FORMACION DE USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR-2º e 3º CICLO- CURSO 13/14

Page 1

BIBLIOTECA CEIP MESTRES GOLDAR

FORMACIÓN DE USUARI@S 2º / 3º CICLO — E. PRIMARIA


INTRODUCIÓN A formación de usuarios/as independentes no acceso á información e no manexo da mesma é unha necesidade urxente na sociedade tecnolóxica actual. Deste xeito, tentaremos formar persoas capaces de sobrevivir á avalancha de información que lles chega. Pola complexidade das técnicas bibliotecarias (catálogos, sistemas de clasificación e ordenamento, diversificación de soportes informáticos…), actualmente téndese a dotar ás usuarias e usuarios das bibliotecas de autonomía no acceso e elección de documentos. Polo tanto, a súa formación debemos considerala como un contido transversal, cuxa responsabilidade compete a todo o profesorado e afecta a todas as materias. De aquí

deriva a necesidade de elaborar un proxecto que intente familiarizar ao noso alumnado coa biblioteca, que coñeza a súa organización e funcionamento e sexa quen de acceder a calquera documento, para informarse ou simplemente para pasalo ben. Para a realización desta proposta de traballo baseámonos nos textos de Mónica Baró e Teresa Mañá de

“La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y Primaria”, consultados a través de internet. A proposta didáctica está orientada a alumnado que ao longo da súa escolaridade xa tivo algunha formación sobre este tema.


PLAN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN USUARIOS/AS CEIP MESTRES GOLDAR Curso 1º ciclo

Fichas Podo ou non podo?

1º ciclo

Carta desde a biblioteca

1º ciclo

As preguntas de Ramoncín ou como están ordenados os libros na

1º ciclo

biblioteca O carné de identidade dun libro

1º ciclo

As partes do libro

2º ciclo

Como podo saber…?

2º ciclo

A organización da biblioteca

2º ciclo

Uso do catálogo

2º ciclo

O sumario

2º ciclo

Utilización da enciclopedia

2º ciclo

Dicionarios e enciclopedias

3º ciclo

A clasificación dos documentos

3º ciclo

De grande a pequeno e viceversa

3º ciclo

A busca nos catálogos

3º ciclo

Traballamos coas cronoloxías

3º ciclo

Que nos di a contracuberta?

3º ciclo

Utilizar os índices

3º ciclo

De onde obtivemos a información?

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3


OBXECTIVOS - OBXECTIVOS XERAIS:  Coñecer a organización e funcionamento da biblioteca escolar.  Utilizar axeitadamente os recursos que proporciona.  Adquirir o hábito de usala como recurso para a información e o lecer.  Afianzar o cumprimento das normas de comportamento nunha biblioteca.

- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: - Saber localizar a información dentro da biblioteca  Coñecer o fondo da biblioteca escolar. 

Distinguir un libro de información doutro de ficción.

Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organiza-

ción: a C D U.  Coñecer e utilizar o sistema de clasificación adoitado para os libros de ficción.


 Recoñecer o concepto de “signatura” como sistema de localización de documentos.  Localizar os documentos nos andeis.  Coñecer a función dos sistemas de busca de información e aplicalos. - Localizar a información nos documentos  Recoñecer as distintas fontes de información e utilizalas correctamente: dicionarios, enciclopedias, atlas, internet, monografías…  Recoñecer os diferentes instrumentos periféricos de información: portadas, anexos, bibliografías, glosarios…

 Utilizar os instrumentos de recuperación da información: índices e sumarios.  Coñecer os sistemas de presentación e organización gráfica da información: esquemas/sinopse, imaxes/pés de imaxes ou de fotos, gráficos, notas ao pé de páxina, recadros. - Coñecer e utilizar axeitadamente os distintos tipos de información

 Avaliar a idoneidade do documento en relación ao que se investiga.  Valorar as distintas fontes de información en función dos distintos niveis informativos.


 Contrastar a información obtida en varias fontes e desenvolver o sentido crítico. - Coñecer o sistema de préstamo da biblioteca do centro - Adquirir gusto pola lectura - Coñecer e aplicar as normas de conduta da biblioteca escolar  Coidado do material, tanto mobiliario como documentos e distintos recursos.  Comprender as razóns das normas de uso.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES  Debuxar a biblioteca coas súas partes e dependencias. Pódese deixar como actividade libre ou darlle un plano da biblioteca.  Comentar entre todos e todas as características de inmediatez, facilidade para a súa consulta e de acceso ás distintas fontes.  Ler as normas establecidas para a biblioteca e escribilas nun folio para introducilas na carpeta.  Confeccionar un calendario mural dos días e horas reservados para o préstamo e devolución de libros na biblioteca.  Iniciar unha lista, por orde alfabética das

materias máis interesantes para eles e buscar os números na CDU que se correspondan con elas. Esta lista pódese ir ampliando ao longo do curso.


 Realizar un mural da biblioteca no que se indique con frases curtas ou rimadas aspectos organizativos da biblioteca.  Realizar unha visita a unha biblioteca pública, facer comparacións coa do colexio dende o punto de vista estrutural, funcional e organizativo.  Anotar nun cadrante o día de préstamo e o de devolución do libro.

 En grupos: seleccionar tantos libros como grupos, repartir un a cada grupo para que o clasifiquen segundo o primeiro número da CDU. Os libros deberán circular por todos os grupos e compararán os resultados.  Practicar determinadas pescudas no catálogo establecendo que tipo de busca require cada caso.  Realizar unha consulta nun CD informativo e establecer as semellanzas entre a pantalla dun menú e o sumario dun impreso. Debater sobre as achegas do soporte

electrónico.  Comparar as informacións obtidas nunha busca nun dicionario e unha enciclopedia.


FICHAS

PARA A APLICACIÓN

DAS ACTIVIDADES


FICHA 1: Pescudando pola biblioteca OBXECTIVO: Saber localizar a información dentro da biblioteca Material: Libreta e lapis. Técnica: O alumnado baixará á biblioteca co seu material e durante uns 25 minutos en absoluto silencio pescudarán pola biblioteca, poderán coller libros e anotar o que máis lles chame a atención: títulos, temas interesantes, curiosidades… Despois, durante 10 minutos e en grupos de catro ou cinco, porán

en común as anotacións. Cada grupo nomeará un voceir@ que recollerá as opinións dos demais. Finalmente, en gran grupo, @s voceir@s comunicarán o recollido polo equipo, cuxos membros poderán facer algunha aclaración, se o consideran necesario. O profesor ou profesora recollerá os temas máis interesante para o alumnado e animará á lectura orientando onde se poden atopar eses libros. Tempo: Unha sesión.


Ficha 2: O segredo da biblioteca.

O segredo da biblioteca O gran segredo da biblioteca e dos bibliotecarios e bibliote-

carias, e dos ratos de biblioteca, está escondido nun burato debaixo dunha sentenza: «Un sitio para cada libro e cada

libro no seu sitio». Se vos metedes no burato que está debaixo desta sentenza e ides lendo, quero dicir lendo os libros ordenados no seu sitio, descubriredes que están ordenados como a historia do home. Pero non como a historia dos descubrimentos ou as guerras, dos reis ou dos guerreiros, senón a historia do pensamento do home, e é unha historia que empeza coa vida do home hai moitos miles de anos, e que aínda non rematou. Os bibliotecarios dividen esta historia en dez grupos de números, dez, tantos coma

os dedos das dúas mans. A cada apartado danlle un número. Un número dunha soa cifra, do 0 ao 9, son dez, contádeos; cada apartado ten libros co seu número nos


seus estantes, e nos estantes colócanse os libros de cada un deses grandes apartados da historia do home. Mirade a lista: - No 0, poñemos as Obras xerais, as enciclopedias e obras que tratan un pouco de todo, como cando o home empezou a pensar un pouco en todas as cousas. Pero non creades que no 0 os libros están revoltos; están ordenados como queren os bibliotecarios e no 0 encontraredes tamén como se ordenan os libros nas bibliotecas. - No 1 están os libros que o home escribiu sobre como el mesmo pensa, estuda, imaxina; chámanos os libros de Filosofía. - No 2 encontraredes os libros do que os homes cren: as relixións, as oracións; son os libros de Relixión. - No 3 están os libros que contan como os homes e as mulleres viven xuntos, traballan, se educan, se organizan. Son os libros de Ciencias Sociais. - No 4 encontraredes os libros sobre as linguas, que son as que

axudaron máis aos homes a vivir xuntos, a comunicarse e a entenderse; son os libros de Filoloxía, que quere dicir Lingua. - No 5 colócanse os libros sobre como son e que leis teñen os seres que nos arrodean, pequenos e grandes, próximos e lonxanos e os fenómenos do mundo natural. Son os libros dos núme-


ros, dos astros, dos experimentos, dos animais, das plantas... Estes son os libros de Ciencias Puras. - No 6 están os libros que tratan de como o home transforma o que coñece e de como utiliza o que sabe para mellorar o mundo. Estes libros explican para que serven as matemáticas, ou a bioloxía, ou a física... Poden servir para facer estradas, para curar aos enfermos ou para crear ordenadores... Os libros que falan disto son os de Ciencias Aplicadas. - No 7 poremos os libros onde se fale de cousas belas que fai o home e de cousas que fai para entreterse no seu tempo libre. Son os libros de Arte, Xogos e Deportes. - E no 8 encontraremos as novelas, os libros de poesía e de teatro. Son os libros de Literatura. Estes son os libros de con-

tos e narracións, poesías, teatro, cómic... E ao final, no 9, están os libros que explican como todo o que descubriron, pensaron e fixeron os homes e foi sucedendo nos séculos, e como se encontra agora sobre a Terra. Tamén aquí se ordenan os libros que narran a vida dun personaxe. Son os libros de Historia, Xeografía e Biografías. (Adaptado de I. Benet, M. Mata, M. J. Udina. Pipirigaña. Lecturas 4º. Ed. Onda, 1985)


A NOSA CDU


1. Copiade a palabra ou palabras que encontredes escritas nos rótulos dos andeis que indican os números seguintes:

0........................................................ 1........................................................ 2........................................................ 3........................................................ 4........................................................ 5........................................................ 6........................................................ 7........................................................ 8........................................................ 9........................................................ (Distribúense os nenos en dez grupos e a cada un adxudícaselle un número da CDU).


2. Observade os libros que se encontran no estante do voso número e escribide de que tratan: Número .......... Tratan de............................................................................ (Cada grupo achega os seus resultados) 3. Anotade, ao lado de cada número da pregunta 1, de que tratan os libros que atoparon @s vos@s compañeir@s. 4. En que número da clasificación poderiades encontrar libros que traten de: - xadrez …………………. - o corpo humano ……. - paxaros …………………. - pasatempos e adiviñas ……………….. - pintura.................................... - os océanos.................................... - poemas de Manuel María............................. - como se reproducen as formigas............................ - aventuras de Astérix e Obélix..................................... - a vida de Marie Curie.................................... - como era Vigo no século XIX..................................... - países que percorre o río Nilo.................................

Tempo: Dúas sesións


Ficha 3: Como podo saber...? Onde buscarías ti se quixeras saber algo sobre estes temas?

Indica o número da pregunta nas casiñas correspondentes (unha ou máis). 1. Cal foi o resultado do último partido de fútbol do teu equipo favorito? 2. Como podo facer un pastel de chocolate? 3. Como xogar ao xadrez? 4. A que hora e en que canal emiten o teu programa preferido?

5. Que pasou onte no mundo? 6. Que tempo fará mañá? 7. Onde se cultiva o cacao? 8. Que comen os hámsters? 9. Cantos habitantes ten Galicia? 10. Como son os desertos? 11. Como se fabrica o pan? 12. Onde está a biblioteca da túa localidade? 13. Cales son as regras do baloncesto? 14. Cando e onde naceu e morreu Rosalía Castro?


Peri贸dico

revista

radio

internet

Tempo: Unha sesi贸n

enciclopedia

conto

Libros informativos

televisi贸n

v铆deo

teletexto

persoas


Ficha 4: Sumario (I) Aquí tes a lista dos contidos de tres libros distintos. Normalmente, esta lista denomínase "sumario" pero pode recibir outros nomes. ÍNDICE Animais en marcha 4 Por que migran os animais? 6 Buscar o camiño 8 Sobrevivir á viaxe 10 Resolvendo misterios 12 Camiños no ceo 14

Viaxeiros peludos 16 Nómades dos mares 18 Peixes viaxeiros 20 Dos insectos ao home 22 Vocabulario 24 Índice alfabético 25

CONTIDO Equipo 4 Introdución 5 Que é un insecto? 6


Clasificación 8 Ciclos vitais 10 Alimentación 12 Observacións 18 Insectos acuáticos 22 Captura de insectos 26 Como mantelos 28 Glosario 30 Índice 32 SUMARIO Como utilizar este libro 8 Introdución aos esqueletos 10

Que é un esqueleto? 12 De que están feitos os esqueletos? 16 Ósos 18 Cranios e sentidos 22 Dentes e mandíbulas 24 Aparatos bucais 26 Cairos e cornamentas 28 Esqueletos defensivos 30 Articulacións e movementos 32


1. Escribe as palabras coas que se pode titular o "sumario". ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. .................................................................................................................................................

Ficha 5: Sumario (II) SUMARIO Como utilizar este libro 8 Introdución aos esqueletos 10 Que é un esqueleto? 12 De que están feitos os esqueletos? 16

Ósos 18 Cranios e sentidos 22 Dentes e mandíbulas 24 Aparatos bucais 26 Cairos e cornamentas 28 Esqueletos defensivos 30 Articulacións e movementos 32 2. Agora, le atentamente este sumario e contesta a) De que tema trata o libro? _______________________________


b) Como se denomina o capítulo onde se explican as articulacións? ___________________________________________ c) En que páxina empezarás a buscar a información sobre os ósos? _______________________________________

3. Indica se estas frases son verdadeiras (v) ou falsas (f) o Un sumario é a lista dos capítulos dun libro. o Un sumario serve para encontrar as ilustracións nun libro. o Se miramos o sumario saberemos onde encontrar o que buscamos. o Se miramos o sumario saberemos se o libro trata do que nos interesa. o Un sumario é unha lista ordenada de palabras. o Se miramos o sumario podemos saber quen escribiu o libro.

4. A partir das frases verdadeiras, explica coas túas palabras que é un sumario e para que serve. _______________________________________________ _______________________________________________ _______________________________________________ _______________________________________________ _______________________________________________


FICHA 6: Dicionarios e enciclopedias Existen grandes semellanzas entre os dicionarios e as enciclopedias: ambos serven para encontrar información de maneira rápida. Pero non son exactamente o mesmo.

Marca no seguinte cadro as características propias na columna correspondente.

dicionario As palabras están ordenadas alfabeticamente. Explica o significado das palabras nunha ou máis linguas. Inclúe informacións complementarias sobre as palabras.

Contén só palabras comúns.

Contén nomes de personaxes e xeográficos. Soe presentarse nun só volume.

Soe presentarse en máis dun volume.

enciclopedia


Dicionarios e enciclopedias Que tipo de libro consultarías para saber...?

dicionario Que significa a palabra “estragar”? Como se di en inglés camisa? É a palabra bo un adxectivo? Quen pintou o Guernica?

En que ano naceu Antón Rivas? Cantos habitantes ten a provincia de Pontevedra? A historia do libro.

enciclopedia


Ficha 7: Utilización de enciclopedias Mira o estante das enciclopedias. Cada volume ten un número e, na parte inferior, a indicación alfabética dos termos que contén cada un deles. Por exemplo, no volume 8 podes encontrar as palabras que se sitúan entre "nava" e "oropéndola". En que volume podes encontrar as seguintes palabras? PALABRA Nave Diñeiro Imaxe Casa

mariñeiro

VOLUME


Ficha 8: Que catálogo ? Os alumnos/as deben aprender previamente a utilidade dos distintos catálogos ou os distintos puntos de acceso que lles permita o programa automatizado. O exercicio que propoñemos parte deste coñecemento previo e das necesidades informativas pro-

pias dosalumnado: non se trata de recoñecer catálogos, senón de precisar o sistema de recuperación que se utilizaría. Exercicio

Que catálogo consultarías para saber se a biblioteca ten... ?

Documento buscado

Un CD sobre os inventos. O vídeo de La Dama y el vagabundo Un conto de Andersen Un libro de cabalos Un CD das Spice Girls

Unha novela de aventuras O conto de La dama y el vagabundo

palabra coa que

catálogo

catálogo

buscas

de autores

de títulos

inventos

catálogo de materias X


OBXECTIVO : Establecer os termos necesarios para a busca por materias e palabras claves no catálogo. ACTIVIDADE 1: Agrupa os termos seguintes en cinco grupos e busca unha palabra máis ampla que sirva para denominar cada grupo.

Pintura, gato, avión, piano, xadrez, violín, parchís, mono, tren, escultura, debuxo, crebacabezas, saxofón, bicicleta, clarinete, galiña, camión, guitarra, escaravello, baralla. TERMOS

Mesa, cadeira, sofá, armario

GRUPO

mobles

ACTIVIDADE 2: Agora trátase de facer o exercicio ao revés. Para cada un dos grupos escribe algunhas das palabras que poidan incluírse nel. GRUPO

TERMOS

Hortalizas: Tomate, cebola, cenoria, col... Xogos de mesa: …………………………………………………………………………………………. Deportes: ………………………………………………………………………………………………….. Animais salvaxes: ………………………………………………………………………………………. Accidentes xeográficos .……………………………………………………………………... Tempo: Unha sesión


OBXECTIVO : Coñecer os sistemas de busca dos catálogos de bibliotecas, o seu uso e elementos de conexión. ACTIVIDADE: Queremos saber que libros de arañas hai na biblioteca pública da nosa cidade. Isto podemos facelo a través dun catálogo que se pode consultar desde internet neste enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/. 1. Unha vez na páxina, seleccionamos a provincia, comarca, concello, grupo (bibliotecas públicas municipais) e biblioteca . 2. Logo prememos en " Entrar na biblioteca". 3. Na parte esquerda buscamos " Busca avanzada" e prememos nela. 4. Cubrimos o campo de tema coa palabra “arañas” e prememos en buscar. 5. Deseguida aparecen os títulos dos documentos sobre arañas que hai na biblioteca. 6. Seleccionamos o que nos interesa, prememos nel e aparece na pantalla a ficha catalográfica completa. Tempo: Media sesión

OBXECTIVO : Identificar os elementos dunha ficha ou rexistro catalográfico, identificar e coñecer a función das etiquetas topográficas, saber ler as indicacións dos rexistros bibliográficos.


ACTIVIDADE: Le atentamente a ficha catalográfica e responde estas preguntas:

Cal é o título do libro? ..................................................................................

Quen é o autor/a? ……………………………………………………………………………………

Onde se publicou? ………………………………………………………………………………………

Cal é a editorial? ………………………………………………………………………………………

En que ano se publicou? ……………………………………………………………………………

En que idioma está escrito? ……………………………………………………………………

Cantas páxinas ten? …………………………………………………………………………………

Fíxate na etiqueta (clasificación). Indica o lugar da biblioteca no que está situado o libro:

En que parte da biblioteca se atopa o libro? ………………………………………

En que número da clasificación? …………………………………………………..

Deste xeito poderemos buscar fondos en calquera biblioteca que estea na rede. Tempo: Unha sesión


OBXECTIVO: Coñecer os sistemas de busca nos buscadores de internet, os seus usos e os seus elementos de conexión. ACTIVIDADE: Realizar buscas en internet a través dun buscador comparando diferenzas no número de resultados obtidos segundo se utilicen termos amplos ou máis concretos. Tempo: Unha sesión

OBXECTIVO : Coñecer a organización e a estrutura dos libros informativos e a función dos seus elementos: contracuberta, glosarios, liña do tempo (cronoloxía), bibliografía. ACTIVIDADE 1: Identificar nun conxunto de libros: esquemas, glosario, recadro, gráficos, citas, notas ao pé de páxina… Tempo: Media sesión ACTIVIDADE 2: En moitos libros aparecen nas súas últimas páxinas o que chamamos unha cronoloxía ou “ liña do tempo”. Isto consiste en representar, normalmente nunha liña continua, o paso do tempo, onde se sinalan as datas dos acontecementos máis importantes en relación a algún tema en concreto.


Observa atentamente esta liña do tempo:

A que corresponde esta liña do tempo? ......................................... En que momento comeza?................................................................... Sinala algún feito destacado e indica o seu tempo: …………………………………………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………………...…...

Tempo: Media sesión

ACTIVIDADE 3:


A parte posterior dun libro, chamada contracuberta, tamén nos proporciona información Indica a información que nos achega esta contracuberta sobre: O autor/a ………………………………………………………………………………. O contido do libro ……………………………………………………………………... Cal é a editorial? …………………………………………………………………….... Tempo: Media sesión

ACTIVIDADE 4:


Ao principio ou ao final do libro aparece un listado dos contidos e a páxina onde aparece cada un. Isto é o índice. A continuación presentamos un exemplo dun índice de contidos organizados por materias.

1.- Como está ordenada a lista? ........................................................................ 2.- En que páxinas atoparías información sobre a Tecnoloxía? …………..........................................................................................................................

3.- Que páxinas consultarías para facer un traballo sobre as partes da Terra? ………………………………………………………………………………………………………………..

Aquí tes outro tipo de índice, de temas por orde alfabética, contén as


palabras clave dos contidos.

Hai outros índices que veñen por capítulos e nalgúns cando buscamos un termo non nos indica a páxina, senón que nos remite a outro termo (“véxase…”) 4.- Ordena axeitadamente os pasos que debes seguir para consultar un índice: a. Anotar ás páxinas onde se atope a información do libro. b. Consultar o sumario para saber a páxina onde se atopa o índice. c. Buscar no índice o termo que nos interesa. d. Atopar na páxina o termo que estamos buscando. e. Buscar a páxina á que nos remite o índice.


1.-…………………………………………………………………………….. 2.-…………………………………………………………………………….. 3.-…………………………………………………………………………….. 4.-…………………………………………………………………………….. 5.-……………………………………………………………………………..

5.- En resumo, un índice serve para… :(Marca as respostas co-

rrectas)

__ Atopar as páxinas que tratan sobre un aspecto concreto. __ Saber cantas páxinas ten un libro. __ Saber o título do libro. __ Saber cantas palabras ten un libro. __ Atopar máis rápido unha información concreta.

Tempo: Unha sesión OBXECTIVO : Seleccionar correctamente os distintos tipos de libro impreso ou de fontes electrónicas, segundo as necesidades informativas. ACTIVIDADE: Realizar buscas guiadas de documentos ou datos relacionados cun tema de traballo. Comentar entre todos a utilidade das fontes electrónicas para determinadas buscas que requiran actualización de datos, acceso remoto ás fontes... Tempo: Dúas sesións


OBXECTIVO: Citar as fontes utilizadas na busca documental. Cando realizamos un traballo e utilizamos documentos para informarnos, debemos indicalos. Para iso escribimos a “cita bibliográfica”. Estas atópanse ao final de moitos libros. Para que saibas confeccionalas propoñemos o seguinte modelo: Exemplo: APELIDOS, Nome. Título. Lugar de edición: Editorial, ano. (Colección) SILVAR, Carlos. Orixe e evolución II. Vigo: A nosa Terra, 1995.(A Nosa Natureza). Agora busca un libro dos que haxa na biblioteca e copia a continuación unha das citas bibliográficas que inclúa. Mira se na cita aparecen todos os datos que indicamos anteriormente. Tempo: Media sesión

BIBLIOGRAFÍA

www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/.../mon04%20fube2.pdf http://blog.educastur.es/rosarioabiblioteca/.../formacion-de-usuarios www.dpto.educacion.navarra.es/bibliotecasescolares/blitz.html http://sol-e.com/plec/documentos.php?id_seccion=7&id_documento=79&nivel=Primaria


APRENDER E XOGAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR


BIBLIOTECA FORMACIร N DE USUARIOS/AS

CEIP MESTRES GOLDAR

2ยบ/3ยบ CICLO EP


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.