UN ACORDO LUMINOSO

Page 1


ESCRIBIRON E ILUSTRARON: 3º de EP

4º de EP

Álvarez Fariñas, Pedro

Abalde Freire, Nicolás

Álvarez Rodríguez, Daniela

Alonso Comesaña, Rubén

Amorín Paz, Antía

Carrasco Molares, Miguel

Barcala Costas, Candela

Castroseiros Vila, Lucía

Bastero Ramos, Pablo

Docampo Carbajal, Andrea

Bastos Míguez, Mario

Faro Lameiro, Sofía

Bazarra Moldes, Uxía

Fernández Lorenzo, Daniel

Blanco Fernández, Alejandro

Fernández Meléndez, Gustavo Alejandro

Buyo Rodríguez, Sandro

Figueiras Alonso, Roi

Camargo Vieira, Ana Sofía

García Riobó, Anxo

Conde Villar, Noa

González Braña, Sonia

Fernández Alonso, Nerea

Herrera Díaz, David

Fernández Gregorio, Anxo

Ignacio Alonso, Denís

Fernández Lorenzo, Noa

Lamas López, Lía

García Tourón, Alba

Martínez Costas, Nerea

Godoy De la Torre, Igor

Montero Posada, Estela

González Durán, Ana

Montero Salcidos, Ania

González Pérez, Noa

Nuño González, Eva

Pérez Filgueiras, Lois

Posada Álvarez, David

Piñeiro Agulla, Teo

Puente Montes, Lara Shu

Rodríguez Brito, Mónica

Rodríguez Moreira, Alexandre

Rodríguez González, Joel

Soler González, Celia

Rodríguez Pereira, Iván

Teijeira Olivier, Sara

Villar Anido, Miguel Antonio Villar Bernárdez, Noé


Hai moitos, moitos anos, habĂ­a unha nena moi espelida ĂĄ que lle encantaba pasar as horas mirando o ceo.


Unha tarde descubriu que o ser mĂĄis brillante do planeta paseaba fachendoso da sĂşa beleza e do seu poder polos vieiros do firmamento.


Decatouse de seguida que era o sol Pirulón quen a tiña engaiolada coa súa fermosa cabeleira de ouro.


Ela contáballo a todas as persoas que atopaba pero

ninguén lle facía caso. Xa sabían todos que o Sol

Pirulón era o rei do mundo.


Ademais, desde había moitos séculos, existía unha lenda que advertía que os humanos que pretendesen ollar para o rei sol quedarían cegos para sempre.

Nin se che ocorra mirar para o sol PIRULÓN!!! É moi perigoso!!


Pero a nena non facĂ­a caso destes consellos e sempre atopaba o xeito de seguir admirando a beleza do gran rei dourado.


Pero un deses días descubriu que alí, preto do sol, había algo que brillaba con moita máis elegancia.


E correu a contarllo a toda a xente que atopaba...

Ten forma de bombilla e ĂŠ tan fermosa que ĂŠ unha marabilla vela.


Os habitantes da terra, intrigados polo que a nena dicĂ­a, comezaron a mirar para o ceo e comprobaron que a rapaza tiĂąa razĂłn.


Daquela, todo o mundo contemplaba abraiado tan espectacular bombilla e, pouco a pouco, foron esquecendo o sol. A nova raĂ­Ăąa do ceo era... .


O sol tivo ciumes e, moi enrabietado, comezou a tirarlle baldes de auga...


Noutra ocasi贸n ... soprou...

soprou... E resoprou...

...Para botar a marabilla f贸ra do ceo...


pero os seus bufidos eran tan enormes que a terra encheuse de tremendos treb贸ns...


e fortĂ­simos furacĂĄns.

Os habitantes do planeta estaban moi asustados e preocupados con aquela desfeita.


Cada día sucedían fenómenos atmosféricos máis estraños: un pouco daba o sol e, de súpeto, choiva, faíscas e tronadas… As cousas non pintaban ben! Era urxente atopar unha solución.


Consultaron aos sabios da terra, pero despois de rebuscar sen descanso nos libros, non atoparon como acabar con aqueles desastres.

Non atopamos unha soluci贸n!!

Temos que pedir axuda.

Falaremos cos nenos e nenas. Son moi listos!!


Os sabios reuníronse coa nena e os seus amigos e amigas para que tentasen resolver o problema.

Axiña se puxeron a cavilar...

Que podían facer para amañar aquela enleada ??


Despois de varias xuntanzas para investigar na biblioteca do seu cole...


...pensaron que o mellor sería fabricar varias naves espaciais para achegarse á bombilla Marabilla e propoñerlle que fixera un trato co sol que resultase beneficioso para todos. Era necesario que os dous se sentisen útiles para os habitantes do planeta azul.


Pirulón e Marabilla comprenderon que o mellor era sentar e negociar un trato. E falaron… E falaron...

Un día…. E outro día…

Debían chegar a un acordo polo ben de todos!


E falando, falando, O acordo chegou: Pirulón gobernaría de día e Marabilla alumearía de noite, mentres o sol dorme. Dese xeito sempre habería a luz e a enerxía necesarias para a vida.


A xente quedou moi, moi, aliviada. Por fin !! Menos mal !!

Que alivio !!


Co tempo, o sol PIRULร N e a bombilla MARABILLA foron namorรกndose.


Casaron e tiveron moitas bombilliĂąas que, co paso dos anos, convertĂŠronse nas estrelas que hoxe vemos no ceo.


Como lembranza daquel acordo que trouxera a tranquilidade para as persoas e a felicidade para eles, decidiron festexar unha vez ao ano cun baile.


Así que, o día que vexas no ceo escintilar moitas faíscas, seguramente Pirulón e Marabilla estean celebrando o seu aniversario.


Conto colectivo escrito e ilustrado polo alumnado de terceiro e cuarto de E. Primaria. Curso 14/15


Actividade de creación escrita enmarcada no PDI de centro “Á LUZ DA NOSA ESCOLA”, arredor da luz e as tecnoloxías relacionadas coa luz.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.