Taekwondo FGT

Page 1

FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

11:02

PÆgina A1


10/05/2004

www.TaekwondoGalego.com

FGT4.0-2.qxd

23:20

PÆgina A2

Federación Galega de Taekwondo Complexo Deportivo de Elviña, Rúa Glasgow s/n. A Coruña 15008 Telf.: 981 13 04 87 Fax: 981 13 49 96 E-mail: FGTaekwondo@eresmas.com www.taekwondogalego.com

SUMARIO 1. Saúdo da Excma. C o n s e l l e i r a -E d i t o r i a l 3 . Competicións Técnica e Pumse, Exhibición e Combate.

9 . Info Federativa Calendario, Licencias.

12. Divulgación Historia do Taekwondo en Galicia.

17. Eventos Gala da Federación Española Dirección: Mercé Barrientos Redacción: Miguél Meilán, Chus Pereira, Juan Carlos Cainzo y Jose Manuel Fidalgo. Colaboran: Antonio Montes Hermida, Santiago Durán Soto y Juan Carlos López Eiriz. Diseño y Maquetación: Quique Alonso Fotografía: José Cid


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:22

PÆgina 1

SAÚDO DA EXCMA. SRA. CONSELLEIRA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO. s éxitos acadados polo taekwondo galego non son froito da casualidade ou do azar, detrás de cada medalla hai unha traxectoria vital e deportiva chea de ilusións e ledicias, pero tamén de esforzos e sacrificios. Así mesmo hai que destacar o labor eficaz e constante da federación galega, que traballa incansablemente a prol da promoción e a difusión do deporte, o que se traduce en metas e obxectivos e, por suposto, na publicación deste primeiro número da súa revista, que agardo se convirta nunha seña de identidade e no punto de encontro do taekwondo da nosa comunidade autónoma.

O

Nun intento de dar un decidido empuxe ó deporte galego, a Consellería de Deportes acaba de poñer en marcha un ambicioso plan de axudas para que os deportistas de alto nivel poidan dedicarse exclusivamente á consecución do seus soños e chegar ó máis alto. Trátase de facilitar e incentivar o deporte de elite e conseguir que a nosa Comunidade teña máis representación nos campionatos nacionais, internacionais e, en especial, nos Xogos Olímpicos. Doce de-

Editorial Q

uero aproveitar esta oportunidade que nos brinda a edición deste primeiro número de FGT www.taekwondogalego.com para dirixirme a tódolos aficionados, deportistas e profesionais do taekwondo galego e trasmitirlle-los mellores desexos para a etapa que acaba de comezar, que espero que estea chea de éxitos, tanto no plano deportivo como no humano. O novo equipo de traballo da Federación, co apoio de todos vós, intentará supera-las metas acadadas ata o momento, que non son poucas, e, con ánimos renovados, poñer todo o empeño para situa-lo taekwondo galego á altura que merece no ámbito deportivo estatal e internacional. Co lanzamento desta revista, sen esquecer outras iniciativas que se levarán a cabo a curto, medio e longo prazo, pretendese promociona-lo taekwondo e que se difunda o seu coñecemento por todo o territorio autonómico e en tódalas esferas. FGT convertirase sen dúbida nunha importante plataforma de difusión das novedades deste deporte, así como nun canal de referencia para coñece-las actividades federativas, resultados deportivos, etc. que esperamos que vos produza satisfacción a todos.

portistas da modalidade de taekwondo acaban de incorporarse neste programa e poderán beneficiarse xa dunha serie de beneficios laborais e educativos inherentes a esa condición. Por outra banda, sete dos doce deportistas terán acceso a unha bolsa deportiva individual coa que se pretende compensar a súa dedicación ó deporte de alto rendemento. Non cabe dúbida de que este programa supón un paso adiante na mellora da situación dos deportistas e é a miña vontade seguir traballando para que o deporte galego e os seus protagonistas -federacións, clubs e deportistas- acaden un xusto recoñecemento e a posibilidade de chegar máis lonxe e nas mellores condicións posibles. Pilar Rojo Nogueira Conselleira de Familia Xuventude, Deporte e Voluntariado

Quixera que esta publicación se convertira nunha ferramenta que consiga unir tódalas vontades para encamiñarnos cara un obxectivo común: impulsa-los valores que sustentan o noso deporte como o respeto, a humildade, o compañeirismo e a educación, o saber estar en todas e cada unha das circunstancias e foros nos que nos poidamos atopar. Estou convencido de que co traballo e a calidade dos nosos técnicos, deportistas e árbitros e co apoio dos entornos dos diferentes clubes manteremos o taekwondo no máis alto do panorama nacional. Non quero rematar sen expresa-las miñas felicitacións ó equipo de traballo da Federación Galega de Taekwondo sainte por tódolos seus acertos e, por qué non, polos seus erros, porque sen eles sería imposible mellorar. Sorte e boa temporada deportiva para todos.

Miguel Meilán Caballero Vicepte. de Comunicación da FGT

FGT 2004:

1


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:23

PÆgina 2


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:25

PÆgina 3

CADETES 2003 SADA, 29/03/2003 Competidor

Clube Categoria

TECNICA E PUMSE 2003 – ADULTOS SADA, 29/03/2003 Competidor Rey Silva, Patricia González Rodríguez, Elena Meilán Fernández, David González Rodríguez, Oscar Bernárdez Conde, Iago Meilán Fernández, Samuel González Rodríguez, Elena Patiño Nogueira, Miguel González Rodríguez, Oscar Paredes Millás, Francisco Matovelle Gómez, Mª Jesus Queiro Campos, Beatriz Vilas Breijo, María Bautista Maestre, María Meilán Fernández, David Tilve García, F. Israel

Club Categoria TAO TAO TAO TAO TAO TAO TAO PATIÑO TAO TAE PAR TAE PAR TAO TAO KIAP TAO DO YANG

Equipos Equipos Equipos Equipos Equipos Equipos

SUB-21 MOAÑA, 20/09/2003 Competidor

Clube Categoria

Benito Martínez, Eric ATHENAS Francisco Fervenza, Tamara PATIÑO Somoza Cabrera, Goretti Nat. SPORT Iriarte Sánchez, Alexis TAO Carregal Lamoso, Jose Antonio MAT’S Rica Taboada, Andrea TAO Santos Paz, Leticia PATIÑO López Filgueira, David TAO González Rodríguez, Patricia Nat. SPORT Abal Mauricio, André PATIÑO Hernández García, Estefanía GARRAPUCHO Sieira Rodríguez, Fco. Javier Nat. SPORT Queiruga Romero, Estefanía Nat. SPORT Romay Queiruga, Osiris Luis Nat. SPORT Casal Vidal, Manuel MACE SPORT

Mini Mosca Mini Mosca Mosca Mosca Gallo Gallo Pluma Pluma Ligero Ligero Super Ligero Super Ligero Medio Medio Pesado

TECNICA E PUMSES INFANTÍS VILAGARCIA, 04/10/2003 Competidor Iglesias Trigo, Marta Martínez Jalda, Lorena Cruz Santiago, Pablo Aspas Ponbal, Aitor Pérez López, Borja Ferrari Piñeiro, Lucia Loira Ramallo, Yaiza Santomé Santos, Adrián Alonso Calvar, José Carro Avendaño, Paula Álvarez Vidal, Vanessa Salse Batán, Alejandro De Dios Iglesias, Diego Abal Mauricio, Daniel

Club PATIÑO PATIÑO PATIÑO PATIÑO TAO PATIÑO PATIÑO PATIÑO PATIÑO PATIÑO NATURAL SPORT TAO TAO PATIÑO

XUNIOR 2004 SADA, 15/11/2003 Competidor

Clube Categoria

Rodríguez Carril, Iván MAT’S MINI Mosca Viñas Pesqueira, Marta MAT’S MINI Mosca Sampedro Pérez, Natalia TAO Mosca Mallo Fernández, Daniel MAT’S Mosca García Fernández, Bruno BELLAS KIM Gallo Alonso Alonso, Patricia BUDO CASTR. Gallo Cruz Souto, Agustín MAT’S Pluma Abalde García, lorena BUDO CASTR. Pluma Meilán Fernández, David TAO Ligero Rodríguez García, Olaya BUDO CASTR. Ligero Alvarez Matínez, David TAO Super Ligero Calvar Martínez, Carla MAT’S Super Ligero Alamancos Lamas, Nerea TAO Semi Medio Rascado Ríos, Fernando TAO Semi Medio Piñeiro Devesa, Lua OLIMPIC Medio Leima Blanco, Miguel OLIMPIC Medio Iglesias González, Carlota FITN. PODIUM Semi Pesado Fernández Iglesias, Benigno OLIMPIC Semi Pesado Arizaga Castro, Antonio José MAT’S Pesado

ABSOLUTOS 2004 VIGO, 21/12/2003 Competidor

Clube Categoria

Benito Martínez, Eric ATHENAS Somoza Cabrera, Goretti Nat. SPORT Mariño Torrado, Rebeca SUH SPORT Cortegoso Estonllo, M. Angel MACE SPORT Rica Taboada, Andrea TAO Carregal Lamoso, Jose Antonio MAT’S López Filgueira, David TAO Santos Paz, Leticia PATIÑO Andrade Baña, Erea TAO Bernárdez Conde, Iago TAO Sieira Rodríguez, Fco. Javier Nat. SPORT Queiruga Romero, Estefanía Nat. SPORT Romai Queiruga, Osiris Luis Nat. SPORT Iglesias González, Ruth FITN.PODIUM Ríos Castro, Jesus Manuel GARRAPUCHO

Mini Mosca Mini Mosca Mo sca Mosca Gallo Gallo Pluma Pluma Ligero Ligero Super Ligero Medio Medio Pesado Pesado

FGT 2004:

3

COMPETICION

Rodríguez Carril, Iván MAT’S Mini Mosca García Queirol, Pablo BUDO CASTR. Mosca Viñas Pesqueira, Marta MAT’S Mosca García Fernández, Bruno BELLAS KIM Gallo Sampedro Pérez, Natalia TAO Gallo Cruz Souto, Agustín MAT’S Pluma Abalde García, Lorena BUDO CASTR. Pluma Vázquez Cid, Adrian TAE PAR Ligero SOomoza Cabrera, Goretti Nat. SPORT Ligero Meilán Fernández, David TAO Super Ligero Martinez Calviño, Olga KWON Super Ligero Acha Vázquez, Daniel MAT’S Semi Medio Calvar Matínez, Carla MAT’S Semi Medio Irago García, Noelia TAO Medio Rascado Ríos, Fernando TAO Medio Prego Varela, TaniaI GARRAPUCHO Semi Pesado Lema Blanco, Miguel OLIMPIC Semi Pesado Arizaga Castro, Antonio José MAT’S Pesado Iglesias González, Carlota FITN. PODIUM Pesado

CAMPIONS GALEGOS 2003


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

10:20

PÆgina 4

Dous membros do equipo Mace Sport, campion de España de Exhibición Infantil.

Resultados nos Campionatos de España CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 21 E CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TÉCNICA INFANTIL En Outono do 2003 celebrouse en Castellón o Campionato de España Sub-21 no que a Selección Galega, dirixida por Miguel Cortegoso, J. Luis Martínez e Salvador Fontán, acadou doce medallas. O éxito foi rotundo, ratificando o relevo xeracional que está agardando para integrarse con garantías na categoría absoluta. Ademáis, celebrouse simultaneamente o Campionato de España de Técnica Infantil, no que Galicia demostrou unha vez máis a súa supremacía na categoría de Exhibición, obtendo o primeiro e segundo lugar os equipos Mace Sport e Patiño respectivamente, e deixando a moita distancia a tódolos equipos autonómicos rivais. Na categoría de Pumse obtiveron a Prata en tríos as rapazas do clube Patiño de Moaña.

www.TaekwondoGalego.com

COMPETICION

Castellón foi unha festa para o Taekwondo Galego, xa que se repartiron un total de 33 medallas. En Categoría Masculina: Peso Minimosca (-54), Éric Benito do Athenas de Vigo . . . . . . . . PRATA Peso Minimosca (-54), Ismael Amor do Suh de Boiro . . . . . . . . BRONCE Peso Galo (- 62), J. Antonio Carregal do Mat´s de Marín . . . OURO Peso Galo (-62), Germán Santos do Natural de Riveira . .BRONCE Peso Pluma (-67), David López do clube Tao de Vigo . . . . BRONCE Peso Superlixeiro (-78), Javier Sieira do Natural de Riveira . . . . . . PRATA Peso Pesado (+84), Manuel Casal do Mace de Pontevedra . .BRONCE En Categoría Feminina: Peso Mosca (-51), Rebeca Mariño do clube Suh de Boiro . . . PRATA. FGT 2004:

4

Peso Pluma (- 55), Andrea Rico do clube Tao de Vigo . . . . . . PRATA Peso Lixeiro (-59), Leticia Santos do Patiño de Moaña . . . BRONCE Peso Superlixeiro (-63), Patricia González do Natural de Riveira . . .OURO Peso Pesado (+72), Patricia Rguez do Moodukwan de Vilalba . .OURO En Exhibición: Equipo Galicia A (Mace-Sport) . . . . . . . . . OURO Damián Villanueva, Noemi Pazos, Manuel Barros, Alba García, Ibai Aguirre, Debora Madalena, Borja Ríos Cortegoso, Gabriel Pazos Luis Miguel Casal Equipo Galicia B (Patiño) . . . . . . . . . . . . . PRATA Daniel Abal, Andrés Martínez, José Alonso, Paula Carro, Aitor Aspas, Rubén Pena, Alex del Río, Sergio Palos, Adrián Santomé. Trío Caegoría A (Patiño) . . . . . . . . . . . . . . PRATA Lucía Ferrari, Yaiza Loira, Marta Iglesias CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TÉCNICA Celebrado en Cartaxena no mes de abril, a representación galega obtivo unha medalla de ouro na categoría Xunior, de mans da competidora Elena González. Clasificada para o Campionato de Europa celebrado en Córcega, acadou alí un meritorio 4º posto e o primeiro posto na Copa Ibérica de Técnica celebrada en Villarobledo (Albacete), demostrando que non só se lle dan ben o combate e a exhibición, senón tamén a competición de Pumse, co que pode ser considerada unha das deportistas máis completas da Federación Galega de Taekwondo. CAMPIONATO DE ESPAÑA SENIOR 2003 No Campionato de España Absoluto, celebrado no polideportivo da Mar Bella de Barcelona o xaneiro de 2003, a Selección Galega obtivo seis medallas, dúas de ouro e unha polémica prata de Miguel Cortegoso a quen, nunha controvertida decisión arbitral, deron como perdedor da final do peso Mosca contra Juan Ramos. Tras un intercambio de golpes dos copetidores, os siareiros galegos reclamaron a conta de protección e declaración de KO para Juan Ramos, pero o xuiz central otorgou-lle un minuto de recuperación por lesión, resultando este finalmente o gañador do combate.


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

10:21

PÆgina 5

As medallas foron para: En Categoría Masculina: Do Mace Sport de Pontevedra Miguel A. Cortegoso . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Do Mat´s de Marín José A. Carregal . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUNIOR 2003 No Campionato de España Xunior, celebrado en Fuengirola o pasado xaneiro de 2003, a Selección Galega, dirixida por Francisco Zas e Marco Carreira, deixou un moi bo sabor de boca e esperanza de que existe unha nova xeración de talentos garante de que nos vindeiros anos Galicia siga tendo o seu lugar nos podiums nacionais e internacionais. Obtiveron medalla once membros do combinado galego, que se proclamou Campión de España por Equipos.

En Categoría Masculina: Do Mat´s de Marín Agustín Cruz . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Do Bellas Kim de Cedeira. Bruno García . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Do Tao de Vigo. David Meilán . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Do Tao de Vigo. Fernando Rascado . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA En Categoría Feminina: Do clube Tao de Vigo. Natalia Sampedro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Do clube Tao de Vigo Noelia Irago . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Do Mat´s de Marín Marta Viñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Do Kwon de Betanzos Olga Martínez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Do Tao de Vigo Nerea Alamancos . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE

En Categoría Masculina: Peso mosca (-48), do Bellas Kim de Cedeira Bruno García . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Peso Galo (- 51), do clube Suh-Sport de Boiro Ismael Amor . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Peso Pluma (-55), do Athenas de Vigo Éric Benito . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Peso Lixeiro (-58), do clube Tao de Vigo David Meilán . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Peso Superlixeiro (- 63), do Podium de Vigo David Vidal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Peso Semimedio (-67), o Couto de Ourense Jorge Vázquez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Peso Semipesado (-78), do Patiño de Moaña André Abal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Peso Pesado (+78), do Mace de Pontevedra Manuel Vidal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA En Categoría Feminina: Peso Mosca (-44), do clube Tao de Vigo Natalia Sampedro . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Peso Pluma (- 49), do clube Tao de Vigo Elena González . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Peso Pluma (-49), do Natural Sport de Riveira Goretti Somoza . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Peso Lixeiro (-52), do Patiño de Moaña Tamara Francisco . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PRATA Peso Superlixeiro (-55), do clube Tao de Vigo Noelia Irago . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE 2003 No Campionato de España Cadete, celebrado en Cáceres o xuño de 2003, a Selección Galega, dirixida por Francisco Zas e Marco Carreira, deixounos cun sabor agridoce, xa que obtivo un total de nove medallas e cinco deportistas chegaron ás finais, o cal resulta todo un éxito, éxito que non puido ser culmi-

Membros do equipo Patiño, prata no campionato de España de Exhibición Infantil.

FGT 2004:

5

COMPETICION

En Categoría Feminina: Do Mace Sport de Pontevedra Luz Deiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Do clube Tao de Vigo Erea Andrade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . BRONCE Do Natural Sport de Riveria Patricia González . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO Do Moodukwan de Vilalba Patricia Rodríguez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURO

nado o perderen os deportistas galegos tódalas finais. Os medallistas deste campionato foron:


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

10:21

PÆgina 6

Seleccións Galegas no campionato de España de Combate Sub21 e de Técnica e Exhibición Infantil

¡AS SELECCIONS GALEGAS DE TAEKWONDO ACADAN 68 MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA 2003! As Seleccións Galegas de Taekwondo amosaron durante o ano 2003 o excelente nivel que teñen os taekwondistas galegos en todas e cada unha das modalidades e categorías de competición, acadando un abraiante total de 61 medallas en Campionatos de España:

SELECCIÓN GALEGA DE TÉCNICA (ADULTOS) 1 OURO (Categoría Xunior Feminina)

19 OUROS, 24 PRATAS, 18 BRONCES

SELECCIÓN GALEGA SUB-21 DE COMBATE 2 OUROS, 2 PRATAS, 6 BRONCES

Esta chuvia de medallas permitíu as diferentes Se leccións Galegas obter postos de podium por equipos en tódalas competicións oficiais de 2003. SELECCIÓN GALEGA DE EXHIBICIÓN INFANTIL: 9 OUROS (Equipo A), 9 PRATAS (Equipo B)

SELECCIÓN GALEGA CADETE DE COMBATE 5 PRATAS, 4 BRONCES SELECCIÓN GALEGA XUNIOR DE COMBATE 5 OUROS, 3 PRATAS, 6 BRONCES

SELECCIÓN GALEGA ABSOLUTA DE COMBATE 2 OUROS, 2 PRATAS, 2 BRONCES COPA DE S.M. EL REY 1 OURO, 1 PRATA, 2 BRONCES

SELECCIÓN GALEGA DE TÉCNICA (INFANTIL) 3 PRATAS (Categoría A)

www.TaekwondoGalego.com

COMPETICION

DEPORTISTAS GALEGOS NA COMPETICIÓN INTERNACIONAL Os deportistas galegos non quedan sastisfeitos coas medallas acadadas en competicións estatais, senón que buscan proxección internacional, tanto formando parte da Selección Española como levando o nome de Galicia polo mundo. Durante o 2003 estes foron os medallistas en competicións internacionais: Goretti Somoza Campiona de Europa Xunior en Atenas, Bronce no Internacional de Kazajistan Bruno García Ouro no Open de Bélxica Xunior André Abal Prata no Open de Bélxica Xunior Patricia González Bronce no Open de Bélxica Senior FGT 2004:

6

Ana Belén Fernández. Bronce no Internacional de Turquía Jorge Vázquez Ouro no Open de Marsella Xunior Eric Benito Ouro no Open de Marsella Xunior David Vidal Ouro no Open de Marsella Xunior Tamara Francisco Ouro no Open de Marsella Xunior Iván Ron Mirás Ouro no Int.Ciutat de Barcelona Crisanta Balado Prata no Internacional de Lisboa Elena González Prata no Internacional de Lisboa


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:28

PÆgina 7

COMPETICION

A Selección Española Xunior no Europeo de Grecia 2003.

Javier Sieira Prata no Internacional de Lisboa J. Antonio Ríos Prata no Internacional de Lisboa Rubén Alonso Prata no Internacional de Lisboa Beatriz Pérez Bronce no Internacional de Lisboa Xulio Blanco Bronce no Internacional de Lisboa Óscar González Prata no Cto Comunidad de Madrid Patricia González Ouro no Cto Comunidad de Madrid Javier Sieira Bronce no Cto Comunidad de Madrid

CINCO GALEGOS NO EUROPEO XUNIOR 2003 Durante o mes de marzo deste ano 2003 celebrouse o Campionato de Europa Xunior en Atenas (Grecia). A Federación Galega batíu un record histórico situando a cinco deportistas no equipo que representou a España nesta competición.

GORETTI SOMOZA FLAMANTE CAMPIONA DE EUROPA A deportista boirense Goretti Somoza acadou o soño de ser medalla de Ouro no pasado Campionato de Europa Xunior celebrado en Atenas en marzo de 2003. Goretti, que reside en Boiro e adestra no clube Natural Sport de Riveira, cumpríu así o seu soño e refrendou o alto nivel no que se atopa o Taekwondo Galego, que conseguíu situar a 5 deportistas galegos no campionato de Atenas. Convírtese así ela na punta de lanza dunha nova xeración acostumada a obter éxitos nas competicións estatais e que teñen como reto acada-los mellores resultados nas competicións internacionais. Despois deste rotundo éxito Goretti terá que voltar a traballar forte, pois ten novos e importantes compromisos que agardan neste ano 2004.

Bruno García (Bellas Kim), Éric Benito (Athenas), David Meilán (Tao), Jorge Vázquez (Couto) e Goretti Somoza (Natural Sport) estiveron concentrados tres semanas no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés realizando unha preparación intensiva para afronta-la proba europea. Alí compartiron adestramentos con outros deportistas galegos becados no CAR como J. Antonio Carregal, Iván Ron, Belén Fernández, Andrea Rica e Patricia Rodríguez. O período de preparación destes xóvenes deportistas foi unha dura experiencia, xa que alternaban sesións de adestramento (dúas ou tres diarias) coas tutorías dos seus cursos de ESO para non perder comba noutro aspecto moi importante da súa formación: os seus estudios. Tras esta dura proba chegaron os resultados, en forma de medalla de ouro acadada por un dos galegos integrantes da Selección Española, Goretti Somoza.

Goretti Somoza Ouro no Campionato de Europa de Atenas. FGT 2004:

7


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:29

PÆgina 8


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

13:26

PÆgina 9

¡TRES GALEGOS NO MUNDIAL XUNIOR 2004! Goretti Somoza, do Natural Sport de Riveira, xunto con Lúa Piñeiro do clube Olimpic de Vilagarcía e Daniel Mallo, do clube Mat´s de Marín, forman parte da Selección Española Xunior que se desplazará próximamente a Toulousse (FRANCIA) para prepara-lo próximo Mundial Xunior que se celebrará en Corea este ano 2004. Desexámoslles os mellores dos éxitos, que cumpran os seus soños e que traian a casa o metal polo que seguro están eles, os seus adestradores e a propia FGT a traballar arreo. ÁNIMO E ADIANTE

www.TaekwondoGalego.com

INFORMACIÓN FEDERATIVA

INFORMACIÓN FEDERATIVA

Dani Mallo, Lúa Piñeiro e Goretti Somoza.

FGT 2004:

9


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

1:47

PÆgina 10

NÚMERO DE LICENCIAS POR CLUBES 2003 A CORUÑA GARRAPUCHO KWONRON L.F. CLUB CULLEREDO VENTORRILLO CHITAE GYM KANG KWON TAEPAR BELLAS KIM NATURAL SPORT SUH SPORT LUAR UNIVERSIDAD STGO. MANIOTAS

LUGO 139 36 10 30 24 29 110 92 22 129 17 104 26 67

MOO DUK KWAN

164

OURENSE LEE TRABAZOS COUTO TAEBEK OLÍMPICO OLIMPIA

19 113 31 22 18 69

PONTEVEDRA MACE SPORT NUEVO SIGLO SUH PONTEVEDRA SQUASH

109 20 9 28

MAT´S PATIÑO DO YANG BUDO SPORT BUDO CASTRELOS FITNESS PODIUM KIAP TAO ATHENAS OLIMPIC PONTESPORT PRISMA KORYO EXCALIBUR COLEGIO BALAÍDOS KIDO SPORT

163 86 98 87 170 34 245 151 127 116 41 32 26 29 104 107

www.TaekwondoGalego.com

Con só 55 anos e víctima dun cancro co que loitaba dende hai tempo, faleceu Manuel Rotea, “Manolo”, director do clube de Taekwondo Athenas de Vigo. Rotea, excelente saltador de altura e adestrador de atletismo, iniciara a súa relación co Taekwondo no clube Budo de Vigo conseguindo o cinto negro e o título de adestrador. Posteriormente fundou clube Athenas de Vigo, na rúa Brasil, no que impartía clases Enriqueta Verdú e de onde sairían destacados deportistas galegos como Víctor Rodriguez e Judith Neira, ámbolos dous Campións de España en categoría Xunior. Desgraciadamente hoxe Manolo xa non está con nós, pero a súa integridade, paixón polo deporte e capacidade de loita deixa unha lembranza inesquecible para todos os que o coñecimos.

CAIXA NOVA 2080 0203 82 0040001092

FGT 2004:

10

+INFO

+INFO

FINOU MANUEL ROTEA, DIRECTOR DO CLUBE ATHENAS DE VIGO


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:32

PÆgina 11


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:33

PÆgina 12

Este artigo é posible gracias á axuda inestimable de D. Antonio Montes, D. Santiago Durán Soto e D. J. Carlos López Eiriz, todos eles memoria viva desta Federación.

Historia do Taekwondo en G a l i c i a N

a Galicia dos anos 70, nunha época marcada polas películas de artes marciais que comezaron a facer furor co incomparable Bruce Lee como protagonista, convertido no ídolo da xuventude, coñecíanse únicamente dúas artes marciais: o Kárate e o Judo (disciplina deportiva que era a única en dispor dunha Federación e que acollía a moitas disciplinas asociadas baixo o nome Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas). Os mestres coreanos que chegaron a Galicia tiveron que dar a coñece-lo Taekwondo (cun nome exótico de certo) e comezaron denominándoo "Kárate Coreano", para diferencialo da disciplina xaponesa que xa se coñecía aquí. Tamén se chamou "Kárate Volador" polas vistosas técnicas de perna e os saltos. Rápidamente foise popularizando e puido ser recoñecido polo seu nome propio: "Taekwondo". A difusión do Taekwondo foi favorecida pola escasez doutras modalidades deportivas que puideran practicarse de xeito dirixido (cun adestrador), nun recinto pechado, con comodidades como vestiarios e algunhas sofisticacións descoñecidas daquela como as "saunas".

www.TaekwondoGalego.com

As clases impartíanse nun ambiente de disciplina férrea, puntualidade absoluta,aseo corporal e do dóbok (sempre en perfectas condicións), respeto á xerarquía e, principalmente, ó mestre, autoridade

Moitos dos competidores galegos convertíronse en excelentes técnicos: O mestre Chang, de Vigo, con Antonio Montes, Luis Mediavilla, Mosquera, Alfonso Guedella, J.Luis Garrapucho, M. Ángel Trabazos e Carlos Ferrín “Charlie”.

FGT 2004:

12

absoluta dentro do ximnasio. Todo isto aderezado cunha curiosidade reverenciosa, gañas de aprender e ilusión, moita ilusión...

PIONEIROS O primeiro mestre en chegar a Galicia foi Yoon Yeo Bong no 1972 (actualmente reside no Canadá). Comezou as súas ensinanzas nun ximnasio de Vigo, logo en Pontevedra e, finalmente en Santiago, no ximnasio Yoon, que hoxe é coñecido como ximnasio Taepar. No ano 1974 instalaronse en Vigo, Ourense, Pontevedra e Coruña respectivamente os mestres Chang I Sung, Lee Dong Kyu, Suh Seung Yeul e Uh Soo Il. Foron istes os mestres pioneiros do Taekwondo en Galicia, ainda que durante os anos 80 proliferaron os ximnasios dirixidos por outros mestres coreanos: Yoon Young Kap, Kim Mu Won e Choi Yun Moom en Lugo, O mestre Mim en Monforte, O mestre Shim en Chantada, Nam Ku Kang e o seu irmán Yun Ku Kang en Ferrol Na Coruña, polos ximnasios KIM e UH pasaron un grande número de mestres que logo se estableceron noutros lugares: Lee Kyu Yun (Actualmente en Australia), Kim Jin Hak (Reside en Valencia), Uh Soo Won (Vitoria), Choi Kwon Sung (Estados Unidos), Park Ki Bu, Song Tae Hwan (Campeón do Mundo e adestrador da Selección Española no principio dos anos 80, reside actualmente en Canadá). Kim Cha (reside en Ponferrada), Kim Mam Bo (ainda reside na Coruña), Cho Sung Chang (falecido recentemente no Prat de Llobregat), Lee Dae Song (reside en Madrid), Kim I Kwan (sobriño do mestre UH da Coruña). O mestre Uh Soo il, director dos ximnasios KIM e UH da Coruña, ostentou durante varios anos o cargo de Seleccionador Nacional de Taekwondo dirixindo na Selección Española a deportistas que hoxe coñecemos todos: Benigno Lopez do Chang Do Kwan de Vigo, Antonio Montes, actualmente técnico en Vilalba, M. Ángel Trabazos, actualmente técnico en Ourense; Jesús Benito (quen acadou baixo a súa dirección o Subcampionato do Mundo en Sttutgard).


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:34

PÆgina 13

go que participou nos Xogos Olímpicos, alumno de Manuel Barreto. Belén FerO Budo, baixo a dirección de Santiago Durán, monopolizou os podiums galegos durante a década dos oitenta: Santiago Durán con J. Luis Álvarez, J. Carlos Costa, “Sindo”, Enrique nández, Subcampiona do Granada, José Cid, Francisco Tilve, David Fernández Saavedra, J. Sánchez e Santiago Souza. Mundo e Campiona da Copa do Mundo, alumna de Miguel Meilán. Marco Outros deportistas galegos daqueles anos convertí- Carreira, Subcampión de Europa, alumno de J. Luis ronse despois en excelentes técnicos que traballaron Garrapucho; Iván Ron, Bronce Mundial, alumno de e traballan con grande ilusión e axudaron ó asenta- Francisco Paredes mento e difusión do Taekwondo na nosa comuniMoitos outros non se atopan recollidos neste artigo dade: Juan Carlos Martinez en Betanzos e Malpica, por falla de espacio material, pero están nas lemCarlos Fraguela en Sada e na Coruña, Manuel Babranzas de todos e irán aparecendo a medida que rreto na Coruña, J. Luis Garrapucho na Coruña, recobremo-la nosa memoria xuntando os saberes Domingo Fernández en Cee, Lorenzo Luaces en de todos nós. Ferrol, Francisco Paredes en Santiago, Victor Lopez en Órdenes, Enrique Vázquez en Ourense, Juan C. Lopez Eiriz en Carballiño, J. Manuel Soto en COMPETICIÓNS Carballiño, J. Jose Diaz Mosquera, Miguel A. Torres e Miguel Cortegoso en Pontevedra. Alfonso No ano 1978 a Selección Galega alzouse co primeiro Guedella, Miguel Meilán, J. Luis Alvarez, Francisco título de Campións de España en Santander, título Orellana e Francisco Penín en Vigo, e tantos outros. histórico que hoxe xa empeza a ser habitual para os taekwondistas galegos, pero que daquela era unha Na provincia de Pontevedra estableceuse a finais xesta, habida conta do dominio catalán e madrileño dos 70 Santiago Durán Soto, quen pode ser considenas competicións estatais. rado un "visionario" e que dou un importante empuxe ó Taekwondo cun enfoque innovador, tremen- En 1980 celebrouse na Coruña o Campionato de das campañas publicitarias e contratos cos mellores España Absoluto, primeira competición estatal orcompetidores do momento para formar ós seus de- ganizada en Galicia. portistas. Da súa cadea de ximnasios BUDO saíron No ámbito autonómico, no que se celebraban magrandes deportistas como Santiago Souza, Luis ratonianos campeonatos nos que había que empeMediavilla, José Carlos Costas, Esperanza Meilán, zar a colocar tapices ás 7 da mañá e se recollía moiMarinela, María, Fernando Orellana e a práctica totas veces pasadas as 10 da noite, a década dos 70 foi talidade dos actuais adestradores de Taekwondo de amplamente dominada polo Ximnasio KIM da Vigo. Foi tamén o primeiro empresario de TaeCoruña, do que saíron salientables deportistas que kwondo que contratou a unha muller para impartir dominaron o panorama deportivo gañando con clases de Taekwondo, Keka Verdú, nunha época en asiduidade os Campionatos Galegos nas diferentes que a igualdade de oportunidades da muller no ámcategorías. A década dos 80 pertenceu por dereito ó bito do adestramento deportivo e máis no das artes clube BUDO, baixo a dirección de Santiago Durán, marciais nin se plantexaba. que acadou títulos autonómicos, en ocasións, en tóDeportistas que non poden ser esquecidos chegarí- dalas categorías. Posteriormente, na década dos 90, an despois de mans doutros técnicos galegos: habería un amplo dominio do clube TAO de Vigo, José Carlos Costa, Campion de Europa e Santiago rivalizando co Clube da Policía Nacional da Souza, Subcampión de Europa, alumnos de Santia- Coruña nas categorías xuvenil e xunior, e co Kiap go Durán. Francisco Zas, único taekwondista gale- que tiña un dos mellores equipos femininos.

FGT 2004:

13


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

1:47

PÆgina 14

A Federación Galega de Taekwondo xestouse a partir do ano 1986, tra-la formación dunha Comisión Xestora nacida en Vigo ó abeiro dunha reunión dos directorres de clubes con D. Marco Saila, quen foi durante moitos anos presidente da Federación Española de Taekwondo.

Pilar Gallego, campiona de España, e J. Carlos Costa, campión de Europa, xunto con Santiago Durán e o secretario da FG de Judo e DDAA, D. Obdulio Salido del Real, recibidos por Xerardo Fdez. Albor, Presidente da Xunta de Galicia. Santiago, 1982.

FEDERACIÓN O Taekwondo Galego pasou moitos anos, como xa se dixo, integrado na Federación Galega de Judo e DDAA, domiciliada na rúa Riego de Agua, na Coruña e presidida por D. Óscar Cacheiro Rocha e da que era Secretario Xeral D. Obdulio Salido del Real e Tesoureiro D. Enrique Cruz Martínez. O primeiro representante do departamento de Taekwondo foi o "Sr. Luis", D. Luis Armesto Castris, un dos primeiros galegos que acadaron o cinto negro de Taekwondo. Posteriormente D. Manuel Campos (o médico) axudoulle na tarefa de dirixi-lo departamento de Taekwondo da FGJDA.

D. Juan Carlos Martínez foi o encargado de lidera-los traballos da Comisión Xestora para a creación e rexistro na Secretaría Xeral do Deporte da Federación Galega de Taekwondo. Corría o ano 1989 e a FGT foi presidida por D. Juan Carlos Martínez ata o 2003 en que finalizou os dezasete anos de presidencia continuada.

A Tesorería da Federación Galega de Taekwondo foi ostentada por Dna. Dolores Clemente Blanco ("Doris") e, dende hai uns anos, por D. Luis Edreira Fraga. Na Secretaría estiveron D. Javier Otero del Valle, que proviña da Federación de Judo e D. José Manuel Fidalgo Legido, actual Secretario Xeral que nos aporta a súa experiencia federativa, pois provén da Federación de Tenis e do Consello Superior de Deportes. No ámbito da Administración hai que lembrar a Dna. Maricuca, Dna. María Maceiras, Dna. Esther Souto e, na actualidade, a D. Juan Carlos Caínzos.

Taekwondo en Ourense O Taekwondo chegou á Ourense no ano 1974 da man do profesor Lee Dong Kyu, no clube Lim creado por un surcoreano que chegara á provincia de Ourense para traballar como sexador nunha granxa de polos (Uteco) e que solicitaba un adestrador desta modalidade deportiva.

www.TaekwondoGalego.com

O profesor Lee continuou posteriormente a súa traxectoria dando clases no pavillón dos Remedios (antigo Francisco Franco) durante varios anos. Naquela época so había catro maestros de Taekwondo en toda a Comunidade Autónoma. Posteriormente chegaron outros maestros surcoreanos como Moon Han Seon (quen reside en Madrid na actulidade), e finalmente, os maestros Lee Kwon, Chon e Kimg. Pouco a pouco foise implantando a modalidade de mans de alumnos deste maestro que foron creando máis clubes en Ourense, Carballiño, Celanova, Rivadavia, Leiro... Entre os adestradores de Taekwondo destacados de Ourense pódense citarJuan Carlos López Eiriz (5º Dan), M. Ángel Trabazos (5º Dan), José Manuel FGT 2004:

14


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:36

PÆgina 15

Soto Dapena (5º Dan), José Manuel López Hermida (4ºDan), Enrique Vázquez Barredo (3º Dan), Daniel Losada Rial (3º dan) e Modesto González Arias (3º Dan). Os clubes existentes na actualidade son: Lim (Seoul) . . . . . . . . . . . . . OURENSE Lee . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURENSE Taebek . . . . . . . . . . . . . . . . . CARBALLIÑO Trabazos . . . . . . . . . . . . . . . . OURENSE Olimpia . . . . . . . . . . . . . . . . MASIDE Couto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . OURENSE Olimpico . . . . . . . . . . . . . . . CELANOVA Dende o ano 1974, no que na provincia de Ourense so había exhibicións, ata o 2004, o taekwondo divulgouse enormemente na provincia de Ourense, que conta na actualidade con máis de 100 cintos negros de Taekwondo e competidores de nivel autonómico, nacional e internacional. Na capital da provincia celébrase anualmente o Campeonato Internacional Cidade de Ourense e foi sede nunha ocasión do prestixioso Open de España de Taekwondo. Non desexamos despedir este pequeño apunte histórico que deberá de ser completado en vindeiras edicións desta publicación sen ter unha especial lembranza para tódolos que nalgún momento da súa vida fixeron do taekwondo o seu centro, se volcaron nel e traballaron con ilusión e entrega.

O Maestro Lee e un dos pioneiros máis recoñecidos da Comunidade.

As nosas desculpas por anticipado, porque seguro que olvidamos a moitas persoas, pero, para todas elas a nosa admiración e respeto. Gracias.

Os Mellores Dos Mellores Francisco Zas Couce, nado na Coruña e alumno de Manolo Barreto, adestrador do clube Sport Center, pode ser considerado o mellor deportista masculino na historia do Taekwondo Galego ata os nosos días. Ós quince anos tivo que marchar á Blume de Madrid para formar parte da Selección Española de Taekwondo, trasladándose posteriormente ó Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, no que residíu máis de dez anos. O seu historial é realmente abraiante, destacando entre os numerosos éxitos acadados por el ata o 2000: - Sete Campionatos e catro Subcampionatos de España Absoutos entre os anos 1991 e 2000 - Cinco Copas de S.M "El Rey" - O título de Campión de Europa Absoluto (Zagreb Croacia, 1994) - O título de Campión dos Xogos Mundiais (La Haya Holanda, 1993) - Dúas medallas de bronce nos Campionatos do Mundo de 1993 (Nova Iorque-EUA) e 1999 (EdmontonCanadá) A súa carreira deportiva tivo un brillante final coa participación no 2000 nos Xogos Olímpicos de Sydney. Dende 2001 ata 2002 permaneceu como Adestrador da Selección Española de Taekwondo. Coa súa volta a Galicia a bon seguro que o Taekwondo Galego, que per-

deu un dos seus mellores deportistas coa súa retirada, gañou un excelente técnico. Para todos os que o acompañamos durante estes anos foi un constante deleite pola súa mestría técnica e a paixón con que encarou tódalas súas metas.

Belén Fernández Valtuille, nada en Vigo e alumna de Miguel Meilán, adestrador do clube Tao, é, sen dúbida, a mellor deportista feminina na historia do Taekwondo Galego. Belén acadou en 1993 o seu primeiro título de Campiona de España, revalidando o seu título en 1994. Despois de remata-la carreirade Ciencias do Mar que estudaba en Vigo, aceptou a proposta de ingresar no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés co obxectivo de acada-lo título de Campiona do Mundo e participar nas Olimpiadas de Athenas 2004. A unión entre a súa calidade técnica excepcional e a súa claridade de metas permitíulle acadar no ano 2000 o título de Campiona do Mundo Universitaria, ó que seguirían durante o 2000 e 2001 o Subcampionato do Mundo en Jeju (Corea) e o título de Campiona da Copa do Mundo en Ho Chi Min (Vietnam). Tras permanecer inactiva durante parte de 2002 e 2003 a causa de graves lesións deportivas, véndose sen opcións de poder participar en Athenas 2004, decidíu que chegara o momento da retirada dunha vida deportiva plagada de éxitos.


FGT4.0-2.qxd

10/05/2004

23:37

PÆgina 16


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

1:50

PÆgina 17

Gala da Federación Española de T A E K W O N D O pasado mes de outubro de 2003 celebrouse en Castellón, coincidindo coa celebración do Campionato de España Sub-21 e Campionato de España de Técnica e Exhibición Infantil, a Cea de Gala da Federación Española de Taekwondo, na que se premiou a varios técnicos galegos.

O

Entre os premios destacou a concesión do 4º Dan honorífico a D. Miguel Meilán Cabaleiro e o 5º Dan Honorífico a D. J. Luis Garrapucho Cermeño e de D. J. Luis Álvarez Baptista polas súas traxectorias como adestradores.

1.

2.

Asemade, foilles otorgada a Medalla de Bronce ó Mérito Deportivo a D. Antonio Montes Hermida e D. M. Ángel Trabazos, cos que xa son tres os técnicos galegos que acadan esta distinción. A Cea de Gala da FET supuxo un momento de encontro para técnicos, árbitros e directivos galegos e doutras comunidades, o que foi aproveitado para establecer lazos de amizade, manter relacións deportivas e compartir iniciativas e opinións.

3.

Esta Gala da FET servíu tamén a modo de presentación da nova directiva da Federación Galega de Taekwondo, nomeada en xullo de 2003 e que asistíu ó primeiro evento estatal do seu mandato.

www.TaekwondoGalego.com

1. Técnicos, árbitros e directivos da Federación Galega de Taekwondo. De esda. a dta. Don Juan Carlos Martínez, Don J. Carlos López Eiriz, Don Francisco Tilve, Don Jesús Benito, Don Modesto González Arias, Don Miguel Meilán Cabaleiro, Dona. Mercé Barrientos Varela, Don José Luis Álvarez Baptista, Don José Luis Garrapucho e Don Antonio Montes Hermida.

2. Don Antonio Montes recibindo a Medalla de Bronce ó Mérito Deportivo. 3. Don Miguel Meilán Cabaleiro recibiendo el 5º Dan Honorífico de manos de Juan Carlos Martínez 4. Don José Luis Garrapucho recibindo de mans de Don Juan Carlos Martínez o 5º Dan Honorífico. 5. Don José Luis Álvarez recibindo de mans de Don Antonio Toledo o 5º Dan Honorífico.

5.

4.

Entradas a venda nos ximnasios: Natural Sport (Riveira) Couto (Ourense) Tao (Vigo)

FGT 2004:

17


FGT4.0-2.qxd

11/05/2004

0:27

PÆgina 18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.