SEMANA
DA POESíA CURSO 2013/2014
RECITADO DE POESíAS – 3º DE EP (SEMANA DA POESíA 13/14) PRESENTACIÓN: O alumnado de terceiro imos recitar dúas poesías en galego, tituladas “O UN MAILO CERO”, e “CINCENTA”, de Xosé Rodríguez Ferré e Ana María Fernández, respectivamente. Ámbolos dous poemas pertencen ao libro-disco “O AÑO PITAÑO” de Anxo Rei, editado por Pai Edicións SL., que recolle 12 poemas musicados de seis poetas contemporáneos. A continuación recitaremos dúas poesías en castelán de Carlos Reviejo, un mestre de vocación nacido en Ávila. Despois de escribir durante un tempo poesía para adultos, a súa profesión de mestre acercouno ao mundo da infancia dedicándolle a meirande parte da súa produción literaria. Desde hai moitos anos colabora en tarefas pedagóxicas relacionadas coa lingua e a literatura. Moitas das súas obras foron recoñecidas con diferentes premios e os seus poemas e contos aparecen en antoloxías e libros de texto. Primeiro recitaremos un simpático poema que nos fala do xenial pintor malagueño Pablo Picasso, titulado “ESTE PICASSO ES UN CASO”. Seguidamente, o poema “CABALLITO DE MADERA” achéganos unha sentida
conversa cun dos xoguetes máis representativos da infancia. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!
RECITADO DE POESíAS – 3º DE EP (SEMANA DA POESíA 13/14) O UN MAILO CERO Xogando, xogando
na rúa unha vez o un mailo cero fixeron un dez. O un de primeiro e o cero detrás marcharon tocando o chascarrraschás. Correndo, correndo ao pé do camiño toparon de pronto con outro ceriño. O un alegrouse, que ben, ai! que ben con este ceriño
facémolo cen. (bis)
RECITADO DE POESíAS – 3º DE EP (SEMANA DA POESíA 13/14) O un de primeiro e os ceros detrás marcharon tocando o chascarraschás. Choutando, choutando ao pé dun toxiño toparon aínda con outro ceriño. O un celebrouno alegre e xentil con este ceriño facémolo mil. (bis) x2 Xosé Rodríguez Ferrer
RECITADO DE POESíAS – 3º DE EP (SEMANA DA POESíA 13/14)
CINCENTA --‐Cincenta da fita mourada, virás esta noite bailar a bailada? --‐Nin teño vestido nin teño zapatos, estou na cociña fregando nos pratos. --‐Cincenta dos ollos mansiños, virás esta noite bailar cos veciños? --‐Nin teño carroza, nin teño cocheiro, que lavo a roupiña no meu lavadeiro.
--‐Cincenta da cara belida irás ao castelo por ser a elixida? --‐Nin teño colares nin teño diadema estou enfornando boliños de crema. -‐Cincenta da cariña en flor, irás esta noite buscar o amor? --‐Se alguén me axudase, que ben me faría,
pois sinto, da festa, a feliz melodía. --‐Serás a princesa da linda bailada que así cho concedo por ser eu a fada
Ana María Fernández
RECITADO DE POESíAS – 3º DE EP (SEMANA DA POESíA 13/14)
“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado por músicos de recoñecido prestixio e gravado nos estudios de Casa de Tolos, sito en Gondomar. "A idea é dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua e, ao mesmo tempo, a miña música”, comenta o propio Anxo Rei. As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros.
CARLOS REVIEJO Mestre de vocación nacido en Ávila. Despois de escribir durante un tempo poesía para adultos, a súa profesión de mestre acercouno ao mundo da infancia dedicándolle a meirande parte da súa produción literaria. Desde hai moitos anos colabora en tarefas pedagóxicas relacionadas coa lingua e a literatura. Moitas das súas obras foron recoñecidas con diferentes premios e os seus poemas e contos aparecen en antoloxías e libros de texto. Entre outras distincións, a súa obra Animalario en adivinanzas figurou entre os finalistas do premio Mellor libro do ano, concedido por el Banco del Libro de Caracas (Venezuela). Ese mesmo ano (1988), a Wordldidac Foundation, de Basilea, otorgou a Medalla de Bronce á obra colectiva Global 1, da que foi colaborador.
Este Picasso es un caso ¡Qué divertido es Picasso! Es pintor rompecabezas que al cuerpo rompe en mil piezas y pone el rostro en los pies. ¡Todo lo pinta al revés! ¡Este Picasso es un caso! Es un puro disparate. No es que te hiera o te mate,
pero en lugar de dos cejas él te pone dos orejas. ¡Vaya caso el de Picasso! Te deja que es una pena: te trastoca y desordena, te pone pies en las manos y en vez de dedos, gusanos. ¡Si es que Picasso es un caso! En la boca pone un ojo,
y te lo pinta de rojo. Si se trata de un bigote, te lo pondrá en el cogote. ¡Menudo caso es Picasso! ¿Eso es hombre o bicicleta?
¡Si es que ya nada respeta....! Esos ojos que tú dices, no son ojos...¡son narices! ¿No es un caso este Picasso? Todo lo tuerce y disloca: las piernas, brazos y boca. No es verdad lo que tu ves. ¡Él pinta el mundo al revés! ¡Qué Picasso es este caso! (De La sonrisa del viento Colección Caracol-Diputación de Málaga)
Caballito de madera Esta tarde está lloviendo y el viento en la calle suena. ¿Adónde me llevas hoy, caballito de madera? ¿Me llevarás junto al mar, para jugar en la arena, con caracolas de nácar y ramilletes de perlas? ¿O me llevarás al cielo, que esta noche hay luna nueva, para que juegue a esconderme entre luceros y estrellas? ¿O, tal vez, a una montaña, envuelto en tules de niebla,
para que en la nieve blanca dibujemos nuestras huellas? Caballito de madera..., ¿adónde a jugar me llevas?
Esta tarde está lloviendo... ¡No me lleves a la escuela! Llévame a jugar, caballo, sobre tu silla de tela, a cabalgar con las nubes
y a echar al viento carreras. (De El sapo y la luna -Ajonjolí de Hiperión)
SEMANA DA POESíA Vigo, marzo - 2014