Servizos Mínimosda folga

Page 1

Confederación Intersindical Galega

ENSINO

iNFORMA

www.cig-ensino.com

Xaneiro 2009

D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000

Delirante e un novo ataque ao idioma é a pretensión de que o profesorado teña que acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira (o inglés) para o acceso á función pública Neste mundo ao revés que prentende impornos o goberno do PP agora sacan da chistera do coello que hai que demostrar coñecemento do inglés para ser docente de matemáticas, bioloxía, filosofía, historia... lingua galega tamén? Xusto despois de eliminar a proba de galego para acceder á Función Pública e eliminar o galego como requisito para acceder a distintos traballos, programas, actividades formativas... Non só estamos ante propostas que o que perseguen é a eliminación do galego como lingua do sistema educativo, senón que son claramente ilegais, delirantes e improcedentes. Este goberno debería preocuparse de que as probas de acceso ao profesorado deran conta da súa capacidade na materia que van impartir, os seus coñecementos, os seus resortes didácticos e pedagóxicos, etc. Porén están máis preocupados de que demostremos que sabemos dicir algunhas palabras en inglés. Estamos ante un debate fraudulento en que o PP quere trasladar á sociedade novas mentiras. Non é estudando químicas ou matemáticas como se vai aprender inglés, ou alguén cre que por saber o nome dos elementos químicos na lingua de Shakesperare unha persoa vai poder defenderse nunha situación cotiá no centro de Londres? Cal ten que ser a prioridade do profesorado, que o alumando aprenda catro palabras en inglés ou que comprenda a materia que lle está impartindo? A CIG-Ensino está percorrendo os centros e comproban-

do que o profesorado está moi receptivo á convocatoria de folga, polo que a previsión é que vai ser moi amplamente secundada, pois hai un rexeitamento maioritario a este decretazo entre o profesorado. Hoxe mesmo negociamos os servizos mínimos da folga que se concretan nun membro do equipo directivo en cada centro, quedando claro que o profesorado das unitarias non é cargo directivo. Para a CIG non hai dúbida ningunha de cales son as pretensións do Goberno do PP, pois neste momento xa iniciou a aplicación do decretazo coa modificación do Regulamento da Galescolas, xusto cando aínda son un simple borrador e antes de darlle “trámite de audiencia” ou de que sexan valoradas polas distintas entidades que dixeron ían consultar, o que pon en evidencia a súa nula vontade de negociación e a súa determinación en levar adiante estas bases confeccionadas para erradicar a presenza do noso idioma no ensino. En concreto o novo regulamento non recolle xa o respecto ao dereito das persoas usuarias a recibiren educación en galego e elimina o galego como lingua vehicular das escolas “de acordo co obxectivo de área incluído no Plan xeral de normalización da lingua galega”. Un novo ataque que se suma aos anteriores, coa mención especial da bases do decreto do plurilingüismo, maquiavélica proposta destinada á desaparición da nosa lingua a través da redución da súa presenza efectiva e da falacia do trilingüismo. Unha proposta irrealizábel destinada a crear conflitos nos centros, que

demostra desconsideración polo profesorado e que dará lugar ao caos organizativo. E para deixarnos máis clara cal é a súa vontade, o Presidente da Xunta declara que se arbitrarán medidas de incentivación para a impartición de aulas en inglés e “trato preferente” no concurso de traslados, mais non considera a idoneidade de establecer medidas semellantes para o profesorado que imparta aulas en galego procurando a normalización da nosa lingua, proposta que pon en clara evidencia que a súa pretensión principal é que se reduza a presenza do noso idioma. . Lamentabelmente, a Consellaría xa atopou en CCOO un aliado para retroceder nos tímidos avances acadados nestes anos e proceder á derrogación do decreto en vigor, pois esta organización vén de se reunir clandestinamente coa Secretaría Xeral e fai de altofalante da Administración declarando por ela que haberá un calendario de negociacións. CCOO chega ao despropósito de, para xustificar o seu contubernio en contra do idioma, presentar os trámites obrigatorios deste decretazo (todos os decretos teñen que pasar pola Mesa Sectorial e o Consello Escolar) como se fosen un logro particular. O normal nunha organización que estea sensibilizada minimamente co futuro do noso idioma sería escoitar o clamor social en contra deste decretazo e apoiar a folga que temos convocada para o vindeiro 21 para que tamén a Consellaría coñeza o seu rexeitamento.

Servizos Mínimos da folga

A proposta acordada de Servizos Mínimos queda redactada nos seguintes termos da acta que reproducimos e que próximamente será publicada no DOG: “- o/A director ou membro do equipo directivo en cada centro docente no universitario. Os representantes do Comité de Folga preguntan sobre o alcance de tal proposta para os centros incompletos e para as escolas unitarias. Os representantes da Consellaría aclaran que tal proposta alcance a todos os centros que teña director ou directora, xa que logo, non inclúea as escolas unitarias que non teñen cargo. Os representantes do Comité de Folga suxiren que se permita a posibilidade de que se algún docente non vai á folga poida desempeñar el ou ela os servizos mínimos e permitir así ó resto do equipo directivo participar na folga. Os representantes da Consellería consideran pola calidade das funcións que debe exercer quen cubra os servizos mínimos propostos, estes deben ser cubertos non por calquera docente senón por alguén que ocupe un cargo de responsabilidade ou dirección no centro educativo. Péchase a sesión ás 12:15 horas coa conformidade dos representantes do Comité de Folga cos servizos mínimos propostos pola Consellería. Levántase esta acta que asinan os comparecentes en proba da súa conformidade co seu contido.”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.