VERSOS PARA PASAR O TEMPO

Page 1

J. Vilamoure


A PRINCESIÑA Que bonita é a princesa que mira pola ventá como bailan as follas co aire aquela danza outonal; como pousan mainiñas na terra, cansas de tanto voar; como cobren o camiño que se esconde tras o val.

Xa saen os nenos da escola, xa se oen as campás. Brincando pérdense entre as casas, baixo as botas, cras, cras, cras... É a música do outono

que ven chegando xa.

A princesiña non quere ter zapatos de cristal, nin enfeites, nin coroas,

nin pulseiras de coral.

2


Quere pisar esa alfombra de follas moles, de follas vellas, de follas pardas, e amarelas. E que se escoite moi lonxe que outono na porta estĂĄ. Bailando cos pĂŠs nas botas ao ritmo do cras, cras, cras.

3


A CHOIVA Clip, clap, peta a pinga no cristal. Plis, plas,

pisa a bota, fuxe o can. Chip, chap, chouta a choiva sobre o chan. Clin, clan, auga clara no trigal. Tip, tap, brinca o rego, salta a ra. Clip, clap, plis, plas, chip, chap, clin, clan, chubasqueiros enchoupados, nunha tarde de verรกn.

4


O ECO Canta o eco na montaña, aña, coa voz que lle empresta o vento, ento. Fala co sol e coa lúa, lúa da súa ledicia e contento, ento.

Fala cos vellos carballos, vixilantes moi atentos, que escriben no aire morno palabras cheas de alento. Fala coas follas na tarde, cos pardais e maila choiva, fala coas pingas que caen e levan mensaxes novas. Fala coa alta aciñeira, cos bravos toxos, coa silveira, fala coas augas do río que se espallan pola beira. Chega a noite e fala o bufo, con moita sabedoría, dálle leccións de historia e de filosofía.

5


Marcha o eco á súa cova, a noite botouse enriba, leva no peto gardado o que aprendeu ese día. Grazas sol, grazas, río, grazas bufo e cotovía, grazas, grazas sen parar repite o eco á noitiña. Grande tesouro acadou coa enciclopedia da vida.

Canta o eco na montaña, aña, coa voz que lle presta o vento, ento. Fala co sol e coa lúa, lúa

da súa ledicia e contento, ento.

6


A PRIMAVERA Xa se vestiu a mañá de cheiro de primavera, durmindo quedou o inverno polas alcobas da serra. Xa se vestiu o serán con fresco mantelo verde, os acordes das lavercas nas follas tenras se perden. Xa se vestiu a mañá cos axóuxeres dos ríos,

agasallos para os prados, rebuldeiros rechouchíos. Xa as herbas se engalanan cos orballos temperás, mar de irisadas pérolas que a terra beberá.

Xa se vestiu o serán, co veludo do vento morno, e con aloumiños esperta as vellas sementes do horto. Xa vén abril debuxando un arco da vella no ceo. Leda sorrí a mañá, raiolas de sol no cabelo.

7


A NOITE Cae a noite paseniño... nas pedras do souto, nas follas da fraga. nas herbas do río, espello de prata.

Cae a noite paseniño… bailan os vagalumes, iluminando o camiño; xa se deitan os paxaros caladiños no seu niño.

Cae a noite paseniño… foxe o sol tras os tellados, correndo cara a montaña, e deixa tinguido o ceo de aloumiños laranxa.

8


Xa se acenden os luceiros, xa o día se apaga, xa se enchen os teus ollos de soños de pombas brancas.

Chega a noite paseniño... cae a noite na fraga, e un suave murmurio esperta ao bufo que canta.

Cae a noite paseniño... bicos de azucre nas pálpebras.

9


NUBES Nube branda, nube mol, xoga en xaneiro cos raios de sol Nube cincenta, inzada de xeo, xoga en febreiro co vento mareiro Nube donda, nube pomba nube branca,

redonda, fazulas de auga, en abril xoga co arco da vella ĂĄs agochadas. Nube azulada, mollada de orballo, salfire con pĂŠrolas as flores de maio

10


AS ESTACIÓNS Follas de outono pintan o chan coas cores que escollen no seu devalar, realzan o cadro con trazos vermellos, trazos castaños, tamén amarelos, que se esvaecen ao chegar o inverno.

Folerpas de neve tinguen de branco os vellos tellados, camiños, vereas, que cruzan o campo. Grises as nubes na longa espera que chegue pintando a primavera, lizgaira e louzá, deitando na eira, con miles de verdes, frescos mares de herba De azul cobre o ceo

pintando o verán solpores laranxa que brillan no mar, escintilan as ondas bailando ao compás dun vento morno que as quere arrolar.

11


OS MESES DO ANO En xaneiro pela o frío, non esquezas o teu abrigo. En febreiro, pucharca xeada, envólvete ben na bufanda. No mes de marzo o vento zoa o teu chapeu voa que voa. En abril saca o paraugas, xogan as pingas na túa cara. No mes de maio estoupan as cores, tinguen o campo miles de flores. Xa chegou xuño, ven a calor, garda a mochila,

son vacacións! Xullo e agosto, longos os días de festas, feiras e romarías. Aí vén setembro, remata o verán, volvemos á escola a ler e xogar. Señor outubro peta na porta, trae o outono nas súas costas. Novembro chega ás agochadas, cheiran no aire castañas asadas. Remata o ano, xa veu decembro, cun manto branco dorme o inverno.

12


TREBร N Lostregada buliciosa, mensaxeira augacenta,

agoreira de choiva carraxenta. Luzada fugaz, veloz, pertinaz,

corta o ceo, chiscadela cegadora, acelerada, perturbadora. Un instante, un pestanexo, xa se foi xa non a vexo. Agardo con temor un novo resplandor que anuncia o foliรณn que estoura co trebรณn. Cae auga

a cachรณn.

13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.