. O pequeno chamábase Lampi. Foron ao porto, subíronse nun barco e o barco zarpou sen saber por que. Despois chegou ao océano. Despois chegou outro barco e ese barco era un barco pirata. Dentro de nada xa estaban capturados, pero Puscas rompeu a corda. Colleron roupa pirata e empezaron a loitar. Tiraron á tripulación pola borda e quedaba o capitán, pero, ai! Busquiñas pinchou ao capitán no cu e saíu disparado pola borda. E puxeron rumbo á casa. Fin.

1º premio do Certame Literario “Esther Dourado” 1º ciclo

Juan Boo Fandiño EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Os nenos do Terceiro Ciclo levamos dous anos traballando con tesón para gozar dunha marabillosa viaxe de fin de curso. Con esta viaxe dicimos adeus ao curso , e os nenos de 6º, dicimos tamén adeus a toda unha etapa da nosa vida, a da Educación Primaria. Para adquirir fondos para a viaxe, levamos dous anos traballando na confección e venda de diversos produtos ( pulseiras de gomas, chaveiros de farrapos, bonecos e lapiseiros de goma-eva, hamas..). Foron dous anos de intensas aprendizaxes, de ilusións compartidas. Queremos dar as grazas a todos os que colaboráchedes connosco: profes, coidadoras, veciños, amigos , familias… Sabemos que , ás veces, fomos un pouco pesados con tanta rifa e tanto produto, pero xa sabedes, que non hai ser máis teimudo que un neno ao que se lle mete algo no entrecello e nós tiñamos algo na maxín : “A viaxe a Madrid”. Cando leades isto, xa estaremos de volta, coa nosa ilusión cumprida e xa coa vista posta no verán marabilloso que nos agarda. Os alumnos de 5º queremos agradecer á profe “Teresa” a axuda prestada en 4ºcurso, porque os de 5º xa empezamos a traballar ese ano e ela foi moi amable ao prestarse a axudarnos no noso empeño. Un bico, Teresa!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Desde o EDL do centro levamos a cabo unha serie de actividades ao longo de todo o curso, tratando de ser o motor dinamizador das festas tradicionais e os Días de... Entre elas salientaremos algunhas. Organizamos o Samaín, un ano máis. O alumnado elaborou por cursos sobremesas terroríficas e marcapáxinas. Decorouse o colexio, talláronse cabazas para a exposición e posterior alumeado do centro durante a xa tradicional festa nocturna. Tralos primeiros momentos, o alumnado do 3º ciclo disfrazouse de Santa Compaña, paseándose entre o resto de alumnado e familias que asistiron á celebración. Por segundo ano, levamos a cabo a Semana da Ciencia en Galego. O alumnado do 2º e 3º ciclo realizou experimentos científicos diante do resto do alumnado. A temática dos mesmos era variada: electricidade estática, reaccións químicas, tensión superficial na auga, disolucións... Salientar o alto grao de satisfacción de todo o alumnado, e o interese que esperta entre os que preparan os experimentos. Polo Nadal, grazas á ANPA, recibimos outro ano máis a visita do Apalpador.

Para o Día da Paz elaborouse un prezi sobre a rapaza que recibiu o Premio Nobel da Paz, Malala Yousafzai. Celebramos unha sesión na Biblioteca onde ademais da prezi, unha alumna recitou un poema sobre a canción “Somewhere over the rainbow”. Tamén explicaron a orixe da canción e datos sobre o cantante da versión traballada na aula de música. Fixéronse murais por ciclos e un mural coa vida de Malala en cómic. O alumnado foi agasallado cun “Lapis pola Paz”. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Conmemoramos o Día de Castelao cun mural na entrada do centro. O alumnado dos cursos baixos levou a cabo a unidade didáctica sobre o autor que temos para a aula de 1º. O do 3º ciclo leu algunha das obras do autor e veu unha presentación que se elaborou para dita data. Para celebrar o Día Internacional da Muller, desde o EDL fíxose unha presentación con mulleres galegas que destacaron en diversos eidos: ciencia, literatura, arte, heroínas, educación e deporte, que lle foi pasada ao alumnado. Mulleres de onte e de hoxe. Coa mesma información elaborouse un mural. Fixéronse fichas para que o alumnado acudira ao mural e procurara información coa que completar ditas fichas. Tamén debían colocarlle o nome a cada unha das mulleres. Para o Día de Rosalía, sumámonos á proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coa ficha Eu son Rosalía cando... O alumnado tivo que dicir para, por que ou cando... se sentían eles como Rosalía. Isto levábase a cabo trala lectura dalgúns poemas representativos da insigne poetisa galega. O resultado foi moi vistoso. Para o Día da Poesía, desde o EDL propuxemos a composición de poemas con temática de cine. Podían ser sobre películas, personaxes... Con estes poemas, cada aula ou ciclo faría un mural que sacaría aos corredores do centro. Este foi o resultado:

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Por cuarto ano consecutivo, celebramos o Certame Literario “Esther Dourado”. Houbo moita participación, especialmente en infantil, 2º e 3º ciclos. Na revista podedes ver os traballos que gañaron o primeiro premio en cada unha das categorías. Aquí aparecen algunhas fotos da entrega de premios, á que acudiron, como en anos anteriores, as irmás e a nai de Esther. Grazas!

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, repintouse un mural que estaba deteriorado na zona de atrás do centro. O día da inauguración, o alumnado leu poemas de Celso Emilio.

Tamén se elaboraron unha fichas para que o alumnado pescudase nos murais do patio información sobre os autores e os fragmentos de obras ou frases que tiñan dito. Ademais, na entrada do centro, colocouse un gran mapa de Galicia, onde o alumnado de todos os niveis foi poñendo a caricatura do autor/a homenaxeado cada un dos anos no Día das letras Galegas. Entre todos fixemos o Mapa das Letras Galegas.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

O gravado roubado Retirei a daga do pescozo do home e vin como saia un chorro de sangue espeso mentres o corpo inerte caía o chan. Era un home forte vestido coa armadura típica dos soldados. Tiña unha barba marrón e densa e fora atractivo antes de que lle cortara o pescozo. Cando lle mirei a cara vin uns ollos vidrosos e sorprendidos. Quedeime mirándoo inda sen poder crer o que estaba a facer. O home do chan seguro que tiña familia, unha muller que estaba a esperar ó seu marido que nunca volvería, uns fillos esperando un bico de boas noites que nunca chegaría e todo porque eu... Obrigueime a apartar a vista e seguir camiñando para non pensar no home dos ollos vidrosos. Como me metera neste embrollo? Eu era un ladrón non un asasino. Como se me ocorrera a idea de roubar o gravado? No seu momento parecérame unha idea excelente. Será simple, pensara, so teño que envelenar os gardas, subir pola venta, coller o gravado e saír antes de que ninguén se dera conta. Pero todo foi mal desde o principio. Envelenar os gardas foi doado, iso xa o fixera mil veces, e subir pola corda ata a fiestra tamén. Pero entón foi cando todo empezou a ir mal. Ó entrar pola venta encontreime cunha muller contemplando o gravado. Actuei sen pensar e, antes de que me decatara, ela estaba no chan rodeada dunha mancha vermella que se expandía rapidamente. Antes de que asimilara a idea de que acababa de matar a unha muller collín o gravado, metino na capa e volvín a fiestra. Mais ó asomarme vin a tres gardas mirando os corpos inconscientes dos seus compañeiros, a corda que colgaba polo muro e, finalmente, a min. A partir de ese momento empezou unha persecución por todo o castelo, escondéndome en armarios, descolgándome por fiestras... O garda que acababa de deixar atrás fora a cuarta persoa que matara aquela noite. A cuarta persoa que matara na vida. Estaba pensando nestas cousas cando xirei unha esquina e choquei de cheo con alguén. Non tardei nin un segundo en sacar a daga disposto a atravesar o descoñecido cando me decatei de que so era un rapaz duns sete anos. Pola súa forma de vestir deducín que era alguén da alta nobreza. O neno estábame a mirar con curiosidade e non con temor coma eu esperara. -Que graciosas as túas roupas- dixo de súpeto o rapaz –Que che pasou?preguntouse sinalando o lugar onde a sangue do garda me salpicara no pantalón. Eu estaba completamente desconcentrado. Esperara que botara a correr nada máis verme pero, sen embargo, aquí estaba preguntándome polo estado dos meus pantalóns. Escapóuseme un sorriso o primeiro desde facía moito tempo e, xusto cando lle ía responder escoitei pasos apresurados do outro extremo do corredor. Doume tempo xusto a agocharme detrás da porta antes de que esta se abrise e por ela centrasen dúas mulleres e máis un garda o parecer escoltándoas. Cando viron o rapaz a muller máis vella acercouse a el correndo mentres lle dicía nun ton algo elevado: -Pero ti que fas aquí? Non che dixera que non saíras do cuarto?-Porque? Ti nunca me explicas nada so me mandas de aquí para ala sen explicacións- contéstalle o neno agora claramente enfurruñado. –Porque están todas os gardas polo castelo? Porque pecharon as portas? Quero respostas xa! EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Sorrín outra vez.Caíame ben ese rapaz. Era arrogante coma todos os nenos de alto estatus social pero tiña algo que me recordaba a min. -Non pasa nada- respondeulle a muller – teu pai so esta a buscar un home malo nada mais-. Ó escoitar isto o rapaz miroume de esguello e eu leveime un dedo a boca rezándolle a todos os deuses de que non me delatara. Preparei o puñal por se llo tiña que lanzar o garda pero o neno volveuse cara as dúas mulleres. -Vale. Volvamos o meu cuarto-. Elas parecían sorprendidas, seguramente esperaran que o rapaz ofrecera mais resistencia pero non protestaron. Cando saíron pola porta eu empecei a pensar a como ía saír do castelo. Segundo o rapaz a porta principal estaba pechada e seguramente a venta por onde entrara estaba moi vixiada. Mirei por unha das fiestras e vin que debaixo a uns trinta metros estaba o foso. Saltaría? Estaba na ala sur onde quedara con Bertrán para escapar cos cabalos. Podía arriscarme e saltar... -Mirade alí esta!- escoitei de repente o meu lombo. Vireime e vin a un grupo duns cinco gardas correndo cara min.Sen pensalo máis abrín a fiestra e saltei por ela. -Que non escape!- foi o ultimo que escoitei antes de chegar a auga. Cando por fin conseguín saír das xélidas augas do foso dirixinme cara o punto de encontro tan rápido como puiden podía ver o lonxe como me perseguían os gardas. Sacáballe un bo tramo de distancia pero se non me daba presa acabarían por alcanzarme. Por fin cheguei o cruce no que quedara con Bertrán e alí estaba el cos dous cabalos. -Que tal te foi? Retrasácheste un pouco. Xa estaba planeando irme cando che vin aparecer correndo por detrás desa curva-. -Xa cho contarei todo despois que agora temos que fuxir que levamos toda a garda enriba-. -Que chapuceiro me es meu deus. Polo menos terás o gravado?-. -Claro que o teño e agora monta que aínda nos van alcanzar-. Fomos polo camiño da dereita que levaba a un bosque moi grande perfecto para perder os gardas. Mirei atrás un momento xusto antes de entrar e vin coma se separaban. Polo camiño que nos tomáramos son viñan vinte. Xa empezaba a mellorar a cousa. -Bertrán pásame o arco e leva ti o gravado- griteille mentres nos saiamos do camiño e esquivábamos un par de árbores – eu os entreteño mentres ti liscas con el-Á orde capitán- gritoume mentres me pasaba o arco e a carcasa cás frechas. Eu deille o gravado e desvieime a esquerda a esperar os gardas. Eu era mellor tirador dos dous e Bertrán mais rápido no cabalo e esta manobra xa a tiñamos planeada de antemán por se algo saía mal. Cando os vin aparecer preparei a primeira frecha. Soltei a corda e vin coma caia un dos gardas. Os demais parecían desconcertados. Cando por fin me localizaron tres dos seus compañeiros xa estaban no chan. O que parecía o Xeneral (eran inconfundibles cos seus uniformes tan adornados) ordenoulles a cinco deles a vir a por min e os demais seguiron o seu camiño tras Bertrán. Antes de que me alcanzaran aínda conseguín darlle a dous mais pero tres contra un aínda era moi

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

desigual polo que din media volta e empecei a fuxir. Os seus cabalos eran máis rápidos ca o meu pero eu coñecía o territorio. Conseguín que un caera do cabalo golpeándoo cunha rama baixa pero os outros dous non se daban por vencido así que os levei a un sitio perfecto para unha emboscada. Conseguín que me perderan de vista un segundo que era todo o tempo que necesitaba para que o meu cabalo pasara a un lugar máis elevado. Chegou un momento en que estaba xusto encima deles e entón saquei a daga e lanceime sobre un. Morreu o instante sen saber que pasara pero ó outro so o conseguín derribar. Saímos os dous rodando bosque abaixo lanzándonos puñaladas ata que conseguín cravar a miña no seu pescozo. Esperei un minutos tombado no leito de follas. Estaba esgotado, aquel día fora moi intenso. Cando decidín levantarme notei unha forte dor na perna e vin que o garda si que conseguira ferirme. Tiña unha ferida, non demasiado profunda que me atravesaba o xemelo. Busquei un soporte e encontrei unha das lanzas que levaban os gardas. Xusto cando a estaba a coller escoitei un grito e unha sensación de temor me invadiu. Esa era a voz de Bertrán. Fun coxeando tan rápido como puiden cara o lugar de onde saíra o grito. Tardei bastante en chegar pero cando o conseguín vin unha escena que me conxelou a sangue. Bertrán estaba rodeado de gardas e medio tombado. O seu cabalo estaba morto a uns dez metros de distancia e conseguín ver os corpos de catro gardas polo chan. Pero o que mais lle horrorizou foi ver o Xeneral co gravado nunha man e a espada na outra. Polo que me pareceu unha eternidade quedáronse mirando un o outro ata que por fin o Xeneral lle atravesou cá espada. Eu sentinme impotente asexando desde os arbustos. Bertrán non pode estar morto, penaba eu. Non pode. Pero alí estaba tombado no chan cun sorriso desafiante nos beizos. Moito despois de que se marcharan os gardas eu atrevinme a saír. Achegueime o corpo sen vida do meu compañeiro co que vivira tantas aventuras. Quedeime mirándoo un rato mais sen saber moi ben que facer. Entón empecei a buscar pedras para cubrirlle. Acordeime do que me dixera unha vez de que cando morrese non quería que o enterrasen baixo a terra que prefería que o queimaran ou acubriran con pedras. Nunca lle gustara estar baixo terra pensei mentres me caian as bágoas. Tamén collín as espadas dos gardas os que matara antes de morrer e as enterrei con el como se fosen un trofeo. Cando por fin acabei de facer a tumba din un paso atrás e quedeime contemplándoa. Xa aceptara a súa morte Bertrán estaba morto. O seu compañeiro, o que tantas veces o axudara cando se metía en problemas, co que eu compartía a galiña que roubaba cando el non conseguía nada estaba morto. Pero eu non ía deixar que isto rematara así. Non ía permitir que os seus asasinos quedaran impunes. -Xúroche que che vingarei- lle dixen a tumba. –Xúroche que che vingarei e non descansarei ata que o consiga-. E con estas palabras dei media volta. O gravado xa non me importaba nada. Deixara de ter valor para min. Agora tiña un novo obxectivo. O Xeneral.

Conto gañador do Certame Literario “Esther Dourado”, ESO

Miguel Boullón Cassau EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Hai dous anos fun de viaxe a Lanzarote e atopeime nunha praia cun barco pirata. Na súa tripulación ían Andrea, Sofía, Paula e Alicia. Acercáronse á praia e preguntáronme se quería ir con elas no barco a buscar un tesouro.

A

verdade

é

que

eran

moi

simpáticas. Logo déronme roupa de pirata para poñerme. Eu deille unha cuncha a cada unha. Tamén me deron un mapa do tesouro, correspondente á Illa Lacasitos. Buscando o tesouro tivemos moitas aventuras, pero eran todas boas. Primeiro encontramos un golfiño nunha rede, pero o pirata Ollotapado cortouna coa súa espada e quedou libre. En segundo lugar atopamos un loro no mar e quedámonos con el; así, indo no barco non nos iamos aburrir. E é que os loros repíteno todo. En terceiro lugar vimos moitas gaivotas nadando no mar, e botámoslle comida. Despois fomos para a illa Lacasitos; o pirata Ollotapado sacou do barco un detector de metais, pero primeiro encontrou un carro da compra e logo unha moeda na area, pero finalmente atopamos o tesouro e todos gritamos a coro: _Viva, viva! Dentro do tesouro había pulseiras, colares, moedas de ouro... e ata había moitos xoguetes! Foi a mellor excursión da miña vida! Colorín, colorado, este conto está rematado. 1º premio do Certame Literario “Esther Dourado” 2º ciclo Erea Castelo Martínez EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

II SEMANA DA ORIENTACIÓN A II Semana de Orientación celebrouse no CEP PILAR MAESTÚ SIERRA segundo o calendario previsto. Tivemos diferentes actividades, entre elas a visita a AMICOS, na que a través de diferentes obradoiros puidemos poñernos na pel dos nenos e nenas con diferentes necesidades: auditivas, visuais, motóricas, funcionais…

Contamos tamén cunha actividade da Asociación ÁMBAR, que desenvolveu no centro a obra de teatro “O PAVO FACHENDOSO”. Esta foi representada por nenos e nenas con discapacidade funcional que fixeron deste momento algo especial, ademáis de transmitirnos que o orgullo non é beneficioso para ninguén. Ao final da mesma nenos e nenas puideron interactuar un anaco con eles bailando e disfrutando do momento. Houbo tamén unha actividade para as familias e profesorado en colaboración con todos os centros públicos do Concello da Pobra do Caramiñal e ANPAS. Tratase da charla “DEIXAOS MEDRAR”. Nela ofreceunos claves para educar sen sobreprotección, pero sobre todo dende a búsqueda das fortalezas das nenas e nenos para mellorar as súas debilidades.

GRAZAS A TODOS E TODAS POR FACER POSIBLE ESTAS ACTIVIDADES!!! EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Iª OLIMIPIADAS DA ORIENTACIÓN OBRADOIRO HABITOS SAUDABLES: AMIG@S SANS

(Traballamos coa pirámide dos alimentos e tamén relacionándoo con outros hábitos básicos de saúde)

OBRADOIRO XOGOS COOPERATIVOS: AMIG@S QUE BRINCAN

( desenvolver actitudes positivas de colaboración e amizade foi o obxectivo deste taller mediante xogos cooperativos)

OBRADOIRO DE RECICLAXE: AMIG@S SOSTIBLES (con materiais de reciclaxe fixemos uns marcos para colocar fotos da Semana que resuman o que fixemos, aprendemos cousas sobre a reciclaxe)

OBRADOIRO XOGOS TRADICIONAIS: AMIG@S PARA SEMPRE (traballamos para recuperar o valor dos xogos tradicionais en fa milia)

XUNTOS FACEMOS GRANDES COUSAS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

ESCOLA DE FAMILIA- CURSO

14-15

Gustaríame empezar este resumen de Escola de Familia deste curso cunha metáfora que reflicte perfectamente o OBXECTIVO final que tiñamos este equipo que aprende conxuntamente: EDUCAR AOS NOSOS NENOS E NENAS PARA SER FELICES. Xogastes algunha vez ao Poker? Xogar ao poker consiste en ir gañando e perdendo fichas de poker ao longo do xogo. Cantas máis fichas de poker vou tendo máis posibilidades teño de gañar a partida. Se perdo fichas vou perdendo posibilidades de gañar. (Interesante vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=_BuP5XuMZGA).Isto poderíamos comparalo coa AUTOESTIMA (axeitada valoración de sí mesmo) dos nosos nenos e nenas. Ao longo deste curso 14-15 estivemos traballando para mellorar este aspecto nos nosos rapaces-as.

QUE TRABALLAMOS?

QUE FACER ANTE NENOS E NENAS QUE RETAN A PAPÁ E MAMÁ

CLAVES PARA QUE

ESTILOS EDUCATIVOS NA FAMILIA

O TEU FILLO SEXA FELIZ

Traballamos en diferentes cuestións relacionadas con temas diferentes preguntándonos: Verdadeiro ou falso? Para poder ver toda a información coa que traballamos en Escola de Familia podes entrar na páxina de Orientación: http://orientamaestuvarela.webnode.es

GRAZAS A TODAS E TODOS POR FACER POSIBLE POR SEXTO ANO CONSECUTIVO ESTA ACTIVIDADE ILUSIONANTE E DE APRENDIZAXE COMPARTIDA!!! SILVIA FOLGUEIRA PUENTE

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

QUE APRENDEMOS….. EN QUE “CAMBIAMOS”….? Na sesión do pasado mércores día 03 de Xuño fixemos unha autoavaliación, e recollemos aqueles aspectos cos que nos quedamos despois deste curso, e aquí reflictiremos aquelas conclusións ás que chegamos: Gañamos en serenidade á hora de tratar aos nosos fillos e fillas, pois o coñecemento de diferentes recursos cos que nos fomos enriquecendo durante estas sesións fan que entendamos o porqué de moitas das situacións que acontecen e poidamos aplicar as estratexias adecuadas con máis “calma”. Aprendemos que, mellor NON BERRAR, para correxir ou mellorar o comportamento dos nosos fillos e fillas, pois desta maneira conseguimos antes o desexado. Aprendemos a facer DROP (detente-respira-observa e prosigue), recurso co que aprendemos a pensar antes de falar, e que constitúe unha aprendizaxe básica para a mellora das relacións. Démonos conta de que as etiquetas perxudican, e mesmo chegamos a darnos conta cando os demais as empregan sen ser consciente diso. É como se nos fixésemos conscientes disto nun primeiro momento e agora percatámonos dun xeito inconsciente. Atopamos xustificación ás cousas que lle ocorren aos nosos fillos e fillas. É como que son capaz de controlar mellor as situacións, sen chegar ao enfado e rabia que percibía antes. Aprendemos que existen diferentes estilos educativos, e isto para nós é importante, porque nos axuda a posicionarnos e recoñecernos, así como atopar cal é o mellor estilo educativo e como se consegue. Démonos conta de que contando os nosos problemas, estes perden en certa medida a “importancia” que teñen e dan paso á búsqueda de solucións compartidas, nun clima de respecto e tolerancia, e mesmo cunha confidencialidade manifesta como grupo. Non menos importante foi a aprendizaxe de que reforzando ao neno e nena nas súas fortalezas podemos traballar as súas debilidades.

REFLEXIÓNS FEITAS EN BASE AO QUE APRENDEMOS. ¡!!!!!!!!! QUEDA MOITO POR APRENDER DIN….!!!! Silvia Folgueira Puente

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Os alumnos e alumnas de primeiro convertéronse en cociñeir@s e deseñaron un libro de receitas. Mostramos algunhas delas .

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

No laboratorio a profe ensinounos os ingredientes e os pasos necesarios para facer un refrescante batido de amorodos.

A continuación, na clase cubrimos a receita...

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Despois de facer a ficha, tiñamos cadanseu vaso para probar o batido… Estaba delicioso!!!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Diario dun soldado Rick Suarf 1 de marzo 1940 Todo segue igual máis: mortos, máis feridas pero menos alegría. Cada día parece que unha luz do corazón se apagase. Os meus compañeiros van caendo un a un, igual que me vai pasar a min se sigo nesta guerra. Cada vez que acaba o tempo de descanso penso no heroe que me gustaba ser a min cando era un rapaz. Como os que había nas historias que contaba a miña avoa. Pero cando escoitas esas historias sabes que todo vai saír ben, en cambio na vida real so podes pensar o peor. Nas historias o heroe saca forzas de calquera sitio: das miradas dos compañeiros, as súas voces, as esperanzas de liberdade dos aldeáns. Aquí non hai consolo que apague nin un so pensamento negativo. A comida tampouco dá forzas, é fría e desagradable e non sabes se vas volver a tomar algo que vala a pena. Cando empeza outra xornada pensas no ceo. Como é? Haberá anxos que canten para aliviar o dor que sentes? Estarás cos teus amigos falando, cantando e ningún outro pensamento de guerra nin desolación ocuparán a túa mente? Cada noite os peores pesadelos atormentan os teus soños. Soñas que ves a túa aldea a arder, aos teus familiares, intentas chegar ata eles pero non te podes mover. E ao espertar dun pesadelo encóntraste noutro real. Ao largo do día non se para de escoitar o ruído das bombas, dos fusís, das metralletas, dos tanques e dos avión, pero sobre todo berros. Berros do inimigo e tamén dos amigos. Berros de xente que ve a morte a un paso. Berros de tristeza e de choro. Pero o peor e cando ti tes unha arma e disparas. Désteslle a alguén? Pensas na súa familia, nos seus amigos… e se che pasa a ti? De repente unha bala pásache rozando. Nin sequera pensas na sorte que tiveches en non estar morto. Porque a veces non sabes por qué queres seguir vivindo. Pero despois pensas que segues vivo para loitar pola túa familia, polos teus amigos e por esa xente que non se pode defender soa. E unha lágrima de morriña, de dor e de rabia cae pola túa meixela. 2 de marzo 1940 Hoxe ao acabar a pouca comida que temos para almorzar chega correndo o Checho (chamámolo así porque é baixo e ten pouco pelo) desesperado. Coa voz entrecortada pola carreira cóntanos que chega o comandante. O comandante é a persoa mais seria e estrita de todos. É alto, coa cabeleira loura e nunca sorrí. Nós case non o coñecemos porque sempre anda no lado este do campamento, pero aínda así todos lle temos medo. Sen darlle tempo a Checho a recuperarse empézanse a escoitar os pasos do comandante. Empezamos a correr dun lado para outro intentando formar unha fila pero era imposible. Algúns empuxaban e outros moitos caian ao chan. Por sorte cando chegou o comandante xa estabamos todos en fila. Primeiro mirounos con aire despectivo e a continuación sinalounos a catro de nós. Sinalounos a Jon, a Gavin, a James e a min, e fíxonos un sinal de que o seguíramos. Cruzamos o campamento ata chegar a unha pequena sala. No centro había unha mesa cunha cadeira. Ao fondo, cinco soldados en fila mirando para diante. Ao chegar os meus compañeiros e máis eu poñémonos ao lado dos outros soldados e o comandante sentouse na cadeira. Na habitación reinaba o silencio ata que a voz cortante do comandante empezou a explicarnos porqué estábamos alí reunidos. O comandante quería mandarnos a unha misión. A misión consistía en chegar ao escuadrón que esta escondido na montaña detrás do campamento inimigo. Déronnos un mapa, pero eu non estou tranquilo. Despois mandounos ás nosas habitacións. Cando saímos dinme de conta que dous deles eran os xemelgos Tim e Mike, coñecidos en todo o campamento, pero os outros tres non tiña nin idea de quen eran. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

6 de marzo 1940 Hai catro días que non podo escribir pola misión que estamos a realizar, pero hoxe tiven sorte de poder facelo. Cedo esta mañá remontamos o camiño polo sendeiro que chegaba á cima do Monte Escoria. Temos cadanseu fusil e mochilas con todo o necesario. Entereime que os descoñecidos chámanse Rafael, Kris e Dik. Rafael é o que manda, pero aínda que teña un certo parecido ao comandante é moi amable. Pasamos toda a mañá en silencio, cada un sumido nos seus pensamentos. Ata Mike, que era coñecido por falador, estaba calado. Eu non paraba de pensar no que me dixera Rásel. Antes de saír díxome que tivera coidado no Monte Escoria. A continuación destas palabras deume un frasquiño cun líquido verde e susurroume no oído que no Monte Escoria morría moita xente. Conxelada. Supoñíase que o líquido verde era un antídoto contra a conxelación. Rásel sempre fora moi relixioso e cría en cousas que outra xente non crería. Pero sempre era mellor previr que curar. O Monte Escoria non é moi alto, pero na cima sempre neva. Estes días non estamos comendo case nada. O alimento escasea e as nosas forzas tamén. Pero de súpeto vimos a nosa esperanza. Víase unha pequena aldea no horizonte e coas poucas forzas que nos quedaban saímos correndo cara ela. Tíñamos a esperanza que na aldea houbera comida. Ao chegar a un bosquiño que había ao lado da aldea, Rafael mandounos a todos a buscar comida. Cando todos volvemos ao punto de encontro ninguén conseguira nada, excepto os xemelgos que estaban a cociñar algo. Despois de que acabaran de cociñar preguntámoslle que era e dixeron que era polo, a continuación déronnos cadanseu cacho. Era pouco, pero todos empezamos a comer con apetito. De repente os xemelgos empezaron a rir e contáronos que so conseguiran cazar dous ratos, que era o que estabamos a comer. Todos paramos de comer, pero a fame venceu o desagrado e seguimos comendo. Pero James que era un quisquilloso coa comida empezou a vomitar. Todos empezamos a rir e a esperanza de saír vivos desta guerra animoume. Ao acabar retomamos a misión e chegamos ao cume do Monte Escoria e acampamos alí. Rafael mandoume a min quedar de garda. Tomei o antídoto contra a conxelación e púxenme a escribir. 7 de marzo 1940 A desgraza chegounos pola noite. Ao espertar encontramos a Tim e a Jon conxelados. Polo visto Rásel tiña razón. Mike non paraba de chorar, pero Rafael consegiu convencelo de que si seguiamos alí acabaríamos coma eles. Seguimos o camiño ata chegar a unhas ruínas. Rafael mandou a Dik a investigar. Pasou un tempo ata que decidimos ir buscar a Dik. Entramos nas ruínas e nos separamos en dous grupos. Non habia rastro del ata que escoitamos que nos chamaban. Fomos correndo ata onde estaba o outro grupo e vimos a Dik no chan, morto. Non estabamos sos. Sen darnos tempo a asimilar o acontecido encontrámonos rodeados de moitos soldados. Empezamos a correr ata chegar detrás dunha parede. Collemos os fusís e empezamos a disparar. Déronlle a James, pero Rafael deulle a un. Polo que parece era unha persoa importante porque se puxeron a berrar e lanzáronos un bote con gas tóxico. Non sei canto tempo estiven inconsciente, pero creo que moito porque é de noite. Non sei que pasou mentres estaba durmido. O único que sei é que Kris, Mike, Gavin e máis eu estamos prisioneiros nunha cela. Polo que escoitei aos gardas vingáronse matando a Rafael, e a nós vannos fusilar dentro de pouco. Estamos todos desanimados, fracasamos na nosa misión e dentro de pouco imos morrer nas mans do inimigo. Ninguén fala; Kris e Mike están sentados nun lado da cela e Gavin está de pé no outro lado. Non sei como puiden pensar que podía saír vivo. Empézanse a escoitar pasos. O fusilamento vai empezar. Non podo escribir o que penso nin o que sinto porque xa están aquí… 1º premio Certame Literario “Esther Dourado” 3º ciclo Helena Boullón Cassau EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Algunhas das follas do caderniño no que traballamos sobre a localidade...

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

nº 22 – Xuño 2.015

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Os alumnos de sexto curso participamos este ano no programa Atrévete, que se desenvolve no marco do Plan Eduprende e vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor. Esta acción establécese dentro de un ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociación empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado. Como actividade inicial visitamos o CIFP Politécnico de Santiago de Compostela e alía asistimos a unha charla acerca de “que é emprender” e tamén tivemos un encontro cun empresario que relatounos a súa experiencia emprendedora. Gustounos moitísimo e fixémoslle moitísimas preguntas. Despois fixemos un percorrido polas aulas e talleres do centro e quedamos abraiados cando vimos os talleres de mecánica, de soldadura, de carpintería… Que maquinaría teñen! Deixáronnos tocar e manexar algunha delas e tamén falar co alumnado que estaba en prácticas. A visita impactounos e algún de nós xa saíu coa cabeciña dándolle voltas pensando en montar algunha empresa. Por riba, ao saír, déronnos un agasallo e voltamos á casa moi satisfeitos coa experiencia e as atencións recibidas. Como dentro do programa había un apartado de redacción. “Atrévete a ter unha idea”, que consistía en ter unha boa idea de negocio redactada como máximo en dous folios, decidimos participar e cada neno fixo un traballo. Nas páxinas seguintes tedes unha mostra dalgún deles.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Vouvos presentar un negocio novo e diferente dos demais. A moita xente gustaríalle deseñar a súa propia habitación e “Habiteixon” dedícase a cumprir este desexo. O cliente vai á tenda e explica como quere a habitación (a cor das paredes, o tipo de cama ou a mesa… dentro das múltiples posibilidades que a tenda ofrece) e mentres un dos traballadores debuxa o que lle din. Ese mesmo día quedan para facer a habitación e, chegado o momento, os instaladores aparecerían con todo o material (a pintura, a cama, os adornos desexados) e procedería a súa instalación. Esta forma de deseñar a habitación é moito máis rápida e barata e ao mesmo tempo ofrece a posibilidade de deseñar o teu cuarto como ti queiras. Neste negocio hai catro tipos de postos de traballo: o persoal que atende aos clientes, o deseñador gráfico e os instaladores. A tenda permite engadir ao pedido mobles auxiliares (mesiñas, cadeiras, lámpadas, pufs, caixas para xoguetes). Tamén tería unha ampla sección de caixas, caixóns e colgadoiros para os armarios.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Beagle Animations é unha empresa dedicada aos videoxogos e ás animacións. Para crear esta empresa empezaría alugando un pequeno edificio e contactaría con distintas empresas para fabricar distintos xogos. Os xogos irían destinados a tablets. No caso de que tivesen éxito, o seguinte paso sería fabricar xogos para as distintas videoconsolas que hai no mercado: PS4, XBox ONE e Wii U. O primeiro xogo que sacaría chamaríase Beagle Welfare. Trataría dunha aventura sobre un Beagle que tería que loitar contra distintos monstros mutantes, creados polo Doctor George Lichentain.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Ola a todos e todas!!! Son Lecturiñas, e un ano máis veño a contarvos algunhas das cousiñas que temos feito na Biblioteca de Cadreche este curso. Como ben sabedes, o proxecto deste ano xirou arredor do cine… O SÉTIMO ARTE é una fonte enorme de actividades e coñecemento. Para empezar puxemos a biblioteca bonita e acorde coa temática… aquí non podemos deixar de agradecer a axuda inestimable dun pai que deu feito un mural tan grande… houbo cubos de palomitas, taquillas, pósters de pelis moi chulas... o cine na nosa biblio!!!

No Día das Bibliotecas, demos o pistoletazo de saída ao traballo sobre o proxecto. No Día da Poesía, os nenos do cole fixeron magníficas poesías adicadas a famosas películas, e no Día do Libro, todos xuntos creamos o libro “Grandes libros, Grandes películas”, fixémonos fotos coa L xigante de Libro, Literatura, Ler, Letra…e estreamos dúas novas súper coleccións: O Diario de Greg e O Diario de Nikki!!! .

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

organizado dende a ANPA… só podemos dicirche: Anímate a asistir!!!.

Lectura de

Tamén volvemos contar coa inestimable axuda dos Biblioaxudantes… xa levan a biblio mellor ca min!!. GRAZAS!!

…VISÍTANOS!!!

Na actividade Conversas cos Autores, visitounos Pepe Carreiro, un prolífico escritor e ilustrador de gran sona. O recibimos coa familia Bolechas ao completo, a súa biografía e a colección das súas obras. El nos mostrou como debuxa, explicou a súa traxectoria profesional e nos firmou os nosos exemplares. Tamén deixou a súa pegada nun andel da biblioteca, que dende agora, terá o seu nome.

Clube

Este ano comenzaron a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS polas nosas casas. Ían cheas de libros que pensamos serían do voso agrado e enriquecedores para toda a familia. Nos encantaron as historias que chegaron de volta e estudiamos moito as suxestións que tamén nos mandástedes… GRAZAS por ternos axudado a que esta nova iniciativa se levase adiante.

Por último recordarte que calquera información da biblioteca, sempre a podes encontrar no noso blog

Por primeira vez organizamos os Padriños Lectores, onde nenos máis maiores lles len aos máis pequenos. Esta experiencia resultou moi positiva e esperamos volver a repetila…

nº 22 – Xuño 2.015

Temos a sorte de poder contar dende hai xa dous anos co

CARAMIÑAS

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

MARCHA RADETZKY NO FESTIVAL DE NADAL A pesares de que Bea, a profe de música, estivo de baixa mes e medio, foi quen de chegar en decembro e preparar con todo o alumnado esta actuación para pechar o festival de Nadal. Tocamos a marcha Radetzky utilizando como instrumento o corpo. Subidos no escenario fixemos de modelos para que os máis pequenos, os Mestres e os papás puideran seguir os movementos. Actualmente, a marcha Radetzky debe a súa popularidade por ser a peza que pecha o Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena, todos os primeiros de xaneiro de cada ano, dende 1941. Durante a interpretación desta obra, a audiencia aplaude ao compás e o director xírase para dirixir ao público no canto de facelo co a orquestra. Proba do moito que nos gustou esta actividade foi que moitos dos rapaces deste cole erguémonos cedo na mañá de Ano Novo (os máis perezosos puideron gozar tamén deste concerto pola noite) para non perdernos o concerto que retransmitiu TVE. Escoitamos tamén os valses do fillo de Strauss, coma o famoso “Danubio Azul” que nos ensinou a profe BEA. Aínda que nos vamos ao instituto, seguro que tentaremos estar aquí outra vez no festival de Nadal do ano que vén para volver a interpretar esta peza, aínda que moitos de nós nos liemos un pouco.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”



CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

Libros de texto Curso 2.015/2.016 Por mor dos cambios que se van dar no vindeiro curso sobre os distintos programas de libros de texto (fondo solidario de libros e programa de axudas) e que a normativa ainda saiu recentemente, non vai neste apartado a lista de libros que se utilizarán no vindeiro curso pois será remesada como unha circular antes do remate do curso. Polo que respecta ao programa de axudas para o alumando de 1º, 2º e 4º, compre sinalar que o prazo para presentar as solicitudes rematará o dia 1 de xullo, aínda que se houbese algún problema podería alongarse uns días mais. As solicitudes pódense descargar da internet ou recollerse na escola no horario normal de clase. O alumnado de 3º nivel poderá optar ao fondo solidario de libros e @s de 5º e 6º niveis non empregarán libros por manterse vixente o plan Edixgal.

De acordo coa normativa ao efecto, as condicións para optar a estas axudas son as seguintes: a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, ou do alumnado previsto na disposición adicional primeira desta convocatoria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2015/16. b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. c) Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 desta orde. d) Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15. O prazo máximo para esta devolución será o 19 de xuño 2015.

Como se dicía no principio, todas as dúbidas que agora poida haber serán resoltas coa información que se pasará a todas as familias antes do remate do curso.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


CARAMIÑAS

nº 22 – Xuño 2.015

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMN@S Un ano máis conseguiuse que a maior parte das familias pertencentes ao Colexio de Cadreche e a Escola Infantil da Angustia sexan membros desta asociación. Grazas a isto acadamos os seguintes logros: -BENEFICIARNOS DUNHA SUBVENCIÓN que nos concedeu o Concello, coa cal puidemos levar adiante as actividades que detallamos. -COLABORACIÓN COS CENTROS: organizamos conxuntamente cos colexios as distintas festas tradicionais. No Samaín colaboramos para que o noso centro tivese o aspecto terrorífico propio destas datas. No Nadal a que a maxia e o espíritu navideño inundase os seus pasillos e que, por segundo ano consecutivo, os pequenos demostaran tosas as súas habilidades facendo os adornos para o concurso. O Apalpador tivo a xentileza de visitarnos e agasallar a nenos e mestres.... Ah!! e sen esquecernos do Entroido no que os 101 dálmatas, acompañados de Cruela, andiveron a facer ”das súas” polo patio e arredores do colexio. -Participamos, xunto cos centros e ANPAS de todo o noso concello nas xornadas de orientación .Este ano tivemos a visita de Sandra Mesías Otero que con todo o seu bo facer nos descubriu un xeito distinto de entender aos nosos fillos. -Leváronse a cabo distintas actividades e saídas para os nenos do Campo en colaboración co ANPA do colexio Fernadez Varela. -Tivemos a visita dun astrónomo de CIELO BARBANZA que lles explicou os nosos cativos algúns dos misterios do universo. E fíxose unha xuntanza para podermos disfrutar do eclipse de sol que tivo lugar no mes de Marzo. -Unha vez máis fixemos O BANCO DE LIBROS, do que se beneficiaron a maior parte dos nenos do noso centro. -Mercamos unha lámpara para a aula onde se imparten as clases de pintura , e arreglamos unha ventá que estaba totalmente rota. -Un ano máis voltamos a facer o CALENDARIO ESCOLAR e grazas á vosa participación, o recaudado invertímolo na compra de material para o ximnasio -Seguimos funcionando coa páxina que o ANPA ten en facebook onde cada vez se pode atopar moita máis información e máis interesante. ACTIVIDADES: Estas son as actividades que se estiveron a facer durante este curso e o número de participantes en cada unha de elas. PINTURA: Martes e Mércores na escola do Campo ( 21 alumnos). PANDERETA: Martes no colexio do Campo e Mércores no colexio de Cadreche ( 15 alumnos). PISCINA: Luns e Venres na piscina municipal ( 40 alumnos). CLUBE DE LECTURA: Onde unha nai da directiva do ANPA voluntariamente cóntalles historias aos nenos fainos partícipes do fantástico mundo dos libros ( 10 alumnos). XIMNASIA ACROBATICA: Martes e Xoves no colexio de Cadreche (16 alumnos) JUDO: Luns e Venres no colexio de Cadreche ( 10 alumnos). GUITARRA: Martes no colexio de Cadreche ( 5 alumnos) E xa para rematar, agradecervos o voso apoio e confianza, desexamos mellorar cada ano e para iso vós sodes imprescindibles. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”


Lingua proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dáme a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente miña, preto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.

Non falo para os soberbios, non falo para os ruíns e poderosos, non falo para os finchados, non falo para os valeiros, non falo para os estúpidos, que falo para os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas de cotío; para os que súan e choran un pranto cotián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos nus. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ese camiño... “Deitado frente ao mar”

Celso Emilio Ferreiro


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.