1 minute read
ultramarinos
from Revista Pincha 17
Oespazo para a arte Os Catro Gatos lanzou a finais do ano pasado unha campaña para facerse AMIGO/A do proxecto e axudar así a súa consolidación. Pincha sumouse de seguido á inicitiva converténdose en patrocinadora desta sala xestionada pola Asociación Cultural Maxenta. Trátase dunha iniciativa independente, que non recibe financiamento público, e que loita por difundir a arte galega organizando exposicións, obradoiros, presentacións, encontros poéticos, microteatro ou concertos acústicos, entre outras moitas actividades. Se ti tamén queres colaborar, atoparás toda a info na súa web oscatrogatos.com Próximas expos Os Catro Gatos, na rúa das Rodas 13, acolle ata o 15 de febreiro a mostra ‘Diario’, de Martín Oteo Prego, composta por unha serie de fotografías dun forte carácter pictórico. A partir do 22 de febreiro e ata o 21 de marzo será o turno de ‘Cero’, de Belén Diz Juncal, un proxecto de ilustración que vira ao redor da idea da infancia, o corpo e o fogar como refuxio. A través dunha serie de debuxos realizados con bolígrafo BIC, preténdese representar ese espazo que nos fai sentir seguros por medio de escenas onde o corpo, a mirada e o contexto reflicten un imaxinario construído a partir de recordos, sensacións e sentimentos. AMIG@S DE OS CATRO GATOS
PINCHO DE PINCHA PARA RECIBIR O 2020
Advertisement
Boa parte do #equipazopincha que fai posible a existencia desta revista, reuniuse para celebrar xuntos o inicio do 2020. E fixémolo, como non podía ser doutro xeito, saíndo a papar! Desta vez visitamos os restaurantes La Flor e Bellaco. Alí estivemos – de corpo presente - César Varela, José Crusat, Lorena Costas, Juan Vázquez, Jéssica Pintor, Iván Barreiro, Ruth Ríos, Alberto Seoane e Rebeca Munín. E en espírito, Xiana Lastra, Delio Sánchez e Inés Silvalde. Por moitos anos máis brindando xuntos! ;) #somospincha
O LIBRO DE LILA DE LILITH
Sobre los huesos de los muertos
Aescritora polaca, Olga Tokarczuk, premio Nobel de Literatura de 2018, escribe un thriller moi orixinal tanto pola escrita, como pola historia e máis a atmósfera da novela. Publicada pola editorial Siruela, a obra está ambientada nas montañas polacas e con un forte compromiso ambientalista e animalista.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.