J. Vilamoure
ZUMBA E VAI Zumba e vai, zumba e ven, unha abella, e outras cen.
Zumba á dereita, zumba á esquerda, a capitá é a máis vella.
Zumba á esquerda, zumba á dereita, saquiños de pole fan a colleita.
Zumba arriba, zumba abaixo, moitos ovos no refaixo.
Zumba e vai, zumba e ven, a raíña xa ten mel.
2
O CABALIÑO DO DEMO O cabaliño do demo na auga estase a mirar, pensa que é o máis guapo, de elegancia natural! Voa que voa na charca, baila que baila campal, xira que xira no aire, mil viravoltas dá,
fachendoso do seu porte e do seu corpo lanzal.
Que fermosos os meus ollos!, que fermoso o meu voar!
Azulado é o meu ventre, miñas ás son de cristal. Non hai no mundo enteiro quen se poida comparar.
3
O cabaliño do demo crese Adonis do lugar. Bule arriba, bule abaixo, voa, voa sen parar.
Mira de esguello o camiño, non veña un vello pardal que pape dun só bocado a tan esguío galán.
4
A LÚA VAI DE VODA Alumean os vagalumes as beiras dos camiños, pois anda buscando a lúa os pendentes de zafiro que poñerá na voda dun luceiro veciño.
Xa ten preparado o traxe de convite tan notable: só lle faltan os pendentes (vaia mágoa, que carraxe!!):
Unha preciosa blusa de tul; de seda suave, unha saia; de satén, a enagua azul; de coral, algunha alfaia.
Vaites, Lúa,! Lúa, vaites! que xa chega a mañanciña, non busques máis os pendentes, nin poñas de encaixe a mantilla,
pois, con tantos adobíos, vas parecer a madriña!!
5
O GRILO Canta o grilo na tardiña, cando empeza a refrescar, todo o día matinando o repertorio do serán, un concerto moi variado, un concerto singular: de primeiro, fa do re, de segundo, la sol mi, pero o grilo, cando canta, só escoita gri, gri, gri.
É un problema de garganta, de catarro ou algo así, sempre fun un gran cantante desde o día que nacín.
Afina a voz e comeza, o tenor do negro traxe,
tose, tose e gargarexa, saca o violín da equipaxe.
6
Soa a música do vento, empeza o grilo a cantar: de primeiro, fa do re de segundo, la sol mi, e no aire só se escoita a canción do gri, gri, gri.
Canta o grilo na tardiña cando empeza a refrescar,
mañá será outro día e volvereino intentar. Soña o grilo cos aplausos na Scala de Milán.
7
A ARAÑA TECEDORA Unha araña tecedora, tece que tece ata a aurora. Non é unha araña calquera, é unha araña moi boa: fai abrigos e bufandas, para mosquitos e moscas, e para insectos prendidos na tea agarimosa. Marchan guapos e abrigados da casa da tecedora. Famosa é no mundo enteiro por seguir moi ben a moda.
Fai viaxes a París,
vai e ven canda a cegoña , non perde ningún desfile, aínda que neve ou que chova. Que brocados, que veludos, que damascos, que organdís!!
Que cachemiras, que angoras, que vestidos tan sutís!
8
Colle a maleta e regresa da cidade dos desfiles, cando chega á sua casa, xa ten clientes a miles.
Pero, que come esta araña, esta araña tecedora? Non ten problemas de fame, pois desde nova xa sabe que comer con elegancia vennos a todos de Francia. E que unha araña glamurosa non come calquera cousa, que é costume moi sano volverse vexetariano
9
SALMANTESA, PON A MESA! Salmantesa, pon a mesa, que xa queremos comer! Ando moi ocupada e non a podo poñer, que a poña o salmanteso, non ten nada que facer. O salmanteso non quere, e protesta alporizado: Agora estou vendo o fútbol, (non ten tempo, coitado!) que a poña a salmantesiña que xa está na cociña! (cras, catacrás, cras) Caéronlle ao chan os pratos á pobre salmantesiña, escacharon en mil anacos pois aínda é moi noviña. Salmantesa, pon a mesa! Non hai mesa que poñer! Imos mirar o fútbol, por ver se nos pode manter.
10
CANTA O CUCO... Canta o cuco no carballo cando se acende a mañá: Cu cu Cu cu Concentrado mira ao ceo, non quere perder o compás, e moi cuco respondeulle cantando o paspallás: Pas pas Pas pa llas Ante tan musical conversa, chega o xílgaro afinando, tanto se esmerou cantando e tan belos trinos logrou, que outras aves cantoras aplaudían ao seu carón. Marcha o cuco, peteiro baixo, detrás vai o paspallás Paspacú cucupás cucopaspa
Pascullás
11
NON TEN NOME O VAGALUME Non ten nome o vagalume, seu pai non llo quixo poñer. Tristeiro alumea á tardiña, non ten ganas de comer. Logo se achegan os cativos arredor, que o queren coller, entre berros escoitábase: Coco de luz! Vella do caldo! Lucecú! Velliña da cea! Coroceiro! Ferriño! Lucerna! Non ten nome o vagalume, seu pai non llo quixo poñer.
12
O PAVO PAVÓN O pavo, pavón, pavonea no curral, ten cara de mal xenio non saúda na mañá. Co papo sempre engurrado ninguén se senta ao seu lado pois ten aires de marqués de moi alta alcurnia nado. Pavonea o pavo pavón, lento abre o seu abano, mil ollos de mil cores miran a todos lados. Marcha de aí, pavo, pavón, non sexas maleducado, fachendeas con tantas cores que nos deixas abraiados! Pero cando o pavo pavonea, pavonea o pavo, pavón, sen decatarse deixa o cu de cara ao sol
13
A LÚA Fachendosa está a lúa da súa beleza sen par escintilantes luceiros loitan por a cortexar. Mírase de esguello nas fontes, e nos lagos e nos ríos, por onde queira que pasa vai deixando amoríos. É tan fermosa a lúa, de tan grande donosura, que non atopa un noivo que estea á súa altura. Ai, que bonita é a lúa, ai, que lúa tan feitiña, ai, que non atopa noivo, ai! que queda solteiriña.
14
O SAPOCONCHO
Devagar, devagariño fai o sapoconcho camiño. Caviloso, precavido,
todo o tempo vacilando, vai sopesando o perigo dos pasos que vai dando, non tropece cunha pedra e volva cara atrás rodando.
Lento pero seguro - fala entre si o animal aínda queda todo o día para chegar ao festival.
Paseniño, paseniño, fai o sapoconcho o camiño. Por fin chega, é o primeiro que se chanta no terreiro. O pobre non se decata
que pasou un ano enteiro!
15
MOSQUITO
Mosquito Larpeiro Picador Toureiro Agora ves agora vas zugas zugas sen parar Agora ves
agora vas agora volves empezar Non te engaĂąan os capotes que te queren aplastar.
Non tĂŠs medo, mosquito toureiro!
16
O ESCARAVELLO O escaravello, fedello, ten un espello para ver se os dentes estรกn relocentes despois da panzada de patacada O escaravello, pentello, agarima o seu trebello.
17
CARRICANTA Que lle pasa á carricanta que no solpor xa non canta? Ten un nó na garganta desde que se levanta, estridente carraspeira
espállase pola eira. Espirra, tose, moquea, enferma quedou na cama, agarda polo doutor que lle cure aquel catarro con menciñas e xaropes que lle faga o boticario. Chega o doutor e receita un dedil de mel de abella para facer gargarexos no almorzo e máis na cea. Xa se escoita á chicharra
cantareira baixo o chan, chirrí chirrí, dille ao vento nos solpores do serán.
18
A VODA DA CASCUDA Anda a cascuda preocupada coa faena da súa voda non quere levar traxe negro en tan singular cerimonia Ela quere un branco tecido
na saia e no corpiño un suave veo de tul alfinete de zafiro Non atopa a cascuda o tan desexado traxe Non se rende, é teimuda, probará con outro xastre Fabricou o verme de seda a tea máis elegante con ela fixo un vestido para lucir triunfante Vai de branco a cascuda
na cerimonia da voda Vai de branco, por teimuda, teimuda a noiva cascuda.
19
O MILPÉS Vai o milpés cavilando camiño cara a aldea. (un, dous, tres, catro) A lúa, fogaza de pan. alumea a estreita vereda, (cinco, seis, sete, oito) Escintilantes estrelas chiscadelas fan entre elas, pois coñecen desde hai tempo o segredo do milpés: só sabe contar ata oito e ten que empezar outra vez. Non é un problema, amiguiñas, no vivir de cada día, pero levo un apuro moi grande cando vou á romaría pois quero zapatos novos para lucir ese día, non sei cantos pares pedir ao entrar na zapataría.
20
Despois de moito buscar, dá coas botas que quería, pero con tanto amalló tardou ata o outro día.
Vai o milpés cavilando de camiño cara a aldea, (un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito) Silandeiros, os vagalumes, acompañan a travesía, ten Milpés zapatos novos mais non chegou á romaría.
21