O HOME QUE TOCABA A FRAUTA CELESTIAL

Page 1

HOME QUE TOCA A FRAUTA CELESTIAL Hai moitísimos anos, ó pé das montañas Cinco Dedos, habitaba un pescador que tocaba moi ben a frauta.Tocaba tan ben que, ó escoitalo, os paxaros detíñanse en pleno voo,os campesiños que labraban a terra deixaban as súas aixadas, os anciáns rexuvenecían o seu rostro e os nenos saltaban de ledicia. Dicíase que só alguén que descendeu do ceo podería tocar así. Por iso a xente chamábao “home que tocaba a frauta celestial”.

Nunha ocasión, o home que tocaba a frauta celestial andou dez días e dez noites para pescar nunha praia. Precisamente nesa praia, o mesmo día que chegou o pescador, o rei dragón do Mar do Sur celebraba un banquete con oito mil invitados. Vestidos con roupas exóticas, os invitados divertíanse ó redor do dragón, que ía vestido cun cinturón de xade.


O home que toca a frauta celestial, que non sabía nada da festa tendeu a rede na superficie do mar apracible. Logo sentouse nunha pedra moi limpa a toca-la súa frauta de bambú. Nese instante, o rei dragón tiña a copa no alto para brindar cos seus invitados. De pronto oíu marabillosos sons. Todos e cada un dos invitados quedaron atrapados pola melodía e deixaron caer as súas copas. Tanto lle gustou o rei dragón o fermoso son da frauta que quixo que o virtuoso ensinara o o seu fillo a toca-lo instrumento. E, seguindo a dirección do son, logrou atopar o pescador e convencerlle de que fora o mestre do seu fillo. Entón o home recolleu a súa rede de pesca, suxeitou a frauta a cinta e seguiu o rei cara o seu palacio.


No palacio do rei dragón, o frautista botaba de menos o seu pobo. Habían pasado xa tres anos e o fillo do rei aprendeu a tocala frauta. Entón o home rogoulle o rei dragón que lle deixara volver a súa casa. Agradecido por todo o que lle ensinara o seu fillo, o rei quixo regalar algo ó frautista. De modo que chamou o seu fillo para que acompañara o músico o cuarto dos tesouros, pero coa condición de que so puidera escoller dúas cousas. O fillo acompañou o seu mestre ata o lugar, alto e ancho, onde estaban os centenares de miles de valiosos obxectos que formaban o tesouro do rei dragón. A este lado halábanse pedras preciosas de medio quilo de peso, vermellas, amarelas, azuis, violáceas...que competían en colorido, e brillantes. Alá víanse lingotes de resplandecente ouro, e na parede colgaban pequenos utensilios de bambú e no armario, capas para a choiva, longas e cortas.


O home deu unha volta polo cuarto , chegou a onde colgaban unas cesta de bambú e pensou : `` Con este utensilio no terei que preocuparme de onde gardar os peixes ´´ . Enton colleu un deses obxectos , nin grande nin pequeno e o suxeitou ó cinto. Deu outra volta e llegou a donde estaban as capas para a choiva . E pensou :``Con a capa podo ir á praia a pescar aída nos días de choiva e vento ´´ . E sacou unha capa , nin longa nin curta , para levarla . Con estes dous agasallos o home saíu de alí acompañado por o fillo do rei . Este preguntoulle : Por que escolliche cousas tan sinxelas entre montones contestoulle cun sorriso : – ouro e prata , perlas e pedras preciosas ? – O mestre contestoulle cun sorriso –

de

– O ouro e a prata non son as cousas mellores . Gástanse e vanse . Agora teño esta cesta de bambú e a capa para a choiva. Con elas , podo ir pescar tódolos días . Así nunca pasarei fame.


O home que toca a frauta celestial estaba convencido de que a cesta só servía para gardar peixes e camaróns,e a capa para resgardarse do vento e o auga. Nin se lle pasou pola mente que realmente foran dous tesouros. Dende entón, cada vez que sentía fame cando volvía da pesca, encontraba cá cesta de bambú estaba chea de cousas boas para comer. E, cando ía ó Mar do Sur para pescar,a capa levábao voando ata onde se propuxera. Un día, levando a cesta de bambú e a capa para a chuvia ,o home chegou ás montañas Cinco Dedos. Entón ,feliz,o home tocou a súa frauta e o seu son estendeuse por todo o firmamento e o mundo encheuse de ledicia.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.