TRABALLANDO POLA PAZ A investigación e a reflexión sobre o estado da convivencia no noso centro escolar, o deseño de estratexias a adoptar para o fomento da Cultura da Paz e a millora do clima de convivencia escolar foi o punto de partida do OBSERVATORIO de CONVIVENCIA, un dos órganos colexiados do centro, no que están representados familias, profesorado e persoal non docente. No seno do Observatorio, despois de moitos análises e reflexións, é onde nace o PLAN de CONVIVENCIA, un instrumento destinado a facer do centro educativo un espazo para a aprendizaxe da resolución de conflictos e da convivencia democrática para toda a comunidade educativa.
Os obxectivos deste Plan están pensados para conseguir a millora das relacións persoais entre todos os membros da nosa comunidade educativa e o desenvolvemento dun entorno tranquilo e agradable que favoreza a promoción de valores de cooperación, solidariedade, educación para a paz, non discriminación e coeducación .
BIBLIOTECA CEIP DE CERVO
Dixo María Montessori: “ Sementade nos nenos ideas boas, aínda que non as entendan; os anos encargaranse de descifralas no seu entendemento e de facelas florecer no seu corazón”.
3o de xaneiro 2011 Día Escolar da Non Violencia e da Paz BIBLIOCERVO http://www.bibliocervo.blogspot.com/