Confederación Intersindical Galega www.cig-ensino.com
iNFORMA xaneiro 2009
Demanda de conflito colectivo no centro San Xerome Emiliani Cal é a situación actual das traballadoras e traballadores do Centro San Xerome Emiliani? Desde finais do curso pasado a Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani, incumprindo o que marca o XII Convenio Colectivo de centros asistenciais, comunicou aos traballadores que lles incrementaría a xornada de traballo este curso 2008-2009. Propoñían un incremento de cinco horas semanais, que vulnera o recollido no artigo 9 do Convenio, que establece que os traballadores e traballadoras manterán a xornada laboral que viñeran gozando como condición máis beneficiosa. “Art.9.5. Aqueles traballadores que á entrada en vigor do presente convenio viñesen gozando dunha xornada inferior da establecida no mesmo manterán con carácter estritamente persoal, dita xornada, como garantía persoal. Esta menor xornada, recoñecida como garantía persoal, será absorbible
e compensable coas futuras reducións de xornada que puidesen pactarse no ámbito de aplicación do presente Convenio.” Esta cláusula está recollida no convenio debido a que se produciu un empeoramento das condicións de traballo nestes centros, pois ao unir baixo un mesmo convenio centros educativos e asistenciais, houbo traballadores que resultaron prexudicados ao empeorar as súas condicións de traballo, sen que houbese en contrapartida un incremento salarial e establecendo globalmente salarios moi baixos. Por tanto, o mantemento da xornada laboral que viñan realizando con anterioridade á entrada en vigor do convenio é un dereito recoñecido ás traballadoras e aos traballadores. Con antelación á entrada en vigor deste convenio, todas as
traballadoras e traballadores viñan gozando dunha xornada laboral de 33 horas semanais nos meses de outubro a maio e de 28 horas semanais de xuño a setembro. E esta xornada foi a que se mantivo maioritariamente despois da entrada en vigor do convenio. Só no último curso a empresa comezou aplicar unha xornada de 38 horas semanais aos traballadores contratados por primeira vez e tamén nas renovacións de contrato que se produciron desde xullo de 2008. Cómpre aclarar que en todo este tempo o alumnado estivo debidamente atendido desde os inicios do centro, hai xa 25 anos, é máis, a Dirección propón un incremento de xornada para a realización de reunións, nunca para a atención directa do alumnado.
Cal foi a posición das traballadoras e traballadores ante a proposta da empresa? A Xunta Directiva do centro comunicou o incremento de xornada sen argumentalo debidamente, fíxoo nunha reunión de coordinadores, non ante todos os traballadores, e non llo comunicou en primeiro lugar aos delegados de persoal, que nesa data estaban de viaxe co alumnado e, por tanto, non estaban na empresa. Ademais non se estableceu a negociación que marca o Estatuto dos Traballadores: “Art.. 41.4 A decisión de mo-
dificación substancial de condicións de traballo de carácter colectivo (como a modificación da xornada laboral) deberá ir precedida dun período de consultas cos representantes legais dos traballadores de duración non inferior a quince días. O dito período de consultas deberá versar sobre as causas motivadoras da decisión empresarial e a posibilidade de evitar ou reducir os seus efectos, así como sobre as medidas necesarias para atenuar
as súas consecuencias para os traballadores afectados. Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo. O dito acordo requirirá a conformidade da maioría dos membros do Comité ou Comités de Empresas, dos delegados de persoal, se é o caso, ou das representacións sindicais, se as houbese, que, no seu conxunto, representen a maioría daqueles.” Continúa