FILOSOFÍA PARA NENOS/AS CON "EL DÍA EN QUE LOS CRAYONES RENUNCIARON"

Page 1

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Día Internacional contra a Violencia de Xénero Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro El día que los crayones renunciaron de Drew Daywalt e Oliver Jeffers.

Ilustración 1: Portada do libro

Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html

Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •

Conceptualización: dar exemplos e contraexemplos. ◦ Lemos as cartas da cera laranxa e a amarela. ▪ Por que están enfadadas as ceras? ▪ Para que outras cousas se pode usar o amarelo? E o laranxa?

Investigación: imaxinar causas do enfado da cor rosa con Duncan. ◦ Antes de ler a carta da cera rosa. ▪ Pensamos. Cal é o motivo polo que a cera pode estar enfadada con Duncan?

Conceptualización: agrupar e clasificar. ◦ Amosamos diferentes debuxos sen colorear. ▪ De que cor pintarías ti cada un?

Que tema/concepto/valor estarei traballando? •

Autenticidade: ser honesto/a nas respostas. ◦ Lemos a carta da cor rosa. ▪ Por que está enfadado? ▪ E por que pensas que Duncan nunca escolle a rosa? ▪ E por que o rosa é de nenas?

Páxina 1 de 3

05/11/18


▪ Cal é a cor dos nenos, entón?

Avaliación figuro-analóxica Servíndonos de novo de pictogramas, comezaremos un breve diálogo final onde reflexionemos sobre a sesión. A folla de pictogramas e as preguntas avaliadoras pódense ver nesta ligazón: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/11/a-avaliacion-figuroanaloxica.html

Rexistro do diálogo Ao non dispoñer de gravadora de sons, utilizaremos para rexistrar as sesións a aplicación Android Easy Voice Recorder ou realizaremos anotacións nunha libreta.

Organización espacial e temporal Levaremos a cabo a sesións nas 5 aulas de EI adaptando as preguntas ao desenvolvemento e características de cada grupo-clase. Usaremos a zona que serve de asemblea en cada aula.

Desenvolvemento das sesións 1. Comezaremos colocándonos en corro, de tal maneira que nos vexamos todos/as mutuamente. 2. Lerei o conto ata o punto indicado. 3. Iniciaremos o diálogo lembrando antes as normas do mesmo e usando as preguntas antes comentadas (véxase anexos). 4. Remataremos de ler o conto. 5. Pasaremos, logo, á avaliación figuro-analóxica. 6. Remataremos coa representación gráfica.

Bibliografía consultada •

DAYWALT, D. e JEFFERS, O. (2014): El día que los crayones renunciaron. México: Fondo de Cultura Económica.

SÁTIRO, A. (2012): Jugar a pensar con niños de 3 a 4 años (Proyecto Noria). Barcelona: Octaedro. + INFO: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/

Páxina 2 de 3

05/11/18


ANEXO I Preguntas para a 1ª sesión •

Lemos as cartas da cera laranxa e a amarela. ◦ Por que están enfadadas as ceras? ◦ Para que outras cousas se pode usar o amarelo? E o laranxa?

Antes de ler a carta da cera rosa. ◦ Pensamos. Cal é o motivo polo que a cera pode estar enfadada con Duncan?

Amosamos diferentes debuxos sen colorear. ◦ De que cor pintarías ti cada un?

Lemos a carta da cor rosa. ◦ Por que está enfadado? ◦ E por que pensas que Duncan nunca escolle a rosa? ◦ E por que o rosa é de nenas? ◦ Cal é a cor dos nenos, entón?

Páxina 3 de 3

05/11/18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.