descrición en galego

Page 1

TALLER DE CREACIÓN LITERARIA: A DESCRICIÓN Integración das TICs na aula

“As tecnoloxías deben servir para promover a creatividade e a elaboración de textos de creación propia nos seus diferentes formatos” alumn@s de 5º E.Primaria 23/04/2012


DESCRICIÓN

Isto é un golfiño bebé duns sete meses. É grisáceo e moi xoguetón o golfiño é o animal con máis memoria do mundo. Polo que se ve nesta foto está nunha piscina . Ten os ollos pequenos , as aletas pequeniñas . Se ti estiveras con el seguro que serías moi feliz. Os golfiños son mamíferos acuáticos tamén . Ten unha aleta dorsal e dous laterais . Coma todos por onde respira chamase respiratorio. É un animal moi abundante . É tan fermoso coma unha rosa .


DESCRICIÓN

Este can é un Yorsai Terrier.Aínda é un cachorriño.É moi bonito,e ten a pelaxe negra e marrón.Está no xardín sentado no muro.Leva un colar vermello no pescozo.Ten un nariz moi pequeno e uns ollos marróns e moi escintilantes.As súas pequenas patiñas están cubertas da súa pelaxe.Paréceme moi simpático.Ten as uñas moi curtas,por iso non se lle ven.El ten as orellas puntiagudas que semellan frechas e pequenas.O seu colar vermello resalta sobre a cor escura da súa pelaxe .Ten o rabiño moi pequeno e curto.Tamén ten bigotes,pero ó ser transparentes non se lle notan.Parece moi xoguetón e cariñoso.Vese que está moi ben coidado e con agarimo. Na súa pequena cabeciña esconde unha boquiña que case non se ve.É unha preciosidade de animal.


DESCRICIÓN

Isto é Bakú a capital de Azerbaián. Azerbaián está situado en Asia. Bakú, ten un mar moi fermoso, onde se reflicte a cidade, azul, relaxado, un mar tranquilo, calmo... As súas casas teñen un alumeado moi vistoso. O mar, ó entrar na cidade,forma unha baía. No embarcadoiro atracan distintos barcos. Os edicifios e os rañaceos son moi altos: teñen moitos pisos. A praia está alumeada por moitas farolas. Esta localidade é tan fermosa como as cidades do seu país tan fermoso como o seu país Azerbaiján.


DESCRICIÓN

O verán é unha das catro estacións das zonas tépedas.E a máis tépeda delas encontrábase entre a primavera e ou outono.O verán caracterízase por posuír os días máis longos e as noites curtas. As estacións comezan en diferentes datas en diferentes culturas baseadas en feitos astronómicos ou meteorolóxicos. Non obstante, cando o verán acontece no hemisferio sur, é inverno no hemisferio norte e viceversa. Segundo se observe, o verán pode ser boreal, cando acontece no Hemisferio Norte, ou austral, cando acontece no Hemisferio Sur. Astronomicamente, o solsticio de verán (arredor do 21 de decembro o austral e o 21 de xuño o boreal) marca o comezo desa estación e o equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo o austral e o 22-23 de setembro o boreal) marca o termo desa estación, mentres que cultural e meteorolóxicamente estas datas marcan o comezo de ambas as dúas. Non obstante, ás veces o verán defínese como a totalidade dos meses de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e como a totalidade dos meses de xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.


Horario do verán O horario de verán é o horario que segue á convención pola cal se adiantan os reloxos para usar máis a luz diúrna. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e regrésanse de novo en outono. Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas en verán. O horario de verán moderno foi proposto por primeira vez por Benjamin Franklin e posteriormente, en 1907, por William Willett. Empregouse amplamente por primeira vez en 1916, durante a Primeira Guerra Mundial, para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países véñeno empregando dende entón. Os detalles difiren dependendo do país e son modificadas ás veces.


Descrición da Nintendo DS É un aparello de entretemento normalmente para nenos aínda que tamén poden usala adultos. Hai moitos tipos dende a máis antiga ata agora Algúns tipos son: A Nintendo 3DS (a máis nova). A Nintendo Dsi XL. A Nintendo Dsi. A Nintendo DS lite. A Nintendo DS. Para usala hai que ter tarxetas de xogos, ou ben ter unha tarxeta pirateada que serve para xogar sen ter que compralos. Dependendo de ser máis nova ou máis antiga ten máis aplicacións como cámara, conexión a Internet, función 3D... As da imaxe de arriba son as Nintendo DS lite que son as máis usadas. As principais cores son o negro, o branco e o rosa. Tamén ten unha aplicación para que poidan conectarse a outras nintendos e xogar ós xogos todos xuntos aínda que en case todos eles só se pode xogar con 4 participantes. É un aparello de batería, é dicir, necesita un cargador para cando se quede sen carga É unha das máquinas que máis lle gusta a un neno.


DESCRIPCIÓN:

Este can é da raza dos pincher. A un é un cachorro aínda que non crece moito máis A súa pelaxe é de cor marrón e negra; é moi bonita. As uñas dela son moi longas. A maioría das súas extremidades son de cor negra como os ollos, o corpo... É moi xoguetona e cariñosa. O seu colar branco resalta a súa pelaxe. Os seus bigotes son grandes, tamén ten o rabiño é un pouco longa. Esta sentada nun sillón de cor amarela.


Descripción

É unha paixase cálida con palmeiras,unha praia,e unha auga cristalina. A un lado ten o mar e ó outro lado ten como unha pisciña que parece natural,rodeada de palmeiras e de xente.Ten unha vaia que a rodea.Esta paixase a parte de ser cálida é tropical.E tamén hai varias sombrillas,posto que hai moita calor. Hai moitas olas,e tamén non moi lonxe hai un volcán moi pequeno, que está inactivo.A xente non vai moito a praia porque hai moita calor.A praia normalmente é para refrescarse,pero a calor no verán soe ser imposible estar na praia.Pero sen embargo debaixo dos tellados dos bares estase moi ben.


LEÓN

Isto e unha cría de león.Ten o pelo castano, suave coma o algodón.É moi veloz. Ten as orellas redondas, bigote branco.Comen a carne dos animais que cazan.Normalmente, os pais ensinan as súas crías para captura-las presas. Ten os ollos bastante grandes e vivarachos. É moi fermoso comparado con outros animais.Parece que é un leopardo.A súa mirada é tranquilizadora.Vese que está sosegado.


Descrición

Esta paisaxe é moi fermosa. Ten un río con árbores ó redor. Ó principio do río hai unhas montañas con neve. Parecen que queren tocar o ceo. A auga semella estar fría e moi clara. A paisaxe é moi tranquila e sen vida animal. No río reflíctese todo o que está ó seu redor. O ceo está despexado. Ten os vales e as montañas nevados. Si me gustaría estar alí porque é moi bonita.


DESCRICIÓN

Este é o monte Everest. É o pico máis alto do Himalaya O monte Everest é o monte máis alto do mundo entero. Mide 8.848 metros de altura. Está situado sobre a fronteira do Nepal e mailo Tíbet en China. O seu clima é moi frío porque o Everest está situado nunha zoa moi alta. É o monte máis precioso do mundo.


A primavera Descrición : A primavera é unha estación do ano que trata sobre cores ,chuvia ,herba ,flores , bo cultivo ... Sempre leva as súas chuvias para tódolos cultivos ,flores , froitos ... Porque se non houbese chuvia en primavera xa non habería a primavera . -As cores As súas cores son moi destacadas sobre todo nas flores como o rosa ,vermello ,amarelo ,laranxa ,azul ,verde ... Tamén nas froitas destacan a cor como o verde ,vermello , amarelo ...En primavera se levan moito estas cores. -As flores As flores de primavera levan as súas formas tan especiais que son perfectas para levar a casa ,pero pola noite non se poden ter alí ,porque respira o noso osíxeno e morremos . -Os meses Tamén hai tres meses que levan a primavera que empezan co 20 de marzo ata o 21 de xuño onde remata a primavera. -As chuvias As chuvias de primavera son abundantes para os cultivos , flores ...Dan unha cor e unha legume moi boa . -Os cultivos Os cultivos podes telos en primavera ou en outra estación do ano pero os cultivos se fan mellor na primavera porque da unha boa legume . Nesta foto sae unha marabilla da natureza polas flores ,a auga... Isto se chama a estación da primavera .


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.