Horto matemático

Page 1

CEIP MESTRES GOLDAR TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA CURSO 2013/2014


Á VOLTA DAS VACACIÓNS En setembro e tras as calores do verán, aínda nos quedan no noso horto cabazas, coles, amorodos, cebolas, porros, tomates…, cos que podemos practicar o que estudamos na aula en Matemáticas.

OPERACIÓNS CON DECIMAIS Hoxe recollemos catro cebolas que xuntas pesan 1 kg. Se unha delas pesa 350,5 gramos, outra chega a 240,3 gramos e outra dá 175 gramos, cantos gramos pesará a cuarta cebola?

Tamén recollemos 12 amorodos que pesamos e dan unha masa de 150 g. Se os amorodos teñen o mesmo peso, canto pesa exactamente cada un deles?

Unha tomateira tén seis tomates. O máis grande pesa 85,25 g; outro, 60 g; outro, acada 72,55 g; outro, 75,7 g; outro chega a 80,35 g; e o menor dá 58 g. Canto gramos pesan xuntos os tomates da nosa tomateira?


A MEDIDA DO TEMPO Sabendo que chegamos ao horto ás 10h 12min e estivemos traballando durante 1 h 56 min, a que hora rematamos a nosa tarefa?

No bancal dos porros hai 20 plantas, pero teñen malas herbas que debemos eliminar. Neste traballo empregamos 240 segundos. Cantos minutos dedicamos a cada planta?

Tamén temos que eliminar as follas secas das cabaceiras e deixar en cada planta só unha ou dúas cabazas. Este traballo realizámolo cinco persoas durante 15 min e 10 s cada unha. Canto tempo nos levou a tarefa?

LONXITUDE Como na nosa zona hai tantas aves, tratamos de que non nos veñan comer ás plantiñas que temos e, por iso, utilizamos métodos que as protexan ao tempo que respecten aos animais; un destes procedementos son as fitas douradas e prateadas ou CD vellos. Plantamos unhas coles e temos que rodealas con fita brillante. Sabendo que desexamos colocala en dúas bandas, que lonxitude de fita precisamos?


O rolo de fita mide 50 m. Cantos cm nos quedan despois de protexer as coles?

Desde a clase ata o horto hai 86,4 m. Cantos pasos terá que dar unha alumna que avanza 72 cm en cada un dos seus pasos para ir da aula ao horto e volver?

Debuxa a figura xeométrica que representa o bancal dos amorodos. Que clase de polígono é?

Mide as súas dimensións e calcula a superficie que ocupa (en m2 e cm2). Lonxitude:______ Altura:_______

Superficie:________________________


Debuxa tamén o bancal das patacas de Sexto (ten forma irregular).

Mídelle as dimensións e calcula a superficie que ocupa, utilizando o procedemento de descomposición en figuras.

Superficie:___________________

Medimos as dimensións da nosa composteira e calculamos o seu volume en dm3 e cm3. Lonxitude:__________

Debuxa a composteira cos datos obtidos

Altura:_____________ Profundidade:________

Volume:_______________________


ÁNGULOS Aproveitamos tamén a composteira para medir co semicírculo da aula o ángulo de inclinación do seu tellado e os que forman cada unha das arestas exteriores.

Na cancela da entrada colocamos a folla abatible en diferentes posicións para conseguir diferentes tipos de ángulos e amplitudes

PORCENTAXES Di o refrán: “Se día de san Xurxo chove, de cada 100 cereixas quedan nove”. Unha cerdeira ten 450 racimos de 5 flores cada un; pero choveu por san Xurxo e … cumpriuse o refrán. Que porcentaxe de cereixas se estragou?

Realiza os cálculos necesarios para saber cantas cereixas recolleremos este ano da nosa cerdeira.

Recolleremos_______ cereixas


CAPACIDADE Ao chegar a calor temos que comezar a regar para que as nosas plantiñas continúen medrando e así completaren o seu ciclo vital. No horto dispoñemos de regadeiras grandes e outras pequeñas. As grandes teñén unha capacidade de 12,5 l e as pequenas de 250 cl. Cantas regadeiras pequenas caben nunha grande?

Hoxe corresponde regar as leitugas. Temos 24 leituguiñas e a cada unha ímoslle botar 0,75 l. Utilizando as pequenas, cantas regadeiras teremos que encher?

As cebolas non precisan moita auga (3 dl). Cantos litros nos cómpren para regar 20 cebolas?

FRACCIÓNS Podemos fachendar de “horto ecolóxico” e, como é lóxico, parte da colleita sempre se nos perde. Hai 8 plantas de pementos que producen unha media de 9 froitos por planta, pero 1/3 da produción estragouse. Cantos pementos recollemos?


Unha das hortalizas máis delicadas son as tomateiras. Plantamos 10 e secaron 2/5 da plantación. Que fracción se conservou? Cantas tomateiras?

Nun bancal sementamos ½ de feixóns altos e 2/5 de feixóns baixos. Que fracción do bancal está plantada? Que fracción está libre?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.