Pincha(e)Discos Nº 2 | abril-maio 2015
CON
MARCA
COMPOSTELA A Praza de Abastos, Pan da Moa, Coro da Ra, Grupo Chévere... así é o noso.
galiciacalidade.es
Cinco joyerías gallegas decidieron hace un par de años solicitar el amparo de la marca de garantía Galicia Calidade para promocionar conjuntamente su trabajo a nivel nacional e internacional. Una manera de potenciar sus productos de joyería aprovechando el sello de calidad gallego, que sigue abierto a productos y servicios de calidad. Galicia Calidade es la marca de garantía de Galicia. En sus más de 20 años lleva promocionando la calidad de los productos y servicios gallegos más allá de sus fronteras, apostando siempre por la internacionalización y la innovación. En la actualidad cuenta con más de 250 produtos y servicios amparados. Puede consultar más información en la web www.galiciacalidade.es Las cinco empresas de joyería gallegas certificadas por Galicia Calidade son: Ardentía, especializada en joyería de plata; Fink Orfebres, plata y azabachería; Orfega, apuesta por la tradición joyera; Óscar Rodríguez Joyeros, caracterizado por la exclusividad y exhuberancia de sus piezas y que cuenta tambíen con la marca Piropo Joyas, de corte más vanguardista; y Unión Joyera de Bergondo, especializada en alta joyería.
| 2 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
La actriz María Castro fue la embajadora de la joyería gallega en el Salón de Iberjoya Madrid 2013
joyería gallega de calidad
Entrevista
a Guillermo Moscoso, panadeiro en Pan da Moa
P. 6 Vai de… Teatro
P. 10
Grupo Chévere
5 e Acción
Numax
P. 12 Top 5 Abraiantes
TOP 5
ABRAIANTES Entrevista
a Reyes
Leis, concelleira de Turismo
Os de Sempre
P. 16
Café Bar El Muelle
Quero ser paisana
a Ramón Bermejo do Coro da Ra, por Xiana Lastra
P. 18
Mundo Blogger
P. 20
Papando en Fisterra por El Zampón de Compostela
P. 22 Crusat & Costas Dúas
P. 26
copas de viño… con cal quedas?
A E NDA •
Axenda de ocio
P. 34
Crusat & Costas
P. 29 Directorio
Ten que haber de todo!
O mellor que probamos ata hoxe
P. 14
Reportaxe
Entrevista
P. 13
D
Directorio
P. 32
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 3 |
Foto: Suso Rivas
EDITA:
EDITORIAL
Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos
Coas nosas mans
pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Zampón de Compostela, Xiana Lastra, Jose Crusat e Lorena Costas. Imprime: Gráficas Garabal S.L. Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
Foto portada por Suso Rivas
| 4 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
As cifras din que Santiago é unha cidade pequena. Capital de Galicia, pero pequena. E as súas xentes? Basta con dar unha volta polo Mercado de Abastos e coñecer ás súas ‘paisanas’ para decatarse de que os composteláns somos grandes. Grandes en talento, como os membros do Coro da Ra ou da compañía de teatro Chévere. Grandes en esforzo e paixón polo noso, como defende cada día no seu obradoiro Guillermo Moscoso de Pan da Moa. E grandes en ideas e valentía, como os membros do Numax, que nun momento no que os cines están pechando deciden abrir unha nova sala e, inda por riba, con películas en versión orixinal subtitulada. Algúns dirán que están tolos. Como o din de nós. Unha revista en papel? E de que vivides? Pero non é moita máis tolemia perder sen intentalo? Non loitar polo que queres é o verdadeiro fracaso. Por iso nesta edición falamos de todas esas persoas que se levantan cada mañá para saír adiante facendo o que lles gusta. Mollándose o que faga falla nas súas hortas, traballando de noite para que todos nós teñamos pan ou divulgando a nosa cultura polo mundo adiante. O que tes entre as túas mans é o segundo número en papel de Pincha(e)Discos. E, de novo, temos que dar as gracias. Primeiro, a ti que nos estás a ler. E segundo, a todos aqueles que dunha maneira ou doutra nos axudan estar na rúa dous meses máis. Nós comprometémonos a seguir nos bares. Se fai sol, nas terrazas e, se chove, imos para dentro. Xa sabedes, non hai escusa para gozar de Santiago! ;) Vémonos de novo o 29 de maio. E mentras tanto, seguimos a falar de gastronomía e cultura en Compostela en pinchaediscos.com
www.resas.es Pincha(e)Discos Nยบ 2 | 2015 | 5 |
a
entrevist
“Defendo o pan de Santiago, o pan galego e o bo pan artesán” GUILLERMO MOSCOSO | PAN DA MOA
Por Rebeca Munín
C
ando entras no obradoiro de Pan da Moa, en Amio, o primeiro que sentes é unha calor intensa. Non é raro. O forno está a tope! O branco é a cor predominante. Apréciase nos mandís dos traballadores e na fariña que está case que por todas partes. Pero o mellor é o cheiro: ule a pan recén feito. Pan dos de verdade, cun aroma que se apodera dos teus sentidos e que te leva a un único desexo: darlle un bocado aínda que sexa só un corrosquiño!
| 6 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Así non hai quen se concentre para entrevistar a Guillermo, pero fago o esforzo porque escoitalo ben paga a pena. Membro dunha das sagas panadeiras con máis sona de Santiago, hai uns anos aparcou a súa carreira de Bioloxía para traballar no novo proxecto dos seus pais, a panadería Moscoso-Moure. Alí crearon a marca Pan da Moa, apostando por recuperar a tradición pero aplicándolle unha identidade propia; unha fórmula que recentemente lles valeu o Premio Picadillo no Fórum Gastronómico de A Coruña.
Os galegos estamos acostumados a acompañar as nosas comidas con pan, pero dámoslle o valor que merece? Desde o meu punto de vista, non. É un produto que ten moitas horas de elaboración, que cando se fai artesanalmente ten un gran esforzo detrás, as materias primas encarecéronse… Penso que iso debería valorarse máis. En que vos diferenciades en Pan da Moa á hora da súa elaboración? Traballamos coa base da tradición galega, é dicir, con masas moi hidratadas, que
ENTREVIST
A
Guillermo Moscoso no seu obradoiro de pan en Amio. Foto: Suso Rivas
“Nós non podemos competir coas grandes cadeas. Temos que destacar non polo prezo, senón pola calidade” “Hai que derrubar o mito dun pan que aguanta sete días. Pode ser que durante unha semana non se coma, pero nunca está igual”
teñen moita auga para a fariña que levan. Pero sempre intentamos darlle toques distintos. Por exemplo, traballamos con fermentacións en frío, retardamos as masas para que teñan máis horas de fermentación; traballamos con fermentos totalmente naturais… E facemos diferentes variedades de pan como o pan de cervexa, o pan de sementes, etc. O tempo de fermentación é o máis importante á hora de facer pan? É bastante complexo porque a
importancia de facer pan ven desde que se empeza a amasar ata que se coce. É certo que a fermentación é algo transcendental porque dá tempo a que dentro das masas se desenvolvan os sabores, as cores… Incluso a nivel nutricional, a fermentación canto máis longa sexa, vainos dar pans moito máis doados de dixerir. Como podemos saber se un pan é bo? Niso hai un punto de subxectividade que pode ser trascendental. Pero depende do tipo de pan, de como estea feito e para que. Non lle podemos pedir, por Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 7 |
a
entrevist
exemplo, a unha baguette que nos dure tres días. Unha baguette, se é boa, debería chegar fresca á noite. Outros pans poden durar máis, aínda que hai que derrubar o mito dun pan que aguanta sete días. Pode ser que durante unha semana non se coma, pero nunca está igual. Porque o pan, unha vez que está frío, empézase a degradar, a secar, a perder humidade. Pódese comer ao mellor ao cuarto día, pero non está igual o primeiro que o cuarto.
Creciches rodeado de fariña, pero por que decides que o de panadeiro vai ser o teu oficio? Si, son dunha familia de panadeiros de toda a vida. A pesar de que nós xa viñamos dunha tradición de panadeiros, meus pais digamos que se ‘independizaron’ e montaron esta panadería. Empecei a traballar con eles e namoreime do que se facía aquí.
É tan dura como din a vida do panadeiro? Os traballos de noite sempre teñen E que opinas dos que comen a miga e a súa dureza, pero agora non é coma deixan a codia para non engordar? antes. Podes ter unha vida social e as Pois é unha mentira porque tanto condicións laborais tamén melloraron. engorda a codia como a miga. Iso xa O que pasa é que os panadeiros temos está estudiado. Se lle gusta máis a miga, unha bagaxe de falar sempre tan mal que a coma pero só se o fai por pracer! do que faciamos, que agora é moi difícil O pan, igual que quítalo de enriba. Nós todos os alimentos, necesitamos xente “Os traballos de noite engordan. Hai que que queira traballar de sempre teñen a súa dureza, panadeiros e non a hai. ser consecuentes con pero agora non é coma iso e saber que o que As escolas de panadería antes. Podes ter unha vida non terminan de está feito de maneira natural é unha fonte funcionar nada ben e social e as condicións de hidratos de carbono cústanos moito atopar laborais melloraron” e vitaminas, non ten xente que valga. E ningún tipo de graxa. realmente non hai que Ten azucres pero se descompoñen ter nada especial! Só hai que ter ganas durante a fermentación, chegando a de currar, ilusión e afán por aprender. nós máis simples para que os poidamos dixerir perfectamente. De feito, ti das cursos de iniciación. Que é o que máis lle sorprende aos alumnos? Recordas a primeira vez que fixeches A xente flipa tanto aprendendo a pan? Saíuche ben? facer pan como eu ensinando! (sorrí) Nunca sae ben o pan! (ri) Realmente Encántalles o trato coas masas, tocar, non teño a imaxe agora mesmo daquel amasar, o aspecto visual do pan cando pan pero seguro que debido ao meu sae do forno… Porque claro, vas vendo nivel de esixencia non estiven contento. todo un proceso e no final cambia a Aínda non o estou agora xeralmente, forma, as cores… así que imaxínate! Nesta panadería intentamos ser moi esixentes. Non Sorprenderalles tamén ese aroma a pan podemos ser conformistas. Por moi ben recén feito… que saia unha cousa, sempre pode saír Si! Ese aroma a pan… Porque as mellor. panaderías teñen que cheirar a pan. Non
| 8 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
como o pan dos supermercados, que non ten nada que ver. Ti cando estás aquí e sae unha fornada, cheiras o pan con eses matices ácidos, como tamén a iogur… Iso non se percibe absolutamente nada alí, porque ese pan está feito con moitos axentes externos como conservantes, edulcorantes, etc. Falando das calidades, que opinión tes da polémica daquel panadeiro de Valencia que vendía as barras de pan a 20 céntimos? Fíxoo para poder competir coas grandes cadeas de alimentación pero iso é un grande erro. Nós non podemos competir con elas. Nós temos que vender un produto ben distinto e destacar non polo prezo, senón pola calidade. Se realmente compras unha boa materia prima e dedicas horas dentro do obradoiro, é imposible véndelas a ese prezo. Pero se as vendemos a 90 céntimos, ten que custar 90 céntimos. Porque hai panadeiros que as venden por eses cartos e non o valen. O valor do pan é algo do que falas no teu blog ‘Pan da última fornada’, non si? Si, co blog quero transmitir a miña idea de pan e intentar revalorizar o produto. É unha loita que eu teño. Sempre estou en defensa do pan de Santiago, do pan galego, e en defensa do bo pan artesán. Outra faceta túa e a Asociación Cultural ‘Con Moita Miga’. Fálame dela. Non é unha asociación de panadeiros, senón que hai xente que non ten nada que ver con este oficio, pero que si está moi interesada no mundo do pan. Naceu a partir da idea de organizar o primeiro evento do pan galego en Santiago o ano pasado. Houbo unha gran aceptación, tanto profesional como do público en xeral e non descartamos facer máis edicións. Seguramente para o 2016.
ENTREVIST
A
LONGA TRADICIÓN DO PAN COMPOSTELÁN Sabías que Santiago ten unha longa tradición panadeira? Incluso temos pezas propias como o Molete de Compostela – ese bolo con pirucho como o que ves na fotografía – ou o cornecho – pan gramado torcido que remata en catro puntas. A noso produto estaba ao nivel doutras zonas de Galicia como Cea, Carballo ou Neda, pero pouco a pouco foise perdendo. En Pan da Moa levan tempo tratando de recuperar esos procesos de elaboración que deron tanta sona ao noso pan: con boas materias primas e grandes cantidades de auga, fermentacións máis longas e fornos, que non son de pedra, pero que simulan as súas propiedades por ter soleiras refractarias. “As mans volven ser as protagonistas e iso é un pouco a importancia da panadería na actualidade”, conta Guillermo Moscoso.
Guillermo con algunhas das súas pezas de pan. Foto: Suso Rivas
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 9 |
Vai de...Teatro
Chévere Renovarse tiña un premio
T
Por Rebeca Munín
res anos pasaron xa desde que Chévere, a compañía que levaba 20 na Sala Nasa de Santiago, se mudou a Teo. Marcharon case que pola porta de atrás, enfrontados a un Concello gobernado por Conde Roa e asfixiados pola falta de axudas. Acolléronnos na Ramallosa e tocou renovarse, aínda que sen abandonar a súa aposta por un teatro de raíz popular, comprometido e con discurso.
se lle pregunta se algún día volverá abrir a Sala Nasa. A crise, o cambio de goberno municipal e a supresión da colaboración coa maioría de axentes culturais da cidade obrigáronnos a pechar fai xa tres anos. Poñíase fin así a dúas décadas de teatro, de experimentación, de música, do cabaré colectivo das famosas Ultranoites… Un traballo recoñecido en 2014 co Premio Nacional de Teatro, pero xa non como grupo residente na
Sufriron pero gañaron o maior dos galardóns. E non, non me refiro ao Premio Nacional de Teatro que recibiron en 2014. O seu agasallo foi o aplauso dun público fiel e doutro que, en moitos casos, nunca antes pisara un salón de actos.
“O proxecto da Nasa nunca máis vai volver a Compostela. É unha oportunidade perdida para todos”
“O proxecto nunca máis vai volver a Compostela. É unha oportunidade perdida para todos. O que me gustaría é que aprenderamos a lección e se volve haber algo así en Santiago, saber xestionalo e fortalecelo”. Así de claro o ten Xesús Ron, membro de Chévere, cando
| 10 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
cidade, senón como parte de Teo - que actualmente é o único concello galego que apoia un proxecto de residencia teatral trala supresión das axudas para este fin que tiña Agadic (Axencia Galega para as Industrias Culturais). Comezar de novo nunha vila moito máis pequena non foi doado. Pero os Chévere son teimudos e non só sobreviviron á caída. Fixéronno fortalecidos. No
tempo que levan en Teo, levaron a cabo tres novas producións escénicas, cinco Ultranoites, 85 funcións teatrais e 23 sesións formativas, acollendo a máis de 10.000 espectadores. “Coas Ultranoites no sabiamos se conseguiríamos o ambiente da Nasa. E foi sobradamente! Temos 100 cadeiras máis de aforo e énchense”, apunta Patricia de Lorenzo, outra das ‘almas’ deste grupo de teatro. A actriz recoñece sentir aínda certa pena polo acontecido en Compostela, por iso emociónalle ver á xente usando o ‘Ultrabus’, un servizo de buses que conecta Santiago con Teo cando hai función. Pero non son só os composteláns e os teenses os que gozan agora dos seus espectáculos, senón que se abriron a moita outra xente de municipios limítrofes que antes non consumía teatro. “Acúsannos de facer teatro político, de esquerdas, alternativo… pero gañar estes espectadores que non pertencían á esa militancia cultural que era o público natural da Nasa é unha proba de
que o que facemos é para calquera tipo de persoa”, reflexiona Xesús Ron. Ademais, o espírito da Nasa non está totalmente ‘perdido’. Vive na páxina web redenasa.tv no que atopamos os traballos de Chévere e que sirve tamén de plataforma online para moitos outros creadores e profesionais das artes vivas. Recoñecemento ‘só’ do público O Premio Nacional de Teatro que outorga cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e está dotado con 30.000 euros, serviulle a Chévere, sobre todo, para recibir o cariño do público. “Son as persoas que atopamos polar rúa as que nos felicitan sinceramente”, asegura Patricia. Pero deulles máis traballo? Non. Por que? “Porque chegou no peor momento en 30 anos das redes de teatro en España. O único que persiste son aquelas obras que inclúen a famosos da tele, monologuistas… que teñen unha venda de entradas garantida”, opina Xesús.
funcións en Galicia, no resto de España e no estranxeiro, con varias actuacións en Latinoamérica. Citizen, Eurozone, Ultranoite no país dos Ananos, As fillas bravas, Alá no fondo hai sitio abondo, Ultranoiteo… son as obras que representarán este 2015. Ademais están traballando xa nunha nova produción que estrearán a principios do 2016. Aínda que todavía están buscando a historia, adiantan que unha vez máis, apostarán por un tema que nos afecte como cidadáns. Porque así é como Chévere entende o teatro: un reflexo das vidas e inquedanzas da xente que divirta pero que tamén nos faga pensar. “Sempre quixemos facer un teatro de raíz popular, que chegue a todo o mundo, pero sen renunciar a ningunha exploración, compromiso ou posicionamento”
Hoxe que como? Comezamos neste número cunha nova sección da nosa web. A cordobesa afincada en Santiago, Vicky Morales, e autora do blog tallerdeazucar.es, falaranos de saborosos produtos en ‘¿Y hoy qué como?’. Ademais, realizará as receitas favoritas dalgúns dos nosos entrevistados, comezando por Chévere. A compañía de teatro lanzoulle un reto: precisan algún prato saudable que poidan preparar na casa e cear despois dunha función. “Normalmente acabamos moi tarde, mesmo despois das 12 da noite. Isto implica que hai poucos sitios con cociña aberta. Os teatros consideran este tema algo alleo a eles e prácticamente en ningún hai servizo de cátering”, contan. Que solución lles deu Vicky? Descúbreo en pinchaediscos.com
Especialmente están doídos coa reacción da Xunta de Galicia. “A súa resposta foi humillarnos publicando unha nota de prensa con todas as subvencións que se concederan a Chévere e á Rede Nasa. Foi como botándonos en cara un diñeiro que é insuficiente, escaso, reducido e que nós devolvemos dobremente ao Estado a través das cotas da Seguridade Social e do IVE”, explica. “É moi inxusto o trato que nos dan porque a forza que ten o teatro é ser xerador de postos de traballo. Por que non queren entendelo é algo que non chego a comprender”, engade Ron. Pese a todas as dificultades, Chévere ten por diante un ano repleto de
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 11 |
e accion
A MIÑA BUTACA ESTÁ EN NUMAX A nova sala compostelá proxecta entre 6 e 8 filmes ao mes en versión orixinal subtitulada Por Cristina Márquez
N
a rúa Concepción Arenal, a mesma que gozou do sétimo arte co recordado Cine Capitol, nace NUMAX, un novo concepto que agrupa de maneira activa as formas cinematográficas coas prácticas culturais, tomando ideas doutros que xa proxectan como o Cine Tonalá de México D.F., o Anthology Film Archives de New York ou o recentemente inaugurado ZumZeig de Barcelona. O cinema conta cunha sala de 70 metros cadrados de superficie e un aforo de 70 butacas, na que se proxectan entre 6 e 8 filmes ao mes, distribuídas en 21 sesións semanais de martes a domingo, todos eles en versión orixinal subtitulada. Fundamentalmente, esta sala dálle cabida as obras que apostan pola innovación formal e temática e as que non atopan espazo noutras carteleiras. Tamén podemos ver películas clásicas e filmes dirixidos ao público máis xoven. As películas podense consultar na páxina web numax.org onde tamén se poden comprar as entradas. O prezo xeral é de 6,20 euros, se ben as sesións das 12:00 custan 4,80. Este prezo reducido tamén se aplica a maiores de 65 anos, menores de 18, estudantes menores de 25 e desempregados. Ademais, ofrecen a posibilidade de adquirir abonos por 30, 120 ou 500 euros ao ano, logrando así diferentes descontos. O proxecto Numax conta con seis socios, todos eles procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural. Margarita Ledo, Xoan Carlos Hidalgo, Antonio Doñate, Pablo Cayuela, Ramiro Ledo e Irma Amado compoñen unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, na que se establece un tope salarial dun 50%
| 12 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
O Numax está situado na rúa Concepción Arenal.
sobre convenio e os beneficios reinvértense na propia cooperativa. A partir de agora que se inicia a actividade comezarán a percibir o seu salario. O seu nome ten a orixe na Fabrica de Electrodomésticos Numax de Barcelona na que tras dous anos de folgas, movilizacións e autoxestións, o seus empleados decidiron financiarse cun documental de Joaquín Jordá que contara a sua experiencia. Non só un cinema Numax non é só un cinema. É tamén unha libraría que conta cunha superficie de 40 metros cadrados e que parte cun fondo de máis de 3.000 libros. Seleccionan as novidades máis destacadas do panorama editorial, tendo en conta o galego e o castelán, aínda que tamén podemos atopar unha selección de libros noutras linguas. Ademais, en colaboración co cinema, Numax ofrece percorridos bibliográficos que acompañan aos filmes que se están a proxectar. Non menos importante é o seu laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual, situado no semisótano, cunha superficie de 30 metros cadrados. Desde aquí coordínase toda a actividade interna da cooperativa e tamén se ofrece a clientes particulares ou empresas traballos de deseño, edición, vídeo e formación mediante cursos especializados. Por todo isto, en Compostela estamos de noraboa. Xa podemos gozar dun cine ao que non tiñamos acceso desde fai anos polo peche de diversas salas e, por outro lado, este tipo de proxectos devólvennos a ilusión por botar un ollo as carteleiras cada semana.
TOP 5
ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE
1
O mellor colofón A Casa da Viña.
Despois de encher o bandullo con pratos
As sobremesas deste restaurante
galegos e asiáticos, e cando xa pensaba-
compostelán sorprenden tanto polo
mos que nada podía ser mellor, chegaron
seu aspecto como polo seu sabor.
os postres!
Consello: Toleamos coa mousse de queso de Arzúa! Non deixes de probalo
2 3
Almorzo ao aire libre Café de Altamira. Empezar o día deste xeito é un dos praceres que nos dá a vida.
Cando fai sol, os composteláns temos sorte. Podemos gozar do noso almorzo ao aire libre e con espectaculares vistas. Nós tomamos café con leite e croissant! uuuummm #ricorico
Consello: Se es intolerante, como Pincha, teñen leite sen lactosa.
Ao rico cóctel
Café Casino. Os combinados deste mítico local non teñen desperdicio. Todo un descubrimento!
Podes tomar mojitos, margaritas, daiquiri... Ademais, tes as xenebras Nordés, Ana, Platu, Bulldog, Bombay, Nº3, Fifty Pounds e Martin Millers a 6 euros.
Consello: Se conduces, proba o seu San Franciso sen alcohol, que está moi bo!
4
Menú do día
Restaurante Manso. Por 15 euros tes aperitivo, primeiro, segundo e sobremesa.
Arrancamos cun tartar de xurel e salmón que xa anunciaba todo o bo que viña despois! Non esperabamos menos do chef Alberto Lareo.
Consello: Vai con tempo, recorda que está no centro e hai que aparcar.
5
Cervexa na casa Fillos da Malte. Unha tenda de cervexas artesanais na que ademais
Malte + Lúpulo + Auga + Lévedo= Cervexa. Así de sinxelo, pero a que non sabes facelo? Nós xa estamos desexando aprender!
podes aprender a facelas na casa..
Consello: Se queres iniciarte neste mundo, atento as catas que organizan.
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 13 |
a
entrevist
REYES LEIS, CONCELLEIRA DE TURISMO DE SANTIAGO “Apostamos pola gastronomía porque é o que demandan os nosos turistas”
Por Rebeca Munín
gastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Santiago, só por detrás do noso patrimonio. Por iso, o Concello vén desde hai un tempo apostando polas actividades culinarias como un xeito de atraer a cada vez un maior número de visitantes. Agora que estamos comezando coa temporada alta de pernoctacións, falamos coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, sobre os seus plans.
A
un punto de vista de competencia. E eu entendo que iso non pode ser un motivo para paralo. A competencia é sana. Ademais estes locais son moi específicos, teñen un espazo reducido, teñen que ter moito dinamismo… Un non vai ter unha cea romántica porque non hai espazo físico. Creo que fará vir a moita máis xente e repercutirá positivamente en todos os negocios da cidade.
Que expectativas hai para este ano 2015? Esperamos que siga a tendencia de crecemento que levamos nos últimos meses. Agora que estamos en Semana Santa, parécenos moi interesante que haxa algo que dinamice e sexa unha oferta diferente. Como o programa ‘Santiago Paixón’ da Asociación Hostelería Compostela, no que estamos a colaborar nós, e no que participan máis de 30 restaurantes cos seus menús especiais.
Respecto ao aeroporto de Lavacolla, cal é o plan para mellorar as súas cifras? O plan é continuar co obxectivo que tiñamos. En 2011 cando chegamos ao Goberno había só seis conexións internacionais e moi focalizadas nas datas de verán. Entón decidimos facer unha estratexia intensiva para convencer ás compañías de que Santiago tiña un potencial importantísimo de turismo internacional. Catro anos despois, temos o triple de conexións internacionais e cinco compañías novas. E os datos de usuarios de liñas internacionais son abrumadores. Duplicamos en tres anos os turistas internacionais. Pero seguiremos traballando e pedindo novas rutas que non estean só en verán.
A gastronomía está sendo un bo medio para promocionar a cidade, non si? Por que? Porque vimos que o noso perfil de visitante é o que demandaba. É o segundo motivo polo que nos visitan. O primeiro xa é moi coñecido, que é o noso patrimonio, e creíamos que debíamos ter algo máis atractivo. Buscabamos algo moi propio e fixemos ese festival da cociña galega que é o Compostela Gastronómica e que tivo unha acollida moi boa. Do 16 ao 21 de abril celebrarase a súa segunda edición. Haberá sorpresas? Si! E melloras tamén. A principal novidade é que se vai facer na Nave 5 da Praza de Abastos. E virán novas Estrelas Michelin, como Yayo Daporta. Teremos de novo obradoiros infantís e para adultos, actuacións, concursos e, por suposto, a ruta de restaurantes da cidade que queiran participar. A Nave 5 será un novo espazo de restauración, con varios locais, o que preocupa á Asociación Hostelería Compostela. Cando estará funcionando? Calculamos que máis ou menos a finais de maio poida estar resolto o concurso. A Asociación non está de acordo desde
| 14 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
E como se loita contra esa estacionalización do turismo? Por un lado co traballo coas compañías aéreas que comentaba e, por outro, tratando de programar eventos naquelas datas do ano nas que non hai unha demanda alta. Fíxose por exemplo co campeonato de dardos que trouxo a 3.500 persoas á cidade en novembro. Nesa liña supoño que irá o Plan Estratéxico de Turismo 20152021… Si, estamos traballando na súa elaboración. Temos un traballo importante no Casco Histórico, que moita xente di que se está convertendo nun espazo só para turistas. E non queremos iso. Tamén temos que ver as p olíticas de inversión que se van facer porque por cada euro que se invirte en turismo, a cidade recibe 50. Nunca é un gasto. Entón, hai que intentar convencer aos xestores que manexan eses orzamentos de que poidamos dispor de máis medios para chegar a máis puntos e atraer a moita máis xente todavía.
entrevist
a
Reyes Leis calcula que a finais de maio pode estar resolto o concurso da Nave 5 da Praza de Abastos. Foto: Suso Rivas.
Pincha(e)Discos Nยบ 2 | 2015 | 15 |
OS DE
SEMPRE E
ra o ano 1931 cando El Muelle abriu as súas portas na Senra. Por aquel entón, a Praza de Galicia – antes Praza de García Prieto – era un lugar moi diferente, un punto de encontro de viaxeiros que chegaban ao impoñente Edificio Castromil. E precisamente de aí, da estación de autobuses que antigamente a xente chamaba peirao, venlle o nome ao local.
EL MUELLE desde entón a súa decoración, cunha longa barra, unhas características cadeiras vermellas e unha vaixela especial de Sargadelos. “O único que cambiou é que na parte de atrás había unha vidreira moi bonita cun porto e un barco. Pero entraron a roubar un día e rompéronna”, conta Jorge.
Sábenno moi ben os actuais propietarios, Enrique, Pablo e Jorge Iglesias; tres irmáns que constitúen a terceira xeración dunha familia adicada á hostalería. Os seus avós, Antonio e Delfina, fundaron o que entón era unha taberna fai xa 84 anos. Era nunha casa pequena que se derrubou a mediados dos 50 para levantar o edificio actual. Daquela época só quedan fotografías, auténticas xoias do paso do tempo en Santiago como as que podedes ver nesta reportaxe e que forman parte do aderezo que tanto encanto lle dá ao bar.
Naqueles anos El Muelle era un rebulir de xente de todo tipo e algúns incluso quedaban a durmir. E é que por un tempo o edificio funcionou tamén como hostal, alugando habitacións. Da súa infancia recordan os pequenos grupos de xente xogando ás cartas e o ambiente tan familiar que se creou e que todavía conserva. “Entrando pola porta os camareiros xa saben o que quere o 90 por cento da clientela. É como o salón da túa casa”, opina Enrique. Son clientes de toda a vida aos que se lles unen os traballadores da zona, persoas que van aos moitos bancos e notarios que hai pola Senra… e tamén turistas curiosos por coñecer unha das cafeterías históricas da cidade.
Logo foron os seus pais, Enrique e Pilar, os que tomaron as rendas do negocio. O local conserva
O seus produtos ‘estrela’ son o café – cunha preparación propia secreta que se negan, como é lóxico, a desvelar! ;)
Enrique e Jorge Iglesias no interior de El Muelle. Foto: Suso Rivas
“El Muelle é o de sempre e seguirá sendo o de sempre”.
| 16 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
– e o chocolate con churros. “O segredo deste é que é bo chocolate con bo leite. Así conseguimos que sexa moi espeso”, explican. A estas delicias sumaránselle en pouco tempo novas propostas para a hora do xantar e da noitiña. “Imos ampliar a oferta incluíndo algunha tapa, tostas, petiscos…”, sinalan. E que máis cambios preparan para o futuro? “Ningún. El Muelle é o de sempre e seguirá sendo o de sempre. Só imos pechar uns días para facer algunhas reparacións pero a decoración vai ser exactamente igual”. E é que despois de tanto tempo formando parte da vida dos composteláns non podería ser doutro xeito.
Manuel servindo un dos chocolates de El Muelle. Foto: Suso Rivas
ONDE? Senra 6, baixo. Santiago de Compostela HORARIO: De 7:30 a 22:30 h. Domingos pechado. NON TE PERDAS: O seu café e o seu chocolate con churros. Dos máis ricos da cidade!
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 17 |
reportaXe
QUERO SER PAISANA Un oficio duro, non sempre valorado como se merece e ao que se apunta cada vez máis xente nova Por Rebeca Munín
O
Cada día que pasan no
Mercado de Abastos de Santiago está considerado un dos cinco mellores de España (xunto co de Valencia, o da Boquería de Barcelona e os de Bilbao e San Sebastián); é o segundo monumento máis frecuentado da cidade despois da Catedral e conta con 160 negocios que, nun sábado bo, poden chegar a ter 5.000 clientes. “Xente que compra, non só visitantes”, recalca a súa xerente Marta Rey. Ela é a cara visible dunha cooperativa que xestiona a Praza desde o 2000. Un tempo no que se modernizou até o punto de ofrecer entre os seus servizos entrega a domicilio ou personal shopper, por exemplo. Exposicións, visitas guiadas, obradoiros de cociña na súa aula gastronómica… son xa actividades habituais nun Mercado que estivo en obras os últimos catro anos e que pronto estreará ascensor e unha nave cunha variada oferta de restauración. Pero se hai unha figura que perdura no tempo é a das ‘paisanas’, mulleres xeralmente maiores que venden os produtos que traballan na súa propia horta. Ocupan diferentes zonas do mercado, agrupadas segundo a localidade de procedencia e o tipo de produto. Son moi coñecidas as pementeiras de Padrón, pero tamén son numerosas as de Aríns ou as que veñen ata dende Cambados. Nos meses de agosto e setembro, os de máis traballo, poden chegar a ser 130. Cada día que pasan na Praza deben pagar unha tasa de ocupación de 3,06 euros, que lles dá dereito a 1,5 metros de espazo e dúas cestas. Así o fai Marisa, de Vilanova de Arousa, que leva máis de 20 anos vindo a Santiago todos os xoves e sábados. Vende leitugas, cenorias, tomates, xudías… depende da tempada. “En inverno é máis duro porque se chove, móllome; se vai frío, paso frío… pero é o que menos me importa”, conta. O que lle preocupa é a baixada das vendas: “Este ano está indo moi mal, peor que os anteriores incluso. Teño medo de plantar para o verán porque se plantas, gastas un montón de cartos. E se logo non o vendes, hai cousas que son perecedoiras e telas que tirar”.
| 18 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Mercado de Abastos pagan unha tasa de ocupación de 3,06 euros, que lles dá dereito a 1,5 metros de espazo
Marisa vende os seus produtos na Praza. Foto: Suso Rivas
Marisa recorda un Mercado ben distinto cando empezou. “Antes vendíase todo. Non ías para casa con nada de volta. Había moita xente a vender e moita xente a comprar”, apunta. O mesmo conta Victoria, do barrio de Santa Lucía: “Levo 40 anos vindo e xa non é o que era. Antes había paisanas ata case chegar a Cervantes”, lembra. “É duro cando chove e cando fai moito sol, pero hai que levalo ben porque queres facer algún pesiño para saír adiante”, engade. Novos tempos Mais se hai algo que mudou desde que ámbalas dúas acoden á Praza é que xa non son só mulleres as que exercen de ‘paisanas’.
reportaXe
Desde hai uns anos son tamén homes os que venden deste xeito tradicional os produtos da terra. Como Antonio, de Trazo, que ten patacas, ovos e grelos “máis ou menos a un euro o quilo, dependendo de cómo estea a cousa”, sinala. Ademais, cada vez son máis os mozos que coa crise volven ao campo atopando nas colleitas propias o seu medio de vida. É o caso de Lucía e Santi, aos que atopamos no seu primeiro día no Mercado de Abastos de Santiago despachando cenorias. “Adicámonos a isto porque non hai outros traballos. E nesto vaste poñendo ti o teu ritmo, ou a terra poncho, non cho pon un xefe”, afirman. E aínda que aseguran que é “sufrido” porque hai xente que quere “comodidades” como non camiñar ou non mollarse cando
chove, a eles non lles importa. Son, ante todo, defensores dunha alimentación natural e dun cultivo “sen velenos”. Conseguen así produtos máis sans e con moito sabor. “O fresco non ten nada que ver co que compras no supermercado! Un repolo apañado de onte está vivo, rico, ule…”, coincide a ‘paisana’ Marisa con eles. Ben coñecedores da calidade destes produtos naturais son os chefs e restauradores da cidade, moitos deles clientes habituais da Praza de Abastos. E é que alí atopan peixe fresco, froitas e verduras recén apañadas e carne criada nas mellores granxas galegas. Sen esquecer un ambiente de mercado, que se ben non é tan abundante como no século pasado, si que mantén todo o seu encanto.
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 19 |
Por El Zampón de Compostela. Autor do blog elzampondecompostela. blogspot.com adicado á crítica gastronómica de lugares con encanto de Santiago de Compostela e arredores, e de cando en vez tamén doutros lugares máis lonxanos.
PAPANDO EN FISTERRA
X
a está aquí a Semana Santa e no meu inicio desta bonita andaina de Pincha(e)Discos en papel gustaríame permitirme o luxo de barrer para casa e propoñervos una escapada a Fisterra. Se sodes relixiosos, a Semana Santa alí é bastante importante nese aspecto, declarada de interese turístico e incluso con representacións en vivo o lado da igrexa. Pero o meu cometido é facer feliz o voso bandullo así que cinguireime a cuestións paisaxísticas e gastronómicas.
Morte en Cee ou no Rápido en Vimianzo, dous locais diferentes un doutro pero ambos apetitosos. Por certo, non perdades por nada do mundo a tarta de queixo e chocolate do Tearrón, na propia Fisterra.
Fisterra ten lugares onde vai todo o mundo (véxase o Faro) e sitios marabillosos onde é raro (aínda que cada vez máis frecuente) atoparte con outra persoa (coma o Monte Facho). O mesmo ocorre coas praias, mais neste caso déixovos a vós o traballo de atopalas (un fisterrán dicindo que praia é a mellor é coma un mago explicando o truco… Perde a gracia o asunto!).
A primeira resultaravos moi curiosa, pois en Curcubión hai poucos anos decidiron abrir a primeira peixería-restaurante da zona. E isto que é? O nome dío todo. É una peixería onde ti vas, elixes o peixe ou marisco que queres comprar e posteriormente entras nun comedor, elixes a forma de preparación e ale, a darlle ao dente.
Ben, tanta praia e tanto lugar, pero da papatoria que? Pois teño que dicir que xa non é ouro todo o que reloce. Non é coma fai vinte anos que podías comer ‘coma un Pepe’ en calquera local, pero por suposto seguen quedando moitos lugares moi apetecibles. Imos de menos a máis? Pois empezando polo ‘menos’ seguro que moitos de vós xa coñecedes o meu segredo de encargar unas boas empanadas en Fisterra e levalas por aí. Hainas desde as míticas de carne picada e de atún ata de polbo, zamburiñas ou navallas. É una moi boa opción se non queremos perder moito tempo comendo encerrados nun local. E se queredes parar nun local a tomar un menú do día aquí vos caen dúas recomendacións. Podedes parar no Recreo da Costa da
| 20 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Pero ben, sei que a maioría de vós, como é lóxico, se ides á Costa da Morte queredes comer marisco a esgalla así que teño neste campo tamén varias opcións para vós.
Outra opción onde resalta a materia prima por riba do local é o Don Percebe, local que pasarías por diante del sen facerlle moito caso pero que traballa con moi bo produto (teño comido alí varías veces con xente de mar da zona e iso di moito do local). Últimamente tamén se fala moito do restaurante O Fragón, xusto no centro de Fisterra con vistas á praia da Riveira. Deste non podo darvos información de primeira man pero espero que a finais de verán xa o teña catado. Avísovos de que falan moi ben del. E así son as cousas, un come, valora e logo volo conta. Espero que os vosos padais gocen dalgunhas das ideas que aquí vos deixo escritas. Desfrutade destas vacacións que veñen de camiño, reposade ben as comidas e ollo co alcohol, que aínda teño moitos locais que mostrarvos.
El poder espontรกneo de las buenas ideas
RSM COMUNICACIร N | PUBLICIDAD | MEDIOS ONLINE
HTTP://RSMCOMUNICACION.COM Pincha(e)Discos Nยบ 2 | 2015 | 21 |
bOlinas
entre bam
ENTRE
BAMBOLINAS
Por Xiana Lastra Xiana Lastra é xornalista e vocalista de Odaiko
RAMÓN BERMEJO, director do Coro da ra “Un bo cantante ten que ter honestidade na voz” Percussion Group e Puntada sen Fío.
É
xoves e chove, para variar. Como calquera outro xoves de calquera outra semana diríxome á Moniña. Normalmente vou ata alí estudar canto. Esta vez, en cambio, a miña viaxe é moito máis especial. Ó outro lado do enorme portalón verde agárdame, para min, un dos mellores profesores de canto (o meu) que hai no noso país, disposto a que o interrogue con tódalas miñas preguntas curiosas. A confianza dá noxo e, hoxe, teño eu a tixola polo mango!
Ramón Bermejo é tamén o director do xa supercoñecido Coro da Ra de Compostela e, desde hai pouco tempo, un dos membros da directiva da asociación Músicos ao Vivo. Ramón, cóntanos como foron os teus comezos nisto da música. Cando eu tiña quince ou dezaseis anos, aquí en Santiago non había nada. Estamos falando do ano 75, 76... daquela a única posibilidade de estudar música que había era o conservatorio clásico, que me parecía moi rancio. Eu era un fanático do rock. Tiven moitos irmáns e eles mercaban moito rock, blues ou jazz... Con dezaoito anos vía que todo o que se facía a nivel musical en España e que a min me gustaba saía de Barcelona. Alí estaban os principais festivais, as revistas de música como | 22 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Vibraciones... e as únicas escolas de música moderna daquel momento. Entón, marchei para alí. E non estudaras nada de música ata entón? Non. Eu cantaba na casa e tal, pero o conservatorio dábame repelús. Non tiña nada que ver coa idea que eu tiña da música naquel momento en concreto. Cando cheguei a Barcelona, matriculeime no Taller de Músics. Non era un método moi académico, pero si moi musical e directo. Os profesores era músicos moi bos: alemáns, checos, chilenos... xente do mundo do jazz que andaba pululando pola península e estaba alí concentrada. Co tempo, matriculeime no conservatorio superior de Barcelona e alí estudei solfexo e harmonía. Ademais metinme nun coro porque sempre me encantou a música polifónica. Cal foi a razón de que elixises a voz como instrumento? Sempre me gustou, pero despois tamén coincidiu que, cando sufrín o cambio da voz e de repente se me puxo moi grave, comecei a sentir que a miña voz tiña certo poder. É que tes un vozarrón! (Ha, ha) A xente dicíamo, mais, por outro lado, tamén era unha limitación,
porque a min gustábame a música de Deep Purple, Led Zeppelin... e eu non podía cantar os temas destes tíos alí arriba! Entón non entendía nada... non sabía que había unha cousa que se chamaba tesitura, (ha, ha) era todo un pouco complicado. Como comprenderás, fun moi feliz cando coñecín a Frank Zappa, a Jim Morrison e a xente así, que cantaba cantigas que eu podía cantar tamén. Por que tes ese amor polos grupos polifónicos? Con ese “pedazo” instrumento nunca fuches solista? Eu tiven grupos pequenos de jazz. Moitos dúos con Abe Rábade, Manolo Gutiérrez, Serafín Carballo... con moita xente. Sempre me gustou moito a dualidade de piano e voz, guitarra e voz... Pero a miña actividade profesional máis importante si se desenvolve en grupos vogais. Tiven un cuarteto en Barcelona que se chamaba Baobab. Gañamos o Festival de Jazz de Getxo no ano 88 e fomos durante bastantes anos o grupo de jazz que máis traballaba en Catalunya. Tiñamos como 80 ou 90 bólos ao ano. E con ese exitazo, por que parastes de tocar? Por circunstancias persoais da xente. Hai momentos nos que hai que tomar unha serie de decisións que implican
Ramón durante un ensaio do Coro da Ra. Foto: Suso Rivas
unha maior implicación, pese á redundancia... as cousas son así. Despois desa formación montamos outro cuarteto a capella. Foi entón cando comecei a interesarme máis por ese estilo e tamén por utilizar os coros nos que eu cantara na vertente clásica para levalos ó tipo de música que me gustaba. Foi despois desta experiencia cando volvín para Galicia.
a escola Estudio e Suso Atanes ofrecérame traballo alí. Tamén aparecera a oportunidade de facer dobraxe. Aquí parecía que había bastante traballo, entón... volvín. Cando cheguei, incorporeime a Estudio, fundei o Coro da Ra... e ata hoxe!
Que foi o que te impulsou a crealo? Xusto antes de vir fundara o coro do Taller de músics con outro profesor de E vasme contar por que volviches? alí. Esa foi a primeira experiencia como Iso cóntocho off de record (ha,ha). director que tiven. Alí os cantantes, Volvín por un cúmulo de razóns. ou eran solistas ou nada! Sempre Cuestións persoais por unha banda considerei moi importante que nunha e ademais era un escola de música tempo no que era houbese un coro complicado vivir para que tódolos “A música en vivo está en Barcelona. En pendendo dun fío, que é unha instrumentistas Santiago levaba cantasen. É moi lei autonómica que produce un par de anos importante que moitísima inseguridade” funcionando saiban cantar e
entre bam
bOlinas
que saiban cantar ben, que afinen e que teñan esa experiencia, porque estou convencido de que aqueles que cantan son moito mellores intérpretes. O da Ra era algo totalmente diferente aos coros que había. Botaba iso para atrás ou o contrario? O contrario! Realmente facía falla. Eu fixen moita publicidade por tódolos pubs de Santiago con slogans tipo: Queres cantar coma os negros? (Ha, ha). Pobres! Viñan todos enganados! Pero enseguida había 40 persoas no coro. Que é o mellor e o peor de traballar cun coro? Supoño que manexar a tanta xente xunta non é doado. Si, no da Ra somos 65. A vantaxe é que, se nun coro falta alguén, non pasa nada. Se che falta nun cuarteto... cagámola! O Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 23 |
bOlinas
entre bam
coro vai soar diferente pero soa. Esa é a vantaxe. O maior inconveniente... que é complicado manter a disciplina e hai que desenvolver unha inxente cantidade de paciencia e de man esquerda. A pregunta do millón... é certo que nas probas do coro mandas cantar o “aniversario feliz”? (Ha, ha) Durante moito tempo, efectivamente, pedía que, despois de facer outra serie de probas de memorización, rítmicas... xa para finalizar a xente cantase o ‘Aniversario feliz’ ou o ‘Susanita tiene un ratón’. Por que? Porque son dúas cantigas que non son tan doadas de cantar e porque chega o momento en que escoitando
a alguén cantar unha desas dúas pezas xa sabes se canta ou non. Entón... para que meternos en máis saraos? Que é o que para ti é máis importante nun bo cantante? Primeiro, a honestidade. Iso inclúe que a súa voz sexa honesta. Non me gustan os cantantes que imitan, que soan a alguén. E, por outra banda, a actitude, a enerxía... E nun bo coro? Sentido do ritmo antes de nada, a afinación... Se me dan a escoller, prefiro que soen ben rítmicamente. E despois o equilibrio entre as voces e o empaste. Canto menos se noten as voces dos
Parte dos membros do Coro da Ra con Ramón ao frente. Foto: Suso Rivas
| 24 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
EN CURTO Que coro che gustaría dirixir? Pois o coro Monteverdi ou o Eric Ericsson de Suecia, que son clásicos e referenciais, moi potentes. Cantante masculino. Kurt Elling, é un cantante de jazz, para min o máis completo que coñezo. E, en Galicia, Xabier Díaz. Cantante feminina. Hai moitas que me gustan pero, por exemplo, Silvia Pérez Cruz. Un lugar no que che gustaría actuar. Nos Jameos del Agua, en Tenerife. É un sitio impresionante metido na lava. Un libro para informarse sobre técnica vocal. A nivel básico, Como cantar. Outra aproximación máis espiritual sería El Tao de la voz, escrito por un mestre chinés que fala da voz como vivencia.
entre bam
bOlinas
cantantes como “Cando fundei o Coro da Ra fixen inseguridade. E por individuos, mellor. outra banda está moita publicidade por tódolos Tamén valoro o que é o día a día pubs de Santiago con slogans moito a capacidade dos músicos a nivel tipo: Queres cantar coma os de transmisión. traballadores... negros?” Esta foi unha das Falta que gañemos cousas nas que a consideración avanzou o Coro da Ra moitísimo nestes social que merece a profesión e que a últimos anos. nivel laboral consigamos o que se logrou en case tódolos colectivos. Como ves o panorama musical galego en xeral? Que se está a facer desde o colectivo Véxoo mal. Quero dicir, véxoo ben Músicos ao Vivo? polo que respecta á parte creativa. Hai Estase traballando desde hai seis anos grupos fantásticos, cada vez a xente é neste sentido. Primeiro, en mellorar máis nova e está máis preparada... pero as condicións dos que fan música en o futuro é moi incerto. A música en vivo, en que aumenten os circuitos... vivo está pendendo dun fío, que é unha pero todo isto depende da actitude lei autonómica que produce moitísima institucional. O primeiro que se precisa
é unha lei que lle dea certa seguridade á actividade dos músicos e despois unha política que se deseñe a longo prazo, non como as que se fixeron ata o de agora, que son políticas cortoplacistas, nas que se gastaron moitísimos cartos e a maior parte non teñen ningún sentido. Deberíase deseñar unha política cultural que apoie o desenvolvemento da música galega desde tódolos ámbitos. E despois desta entrevista de 40 minutos de reloxo chegamos ao final. Moitísimas grazas, Ramón, pola túa atención. Grazas a vós! A ver! Que tal o fago? Aniversario feliiiiiiz, aniversario feliiiiiiiz... ;)
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 25 |
PINKA: Chegou a primavera
Crusat & Costas Dúas copas de viño... con cal quedas?
Nesta nova colaboración para falar de viños galegos, viramos agora cara a provincia de Ourense, zona de Cenlle, pretiño de Ribadavia. De novo, ao igual que no número anterior, buscamos un viño diferente, sorprendente, ben feito, e sobre todo, que guste, para querer repetir e repetir; e, unha vez máis penso que acertaremos con esta escolla. Pasamos do Caíño Tinto ao CAÍÑO BRANCO, elaboración 100% con esta variedade. Merece ser destacado sobre todo o seu potencial aromático: un bouquet primaveral delicioso. Chéganme aromas de froitas brancas e de óso: pera, albaricoque, pero sobre todo flores, PRIMAVERA, un anaco da miña terra, porque me trae os aromas das mimosas en cada xiro de copa. En boca é un viño fresco, moi goloso, gozoso, gustoso... e untuoso, enche a boca; a pesares de tratarse dunha variedade cargada de bastante acidez, aparece moi ben integrada, sen dúbida produto do bo traballo deste viticultor tanto en viña como en bodega. Outro aspecto destacable, que chamará a atención de todos aqueles que teñan a sorte de probalo, é a etiqueta tan molona que viste PINKA. Jorge Pérez (o viticultor, o home para todo desta adega, un home a seguir), contábame un día a bonita historia que hai detrás da etiqueta: O debuxo é obra do seu fillo de 4 anos: Joel. E o nome xurdiulle a Jorge despois dunha tarde de xogos con el. Joel sempre andaba a fedellar cos xoguetes e as pinturas e a dicir “pin”, en lugar de “pintar”. A Jorge ocorréuselle xuntar “Pin” con KA de KAIÑO, e así naceu este bonito nome e esta etiqueta chula: PINKA. Prometer, promete moito e agardan máis sorpresas deste viticultor para este ano. Neste caso como harmonía vou suxerir algo moi diferente do esperado (e tamén aconsellada un pouco por Jorge), algo moi sinxelo de facer, barato e que combina con este viño á perfección baixo a miña opinión: Un arroz á cubana. Non hai escusas para non invitar a xantar aos colegas ou á familia e beberse este fantástico viño.
Segue as historias de Lorena Costas no seu blog Bake my Day
http://lorena-bakemyday.blogspot.com
| 26 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Explosión floral Nova volta aos viños galegos distintos, desta vez vamos cun viño elaborado na comarca do Ribeiro, por Jorge Pérez de Bodegas Merencio, pero que se atopa fóra da DO Ribeiro. A razón é a uva coa que se elabora, xa que se trata dun viño 100% Caíño Branco; na DO soamente se admite en mestura con outras variedades. O Caíño Branco utilízase principalmente na zona do Rosal, na mestura de uvas característica desta zona. Tamén no Ribeiro mesturada con outras castes, pero non se ten utilizado en monovarietal, sendo este viño o primer monovarietal de Caiño Branco. Trátase dunha uva pouco produtiva, de ciclo medio-largo e maduración tardía, e sensible a enfermidades fúnxicas como o mildeu e a botrite. Os viños teñen uns aromas moi marcados e unha acidez elevada. Catei o viño durante tres días seguidos para ver a súa evolución no tempo, manténdose fresco e potente ate o final coma se fose recén aberto, o que indica a súa coidada elaboración e coidado na viña e respecto á uva. En total: 18 meses de elaboración antes da súa saída o mercado. Na copa o viño preséntase limpo, cor ouro pálido e ribete amarelo claro. Xa no nariz e onde aparecen a explosión de aromas que caracteriza esta variedade, aromas a flores melíferas, xesta, castiñeiro, froita amarela, ameixas xaponesas, lima, e incluso un pequeno toque de albahaca. Embriagador.
Segue as historias de José Crusat (@choumimx) no seu blog Del
Comercio y del Bebercio http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com
Na boca e un viño cunha acidez agradable e marcada, que nos fai salivar, largo e persistente, glicérico. Como maridaxe para este viño propoño un polbo con patacas cocidas, uns boqueróns ou por que non atreverse cun ceviche ou unha xarda marinada. En resumo, un viño distinto que sorprende e para ben. Non se trata dun viño de supermercado pero é fácil de atopar, aínda que haberá que apurarse porque soamente se fixeron 800 garrafas desta ledicia.
FICHA Bodega: Bodegas Merencio Variedade Caíño branco 100% Grados: 12º Prezo: Sobre 12 € D.O.: Fóra de D.O. Prezo medio: 12-14 €
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 27 |
| 28 | Pincha(e)Discos Nยบ 2 | 2015
Patrocinada por:
A E•NDA POETICLUB A CARGO DE DANDYLADY Cando? Xoves 9 de abril ás 22:00 horas Onde? Ultramarinos Canto pagarás? 3 euros Espectáculo de cabaret protagonizado por Iria Pinheiro e Jesús Tejada que trata sobre economía. Poemas, cancións e confesións entrelázanse para ofrecer ao público un desvergoñado
III SANTIAGO PAIXÓN - SEMANA SANTA GASTRONÓMICA
espectáculo onde a actualidade tómase con moito humor.
Cando? Ata o 5 de abril Onde? Santiago de Compostela Canto pagarás? 18 euros por menú Máis de 30 restaurantes da cidade participan neste evento gastronómico organizado por Hostelería Compostela cun menú especial de cociña conventual, de coresma ou vixilia.
ESPECTÁCULO CÓMICO CON RAÚL CIMAS E JULIÁN LÓPEZ EXPOSICIÓN ‘EDITA: SECUENCIA/ SENTIDO’
PEDRO GUERRA NO FESTIVAL SANTIAUTOR 2015 Cando? Sábado 11 de abril Onde? Sala Sónar
Cando? Venres 10 de abril ás 20:30 horas
Canto pagarás? 15 euros anticipada / 17 euros na
Onde? Auditorio ABANCA
billeteira
Canto pagarás? 13 - 15 euros anticipada / 15 -18
Ademais do cantautor canario, gracias a este
Cando? Ata o 14 de xuño
billeteira
Onde? CGAC (Centro Galego de Arte
Estes dous xenios do absurdo presentan Toda la
como Fredi Leis, Paco Cifuentes, Luis Ramiro,
verdad sobre el oso hormiguero, un show para
Funambulista, Marino Sáiz, Carmela, Rozalén,
Contemporánea) Canto pagarás? Nada! É gratis!
festival tamén actuarán en Santiago artistas
partirse de risa na que dan renda solta á comedia
Adriana Moragues & Elvira Sastre e Marwan. Máis
Mostra colectiva sobre fotografía contemporánea
tan característica da que fixeron gala toda a súa
info en www.sonarcompostela.com
comisariada por Miguel von Hafe Pérez.
carreira.
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 29 |
Patrocinada por:
A E•NDA LAPSO 2015 MUSICAL EXPERIENCE Cando? 30 de abril ás 20:00 horas Onde? Praza da Quintana Canto pagarás? A partir de 28 euros + gastos O festival de música internacional do noroeste peninsular celébrase por primeira vez
II EDICIÓN DO COMPOSTELA GASTRONÓMICA Cando? Do 16 ao 21 de abril
en Santiago. Actuarán os galegos Best Boys, os portugueses The Gift e The National,que presentarán ao público o seu último álbum Trouble Will Find Me.
Onde? Mercado de Abastos Canto pagarás? www.compostelagastronomica.es Segunda edición deste festival da cociña galega con ponencias, obradoiros para grandes e pequenos e numerosas actividades paralelas.
FEIRA DO LIBRO NO PARQUE DA ALAMEDA Cando? Do 1 ao 10 de maio
PRIMEIRO ANIVERSARIO DO RESTAURANTE RESAS
Onde? Parque da Alameda Un ano máis o Paseo Central da Alameda enche-
CONCERTO DE QUIQUE GONZÁLEZ
Cando? Do 20 ao 26 de abril
rase das casetas de diferentes editoriais, librarías e
Cando? Venres 1 de maio ás 21:00 horas
Onde? Algalia de Abaixo 33
organizacións. Haberá tamén actividades comple-
Onde? Teatro Principal
Canto pagarás? A consumición
mentarias como visitas de autores.
Canto pagarás? 23 euros / 21 euros (anfiteatro)
Canto pagarás? Os libros que queiras comprar!
O restaurante compostelán festexa o seu primeiro
O cantautor chega a Compostela coa súa exitosa
ano de vida con pinchadiscos convidados toda a se-
xira ‘Carta Blanca’, na que o repertorio cambia
mana e degustacións temáticas. O sábado 25 ce-
en cada actuación segundo as suxestións dos
lebrarase no Cachán o Guateque Resas con Bigote
asistentes.
Mix e Primitivo Eirís & El Póllegro Enmascarado.
| 30 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Patrocinada por:
A E•NDA NOVA EDICIÓN DE ESTREA ESTILO! Cando? Domingo 10 de maio Onde? Pazo de San Lourenzo Canto pagarás? É gratis! A xornada Estrea Estilo! desenvolverase entre as 11:30 e as 20:30 horas e permitirá, ademais de coñecer as novidades de temporada, visitar
CONCERTO DE MONO E HELEN MONEY
libremente os xardíns e salóns dunha das localizacións máis fermosas da cidade, así como participar de balde nun atractivo programa
Cando? Xoves 7 de maio ás 21:00 horas
de actividades como concertos, sorteos e
Onde? Teatro Principal
degustacións.
Canto pagarás? 12 euros (anticipada) / 15 euros (billeteira) Os xaponeses Mono inclúen Galicia no seu tour mundial presentando os seus dous albums. Acompáñaos a estadounidense Helen Money, armada só co seu cello.
FESTAS DA ASCENSIÓN
DEBUT EN SANTIAGO DE ALEXANDRE THARAUD
Cando? Do 13 ao 22 de maio
Cando? Xoves 14 de maio ás 21:00 horas.
Onde? Santiago de Compostela
Onde? Auditorio de Galicia
Canto pagarás? Depende das actividades ás que
Canto pagarás? 12 euros
Cando? Venres 8 de maio ás 21:30 horas
queiras ir!
O pianista parisiense Alexandre Tharaud - coñeci-
Onde? Sala Capitol
Por fin chegan as segundas festas máis importantes
do pola película Amour de Michael Haneke na que
Canto pagarás? 10 euros (anticipada) / 13 euros
da cidade e as máis queridas polos composteláns.
se interpreta a si mesmo - debuta na nosa cidade
(billeteira)
Volven os concertos, as atraccións na Alameda,
cun recital de composicións para piano de Mozart
Unha das bandas máis representativas de Galicia
a feira cabalar en Amio... e moitas máis sorpresas
pouco interpretadas e singulares obras de dous
di adeus despois de 10 anos co seu último traballo
dentro dun programa que poderás consultar proxi-
autores franceses.
Bye Kid que presentarán nun concerto no que
mamente en pinchaediscos.com
DESPEDIDA DOS GALEGOS NIÑO Y PISTOLA
tamén recordarán a súa traxectoria.
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 31 |
Directorio
D
café casino
museo
desde 1873...
Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
+ info
Onde Rúa da Vilar 35 Santiago de Compostela
mansorestaurante.com
T. 981 577 503 www.cafecasino.es
Horario De luns a domingo de 08:00 a 23:30
CAFÉ BAR CAFE - BAR + info
Onde Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela
T. 619 744 969
Onde Senra 6- baixo Santiago de Compostela
Onde
Horario
Horario
Aberto proximamante (de luns a sábado de 08:30 a 02:30)
De luns a sábado de 07:30 a 22:30
Santa Clara 13 - baixo Santiago de Compostela
Onde Casas Reais 25 Santiago de Compostela
+ info T. 981 556 344 www.quedamosenlaflor.com
+ info T. 981 585 974
Onde
+ info
Rúa de San Lázaro 54 Santiago de Compostela
T. 981 586 459 www.acasadaviña.es
Horario
Horario L e M: 11:30 a 16:30 - Me: 11:30 a 1:30 - X: 11:30 a 2:00 V e S: 11:30 a 2:30 Domingos Pechado
De luns a luns de 12:00 a 18:00
Horario De luns a sábado de 09:00 a 00:00
Onde Avda. Benito Vigo 70 A Estrada
+ info T. 986 57 12 26 www.argentinosburguer.com
Horario
De mércores a domingo de 20:00 a peche
martes a xoves: 9:30 - 0:00 venres a sábado: 9:30 - 1:30
domingo: 9:30 - 0:00
CAFÉ DE ALTAMIRA, O SABOR DO MERCADO
Onde
Onde Rúa das Ameas 9 Santiago de Compostela
+ info T. 981 558 592 www.pazodealtamira.com
Rúa Travesa 20 Rúa do Curro da Parra 7 Santiago de Compostela
+ info T. 981 556 059 www.ocurrodaparra.com
Horario Martes a sábado de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30 Domingo de 13:30 a 15:30
| 32 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Onde Rúa Altamira 18 Santiago de Compostela
+ info T. 981 558 542 www.pazodealtamira.com
Pedra Santa Restaurante
Onde
Onde
Costa de San Marcos 18-20 (Ctra. Aeropuerto) Santiago de Compostela
Rúa da Algalia de Abaixo 33 Santiago de Compostela
Horario
+ info
De luns a sábado de 07:30 a 00:00 horas
T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com
+ info T. 981 589 878 www.resas.es
Horario
Onde
+ info T. 881 104 600 info@theseafoodbar.es
Avenida de Figueroa 5 Santiago de Compostela
De luns a sábado Domingos de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00 de 13:00 a 16:00
CASA DE XANTAR Onde
Onde + info
Horario
T. 981 562 499 silveira.casadexantar@gmail.com
De luns a sábado de 09:00 a 00:00
Onde
+ info
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela
+ info
Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela
Cardenal Payá 18 Santiago de Compostela
T. 981 552 352 obradoiro@pandamoa.com
www.pandamoa.com
T. 981 577 633 www.dezaseis.com
Onde
+ info T. 981 566 607
Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela
www.bodeguilladesanroque.com
Horario
Horario
De luns a sábado de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00
Luns a sábado: 09:00 a 00:30 Domingo pechado
Onde
+ info T. 659 987 901 info@petitsbisous.com facebook.com/petitsbisous
Praza de Abastos 56-57 Santiago de Compostela
Horario De luns a sábado de 06:30 a 15:00
+ info T. 981 583 550
O Ferro Onde + info T. 682 410 689 - info@seispes.com - www.seispes.com
Area Central L. 16B Santiago de Compostela
Horario De luns a sábado de 10:00 a 21:30
Onde Tenda de calzado deportivo especializada en running
+ info T. 881 031 978 wingsmtf@gmail.com
Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
+ info T. 981 592 399 www.restauranteferro.com
Horario Martes a Domingo de 10:00 a 00:00
Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015 | 33 |
TEN QUE HABER DE TODO
UN CHEF A DOMICILIO Bendita Cocina é un proxecto galego gracias ao que podes ter na túa casa a todo un xefe de cociña para non ter que preocuparte de nada máis que de gozar coa comida. Só tes que buscar na súa web www. benditacocina.com o teu chef favorito, contactar con el e elexir o menú.
BLK, BEBERÍAS AUGA NEGRA? TACÓNS DESMONTABLES Que queres lucir perna? Pos o tacón. Que queres ir cómoda? Quítalo. Así de sinxelo. Unha empresa de Almansa, en Albacete, comercializa estes tacóns desmontables desde hai uns anos. Chámase Mossto e podes comprar o seu calzado en mossto.com
| 34 | Pincha(e)Discos Nº 2 | 2015
Si, existe a auga mineral negra e pódese beber sen problema ningún. Comercialízaa unha empresa canadiense en dous formatos: botellas de medio litro en packs de 24 ou botellas de 23 cl en packs de 24. Provén dun manancial con millóns de anos de antigüidade. Pódese adquirir en Amazon.
TATÚA AS TÚAS FOTOS DE INSTAGRAM A app online Picattoo transforma as túas fotos de Instagram en pequenas tatuaxes temporais cadradas. Podes escoller ata 12 das túas imaxes e, só nuns días, mándanchas a casa. O prezo? Bastante económico: 10,99 €. E ademais os tattoos duran ata unha semana.
Pincha(e)Discos Nยบ 2 | 2015 | 35 |
Victoria, unha das ‘paisanas’ da reportaxe sobre a Praza de Abastos que facemos neste número. Foto: Suso Rivas