COPLAS DOS MAIOS DE 2015
Venres 30 de abril COPLAS DOS MAIOS DE 2015 ……… Cantamos as nosas coplas Bo día teñan señores que viñeron a escoitarnos, aquí estamos outro ano para cantarlles os maios Non sei de quen foi a idea de facer os maios hoxe se aínda estamos en abril, teñen sorte se non chove.
Entroulles a presa aos profes para o maio artellar pensarán que deste xeito chega antes o verán.
Tampouco importa moito que día poñan os maios, o caso é saír da clase para pasar un bo rato.
Cantaremos unhas coplas que este maio ben merece; xa que hoxe os profes deixan imos meternos con eles.
AS COPLAS DE PRIMEIRO Os que vimos de infantil, temos un profe moi serio, aínda está aprendendo a ler, por iso está en primeiro. Cando entra pola clase parece un pistoleiro, El é o xefe de estudios, pero non lle temos medo.
A COPLA DOS DE SEGUNDO A profe María Xosé, que non sexa tan mandona
que nos leve de excursión e a xogar coa pelota.
COPLAS DE TERCEIRO Aos do curso de terceiro tocounos a profe nova, Non vos podemos contar se é mala ou moi boa.
É unha profe moi tranquila que non nos castiga moito así que polo momento poñémoslle boa nota.
COPLAS DE CUARTO Os de 4º nos queixamos que sempre temos deberes, estamos tan ocupados que nunca vemos a tele.
Avisamos aos que vaian a terceiro para o ano. que a quen lle toque esta profe xa se pode ir preparando.
COPLAS DE QUINTO A profe María manda escribir e estar calados temos maniotas no cú de estar todo o día sentados.
Este ano comprobamos que algúns profes emigraron, Carlos nos abandonou e con Enma nos deixaron.
Menuda profe máis dura, nos machaca no ximnasio, como meta tanta caña ímonos poñer cadrados.
O QUE PASOU NO CURSO… O curso empezou brillante que foi unha marabilla, adornaron todo o cole colocándolle bombillas.
Que os profes teñen ideas para facelas bonitas, pero como ocorre sempre fixémolas coas familias.
Coma pasa cada ano teñen ideas brillantes; para mandar valen moito, e nós somos os currantes.
Tanta luz, tanta enerxía estamos iluminados, na miña casa fliparon coas notazas que sacamos. ……………………………………………..
Ao chegar das vacacións que pasamos no verán
había moitos obreiros polo cole a traballar.
Temos escaleiras novas para subir ao ximnasio
e como estamos de estrea imos contentos ao baño.
Todos queren estrealos para ver que lindos quedan así que todos os días hai alguén de cagalera.
Como nos días que chove seguimos sen ir ao patio........ os obreiros nos fixeron un xogo que mola un rato.
Construíron unhas rampas para xogar ás carreiras e que poidamos correr sen baixar as escaleiras.
Agora os días que chova temos unha boa idea para baixar polas rampas traeremos as bicicletas.
A próxima vez que vexa uns obreiros eu lles pido
que nos poñan ascensor para ir ao primeiro piso. ……………………………………
Na biblioteca contamos cun ratiño ben traveso,
fixo trasnadas no entroido e nos puxo moi contentos.
Roubou o guión da festa e o colgou no seu recanto, o profe a perseguilo e non o deu atopado.
Nós iámoslle contando o que planeaba Toniño, e grazas ao rato Mik o entroido foi divertido.
Imos despedindo o maio que é a hora de ir comer xe che gustou este xogo para o ano podes volver.
Agardádenos un rato que imos recoller os libros
así que por este ano o maio está despedido.
Non pensen as señorías que o curso está rematado, quédanos o mes de maio e andaremos de teatro.
Con esta copla marchamos cada un a súa clase só nos queda media hora para que os profes marchen.
A ver se temos a sorte de que non lles dea tempo para poñernos deberes e marcharemos contentos.
Isto foi todo por hoxe, xa se está facendo tarde, mami, vaime preparando os espaguetes con carne.
贸 贸
贸
煤