colaboracións

Page 1

DO MEU PASO POLA NOSA BIBLIOTECA – Xacobo Casal Villares -

Hai un recordo que perdura en min por encima de calquera anécdota con máis ou menos graza: “A BIBLIOTECA”. Si, esa verba, ese concepto, ese grande universo, esa metáfora da vida se queredes, esta presente na miña memoria coa imaxe diáfana das paredes, andeis e libros da biblioteca do meu (do noso) estrañado Colexio Público de Cervo (hoxe CEIP). A primeira vez que entrei nela foi en cuarto de EXB, con Aurora como mestra. Aínda estaba situada no piso de abaixo, na parte antiga do colexio. Recordo que me enfadaba cando alguén me collía aqueles libros de astronomía que tanto me facían soñar e como a miña querida mestra tiña que soportar as miñas infantís protestas (- Jacobo, es un protestón!!! -). Recordo cariñosamente como con Olga e outros compañeiros tentamos facer e fixemos do mellor xeito que sabíamos e podíamos un libriño escrito a man que recollía as biografías de todos os homenaxeados nas letras galegas ata aquela data. Daquela os dicionarios enciclopédicos aínda tiñan algún sentido. “Un proxecto de investigación” con dez ou once anos sen que ningún mestre nos dixera nada (manda truco). Logo veu o ansiado Ciclo Superior. A visita á biblioteca convertérase nunha esixencia para as nosas mestras e mestres de lingua. María, Marisa e Antonio Mogo quixeron que aquela estancia fora para nos algo familiar cando para a maioría era aínda un espazo salvaxe por explorar. Moitos escapáronlle cos anos (moita folla e libro fero nun sitio tan pequeno supoño), outros visitárono cun guía como quen vai a un museo, outros quixemos ver nela un templo e elevar unha capela na propia casa. Desde ese intre foi cando decidín acadar tantos libros como me fora posible (funos lendo co tempo). A


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.