IES As Barxas (Moaña)
Curso 2011/2012
E ti como ligas en galego? Dende o IES A Cachada, enviaronnos un correo para informarnos do seu proxecto Amores Prohibidos. Onde pretende facer unha obra de teatro por internet usando como escenario as redes sociais e a plataforma redenasa.tv. Despois de ver o vídeo algúns rapaces/rapazas contestaron a pregunta "E ti como ligas en Galego?". Para asegurar a súa confidencialidade cada persoa é un número: 1. 1ºESO Falando coa persoa por tuenti, por facebook. Falando con ela – Ola, que tal?, que contas guapa? -. Metendo fichas e fichas, dicíndolle chorradiñas. Unha semana ou menos xa a tes para ti, despois hai que trátala ben para estar tempo e cando saias con ela darlle bicos e menter moitas fichas. Quedar con ela para estar os dous sos e pasalo ben e se non vai ben ou non che gusta, terala que deixar. Diraslle – mira eres moi guapa pero eu o sinto pero entre nos non funcionan as cousas, pero podemos ser amigos e despois terás que empezar outra vida con outra persoa metendolle fichas , indo a discoteca, que vaia mirarte a os partidos e se vai ben darnos bicos, intercambio de saliba. Casarnos, facer unha boda bonita, facer cousiñas na cama, darnos bicos, ter fillos, cuidalos, traballar para ter un soldo e así poder coidar a familia e querernos coma o primeiro día e se queres outro ----- para cando sexamos maiores ---- Que ela me cuide e morrer xuntos querendonos coma o primeiro día. 2. 1º ESO Por tuenti, chamándolle guapa, dicíndolle cousas graciosas... e cousas boas sobre ela, que os seus ollos son moi bonitos, o seu pelo... 3. 1º ESO Primeiro teño que coñécelo moi ben e despois el coñeceme a min. Cando xa nos coñecemos quedar algún día e se sentimos algo un polo outro xa podemos saír xuntos. 4. 1º ESO Non me lembro, fai moito tempo que non o fago. Ligo cando estou en sonos. 5. 1ºESO Non ligo nada de nada, non me importa total ainda teño 13 anos e non me fan falla ata creza un pouco máis, pero a rapaza que máis me gusta, levámonos moi ben... 6. 1ºESO Eu ligo polo tuenti, whatsApp, mensaxes e moitas cousas máis. Eu sempre mando mensaxes polo whatsApp ou entro no tuenti. Cando eu ligo suele ser os fins de semana pola semana polo ordenador ou móbil. Sempre son rapazas guapas, comenzamos a falar, ata que me decato que xa pasaron moitos minutos, as veces ata a unha da madrugada.
www.profapt.blogspot.com.
1