Hai moitas áreas desde as que se pode tratar o aforro da enerxía eléctrica na escola.
Matemáticas Interpretación da factura da luz, elaboración de estatísticas e gráficos de consumo mensual e análises comparativas, a medida que se vaian implantando medidas de aforro enerxético. Lingua Utilización da expresión oral e escrita en textos que inclúan un vocabulario específico referido ao medio e á enerxía. Ciencias da Natureza Análise das diferenzas entre recursos renovables e non renovables, orixe de ambos os dous e a influencia que cada un deles ten no noso ámbito. Educación artística Realización de carteis explicativos que inclúan a información do
proxecto por pasos. Ciencias sociais Análise de diferentes textos que plasmen o tipo de enerxía utilizada en cada momento histórico.
Apreciar o papel das matemáticas na vida cotiá, gozar co seu uso e recoñecer o valor de actitudes como a exploración de distintas alternativas, a conveniencia da precisión ou a perseveranza na busca de solucións.
Utilizar as matemáticas para comprender, valorar e producir informacións e mensaxes sobre feitos e situacións da vida cotiá e recoñecer o seu carácter instrumental para outros campos de coñecemento.
Recoñecer situacións do seu medio habitual para cuxa comprensión ou tratamento se requiran operacións elementais de cálculo, formulalas mediante formas sinxelas de expresión matemática ou resolvelas utilizando os algoritmos correspondentes, valorar o sentido dos resultados e explicar oralmente e por escrito os procesos seguidos.
Utilizar técnicas elementais de recollida de datos para obter información sobre fenómenos e situacións do seu ámbito; representala de forma gráfica e numérica e formarse un xuízo sobre esta.
Necesidade dos números para contar, ordenar, operar, medir e codificar información. O seu uso para producir e interpretar mensaxes cotiás.
Adopción de comportamentos asociados á seguridade persoal e ao aforro enerxético. Responsabilidade individual no aforro enerxético.
O DIÑEIRO
Coñecer a equivalencia entre euros e céntimos.
Coñecer as moedas de curso legal, o seu valor e as súas equivalencias.
Contar e expresar cantidades de diñeiro
Pasar cantidades de diñeiro de forma complexa a incomplexa, e viceversa.
Sumar e restar cantidades de diñeiro.
Resolver situacións sinxelas de compravenda.
O TEMPO
Estruturar o ano en estacións, meses, días, etc.
Utilizar o calendario e saber ler a data. Organizar o día segundo distintos conceptos ou criterios.
Resolver situacións problemáticas nas que intervén a medida do tempo.
UNIDADES DE MEDIDA
Elección da unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
Comparación e ordenación de unidades e cantidades dunha mesma magnitude.
Interese por coñecer e utilizar a medida, por expresar os resultados numéricos das medicións, manifestando as unidades utilizadas e explicando oralmente e por escrito o proceso seguido.
Números enteiros, decimais e fraccións: afondamento no sistema de numeración decimal. Xeneralización, notación e regras de formación dos números de máis de seis cifras. Uso en actividades cotiás.
Expresión de partes utilizando porcentaxes. O tanto por cento dunha cantida-
de en casos simples. Correspondencia entre fraccións sinxelas, decimais (de ata tres díxitos decimais) e porcentaxes (introducción da regra de tres simple)
Afianzamento da capacidade para formular razoamentos e para argumentar sobre a validez dunha solución identificando, se é o caso, os erros.
Utilización da medición e as medidas para resolver problemas e comprender e transmitir informacións.
Utilización do vocabulario axeitado.
GRÁFICOS E TÁBOAS:
Táboas de datos. Iniciación ao uso de estratexias eficaces de reconto e análise de datos. Recollida e rexistro de datos sobre obxectos, fenómenos e situacións familiares utilizando técnicas elementais de enquisa, observación e medición.
Lectura e interpretación de táboas de dobre entrada de uso habitual na vida cotiá.
Interpretación e descrición verbal de elementos significativos de gráficos
sinxelos relativos a fenómenos familiares.
A representación gráfica: diagramas de barras e pictogramas.
Disposición á elaboración e presentación de gráficos e táboas de forma ordenada e clara.
Valoración da expresividade da linguaxe gráfica para a representación de datos.
Valoración da importancia de analizar criticamente as informacións que se presentan a través de gráficos estatísticos.
Obtención e utilización de información para a realización de gráficos. Inter-
pretación dos resultados obtidos: elaboración de informes para responder ás preguntas que deron lugar ao estudo estatístico.
Valoración da necesidade de reflexión, razoamento e perseveranza para superar as dificultades implícitas na resolución de problemas.
O DIÑEIRO: o euro e o céntimo. Operacións de suma, resta e multiplicación.
MEDIDA DO TEMPO E AS SÚAS PARTICIÓNS: horas, minutos, segundos, días, semanas...
CÁLCULO: aplicación da suma, resta, multiplicación e división ás unidades anteriores.
GRÁFICOS: elaboración e interpretación.
Traballar en gran grupo, cuantificando situacións familiares.
Para o afianzamento dos conceptos, recoméndase o traballo individual ou en pequeno grupo.
Para a resolución de problemas, é necesario reflexionar de forma individual e, posteriormente, fomentar a discusión conxunta.
Facturas solicitadas ao concello do consumo de electricidade do curso pasado.
1. Análise da situación Consiste fundamentalmente en coñecer a situación inicial. Para iso, o alumnado elaborará un informe do consumo de electricidade na escola. Coñeceremos as facturas de subministración eléctrica do curso anterior. O obxectivo desta fase é coñecer o gasto de luz eléctrica do centro. 2. Obxectivos para a mellora A continuación podemos establecer os obxectivos da mellora: a sensibilización dos e das participantes, a porcentaxe de aforro, etc. É moi importante lograr os nosos obxectivos, polo tanto, debemos formulalos con modestia e realismo. 3. Plan de actuación Para conseguir os obxectivos establecidos debemos deseñar e desenvolver un plan
no que teremos en conta unha serie de puntos: persoas que participan e colaboran, repartición de responsabilidades, recursos... O que se pretende conseguir nesta fase é a diminución do consumo; para iso faremos uso de diferentes estratexias: elaborar carteis con recomendacións, propoñer cambio de lámpadas polas de baixo consumo, premio do mes á clase que non deixase prendidas as luces na aula, baños, corredores... 4. Seguimento e avaliación
Para reunir os datos valerémonos de distintas ferramentas (enquisas, medicións, recibos...) que nos serán útiles para avaliar a nova situación e os resultados obtidos.
Patrulla verde: Contaremos coa responsabilidade dos equipos de alumn@s que asumirán o traballo de ambientación, murais, adhesivos, enquisas…, así como de vixilancia e control das luces acesas.
Dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.
Grazas á enerxía a nosa vida é máis cómoda; non obstante, debemos esforzarnos por facer un consumo eficiente na casa, na escola ou en calquera outro lugar. O obxectivo fundamental é que o alumnado se implique na mellora do medio escolar, incentivando actitudes de consumo racional e de uso responsable de recursos .
A PROPOSTA DE TRABALLO
ELABORAR UN PLAN DE AFORRO DE ELECTRICIDADE NA ESCOLA
CREAR “PATRULLAS VERDES” Creación equipos de alumn@s que asumirán o traballo de ambientación, murais, adhesivos, enquisas… Tamén se encargarán de vixiar/manter as luces do centro apagadas cando non sexan necesarias .
O EQUIPO DE
TRABALLO
CONCEPTOS PREVIOS: Para realizar esta actividade débense traballar previamente os seguintes conceptos:
Magnitudes:
voltio
vatio/h
Kilovatio/h
A enerxía O aforro de enerxía Entendido como calquera acción que tenda a facer máis eficiente o consumo de enerxía sen menoscabo da calidade do servizo obtido polo uso desta.
A factura: manexo da información que nos achega (lectura, análise e interpretación).
ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DUNHA FACTURA DE ELECTRICIDADE: Completa cos datos que faltan a seguinte factura
ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DUNHA FACTURA DE ELECTRICIDADE: Completa cos datos que faltan a seguinte factura
ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DUNHA FACTURA DE ELECTRICIDADE: Calcula as porcentaxes correspondentes a cada concepto:
ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DUNHA FACTURA DE ELECTRICIDADE: O alumnado manexará as facturas do consumo de electricidade do centro facilitadas polo Concello para buscar a información necesaria e completar a seguinte ficha (faráo con cada unha das facturas):
EMPRESA SUBMINISTRADORA:
DATOS DO CONSUMIDOR/A: PERÍODO DE CONSUMO: ENERXÍA CONSUMIDA: PREZO EN € POR KW/H: IMPORTE POR CUSTO DE ENERXÍA: IMPORTE TOTAL: QUE CONCEPTOS INCLÚE O CUSTO TOTAL?
Tテ。OA DE DATOS Completa a seguinte tテ。boa cos datos recollidos nas fichas anteriores:
MES SETEMBRO
OUTUBRO
NOVEMBRO
DECEMBRO
XANEIRO
FEBREIRO
MARZO
ABRIL
MAIO
XUテ前
CONSUMO
GASTO EN EUROS
GRテ:ICO DE CONSUMO Elabora un grテ。fico de barras cos consumos mensuais recollidos na tテ。boa de datos:
KW 550 500 450 400 350 300 250 200 150 100 SET
OUT
NOV
DEC
XAN
MESES
FEB
MAR
ABR
MAIO
XUテ前
GRÁFICO DE GASTOS Elabora un gráfico de barras cos gastos mensuais recollidos na táboa de datos:
€uros 550 500 450 400 350 300 250 200 150 100 SET
OUT
NOV
DEC
XAN
MESES
FEB
MAR
ABR
MAIO
XUÑO
GRÁFICO DE GASTOS/CONSUMO Elabora un gráfico de dobre barra cos gastos e consumos mensuais recollidos na táboa de datos:
€
KW
550 500 450 400 350 300 250 200 150 100 SET
OUT
NOV
DEC
XAN
FEB
MESES
MAR
ABR
MAIO
XUÑ
LECTURA DE CONTADORES
REXISTRO SEMANAL:
SEMANA DO
AO KW/H
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES
VENRES
CALCULA E COMPLETA:
Consumo mensual:
Custo por mes:
CONSUMO TOTAL:
CUSTO TOTAL:
Consumo por aula/mes:
Consumo por aula/ano:
Custo por aula/mes:
Custo por aula/ano:
INTERPRETACIÓN DE GRÁFICOS REDACCIÓN DUN INFORME:
MEDIDAS DE ACTUACIÓN Elabora co teu equipo un decálogo de actuacións para aforrar no consumo de enerxía eléctrica na escola
PATRULLAS VERDES FUNCIÓNS: ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………….. ..................................................................................................................... ..................................................................................................................... .....................................................................................................................
DESEÑO DUN DISTINTIVO