Month of poetry

Page 1

TÍTULO: THE MONTH OF POETRY NIVEL EDUCATIVO: 6º Educación Primaria RECURSOS NECESARIOS: Ordenador, internet, google drive, EDI, blogger e issuu CONTIDOS A TRATAR: 

A pronunciación de palabras mediante o uso da rima.

O pasado simple: verbos regulares e irregulares.

Uso de léxico traballado en cursos e unidades previas.

Identificación e uso dos aspectos máis importantes para escribir un poema

Identificación e manexo das ferramentas básicas que ofrece o xerador de textos de google drive.

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA LEVALA Á PRÁCTICA: Como xa se explicou na tarefa de GOOGLE DRIVE, os alumnos e alumnas en parellas ou grupos de 3, tiveron que escribir e ilustrar un poema a través desta aplicación. Para esta actividade o docente creará un documento novo de google drive para traballar de xeito colectivo cos alumnos e alumnas e unificar os poemas xa escritos nun único documento. Desta vez, cada parella ou grupo (seguindo unha orde establecida na clase) fará uso dos seus coñecementos sobre o procesador de textos e irá incorporando o seu poema ao novo documento xerando así un libro recompilatorio. Unha vez incorporados todos os poemas pedirémoslle a un grupo que revise o formato final. Despois o profesor/a converterá o documento final en PDF publicarao en issuu para posteriormente compartilo no blog de aula.

e


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.