COCIÑANDO C NT S PDI: A ALIMENTACIÓN CURSO 13/14 2º ciclo de EP
Os autores e autoras deste libro son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que escribiron e ilustraron o conto que vas ler. Esta creación é o resultado dunha das actividades de fomento da escritura enmarcadas dentro do Proxecto Documental “A ALIMENTACIÓN” que se desenvolveu durante o curso 13/14.
Este libriño constitúe o quinto volume dunha colección de creacións escritas que denominamos “Produción propia” e que agardamos continúe medrando nos vindeiros cursos.
Moitas grazas a tod@s.
Mik
Vigo, maio - 2014
BIBLIOTECA CEIP MESTRES GOLDAR http://www.blogoteca.com/orecantodemik
3º de EP
4º de EP
Abalde Freire, Nicolás
Abalde Leal, Nerea
Alonso Comesaña, Rubén
Álvarez Conde, Brais
Castroseiros Vila, Lucía
Cabaleiro Varela, Xosé
Docampo Carbajal, Andrea
Castrillo Pérez, Candela
Faro Lameiro, Sofía
Cepeda Davila, Diego
Fernández Meléndez, Gustavo Alejandro
Chifor, Delia Luiza
Figueiras Alonso, Roi
Comesaña Rodríguez, Carla
García Riobó, Anxo
Costas Alonso, Aroa
González Braña, Sonia
Domínguez Garayzabal, Candela
Ignacio Alonso, Denís
Evangelista Sánchez, Elizabeth
Lamas López, Lía
Fernández García, Iñaqui
Martínez Costas, Nerea
Freiría Estévez, Samuel
Montero Posada, Estela
García Portomeñe, Alba
Montero Salcidos, Ania
Godoy De la Torre, Kepa
Nuño González, Eva
Herrera Díaz, David
Posada Álvarez, David
Iglesias Alonso, Alba
Puente Montes, Lara Shu
Lugo Fernández, Daniel
Rodríguez Moreira, Alexandre
Martínez Romero, Marcos
Soler González, Celia
Meixoeiro Gómez, Sara
Teijeira Olivier, Sara
Robles García, Hugo Rodríguez López, Luis Santome Luis, Carolina Torres Blanco, Miguel Ángel Vázquez Filgueiras, Alba
Nunha mañá de primavera, dous irmáns esquíos espertaron dun longo sono, logo de botar todo o inverno durmindo no tronco dunha vella árbore.
Como levaban tempo sen comer, foron coller as provisións que lles quedaban na despensa e levaron unha grande decepción ao comprobar que só tiñan… UNHA LANDRA!!
Agarráronse os dous a ela e comezaron a discutir: -Eu vina primeiro! - dixo o esquío máis pequeno. -Non é certo! - berrou enfadado o outro.
E berraron...
E discutiron...
E volveron berrar...
Tanto pelexaron por ela que, nun descoido, caeron da รกrbore abaixo e levaron unha boa trompada.
Cando se repuxeron, aínda medio mareados, viron ao lonxe unha montaña moi rara. Ao achegarse, comprobaron que era unha pirámide especial cun letreiro que dicía:
Ante aquilo tan estraño sentáronse a cavilar un bo anaco de tempo sobre o que podería significar aquel cartel, pois nunca antes viran nin escoitaran tal cousa.
?
Decidiron investigar e correndo canto lle daban as patas, chegaron ata ela. Cos ollos como pratos viron que en cada nivel da pirĂĄmide habĂa distintos tipos de alimentos e no cume, aboiando enriba dela, unha enorme landra de ouro.
-Quen logre coller esa landra descubrirá o gran segredo dos alimentos -explicoulles un pequeno ratiño que asomou polo camiño a falar cos dous irmáns.
Moi animados, os esquíos comezaron a dura escalada. Ao subir polas patacas, descolocáronas e fóronlle enriba. Os pobres animaliños quedaron case esmagullados debaixo dunha morea de grosos tubérculos.
-Hai que ser valentes! Voltaremos empezar e, desta vez, conseguirémolo -dixo o esquío máis vello. Con moito coidado ían subindo amodiño: primeiro, por un saco de fariña; logo, polas froitas e verduras; despois, polo queixo e os iogures; pero...
cando tentaban saltar enriba dos ovos, o esquĂo pequeno esvarou e‌ de novo apareceron no chan, agora rebozados como croquetas.
Cando xa estaban a piques de renderse, apareceu voando unha fermosísima bolboreta con enormes ás de brillantes cores. Despois de facer varias reviravoltas moi elegantes, pousou nunha flor á beira do camiño e dixo:
A bolboreta levounos ata a landra de ouro, percorrendo pouco a pouco aquela pirรกmide imposible, explicรกndolles por que os alimentos estaban colocados daquel xeito e o importante que era telo presente para estar sans e fortes.
Os esquíos preguntábanse abraiados por que a bolboreta coñecía o segredo da pirámide. Ela confesoulles que no seu mundo todos os segredos e problemas se podían resolver. -As bolboretas temos vidas moi curtas, pero moi intensas… - dixo misteriosa.
De súpeto, a bolboreta axitou as súas ás creando un remuíño de aire que envolveu a todos nun po de estreliñas douradas.
Cando miraron ao seu redor, decatáronse de que se trasladaran un millón de anos atrás, a un bosque prehistórico con carballos xigantescos cheíños de landras de ouro. A bolboreta desveloulles un segredo: “No mundo hai moita
xente que pasa fame pero isto non debería ser así. No noso planeta hai alimentos dabondo para toda a humanidade pero temos que aprender a ser xeneros@s e compartilos”.
Despois, a bolboreta máxica desapareceu deixándolles unha mensaxe de po brillante que pouco a pouco se esvaecía no aire:
A TERRA É XENEROSA CON NÓS: COMPARTE OS SEUS FROITOS!!
A medida que aquela mensaxe se pousaba nos seus corazóns, quedaron durmidos nun profundo sono. Cando espertaron estaban de novo no tronco da súa árbore.
Miráronse sorprendidos ao ver no chan dúas preciosas landras de ouro. Moi felices, comprenderon que debían contar a todas as persoas o segredo da pirámide e, desde aquela, percorren o mundo para que, nunca máis, ningún ser vivo volva pasar fame.
CONTO CREADO E ILUSTRADO POLO ALUMNADO DO 2ยบ CICLO DO CEIP MESTRES GOLDAR. MAIO, 2014
BIBLIOTECA CEIP MESTRES GOLDAR VIGO, MAIO 2014
http://www.blogoteca.com/orecantodemik