PROXECTO DOCUMENTAL CURSO 15 /16 3º e 4º de EP ALUMNO/A: ……………………………………………………………………………………………
ILLAS CÍES DESCRICIÓN As Illas Cíes son o maior tesouro da ría de Vigo: Un incrible Parque Nacional MarítimoTerrestre e un dos lugares máis fermosos do país, por iso é polo que os romanos puxéronlles o nome das illas dos deuses. As illas Cíes, pertencentes ao municipio de Vigo, forman un arquipélago situado na boca da ría do mesmo nome, nas Rías Baixas galegas, na Provincia de Pontevedra (España), formado por tres illas: Norte ou Monteagudo, Do Medio ou do Faro e Sur ou San Martín. As dúas primeiras atópanse unidas artificialmente por un dique e naturalmente polo areal da Praia de Rodas. Distan aproximadamente 14,5 km da cidade de Vigo. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia creado en 2002. En febreiro do ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas como «a mellor praia do mundo». En novembro do ano 2013 o Concello de Vigo iniciou os trámites para que as Illas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade.
Debuxa un mapa de Galicia e sitúa no Océano Atlantico as Illas Cíes:
Se se sobrevoa o arquipélago de Cíes faise patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, a orientada ao océano, onde os abruptos cantís elévanse máis de 150 metros, e a cara leste, que mira á ría de Vigo e toca ao mar coa area das súas praias. Destaca o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e o Lago dos Nenos (hoxe O Lago), onde unha fráxil pradería subacuática de zostera (planta con flor acuática) serve de refuxio de cría a peixes e outros animais acuáticos. Outrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural, desde a época dos castros ata as ruínas de mosteiros e poboados máis actuais. A illa de San Martiño, que mantén as ruínas da súa fábrica de salgadura e dun muíño de auga, esconde a súa acantilada costa tras unha impenetrable matogueira. O illote Boeiro, do mesmo xeito que a costa acantilada do arquipélago, é o escenario de cría de aves mariñas. Busca imaxes aéreas das Illas Cíes e pégaas aquí:
O tesouro ecolóxico de Cíes Desde a ría de Arousa ata a ría de Vigo, o Parque Nacional Illas Atlánticas vai encadeado de illa en illa conformando un incrible Parque Nacional Marítimo-Terrestre, un paraíso natural de cantís escarpados e fondos mariños protexidos de riqueza excepcional. O Parque Nacional ten o seu principal reclamo nas Illas Cíes, un arquipélago no que están representados todos os sistemas naturais ligados a zonas costeiras e plataformas continentais da rexión eurosiberiana. Matogueiras, dunas, praias, fondos mariños…, todo crea un impresionante mosaico natural con máis de 200 especies de algas entre as que habita unha gran diversidade de peixes, moluscos e aves mariñas que aniñan nos cantís das Cíes. Debuxa o fondo mariño das Illas Cíes tal e como ti o imaxinas:
FLORA A matogueira componse fundamentalmente de especies autóctonas, como o toxo, a xesta, a esparragueira, o torvisco ou a xara. O bosque é o que sufriu as maiores alteracións, pois desapareceron especies autóctonas como a figueira e outras como o rebolo quedaron reducidas a áreas moi pequenas, ao repoboar con piñeiro e eucalipto case unha cuarta parte da superficie do parque. Os ventos fortes con alto contido en sales dificultan o desenvolvemento das árbores. Nas dunas, praias e cantís destaca a presenza da armeria (Armeria pungens), coñecida en toda Galicia como herba de namorar, en perigo de extinción, e unha importante cantidade de camariñas (Corema album) que ademais son as únicas no sur de Galicia. Na zona da lagoa atópase vexetación típica de marismas, como os xuncos.
COMPLETA O TEXTO: A …………………………………... componse fundamentalmente de especies ……………………..., como o toxo, …………………………………………………………………………………………… Desapareceron especies autóctonas como a …………………………………. e outras como o ……………………………………….. quedaron reducidas a áreas ………………………….., ao repoboar con ………………………………………………... case unha cuarta parte da superficie do parque. Os ……………………………………………. con alto contido en ……………………………... dificultan o desenvolvemento das …………………………………….. Nas ……………………………………………………………………………………….. destaca a presenza da ………………………………………………..., coñecida en toda Galicia como herba de namorar, en perigo de extinción, e unha importante cantidade de ………………………………… (Corema album) que ademais son as únicas no ……………………………………………………………………….. Na zona ………………………………………. atópase vexetación típica de marismas, como os ……………………………………………………... Busca no dicionario o significado das seguintes palabras: autóctona e marisma: ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………… ............................................................................................................................................................................ ............................................................................................................................................................................
Busca imaxes das prantas destacadas no texto anterior e pégaas aquí (tamén podes debuxalas). Ponlle os nomes.
Busca información sobre unha das prantas anteriores:
………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………... ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………........ ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………...
IMAXES/DEBUXOS:
FAUNA As gaivotas patiamarelas constitúen a colonia máis grande do mundo e é a especie dominante en Cíes. Séguea o corvo mariño cristado e a gaivota escura. En 1960 censáronse 400 parellas de arao ibérico, que na actualidade atópase case extinguido nas illas. Hai outras moitas especies de aves rapaces, pombas torcaces, pardelas, alcatraces, tórtolas, paxaros carpinteiros e outros paxaros de diferentes clases, que nidifican en árbores e cantís. Así mesmo, numerosos e variados tipos de aves invernan ou descansan nas súas viaxes migratorias. No Alto da Campá (Illa do Faro) e no Faro do Peito (San Martiño), existen observatorios ornitolóxicos. Tamén hai na Illa do Faro unha aula da natureza. Coello, ourizo e lontra son os únicos mamíferos silvestres con certa presenza actualmente. Tamén hai ratos de campo, musarañas e morcegos, así como algunhas outras especies de pequeno tamaño e en menor cantidade. Réptiles, representados por diferentes tipos de lagartos, lagartixas e culebras; anfibios (en menor medida pola escaseza de auga), como píntegas e sapos, e invertebrados como os carafio, escaravellos, arañas e bolboretas acaban completando a fauna das illas.
Completa a táboa cos animais que aparecen no texto AVES
MAMÍFEROS
RÉPTILES
ANFIBIOS
INVERTEBRADOS
Vida e fondos mariños A zona submariña que rodea Cíes forma un dos ecosistemas máis ricos da costa galega. O máis destacable é un importante bosque de algas pardas. O perímetro das illas ten diferentes tipos de contornas: os cantís, expostos á forte oleaxe, están poboados por percebes e mexillóns. Na súa parte submariña, moi pedregosa, pódense atopar nécoras, centolas, bogavantes e polbos. Nas praias das zonas máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como rodaballos, sollas e linguados. As zonas rochosas pero protexidas do interior das illas están poboadas por verdadeiros bosques de anemones e numerosos ourizos de mar. Habitualmente as augas que rodean as Cíes son visitadas por golfiños, baleas e tartarugas mariñas. O sistema de circulación de augas que entran e saen das rías galegas e a mestura de auga doce e salgada favorecen a concentración de nutrientes e microorganismos que supoñen fonte de alimento ao resto das especies mariñas. Pódese observar tamén nestes fondos mariños restos arqueolóxicos. Debuxa algúns dos animais que viven nos fondos mariños das Cíes:
COMPLETA: Habitualmente as augas que rodean as Cíes son visitadas por ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………... Os cantís, expostos á forte oleaxe, están poboados por…………………………………………….. Na súa parte submariña, moi pedregosa, pódense atopar …………………………………………………………………………………………………….. Nas praias das zonas máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como ………………………………………………………………………….... As zonas rochosas pero protexidas do interior das illas están poboadas por verdadeiros bosques de ……………………… e numerosos …………………………………………………………………... O sistema ………………………………………………………. que entran e saen das rías galegas e a …………………………………………………………………… favorecen a concentración de ………………………………………. e ……………………………………………. que supoñen fonte de alimento ao resto das especies mariñas.
Debuxa os animais que visitan as costas das Illas Cíes:
HISTORIA Desde a antigüidade, os homes visitaron e habitaron as Illas Cíes. Por alí pasaron os romanos, deixando restos como un anel de ouro, así como ánforas, cerámica e diversos útiles que se expoñen hoxe no Museo de Pontevedra. Na Idade Media foron habitadas por monxes de diversas ordes. Desta ocupación das illas quedan como proba os mosteiros de San Estevo na Illa do Faro e de San Martiño na illa do seu nome, así como unha fábrica de salgadura sobre cuxos restos actualmente hai construído un restaurante. Pola súa proximidade á cidade de Vigo, o arquipélago era frecuentemente atacado e usado como base de operacións por piratas turcos e normandos, así como armadas invasoras, por exemplo a inglesa, comandada por Francis Drake que arrasou as poboacións da Ría de Vigo. Esta situación dura ata o século XVIII, o que acaba producindo o seu despoboamento. A mediados do século XIX constrúese o primeiro faro na Illa do Medio, que acaba chamándose Illa do Faro. Nesa data as illas xa volvían estar poboadas por algunhas familias do Morrazo que se dedicaban á pesca e á gandería ovina e caprina. Nos anos sesenta as illas despoboanse de novo, esta vez definitivamente. Nos anos setenta e oitenta comezan a ser utilizadas como destino de descanso. As Cíes poden tamén testemuñar o afundimento de pesqueiros que en moitas ocasións saldáronse coa perda de numerosas vidas. En Punta da Galeira unha cruz lembra o afundimento do Ave do Mar de Moaña, que ocorreu en 1956 e arroxou o terrible saldo de 26 tripulantes mortos. Investiga sobre Francis Drake:
……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………................................................................................................. ................................................................................................................................ ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………
Investiga sobre os faros: ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… …………………................................................................................................................. .................................................................................................................................... ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… ………………………………………………………………………………………………………………………………… Fai o debuxo dun faro famoso de Galicia:
PARABÉNS
POLO TEU TRABALLO!!
XA ES UN EXPERT@ NAS ILLAS CÍES!!