iNFORMA
Confederación Intersindical Galega
ENSINO
www.cig-ensino.com
Febreiro 2009
D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000
O novo Bacharelato e as probas de acceso á Universidade Un conflito sen resolver A posta en marcha do novo Bacharelato comportou un forte conflito o curso pasado que para a CIG-Ensino segue sen se resolver. Hoxe, coa nova ordenación do Bacharelato, golpéase a calidade do ensino, dado que, entre outras cuestións, tanto a Historia como a Filosofía ven reducida a súa carga lectiva. Para a CIG-Ensino segue a ser necesario o incremento na carga lectiva prevista das materias de Filosofía e Cidadanía e Historia dunha hora, mantendo a distribución horaria que tiña con anterioridade; do contrario, prívase o alumnado dunha formación axeitada, impídese o desenvolvemento do currículo, non se poderá abordar o ensino desde unha perspectiva galega e comportará graves prexuízos para a calidade do ensino e para as condicións laborais do profesorado.
Exiximos un ensino laico, por iso propoñemos que a materia de relixión non forme parte do currículo. En todo caso, requirimos que estea fóra do horario lectivo ordinario dos centros. Deste xeito, todo o alumnado tería 32 horas lectivas en 1º e 2º, agás o que opte por recibir relixión que o vería incrementado en 2 horas, pero á marxe do horario ordinario do centro. Reclamamos que todos os centros que dispensen ensinanzas de Bacharelato deben impartir, como mínimo, dúas modalidades e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade. Propoñemos que todos os centros oferten Música como optativa, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben in-
cluírse como optativas as materias de Xeoloxía e Literatura universal contemporánea. Reclamamos a dotación suficiente de profesorado en todos os centros para que, como consecuencia de que haxa alumnos/ as que non teñen que repetir curso completo, non comporte incrementar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as. Fomos capaces, despois da campaña da CIG-Ensino, de recuperar como optativas a Literatura Galega do século XX e a Literatura Hispánica como materias optativas, mais a Consellaría non rectificou para o caso de Xeoloxía e de Literatura Universal Contemporánea e hoxe os centros non poden ofertar estas dúas materias, como optativas, cuestión que para a CIG é inaceptábel.
Materias do bacharelato MATERIAS COMÚNS: Ten que cursalas o alumnado de todas as especialidades. MATERIAS DE MODALIDADE: Teñen unha carga horaria de 4 horas lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar como mínimo 6 materias propias de modalidade no Bacharelato (tres en cada curso) das que cinco, como mínimo, teñen que ser
da modalidade escollida. En cada modalidade hai unha materia de modalidade en cada curso que ten que cursar obrigatoriamente (marcadas en negriña no cadro). Con carácter xeral, para impartilas é preciso que haxa un mínimo de 5 alumnas/os, poderáse autorizar un nº menor para materias vinculadas ás probas de acceso á universidade. Cando un centro
non poida ofertar alguna materia de modalidade, o alumnado poderá cursala noutro centro próximo ou a través das ensinanzas de adultos (presenciais ou a distancia). MATERIAS OPTATIVAS: Teñen unha carga horaria de 4 horas lectivas semanais cada unha. O alumnado ten que cursar unha optativa en cada curso. Poderá