AMIG@S DE OS CATRO GATOS
O
espazo para a arte Os Catro Gatos lanzou a finais do ano pasado unha campaña para facerse AMIGO/A do proxecto e axudar así a súa consolidación. Pincha sumouse de seguido á inicitiva converténdose en patrocinadora desta sala xestionada pola Asociación Cultural Maxenta. Trátase dunha iniciativa independente, que non recibe financiamento público, e que loita por difundir a arte galega organizando exposicións, obradoiros, presentacións, encontros poéticos, microteatro ou concertos acústicos, entre outras moitas actividades. Se ti tamén queres colaborar, atoparás toda a info na súa web oscatrogatos.com Próximas expos Os Catro Gatos, na rúa das Rodas 13, acolle ata o 15 de febreiro a mostra ‘Diario’, de Martín Oteo Prego, composta por unha serie de fotografías dun forte carácter pictórico. A partir do 22 de febreiro e ata o 21 de marzo será o turno de ‘Cero’, de Belén Diz Juncal, un proxecto
de ilustración que vira ao redor da idea da infancia, o corpo e o fogar como refuxio. A través dunha serie de debuxos realizados con bolígrafo BIC, preténdese representar ese espazo que nos fai sentir seguros por medio de escenas onde o corpo, a mirada e o contexto reflicten un imaxinario construído a partir de recordos, sensacións e sentimentos.
PINCHO DE PINCHA PARA RECIBIR O 2020
B
oa parte do #equipazopincha que fai posible a existencia desta revista, reuniuse para celebrar xuntos o inicio do 2020. E fixémolo, como non podía ser doutro xeito, saíndo a papar! Desta vez visitamos os restaurantes La Flor e Bellaco. Alí estivemos – de corpo presente - César Varela, José Crusat, Lorena Costas, Juan Vázquez, Jéssica Pintor, Iván Barreiro, Ruth Ríos, Alberto Seoane e Rebeca Munín. E en espírito, Xiana Lastra, Delio Sánchez e Inés Silvalde. Por moitos anos máis brindando xuntos! ;) #somospincha
O LIBRO DE LILA DE LILITH Sobre los huesos de los muertos
A
escritora polaca, Olga Tokarczuk, premio Nobel de Literatura de 2018, escribe un thriller moi orixinal tanto
pola escrita, como pola historia e máis a atmósfera da novela. Publicada pola editorial Siruela, a obra está ambientada nas montañas polacas e con un forte compromiso ambientalista e animalista.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
Pincha | N 17
| 35 |