Revista Pincha A Coruña Maio 2023

Page 1

Lévame contigo

Raquel Espada, actriz: “O amor da miña vida é esta profesión”

Do mar ao noso prato con Iván Domínguez e Lalo Blanco

A CORUÑA | maio 2023
Revista de Gastronomía & Cultura

PRIMER SÁBADO DE CADA MES

COMO O NOSO SANGUE

Di Iván Domínguez, chef do restaurante NaDo ao que entrevistamos neste número, que o mar é como o sangue de todos os coruñeses e coruñesas, a súa vida. Non creo que haxa xeito máis bonito de describir ese sentimento de amor por unha cidade. Un océano Atlántico que rodea a urbe e que ten moitísima presenza nos pratos que se elaboran en moitos dos locais de hostalaría.

Un mar que tamén botan moito de menos desde Madrid a actriz Raquel Espada, que protagoniza a nosa portada, e o actor Nancho Novo, co que falamos na sección A6. Canto talento coruñés do que presumir! E que sorte poder telos por aquí de cando en vez. Sobre todo se é gozando dalgúns dos seus traballos.

O apartado cultural desta revista completámolo co grupo de música Cloaca e un roteiro descubrindo ás escritoras que deixaron pegada polas rúas herculinas. Por outra banda, como temática gastro descubrimos as virtudes dos cafés de especialidade e catamos un viño galego cos nosos colaboradores Lorena Costas e José Crusat.

Con este que tes entre as túas mans xa son catro os números que levamos publicados na Coruña. Unha Pincha especial porque neste mes estamos de aniversario. Foi en maio do 2017, fai seis anos, cando editamos o número 1 en Compostela. Ninguén podía imaxinar naquel momento que chegariamos a ter presenza nas dúas cidades.

GRAZAS! A todos e cada un dos anunciantes que o fai posible e, sobre todo, a ti, que nos estás lendo. #somospincha

10 entrevista | Raquel Espada

14 de bares | Café de especialidade? Si, por favor!

18 de libros | De roteiro coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Edita:

Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal coruna@revistapincha.gal

Deseño e maquetación:

Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía:

Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Carlos Palomar, Silvia Castiñeiras, Patricia Dopazo, Ruth Ríos, Javier Pereira Gasamáns, Ana Romero, José Crusat e Lorena Costas.

Imprime:

LUGAMI Artes gráficas SL

Depósito Legal: C 607-2017

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

BAVF
ÍNDICE
augas inmensas
cociña coruñesa
04 reportaxe | Nas
da
Coruña | Cloaca
A6 | Nancho Novo
crusat & costas | Adamare 28 axenda 32 directorios
ultramarinos | Pincha fai 6 anos ONDE ATOPAR PINCHA 
20 somos
24
26
34
Finalistas dos Premios da Crítica de Galicia 2022 na categoría de cultura gastronómica Por Rebeca Munín
Foto: Iván Barreiro reportaxe | 4 | Pincha A Coruña | maio 2023

NAS AUGAS INMENSAS DA COCIÑA CORUÑESA

Na Coruña a vida desenvólvese mirando ao mar e iso inflúe no carácter dos seus veciños e veciñas, na súa cultura e, por suposto, no xeito de entender a cociña en moitos dos seus restaurantes. Algúns con vistas cara un dos símbolos máis importantes da cidade, a famosa Torre de Hércules; outros ao longo do que é un dos paseos marítimos máis longos de Europa (con 13 quilómetros); hainos a un paso das praias urbanas Orzán, Riazor ou Matadoiro; ou preto do que é o porto máis importante de Galicia. NaDo e Salitre son dous exemplos dentro da ampla oferta hostaleira herculina na que o Atlántico é o mellor provedor.

Por Rebeca Munín
Pincha A Coruña | maio 2023 | 5 |
| 6 | Pincha A Coruña | maio 2023
I Iván Domínguez no interior de NaDo. Foto: Iván Barreiro

Iván Domínguez leva o mar na alma: “Eu son da Coruña. Para min o océano era tranquilidade, coller a táboa de surf e meterme na auga; observalo en momentos de temporal e ver a forza que ten e o respecto que lle tes que ter... É vida. É como o sangue no meu corpo e no de todos os coruñeses e coruñesas”.

O mar deulle tamén un oficio, o da cociña, ao que chegou traballando nun barco da Armada. “Aí descubrín a miña paixón”, conta. Logo pasou por varios restaurantes con estrelas Michelin ata abrir o seu propio local, NaDo, na súa cidade e, desde hai uns meses, con sucursal en Madrid: a casa de comidas galega Xeito 19’20’’.

O mar fornécenos do que el chama “xoias”: “Marabillas como o escarapote, a raia... Encántame a tempada de sardiñas. Pero non creo que haxa peixe mellor ou peor. O que hai é que tratalos sempre co mesmo cariño”, sinala. E coidalo. Moito. Neste momento da nosa charla recorda o encontro ‘Mar de Mares’, que se celebra desde fai unha década na Coruña. Na última edición máis de 120 mergulladores e voluntarios en terra lograron retirar co apoio de seis barcos preto de dúas toneladas de residuos (pneumáticos, plásticos, redes, latas, vidro…) na contorna do Castelo de San Antón. “Ver como sacan todo iso da auga é terrible. Penso que hai que concienciarse de que ao final é xogar co noso alimento”, opina.

Regreso ás orixes

Recentemente Iván decidiu dar “un paso atrás” en NaDo, deixar o menú degustación co que estaban traballando nos últimos tempos, e recuperar o formato máis informal, con pratos para compartir e máis populares co que naceu o proxecto. Sen perder, iso si, en ningún momento as súas orixes de militancia atlántica, produto local e cociña estacional. Unha carta aberta, sen ataduras e que fala de Galicia. “Levo máis de 8 meses metido en Madrid e, aínda que NaDo está controlado por un equipo no que confío moito -con Daniel Portillo como xefe de cociña-, quero dedicarlle o tempo que este local precisa”, explica.

‘Ostra rizada ao natural’, ‘Berberechos abertos con loureiro’, ‘Ameixa rubia á tixola’, ‘Escabeche vermello de mexillóns’, ‘Pescada Salpresa’, ‘Xarda á brasa, pementos e xugo de espiñas’, ‘Raia ao vapor con escabeche de vainilla e allo porro’... son algúns dos pratos que podemos atopar, segundo a tempada, en NaDo. Iván cre que o océano ten moita influencia nas súas creacións: “A nosa cociña, a galega, é con acidez, con salinidade... sempre ten ese recordo. Non é doce. Polo menos o que eu fago. Ten esa sensación de brisa, de frescura cando paseas pola Torre de Hércules, ese olor... A cabeza dunha maneira ou doutra tira para aí”. Un mar que botou moito de menos na súa estancia en Madrid e que agora quere volver a gozar con moita máis frecuencia. Por iso pensa combinar máis o traballo nos seus dous locais. “Espero vervos moito máis pola Coruña”, apunta cun sorriso pícaro.

I Prato de ameixas de NaDo. Foto: Iván Barreiro
Iván
Pincha A Coruña | maio 2023 | 7 |
Domínguez, chef de NaDO: “Non creo que haxa peixe mellor ou peor. O que hai é que tratalos sempre co mesmo cariño”

Mirando ao mar

Cando Caco Agrasar, chef do restaurante cunha estrela Michelin As Garzas, en Barizo (Malpica), andaba a buscar local para un novo proxecto na Coruña tiña claro que debería ter vistas ao océano. “Queriamos moita luz natural, fiestras grandes e o mar ao fondo”. Atopárono no paseo marítimo, nun espazo que anteriormente ocupaba o Alborada.

Quen o conta é o xefe de cociña de Salitre, Lalo Blanco. Con só 25 anos está á fronte dos fogóns deste establecemento que naceu no 2019 co obxectivo de trasladar parte da oferta gastronómica da As Garzas á cidade herculina. “Esa carta clásica de Costa da Morte, con produtos bos, sinxelos, elaborados dunha forma tradicional... E, ás veces, dándolle unha volta, para sorprender un pouco á xente”.

Lalo Blanco, xefe de cociña de de Salitre:
| 8 | Pincha A Coruña | maio 2023
“Se estás comendo un peixe, que saiba a ese peixe. Hai que manter a súa esencia”
I Lalo Blanco e Caco Agrasar, en Salitre. Foto: Iván Barreiro

A acollida na Coruña foi bastante boa e, trala pandemia - que capearon como moitos outros coa comida para levar-, Lalo di estar na actualidade nun momento de afianzamento do proxecto. “A base de case todo o que facemos atópase no mar, é dicir, o que abundan son distintos tipos de peixes con distintas elaboracións: robaliza, mero, rodaballo, rape... Varía segundo a tempada. Ademais os arroces, que son o noso outro prato insignia digamos, son de luras, de polbo, de lumbrigante... Só hai un de vaca. E tanto para os nosos caldos como para os nosos entrantes, sempre empregamos produtos do mar: moluscos, xarda, xurelo... Por exemplo, as empanadas -que é un dos clásicos que nunca poden faltar- facémolas de bonito, mexillóns, atún...”, explica.

O cociñeiro cre que cada vez a clientela é máis exixente: “Hai máis coñecemento sobre as materias primas, a xente está máis informada e pide o mellor. Valórano e distíngueno”. Por iso en Salitre apostan por produtos de calidade que tratan de alterar realmente moi pouco: “Se estás comendo un peixe, que saiba a ese peixe. Hai que manter a súa esencia”, sostén.

E, de novo, sae na nosa conversa o tema do trato ao mar. “Hai que explotalo pero con coidado e con respecto para que poida seguir sendo a nosa fonte de alimentos”, asegura Lalo. Así debe ser se queremos seguir gozando da súa beleza e dos peixes e mariscos que chegan desde as súas augas ata as nosas mesas.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 9 |
entrevista
| 10 | Pincha A Coruña | maio 2023
A Raquel encántalle quedar pola Coruña cos amigos de sempre para facer plans culturais e ir de bares. Foto: Iván Barreiro

Raquel Espada

Raquel Espada non parece ser desas persoas que aborrecen os luns. Alguén que fala de maneira tan apaixonada da súa profesión non pode odiar nin os luns nin calquera outro día da súa vida no que estea subida nun escenario ou diante dunha cámara. O seu traballo é unha vocación declarada, o “amor” da súa vida, como recoñece a actriz. Un amor que naceu xa dende pequena na súa terra natal, Perillo (Oleiros), lugar onde volve a miúdo aínda que o seu namoramento da interpretación a teña percorrendo camiños aquí e alá.

Con base en Madrid, Raquel Espada está facendo parada en Galicia como parte do elenco da última obra de teatro do Centro Dramático Galego, Un hotel de primeira sobre o río, unha peza baseada nun texto de Xohana Torres que estivo en cartel todo o mes de abril en Santiago e que rematará a súa xira de maio o vindeiro día 21 no Teatro Rosalía da Coruña. Toca despedida na casa para Raquel.

Como te atopas neste proxecto do Centro Dramático Galego?

A verdade é que esta obra foi un agasallo para min porque xa me encantaba a compañía, Elefante Elegante, moi física (compañía dos directores desde proxecto Gonçalo Guerreiro e María Torres)

Ao igual que fago moito drama e audiovisual, encántame o teatro físico e o clown, por iso me presentei. Cando me chamaron para a proba presencial fíxome moita ilusión precisamente pola compañía e polo tipo de peza. Sabía que ía ser moi física pero tamén con moito texto. Eu son tamén actriz de texto e esa mestura gústame moito, polo que encantada (sorriso grande).

Fálanos deste tipo de teatro.

Encántame o teatro en xeral pero gústanme moito as pezas nas que hai unha creación de personaxes que non é tan realista,

que tiran máis ao clown, á comedia… Xa teño feito moitas veces pezas de teatro contemporáneo con linguaxe interdisciplinar, mesturando o texto coa danza, música ou visuais e gústame a combinación de linguaxes.

Interpretas moito para formato audiovisual, prefires as rodaxes ou os escenarios?

Atópome moi ben en calquera código, tanto audiovisual como teatro. Iso si, se tivera que elixir quedaría co teatro porque me encanta, o que pasa é que, mágoa disto, non se pode vivir del. É dicir, non é tan doado para unha actriz ou actor vivir só do teatro. Eu digo que si a todo que non estamos para dicir que non, pero gústame estar enriba dun escenario e sobre todo facer comedia. Que diferencias atopas entre a televisión e unha peza teatral?

Na tele todo vai moi rápido, en cambio no teatro hai todo un proceso de ensaio dun mes ou dous meses nos que podes crear o teu personaxe. Na tele non hai ese tempo, vas e fas a túa secuencia. O teatro ten esa liberdade de poder crear. Sempre digo que as actrices e os actores non somos soamente un perfil determinado. Quero dicir que no audiovisual funciona moito a estética, se a túa cara e fisionomía pegan máis para un determinado papel, pero eu creo que iso dá igual porque somos creadoras de personaxes. É por iso que me encanta cando arriscan comigo, aínda que polo aspecto non pareza encaixar cun personaxe pero queren ver a miña proposta. Estas oportunidades non soen pasar no audiovisual. Que che suxire o argumento da obra, o urbanismo nas zonas rurais?

Penso que a calquera galego lle fai reflexionar este tipo de temática e mira que é un texto dos anos 60! Xa pasaban estas

“Encántame cando arriscan comigo aínda que polo aspecto non pareza encaixar no personaxe”
Por Silvia Castiñeiras
Pincha A Coruña | maio 2023 | 11 |

cousas e seguen pasando hoxe. Agora seguimos con esa problemática, cos inversores, a especulación, a explotación turística, e teño moito medo de que perdamos a esencia do noso, da nosa terra, da nosa cultura… Temos que ter moito coidado de conservar polo menos a nosa esencia.

AS ORIXES

Aproveitando este argumento de Un hotel de primeira sobre o río e sendo natural da área metropolitana da Coruña á beira do mar descubrimos se Raquel Espada é máis de campo (ou quizais habería que dicir de mar por isto de que está sacando o título de patrón de barco) ou de cidade. Campo ou cidade?

A min o que máis me gusta é o campo, pero vivo nunha gran cidade (Madrid). Se podo elixir non vou rematar aquí. Gústame o campo, o silencio, pero despois a vida é outra cousa. Madrid non ten nada que ver, levo moitos anos alí e teño moitas ganas de volver.

Establecícheste en Madrid por traballo?

En realidade penso que me quedei porque veu rodado, fun alí por formación e despois fun quedando ata que xa fixen unha base, pero estou sempre a cabalo entre Galicia e Madrid. Eu vou ir sempre onde exista o traballo e pola roda da vida fun quedando alí, pero non de por vida, quero volver á miña terra.

E como foron os comezos na interpretación?

Meus pais non son quen de dicir cando foi o de querer ser actriz. Penso que foi un pouco dado porque empecei a facer teatro no cole dende pequeniña e recordo ver moito cine cos meus pais. Na escola xa estaba dicindo que quería ser actriz. A partir de aí tiven que ir investigando e vendo como me podía formar porque non tiña ningún referente que me puidera guiar neste sentido. Fixen moito traballo de busca daquela que non había isto dos videobooks e non sabíamos moi ben nin como ir a un casting nin que era un representante.

Como reaccionaron na casa?

Na miña casa ao principio non lle daban importancia porque tamén quixen ser astronauta, escritora… pero logo empezaron a ver que ía en serio cando quixen preparar as probas de acceso á RESAD (Madrid) ou á ESAD (Vigo). Iso si, tiven que facer igualmente a selectividade eh! e aínda me matriculei nunha carreira por se non entraba na escola.

E se non chegaras ser actriz?

Non sei, moitas veces penso que non sei facer outra cousa, máis ben non me imaxino noutra cousa. Teño moitas inquedanzas, gústame pintar, estou sacando o título para ser patroa de barco, fixen un máster en xestión cultural…

Pero o amor da miña vida é a miña vocación. De feito, a persoa que estea ao meu lado ten que saber que o amor da miña vida é sempre a profesión, é unha adicción. (risas)

‘CULTUREANDO’ POLA CORUÑA

De que goza de volver pola terra non hai dúbida. O mesmo entusiasmo que desprende cando se refire á profesión tamén se deixa notar cando fala de volver á casa dos pais en Perillo e do que lle gusta “quedar pola Coruña cos amigos de sempre para facer plans culturais e ir de bares”. Alí, na cidade herculina asistiu de pequena a clases de teatro en Casa Hamlet.

Estás facendo plans culturais estes días?

Si, sempre que veño intento buscar algún plan, concertos, festivais, monólogos, cine… Sempre hai tempo para todo se se quere.

E vindo de Madrid como ves a oferta cultural aquí? Creo que na área da Coruña se están facendo moitas cousas a nivel cultural pero hai que crear máis público. A base está na educación dende pequenos, en concienciar sobre que as propostas culturais sexan un plan, que para ir tomar cañas sempre hai tempo. Non é por falta de programación. Por poñer un exemplo, no Teatro Rosalía, que me encanta, hai moita variedade, pero a xente ás veces non se decata… e mira que existe unha axenda cultural na Coruña! Sorpréndeme que a xente cando viaxa vai ver espectáculos e aquí non vai, entón dis… pero joo na nosa cidade veñen obras de teatro alucinantes e en toda Galicia hai eventos e oferta importantísima. A arte é educación, un espello da realidade e unha aprendizaxe, temos que consumir cultura.

Quédache tempo para propostas nas que non esteas ti somerxida?

Si, ademais obrígome a ver de todo, danza, música… porque temos que ser esponxas, na profesión artística tes que ver de todo e empaparte e saber o que están facendo os demais, sobre todo fóra. Ás veces pensamos que somos pioneiros de cousas e non o somos.

Rematades coa obra no Teatro Rosalía da Coruña. É especial para ti?

Como dicía antes o Teatro Rosalía é un dos meus favoritos e vai ser unha función moi especial porque os directores tamén están moi arraigados na Coruña. Vai estar cheo de amigos e familia e espero que tamén de público, que é a única función na Coruña e aí péchase a obra.

Con que sensación quedas ao rematar un proxecto?

Sempre dá mágoa porque cada personaxe ten unha esencia de nós. É un traballo moi exposto, damos moito de nós

| 12 | Pincha A Coruña | maio 2023

e sempre dá pena. Hai que agradecer a ese personaxe e despedilo porque ten que quedar oco para outros.

E rematado este proxecto Raquel queda á espera do próximo, unha etapa que define como “dura”. Di a actriz que non é o máis normal empatar un traballo con outro e a bo seguro ansía estar de novo absorbida pola interpretación, non só porque é o seu modo vida, tamén por unha necesidade que vai máis alá diso, que ten que ver cunha maneira de vivir.

RAQUEL ESPADA

Raquel Espada conta con experiencia profesional teatral e audiovisual, sendo esta última destacada con dous premios como Mellor Interpretación Protagonista Feminina pola serie ‘Nadia en cuesta’. Protagonizou durante tres anos a serie diaria ‘O Faro’, producida pola TVG e FORTA, que se emitiu en todas as canles autonómicas estatais e en catro países estranxeiros. Tamén foi nomeada dúas veces aos premios de teatro María Casares como mellor actriz polas obras ‘Neorretranca e Posmorriña’ e ‘O Charco de Ulises’. Actualmente forma parte do reparto da coñecida serie ‘Cuéntame cómo pasó’ e do elenco teatral na obra ‘O premio’, da compañía La Quintana Teatro. En Un hotel de primeira sobre o río interpreta a Silvia. Esta produción propia do Centro Dramático Galego defínese como un diálogo entre o texto orixinal da autora, Xohana Torres, co teatro do movemento, a danza, a música e as artes visuais. A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira esta obra que dirixen Gonçalo Guerreiro e María Torres. Ademais de Raquel, Iván Davila, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez e Lidia Veiga son os actores e actrices cos que cobra vida a historia que aborda de cheo unha temática de total actualidade: a relación entre preservar a tradición fronte ao moitas veces mal chamado progreso.

Pincha A Coruña | maio 2023 | 13 |
“Rematar Un hotel de primeira sobre o río no Teatro Rosalía vai ser unha función moi especial, chea de amigos e familia”
I Raquel coa escenografía de Un hotel de primeira sobre o río Foto: Iván Barreiro

Café de especialidade? Si, por favor!

“En canto o café chega ao estómago, prodúcese unha conmoción xeral. As ideas comezan a moverse, os sorrisos xorden e o papel énchese. O café é un aliado e escribir xa non é unha loita”. Honore de Balzac (17991850)

Esta é unha das moitas citas de personaxes históricos relevantes que atopei sobre o asunto a tratar nesta entrevista... CAFÉ.

Sen dúbida, despois da ronda de preguntas, charla cos profesionais colaboradores neste artigo e estudar sobre o tema, podo dicir que coñecer o café é unha viaxe de ida.

Esta entrevista non nos chega para coñecer este produto que parece tan sinxelo pero complexo ao mesmo tempo. Resulta fascinante descubrir todos os pasos que se dan dende o seu nacemento ata o seu final na nosa cunca. Vou centrarme en tres aspectos:

En primeiro lugar, esta bebida de consumo mundial é unha semente da árbore ou arbusto do café.

Segundo, aclarar un concepto: que é o café de especialidade? É probable que che soe moito.

O café de especialidade é o que aporta valor en toda a cadea de produción. Poderiamos definilo como de alta calidade e así diferencialo do café comercial.

Este termo apareceu nos anos 70 e foi Erna Knutsen quen comezou a utilizalo para referirse aos cafés por lotes non mesturados en orixe.

Trátase dun café que debería obter 80 puntos sobre 100 na escala creada pola Specialty Coffee Association (SCA).

Caracterízase pola súa ausencia de defectos, defínese pola súa trazabilidade, a súa orixe é perfectamente coñecida, adoita ser da variedade arábica e ao longo da súa vida foi tratado con coidado, profesionalidade e sentimento.

En terceiro lugar, quero falarvos da figura do barista. Que é un barista? Podo concluír que un barista é o espello dos caficultores e é o responsable do reflexo na cunca dun traballo máis complexo do que cremos. Especialista, profesional, experto en cada proceso e aspecto. E, ademais, unha persoa con empatía, capacidade de escoita e fala, atención minuciosa e respectuosa a cada pauta ou paso no seu traballo. A súa actividade pode cambiar o día de todos aqueles que acudan polo seu café para afrontar o día.

Como dixo Honoré de Balzac “os sorrisos xorden, as ideas comezan a moverse e o papel énchese”.

Déixovos en boas mans, as de tres grandes baristas da Coruña que transmiten amor por este sector tanto a nivel profesional como persoal. Son Diego Castro, que leva máis de sete anos no sector e actualmente traballa no Workcafé Santander; Chris Nakhal, que estudou Turismo, leva dous anos na industria e actualmente traballa en Wako; e Iago Lesta, barista do Astro Café con máis de sete anos de experiencia.

#debares
| 14 | Pincha A Coruña | maio 2023

Que é para vós un barista?

Diego- É principalmente un camareiro especializado na elaboración de todo tipo de bebidas a base de café.

Chris- Principalmente un profesional do sector servizos que non só sabe traballar co produto que vende, senón que tamén ensina e instrúe ao cliente sobre ese produto.

Iago- Para min é ter sorte. O que comezou como un hobby converteuse na miña profesión. Traballo no que me gusta.

Que aspectos vos diferencian como profesionais?

Diego- Principalmente creo que a maior diferenza é a paixón que intento transmitir nos meus cafés. Encántame este mundo, ir descubrindo cada cousa nova, xa que no mundo do café cando pensas que sabes algo, NON SABES NADA.

Chris- Coñecemento, experiencia e coidado.

Iago- Atención e trato ao cliente. Isto é algo que non todos teñen, o importante é a ACTITUDE.

Que fai bo un café?

Diego- Principalmente a materia prima, seguido do tostado que fai o torrador, por último da man do profesional da hostalería que che fai o café, sen esquecer a limpeza da máquina. Moita xente ten a idea de que con só pasarlle un auga no cazo onde facemos o café xa está aí e, canto máis negro é, máis sabor ten e iso, por desgraza, é un erro.

Chris- Para min é ese café que contén un bo aroma, permítenos identificar esas notas florais e afroitadas...

Iago- A materia prima. O café de especialidade é un café con menos cafeína, polo que ten menos amargor e máis aroma. A súa elaboración, asado... todo inflúe na calidade. Pero, a verdade, para min un bo café é o que che gusta. Depende do gusto persoal de cada un.

Valórase ou non o traballo e o servizo na Coruña? Observades coñecemento do sector?

Diego- Pouco a pouco a xente vai coñecendo cal é a figura dun barista e cada día valóraa máis. A nosa función de educar aos poucos sobre o bo café e darlles consellos sobre como facer as preparacións na casa se agradece. Por sorte, pouco a pouco na Coruña a demanda de café de especialidade vai medrando e cada vez é máis esixente. A xente comeza a valorar máis un bo café que un café mediocre cun croissant ou zume gratis. O resultado é que cada vez hai máis cafeterías especializadas na cidade.

Chris- Despois da pandemia, abríronse moitas cafeterías especializadas nas que se lle dá máis importancia a un bo café que a un café comercial. Pouco a pouco vaise observando máis conciencia no consumidor. Creo que se conseguirá con tempo e paciencia unha transformación positiva.

Iago- Sempre dixen que cantas máis cafeterías especializadas, mellor. Non é competición porque somos equipo. Canto máis produto de especialidade, máis conciencia do consumidor sobre o que é realmente o café. Xa non van tomar ningún café para o biscoito que vai de agasallo, queren un café especial aínda que sexa máis caro. O café de especialidade é a nova galleta.

Que recomendación fariades?

Diego- Merca sempre un bo café Arábica e se pode ser unha especialidade, mellor, xa que imos buscar unha bebida con menos cafeína, unha bebida máis dixestiva e o máis importante... unha bebida doce que non necesitará azucre . En canto aos locais da Coruña, calquera que venda café de especialidade, podería dicir Astro, Wako e Inzo, Workcafé Santander.

Chris- Estou con Diego, calquera establecemento con especialidades de café da Coruña.

Iago- Doña Barbara, Astro e Inzo.

Por Patricia Dopazo @gente.que.cuenta
Pincha A Coruña | maio 2023 | 15 |
“É un café con menos cafeína, polo que ten menos amargor e máis aroma. A súa elaboración, asado... todo inflúe na calidade”

Con que personaxe tomariades un café?

Diego- Con quen queira pasalo ben.

Chris- Amigos de profesión.

Iago- Risto Mejide.

Para quen vos gustaría facer un café?

Diego- A quen acepte degustar un café feito por min. Encántame o meu traballo e se hai algún tipo de crítica, dima. Hai que ver as críticas construtivas para seguir mellorando día a día.

Chris- Para alguén que non o probou.

Iago- Risto Mejide.

Café con gotas ou sen gotas?

Diego- Café sen gotas, pero como dicimos no workcafé, aínda que recomendamos probar o noso café

sen azucre, tamén digo que hai que tomar o café como che guste.

Chris- Café sen gotas.

Iago- Sen gotas.

Pota ou espresso?

Diego- Depende do momento, preferentemente a nivel persoal, atopamos máis cousas sensorialmente.

Chris- Filtra o café antes do espresso.

Iago- Espresso.

Só ou con leite?

Diego- O primeiro do día sempre con leite, despois indiferente.

Chris- Latte no piso Branco.

Iago - Só.

Arábica ou Robusta?

Diego- Preferiblemente arábica.

Chris- Café Arábica.

Iago- Árabe.

I Diego Castro, no Workcafé Santander. Foto: Iván Barreiro I Chris Nakhal, en Waco. Foto: Iván Barreiro
| 16 | Pincha A Coruña | maio 2023
I Iago Lesta, no Astro Café. Foto: Iván Barreiro

Que che vén á mente cando escoitas «café»?

Diego- Agora mesmo poderíamos usar un bo Chemex cun bo café, etíope se é posible, mentres facemos esta entrevista.

Chris- Cando penso no café, vénme á mente un momento de descanso ou o comezo de algo.

Iago- Paixón e vida.

Unha frase que te defina.

Diego- Con esforzo, paixón e dedicación intento acadar os meus obxectivos.

Chris- Esforzo, traballo e paixón.

Iago- Non tires a toalla.

DIEGO

Iago Lesta e Alejandro Otero.

CHRIS

Compañeiros máis próximos e, sobre todo, Iago Lesta e Diego Castro.

IAGO

Calquera barista con peso na escena barista galega como Marcos Gónzalez, Luís Blanco, José Manuel Portela... Eu fixen o meu primeiro filtro na casa de Diego, así que tamén. Creo que quen loita por aprender é unha referencia para min.

Scintilla

nosas bodegas
REFERENTES As
654 053 818 Pincha A Coruña | maio 2023 | 17 |

Percorremos coa Asociación Cultural Alexendra Bóveda un roteiro sobre escritoras vinculadas á cidade

| 18 | Pincha A Coruña | maio 2023 #delibros
“A historia das mulleres da Coruña aínda está por contar”
Pincha A Coruña | maio 2023 | 19 | Por Ruth Ríos | Praza de María Pita, símbolo da resistencia galega contra a invasión das tropas inglesas en 1589. Foto: Iván Barreiro

ACoruña das Mulleres é un proxecto desenvolvido pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e apoiado polo Concello de A Coruña, dentro do seu obxectivo de amosar a aquelas mulleres galegas ocultadas pola historia, a pesar do seu labor. Nesta recuperación da memoria colectiva entran desde a loitas das obreiras ata as historias de desterro daquelas vencelladas ao mundo da arte.

Agora todo aquel que o desexe ten a posibilidade de percorrer un itinerario na Coruña onde descubrirá apaixonantes historias de mulleres. Na revista Pincha tivemos a oportunidade de percorrer o roteiro das mulleres na literatura.

Grazas a María Xosé Bravo (educadora) e Carmela Galego (historiadora da arte) pola súa compaña e contarnos con tanto agarimo, á par que precisión, historias de mulleres fundamentais para a cultura coruñesa e galega.

“A historia das mulleres aínda está por contar e é un acto de xustiza”, afirma María Xosé. “Con A Coruña Literaria queremos poñer en valor todo o feito nesta cidade no eido da literatura e da edición, e con A Coruña das Mulleres poñer foco en mulleres singulares e pioneiras, ademais de coñecer a cidade”.

“A acollida por parte da xente dos roteiros foi abraiante”, comenta Carmela. “Recibimos moito apoio a pesar de iniciar o proxecto con moi pouco tempo”.

“Nós comprobamos que o público adulto está moi interesado na historia local”, engaden.

Comezamos o noso paseo no Obelisco, “un lugar no que se xunta o monumental co científico”, tal como afirma Carmela Galego, e “onde comeza todo”, como continúa María Xosé Bravo.

As pioneiras son as que comezan todo, como por exemplo a protagonista da primeira parada, a xornalista Mari Luz

Morales, a primeira muller que dirixe un xornal no estado español, La Vanguardia de Barcelona, onde tiña que escribir crítica cinematográfica baixo un pseudónimo masculino. Chegou a ser directora da publicación. Represaliada pola ditadura franquista, foi encerrada e inhabilitada para exercer a profesión periodística, ata que foi rehabilitada trala morte de Franco.

A seguinte parada é na casa de Juana de Vega, muller mecenas que ampara a Concepción Arenal, unha das primeiras mulleres que vai á universidade e defensora das mulleres presas, visitadora de cárceres (foi nomeada Visitadora de Cárceres de Mulleres en 1863) e que buscaba a mellora da vida das mulleres na cadea. “Creade escolas e pecharán cárceres”, dicía. Porque os libros rompen cadeas.

“O traballo florece cando se fai en conxunto”, di María Xosé, referíndose o labor realizado por Concepción Arenal apoiada por Juana de Vega.

A medida que camiñamos polo roteiro dámonos de conta da cantidade de nomes que faltan na historia da literatura galega habitualmente contada. Sempre se nomean aos mesmos grandes homes, pero poucas veces a mulleres como Emilia Pardo Bazán. Conta con sorna María Xosé que se necesitarían 300 anos de exposicións só dedicadas a mulleres para facer xustiza.

A terceira estación lévanos ata a xa desaparecida “A libraría da Arte” (situada no número 45 da Rúa Real), creada pola parella e tándem artístico formado por Syra Alonso mais o seu marido o pintor Francisco Miguel, cuxa obra é difícil de atopar hoxe en día, a pesar das súas influencias surrealistas inspiradas en Lugrís.

‘A libraría da Arte’ unía a literatura con faladoiros intelectuais, algo que se bota de menos na actualidade.

A parella comeza unha vida en común bohemia. Viven en

| 20 | Pincha A Coruña | maio 2023
| Parada na casa de Juana de Vega, muller mecenas que ampara a Concepción Arenal. Foto: Iván Barreiro
A xornalista Mari Luz Morales, a artista Syra Alonso, as escritoras Rosalía de Castro e Concepción Arenal ou a mestra María Barbeito forman parte deste itinerario

París, México e en diferentes lugares cos seus tres fillos, facendo a “viaxe da arte”, traendo a Galicia a arte do momento.

Finalmente regresan a Oleiros para instalarse na que chamaron a súa “Casa da felicidade”. Sen embargo, a súa felicidade vese truncada polo Golpe de Estado do 36 xa que Francisco Miguel é encarcerado polo seu pasado comunista. A partir dese momento, Syra Alonso relata o periplo para intentar liberar ao seu marido das “fauces fascistas”, como explica Carmela. Nos seus diarios fala das “Mulleres Muro”, mulleres que fan unha cadea humana diante do cárcere para evitar que aos homes apresados os gardas lles fixeran o fatídico “paseo” do que nunca regresaban.

Syra finalmente logra marchar a México vía Lisboa. Trátase esta dunha historia pouca coñecida dunha parella que contribuíu a modernizar a arte galega.

“A nosa cidade está chea de historia local feminista, como por exemplo a historia das mulleres lavandeiras que nos anos 20 do século XX botan de Betanzos ao marido dunha delas que era moi violento”, continúa Carmela.

O roteiro ten tamén memoria de Rosalía de Castro, que viviu catro anos en A Coruña, e Emilia Pardo Bazán.

Pardo Bazán foi a primeira que falou de feminicidios e bautiza Coruña como Marineda, ao estilo do Macondo de García Márquez, contando a historia das folgas das cigarreiras.

Hoxe en día está considerada como unha das escritoras máis prolíficas da literatura en lingua castelá, chegando a dirixir dúas revistas.

O noso roteiro chega á praza de María Pita, símbolo da resistencia galega contra a invasión das tropas inglesas en 1589.

E a última parada é na rúa María Barbeito; mestra, pedagoga, escritora e tradutora. Introdutora en Galicia da pedagoxía Montessori e que tamén sufriu as represalias franquistas.

En definitiva, A Coruña ten unha forte pegada de historia feminista aínda por contar. Invitámosvos a descubrir este roteiro que podedes facer vós mesmos na páxina web acorunhaliteraria.gal/roteiro-coruna-das-mulleres/

Pincha A Coruña | maio 2023 | 21 |
| María Xosé Bravo (educadora) e Carmela Galego (historiadora da arte) acompañáronnos polo roteiro das mulleres na literatura. Foto: Iván Barreiro

Cloaca:

“A pandemia foi o golpe definitivo para a escena underground”

‘Vertido tóxico’ foi o primeiro, e polo de agora o único, longa duración do dúo Cloaca. Pese ao seu título supuxo a entrada de aire fresco na escena coruñesa de rock ´n´ roll. Non tanto pola súa mestura de surf, garaxe e punk, senón polas súas gañas de pasalo ben e de facer gozar ao público. O seus concertos apóianse en temas curtos e directos, que ofrecen unhas melodías infecciosas mentres amosan un son coidado, afastado das toneladas de fuzz e reverb que adoitan empregar outras bandas do xénero. Capítulo aparte merecen as súas letras, capaces de arrincar un sorriso e non precisamente de vergoña allea. Todos estes elementos fan de Cloaca unha banda perfecta para botar uns bailes, para esquecer o aborrecido que temos o traballo e para lembrar por que seguimos a confiar na forza revitalizadora do rock. Coñecemos un pouco máis a Cloaca da man do seu batería, Rata Ray, e do seu guitarrista e cantante, Bento Carroña.

somos coruña | 22 | Pincha A Coruña | maio 2023

Por que montar un dúo cando semella que hai sobre saturación de dúos tocando rock?

(Ray) Non pensamos en ser un dúo. Arrincamos nolos dous e nunca houbo o pensamento de completar a banda con máis membros. (Bento) E ademais son todo vantaxes. Non hai discusión posíbel e tampouco hai o típico grupo de Whatsapp. E para xirar todo é moito máis cómodo. Máis típico son os formatos de banda en trío ou cuarteto. (Ray) Si que é certo que cada vez hai máis dúos. Penso que é por mor da pandemia. Buscas unha formación para dar bolos máis pequenos e sen o problema de xuntar moita xente. (Bento) Non buscamos un baixista. Se aparece é porque aparece a persoa indicada, como se aparece o amor da túa vida.

Como é o voso proceso creativo? Tedes unha fórmula infalíbel para compoñer temas?

(Bento) Ás veces levo eu cousas preparadas ao local e outras cousas comezamos nolos dous a esbardallar no local de ensaio e aparece un tema. Logo probamos como funcionan as cancións en directo. Moitas veces as cancións desbótanse despois dun bolo. Hai moito material que queda apartado. Gústanos probar se o tema flúe, se nos custa moito sacalo para diante, deixámolo de lado. Guiámonos polas nosas sensacións, que moitas veces coincide coas do público. As letras seguen unha mesma liña; é unha especie de análise da realidade dende o punto de vista da merda e da inmundicia que somos todos nos (risas). (Ray) Eu ‘flipo’ moitas veces que no local temos un tema e a letra vai saíndo natural, hai que pulila, pero a letra esta aí.

Aparentemente sodes unha banda de garaxe, pero hai moito máis, non si?

(Ray) A intención de partida foi facer unha banda de garaxe, pero non unha banda de garaxe ao uso. Tentar facer unha amalgama coas cousas que nos gustan. (Bento) O concepto é máis complicado do que parece. Nese sentido buscamos unha produción e un son influenciado polos oitenta. O son foise atopando pouco a pouco. (Ray) O plan ao principio foi meter fuzz a tope, pero ao ser unha soa guitarra, aquelo non funcionaba. (Bento) Queríamos encher o escenario con noso son, pero se só metiamos ruído a cousa non arrincaba.

Como vedes a situación para as bandas agora que a pandemia quedou atrás?

(Bento) Quedou todo un pouco morto. Pecharon moitos sitios para tocar. Moita xente que se dedicaba a isto deixouno de

lado. Aínda que hai a idea de que a cousa está volvendo a funcionar, o certo é que eu penso que non. E ao mellor non volve a ser o que era. (Ray) A nivel underground a cousa quedou morto. Pensaba que ía haber unha explosión, sobre todo para nós, para bandas pequenas. Hai cousas moi grandes, grandes festivais que están saturando todo, pero a nivel amateur non funciona. Nós estamos tocando moito, pero por cada bolo que sae, hai dez que non se chegan a facer. (Bento) Hai xente que ten que recuperar moitos cartos e non están dispostos a facer experimentos. E tampouco se toman riscos cos cartos públicos. E isto mesmo vale para a música e para calquera manifestación artística.

Hai posibilidades de montar unha escena?

(Ray) Non hai escena. Iso quedou roto. Xa viña rota antes da pandemia, que foi o golpe definitivo. Creo que as cousas van rexurdir, pero ao mellor a nós non nos colle. Para nós é unha sorte ver nos nosos bolos un grupiño de xente nova que teñen interese polo rock ´n´roll. (Bento) Hai xente nova, pero non é suficiente para un relevo xeracional. (Ray) Tampouco hai relevo para o público. Aquí en Galicia aínda non chegamos a isto, pero por aí adiante estanse facendo os bolos as seis da tarde, pensando na xente que ten fillos.

Como vedes a situación na Coruña?

(Ray) Botamos de menos os garitos pequenos onde montar un bolo. O que nos chamamos concertos de bar. Un sitio pequeno que non che pida 200 euros de alugueiro de sala para tocar. Na provincia de Pontevedra a cousa está mellor. Non sei se a xente ten máis ánimo. Supoño que tamén importa que os concellos deixen facer cousas. Proxectos como a Insumisa axudaron moito a que bandas como a nosa se animasen a insistir na súa proposta. (Bento) O ambiente da cidade non axuda moito. Falta tecido obreiro, que é a xente que se move polo rock. Todos sabemos que hai unha empresa que é a que trae traballadores á cidade, pero eses traballadores buscan outras cousas.

As redes socias serven para algo cando es unha banda pequena?

(Bento) Terían que estar prohibidas. As redes non son reais. As bandas perden o tempo nelas pero por obriga social. Non imos ser unha de esas bandas que publican todo o que fan ou o que lles pasa. Son unha auténtica dor de moas. (Ray) Por exemplo, polas redes ves moita xente reivindicando que se fagan cousas, pero logo esas persoas non aparecen. Onde están?

I Bento Carroña e Rata Ray forman o dúo Cloaca. Foto: Alejandro Mariño Cortés
Pincha A Coruña | maio 2023 | 23 |
Por Javier Pereira Gasamáns

Nancho Novo

Para o coruñés chegar a unha gran cidade coas rúas repletas de carteis luminosos coas últimas estreas cinematográficas foi un soño feito realidade

A6 — GASTROCULTURA da Coruña a Madrid
“Son un contacontos para o que calquera vehículo é válido”
Nancho Novo naceu na Coruña no 1958.
| 24 | Pincha A Coruña | maio 2023

Oactor Nancho Novo, nado na Coruña en 1958, medrou xunto ós seus outros cinco irmáns e algún que outro curmán que sempre conviviu con eles. Afirma vir dunha familia de artistas, aínda que é o único que realmente vive diso. Sen dúbida, o don da interpretación foi herdado da súa nai, quen foi unha actriz afeccionada.

Ante un primeiro intento de dedicarse á medicina e mesmo trasladarse a Santiago de Compostela para estudar, Nancho Novo cambiou por completo a súa orientación profesional. Decidiu mudarse a Madrid para estudar Arte Dramática e formarse como actor durante catro anos. Fíxoo na prestixiosa escola RESAD, berce de grandes actores e actrices do noso país. Daquela, o actor coruñés lembra con cariño a Pepe Estruch ou William Layton, “Mestres con maiúscula”, como el mesmo os clasifica.

Como tantas outras persoas, decidiu vir á capital perseguindo un soño e poder vivir del. Dito e feito. Novo converteuse nun creador nato, nun actor camaleónico, nun colaborador de luxo e mesmo nun cantante, unha das súas grandes paixóns. Ás súas costas conta con máis de 30 montaxes teatrais e máis de 40 longametraxes, cinco libros publicados e mesmo un grupo de rock&roll chamado ‘Los castigados sin postres’. Na gran pantalla traballou con algún dos máis grandes, como Julio Médem ou Pedro Almodóvar.

Foi precisamente con Médem cando notou o punto de inflexión na súa carreira despois de formar parte do elenco de ‘La ardilla roja’. Ata entón fixo moito teatro e só un pouco de cine. Con esta película o panorama cambiou, comezou a interpretar papeis protagonistas tanto no cine como na televisión. Pero como o resto dos mortais, os seus primeiros pasos no mundo da interpretación foron pouco a pouco. Comezou a traballar como pallaso en festas infantís. En 1982, Juan Margallo fíxolle o seu primeiro contrato profesional nun espectáculo infantil titulado ‘La Gran Feria Mágica’. Pouco despois, foi contratado para actuar nun dos lugares máis tentadores para os artistas, no Teatro Romano de Mérida. Mentres tanto, seguía compaxinando a súa vida profesional cos estudos na RESAD; “Escribín teatro e estreábao! Dende aquela non deixei de traballar”, dinos orgulloso o coruñés.

Foille doado adaptarse a Madrid e pronto namorarse del. Para un mozo con ganas de vivir, chegar a unha gran cidade na que as rúas estaban repletas de carteis luminosos coas últimas estreas cinematográficas, aterrar na Gran Vía foi outro soño feito realidade. Grazas ao traballo que levou a cabo no escenario, compartiu cartel con grandes lendas do teatro español. Nomes como José María Rodero, Fernando Delgado, Amparo Baró ou Rafaela Aparicio figuran entre os seus compañeiros e compañeiras de reparto. Como bo galego, cando o poñemos entre as cordas para escoller entre a televisión ou o teatro, responde con rotundidade: “E o cine, e a música….todo ten o seu punto. Son un contacontos para o que vale calquera vehículo”.

Sobre Madrid, declara que sempre foi una cidade moi cultural. “Cheguei no medio da Movida, que era una contracultura. A arte fíxose, con máis ou menos éxito, por puro desexo de contar cousas ou simplemente molestar”. E foi precisamente a vontade o que situou a Nancho Novo como unha das grandes caras mediáticas do noso país, quen aínda sente unha gran responsabilidade cada vez que se enfronta ao piloto vermello ou a unha sala chea de xente. O que sente, “é unha liturxia, coma se fose un cura que oficia un ritual que revolve o mundo dos soños”. Cun carácter tímido e introvertido, a actuación permítelle expresarse e comportarse dun xeito que non faría individualmente na súa vida cotiá.

A 600 quilómetros da súa actual casa, atópase a súa cidade natal, á que segue ligado polo sangue, que é “máis que todo”. En canto a situación audiovisual en Galicia, ten claro que “agora mesmo está a fornecer ao panorama español dos mellores actores das últimas xeracións. Non fai falta dicir nomes, todos os coñecemos”. Pero que lle diría a alguén que quere dedicarse á actuación? “Déixao, isto é moi difícil. E se aínda así, segue empeñado ou empeñada, pois non te rendas, veñan como veñan dadas. Nunca debes deixar de loitar”.

Que mellor plan para a vindeira fin de semana que gozar dalgúns dos títulos nos que podemos velo, como ‘El año que trafiqué con mujeres’, ‘Tres días en Pedro Bernardo’, ‘El lápiz del carpintero’ ou a serie ‘Sé quién eres’, dende o salón da nosa propia casa.

Por Ana Romero
Pincha A Coruña | maio 2023 | 25 |
Xunto a Emma Suárez na rodaxe de ‘Néboa’ en Galicia. I

FICHA DO VIÑO:

Adegua:

Adamare wines

D.O.: Sen D.O.

Variedades:

95% Mencía e 5%

Garnacha

Grao: 13,5º

Colleita: 2022

Prezo: En torno aos 16€

crusat & costas
Desfrutando un viño na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro
| 26 | Pincha A Coruña | maio 2023

Adamare: Verbo en

Precioso nome para un viño e para un proxecto, non si? Pois así de apaixonados comezamos este Pincha primaveral, falando de tres rapaces de Quiroga (Lugo), Víctor, Javi e Iago, que deciden meterse nesta aventura a finais do 2019 Motivados polo cada vez máis patente abandono do rural, o despoboamento dos concellos limítrofes e o seu propio, decidiron poñerse a buscar alternativas para darlle valor aos produtos locais da zona: aceite, viño e mel.

Voulle deixar ao meu compañeiro Crusat que vos fale do proxecto do aceite e do mel, para centrarme no proxecto vinícola, esa “pequena ou grande viaxe”, coma eles din. Inspirados na tradición vitivinícola das súas propias familias, todo comeza en Friamonde, unha pequena aldea situada entre O Saviñao e Taboada, as fincas están moi próximas ao Río Miño e a uns 35 quilómetros de Quiroga en coche. Traballan con dúas viñas en modelo de recuperación das que intentan sacar “a súa mellor versión”.

Preguntados sobre por que o eixo de seu proxecto xira en torno ao viño, contesta Víctor que “xorde ao ver como a meirande parte dos pequenos produtores da zona comezan a producir menos viño para as súas elaboracións para centrarse, case exclusivamente, na produción de uva para as grandes adegas”. Mágoa que este panorama non é novo, posto que moitas veces temos falado deste tema en Pincha. Así, contactan co noso querido e prezado Roberto Regal, de todos coñecido por apoiar os pequenos proxectos de recuperación de parcelas na contorna da Ribeira Sacra. Roberto axúdalles en todos estes anos do proxecto, tanto na vinificación como nas instalacións, posto que Adamare aínda non ten adega en propiedade, sendo este o seu obxectivo a medio prazo.

No caso concreto do viño que nos ocupa hoxe, Adamare 2022, toda a súa produción, 2400 botellas, sae da finca Penadoso: 95% Mencía e 5% Garnacha. Un viño fluído, fresco, onde predomina a froita vermella e unha boa estrutura en boca. Para o resto de cuestións e para o tema do papeo, déixovos con Crusat!!

Adamare: O amor á terra

Adamare é parte do proxecto de tres rapaces amantes da súa terra de Quiroga que queren poñen en valor o seu lugar a través de tres produtos emblemáticos dela. Recuperación e posta en valor dun sector primario apostando pola transformación. Dentro da marca Sinatura engloban o aceite e mailo mel. Co aceite traballan recuperando variedades antigas coma a brava e a mansa, cun pequeno aporte de picual. Todo traballado nunha pequena almazara de Quiroga. No caso do mel traballan en ecolóxico baixo o selo de amparo desa DO integrando no proxecto o mel dun apicultor do Courel e apostando pola preservación do medio e a súa biodiversidade.

Xa centrados no viño, este tinto de Adamare ten mencía (95%) e garnacha tintorera (5%), todas elas dunha soa parcela chamada Penadoso que se atopa sobre chans de lousa. Trátase dunha viticultura tradicional, vendima manual, con respecto o medio. Na adega (neste caso na adega de Roberto Regal xa que de momento no teñen instalacións propias) a uva é despalillada, ten unha maceración de 16 horas, e fermentar con control de temperatura para preservar o máximo posible de aromas primarios. A clarificación do viño realízase por medio de decantación e trasegas, estabilizándose co frío do inverno. Como vedes un traballo na adega coa mínima intervención posible. O proxecto vai crecendo e xa coa anada do 2022 sairá outro tinto ao mercado mais un godello, ámbolos dous traballados en barrica.

O resultado final é un viño que presenta unha capa media alta, de cor vermello cereixa moi vivo e brillante. Aromas de froita vermella silvestre, coma grosella, framboesa ácida, tamén terra e violetas e finalmente regalicia e tostados. Na boca preséntase coma un viño robusto, graxo e con corpo, estruturado e tánico, volvendo a aparecer as notas de froita silvestre cunha acidez contida e ben redondeada. Longo na boca e cun final persistente.

E xa para rematar imos largarlle algo o bandullo, e coma sempre cousas de tempada. Sendo un tinto de mencía fresco, propoño para comezar unha lamprea guisada con tirabeques xa que unha está a rematar a tempada e os outros, a comezala. Ou como segunda opción propoño unha paella de magret de parrulo (si, paella, así para amolar un algo a algunha xente), nela empregaremos a graxa do propio parrulo para a elaboración do sofrito, no que usaremos un chisco de pasta de chile coreana en trocas do pemento en especia ou a ñora tradicional. Pincha

Por Jose Crusat Por Lorena Costas
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
latín que significa amar con vehemencia
Pincha A Coruña | maio 2023 | 27 |

A CORUÑA DE PICASSO

BIBLIOTECA DO FORUM METROPOLITANO

3, 10 E 31 DE MAIO ÁS 19.00 H |

PREZO: DE BALDE

A biblioteca do Fórum únese á celebración do “Ano Picasso” co ciclo temático de primavera dedicado a figura do pintor. Programa:

03/05/2023

Charla: Picasso na Coruña (1891-1895): a forxa do xenio.

10/05/2023

Charla: Como mirar a Picasso: un percorrido pola obra do artista e as súas influencias.

31/05/2023

Charla: A Coruña de Picasso no 1895.

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

ATA O 7 DE MAIO

A Coruña acolle desde o pasado 28 de abril a terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo. Estas son as próximas actuacións programadas:

MÉRCORES 3 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS | Afundación: As R(h)umorosas (estrea absoluta)

XOVES 4 DE MAIO ÁS 21:00 HORAS|

Afundación: Ansia viva (estrea absoluta)

VENRES 5 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS |

Afundación: Juan Barraza: Garabato controlado (estrea en España)

SÁBADO 6 DE MAIO

12:30 HORAS |

Teatro Colón: La Ruina

22:00 HORAS |

Palexco: Animus Iocandi (estrea absoluta)

DOMINGO 7 DE MAIO ÁS 20:00 HORAS | Teatro Colón: Fantastic Colofon

Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de VACAburra.

5 DE MAIO ÁS 20.00 H. Ágora

Mevadeus, de Outrora Nós.

11 DE MAIO ÁS 20.00 H

Teatro Colón

Amour, de Marie de Jongh. 12 DE MAIO ÁS 20.00 H. Teatro Colón

Los días ajenos de Bob, de Andrés Lima e Bob Pop.

13 DE MAIO ÁS 22.00 H.

Teatro Colón

Menú do Día, do Colectivo #ChamizoBelloVila.

4 DE MAIO ÁS 20.00 H. Ágora

Encontro sobre creación e bullying: Roy Galán e Paco Tomás.

9 DE MAIO, ÁS 20.00 H.

Biblioteca do Ágora

Encontro con Bob Pop.

12 DE MAIO ÁS 18.00 H.

Ágora

Xanela identidade.

10 DE MAIO ÁS 20.00 H.

Biblioteca do Ágora

Xanela Pink Washing.

11 DE MAIO ÁS 17.30 H.

Biblioteca do Ágora

Sobre Sorpresa, de Aldaolado.

7 DE MAIO ÁS 13.00 H

F. Luís Seoane

Rabelo e Mondra.

14 DE MAIO ÁS 13.00 H.

Fundación Luís Seoane

Todas as funcións representaranse ás 20.30 horas:

5 DE MAIO: ‘Onde está o relámpago que vos lamberá as vossas labaredas’

6 DE MAIO: ‘Los perros’

7 DE MAIO: ‘Transmissions’

12 DE MAIO: ‘Vaivén’

13 DE MAIO: ‘Manbuhsona’

CONCERTO DE LOVE OF LESBIAN COLISEUM

13 DE MAIO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 25 €

O cuarteto formado por Santi Balmes, Julián Saldarriaga, Jordi Roig e Oriol Bonet, acompañados no directo por Ricky Falkner, Dani Ferrer e Marc Clos, ofrecerán o único concerto en Galicia da xira de V.E.H.N., o décimo álbum de estudo dos cataláns que estivo nomeado a tres Latin Grammy.

RETROFUTURE DAY FEST

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE E PELÍCANO

A LOUCA HISTORIA DE GALICIA

AUDITORIO DO FORUM METROPOLITANO

5 DE MAIO ÁS 21.00 H |

PREZO: 9 €

Con esta obra, a compañía Fulano Mangano e Citano conta a Historia de Galicia, desde os castrexos ata a actualidade, cun humor moi galego, retranqueiro e sarcástico, con impactantes proxeccións de vídeo, divertidos números musicais e unha posta en escena colorista e dinámica que nos fará gozar dunha experiencia imposible de esquecer.

CORUFEST

DO 4 AO 14 DE MAIO

O Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o auditorio e a biblioteca do Centro Sociocultural Ágora e a Fundación Luís Seoane acollerán a sexta edición do Corufest, un festival de artes escénicas para celebrar a diversidade en diferentes eidos da cultura e das artes escénicas.

Los perros, de Led Silhouette e Marcos Morau.

6 DE MAIO ÁS 20.30 H.

Teatro Rosalía de Castro

Manbuhsona, de IVONA.

13 DE MAIO ÁS 20.30 H

T. Rosalía de Castro

CICLO TRC DANZA PRIMAVERA 2023

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

ATA O 13 DE MAIO |

PREZO: 8 E 12 €

Desde o ano 2014 o Teatro Rosalía Castro acompaña o seu programa anual de danza TRCDanza cun proxecto innovador de mediación cultural e programación expandida.

Este proxecto articula mecanismos de relación entre os artistas convidados e os cidadáns da Coruña coa intención de xerar un contexto na cidade que poña en valor a danza e as artes do movemento.

13 DE MAIO |

PREZO: 12 €

Esta segunda edición de evento de música electrónica traerá a Ancient Methods, Elektrógena e Sergio Amaro, que actuarán na SkyRoom de Pelícano desde as 00.30 h.

Esta nova edición de RetroFuture Day Fest conta como novidade principal unha programación diúrna na Fundación Luís Seoane. As persoas asistentes poderán escoitar a sesión de DJ de Waje (17.0019.00 horas), o directo de Telephasycx (19.1520.15 horas), o directo de L. F. T. (20 .30- 21.30 horas) e a sesión de DJ de Violet (21.45- 00.00 horas). A entrada á Fundación Luís Seoane será de balde ata completar a capacidade.

| 2 Pincha | Revista 1 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha A Coruña | maio 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023:

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada en 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promoción do idioma e da cultura de noso. Unha efeméride que foi acadando nos últimos anos grande amplitude, proxección e participación cidadá ata converterse nunha das citas máis importantes do calendario cultural galego.

As Letras Galegas tamén están de celebración, posto que cumpren 60 anos (1963-2023). Comezou esta conmemoración o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2022, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nos 60 anos do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano no que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).

Para 2023, a RAG, na súa sesión plenaria do día 9 de xullo de 2022, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). Foi unha das personalidades de referencia na historia do galeguismo e da cultura galega do século XX. Fundador, entre outros, da Editorial Galaxia, da que chegou a ser director xerente, compartiu tamén a dirección da revista Grial co intelectual Ramón Piñeiro durante os seus primeiros 100 números, presidiu a Real Academia Galega entre 1997 e 2001 e dirixiu a Fundación Penzol desde a súa fundación ata 2009.

Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada na cultura e na literatura galegas, da que forman parte títulos

como Escolma de poesía galega: os contemporáneos (1955), Manual de historia da literatura galega (1971), O cego de Pumardedón ou Xeración Galaxia (1996).

ACTIVIDADES NA CORUÑA

❖ A Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña lembrará a figura do homenaxeado cunha mostra bibliográfica da súa obra, ‘Francisco Fernández del Riego: dinamizador da cultura galega’. Estará exposta do 12 ao 31 de maio de 2023.

❖ A mesma biblioteca acollerá tamén unha actividade de narración oral, ‘Unha viaxe vivida’, a cargo de Ramiro Neira, o 20 de maio, que achega a figura do homenaxeado a través dunha viaxe de peregrinaxe polo Camiño de Santiago. Vai dirixido ao público infantil de 5 a 12 anos.

❖ O Museo de Belas Artes da Coruña programará visitas guiadas o 16 e 18 de maio pola colección permanente do museo nas que o protagonista é Francisco Fernández del Riego e os pintores cos que tivo amizade na súa vida (Seoane, Colmeiro e Laxeiro).

❖ O 18 de maio ás 20.00 h no Teatro Colón a Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá un concerto dedicado ao Día das Letras Galegas. Un programa íntegro de música galega con dúas estreas do compositor coruñés León Durán e do estradense Simón Couceiro. Participará o coro e grupo instrumental tradicional de Cántigas da Terra e como artista convidado o virtuoso da gaita José Manuel López 'Josele'.

must Pincha A Coruña | maio 2023 | 29 |

MAIO JAZZ 2023

TEATRO COLÓN

DO 14 AO 28 DE MAIO ÁS 20.00 H

A Deputación da Coruña organiza un ciclo de concertos de jazz no Teatro Colón coa seguinte programación:

DOMINGO 14 DE MAIO:

IVÁN VILELA & PABLO CASTAÑO: Concerto de presentación do disco MAT[R]IZ

SÁBADO 20 DE MAIO:

CUARTETO FEDERAL

DOMINGO 21 DE MAIO:

ANTÓN QUINTELA: NEMÓLITO

SÁBADO 27 DE MAIO:

JAVIER OTERO NEIRA: SARAIBA

DOMINGO 28 DE MAIO:

PABLO SANMAMED TRÍO, ft. BENXAMÍN OTERO: concerto de presentación do disco ZUGUNRUHE, INQUIETUDE MIGRATORIA

CONCERTO DE ANDRÉS CALAMARO

PALACIO DA ÓPERA

21 DE MAIO ÁS 19.00 H |

PREZO: DESDE 45 €

Andrés Calamaro regresa ao noso país continuando coa exitosa xira que lle levou por México, Perú, Colombia, Chile, Uruguay, Paraguay e Arxentina. Este multipremiado artista, repasará neste concerto os seus grandes éxitos acompañado de toda a súa banda.

MOSTRA (S8) DE CINEMA PERIFÉRICO

DO 26 DE MAIO AO 4 DE XUÑO |

PREZO: ENTRADA LIBRE

A sala municipal de exposicións de Palexco, a Domus, a Fundación Luís Seoane, a Filmoteca de Galicia e a sede de Afundación acollerán a décimo cuarta edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico.

Consulta a programación completa proximamente en s8cinema.com e revistapincha.gal/axendagastrocultural

nuevo álbum de estudo, ‘RökFlöte’, o número 23 da súa carreira, que chega tralo seu aclamado regreso a principios de 2022 con ‘The Zealot Gene’, o seu primeiro disco en dúas décadas.

CONCERTO DE QUICO COMESAÑA TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

2 DE XUÑO ÁS 20.30 H |

PREZO: 13-16 €

Quico Comesaña, alicerce do folk galego, volve aos escenarios con ‘Mãe’, o seu primeiro traballo discográfico en solitario, unha obra impresionante que non deixará indiferente a ninguén. Estará acompañado por unha banda integrada por Carmen Gallego (violín, nyckelharpa), Marcos Padrón (acordeón), Paula Oanes (arpa céltica) e Leandro Deltell (percusións).

CONCERTO DE LUZ CASAL

PALACIO DA ÓPERA

27 DE MAIO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 40 €

UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

21 DE MAIO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 5 €

CONCERTO DE PABLO LÓPEZ

COLISEUM

20 DE MAIO ÁS 22.00 H |

PREZO: DESDE 38 €

Tras un ano de silencio nos escenarios e o seu último Premio Ondas ao Fenómeno Musical do Ano polo seu MayDay&Stay Tour (2021), o artista malagueño Pablo López regresa de novo aos escenarios co seu selo inconfundible.

Un diálogo entre o texto orixinal da autora, Xohana Torres, co teatro do movemento, a danza, a música e as artes visuais. Así se define de partida o novo espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego que pechará a súa xira con esta actuación na Coruña. Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, NicolásOtero, Merche Pérez, Pablo Sánchez e Lidia Veiga son os actores e actrices cos que cobra vida a historia que aborda de cheo unha temática de totalactualidade: a relación entre preservar a tradición fronte ao moitas veces mal chamado progreso.

A artista, referencia indiscutible da música popular europea, pon fin a cinco anos sen material inédito co disco ‘Las ventanas de mi alma’ que presentará neste concerto na Coruña. Son doce temas que oscilan entre o rock e os sons máis clásicos.

SI ESTO ES UN HOMBRE AUDITORIO DO FÓRUM

METROPOLITANO

2 DE XUÑO ÁS 21.00 H |

PREZO: 9 €

CONCERTO DE JETHRO TULL

PALACIO DA ÓPERA

28 DE MAIO ÁS 20.00 H |

PREZO: DESDE 35 €

Jethro Tull, a lexendaria banda de rock británica liderada por Ian Anderson, presenta en vivo o seu

A compañía Cámara Negra Teatro presenta este espectáculo como unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo. En 1944, deportaron a Primo Levi a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estadía no campo, empezou a escribir Se isto é un home, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro. En 2020 (75 anos despois da liberación de Auschwitz), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

Gastronomía & Cultura 3 | | 30 | Pincha A Coruña | maio 2023

Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.

CONCERTO DE JOAQUÍN SABINA

COLISEUM

4 DE XUÑO ÁS 22.00 H |

PREZO:

ENTRADAS ESGOTADAS!

Contra o vento implacable do paso dos anos, contra a resaca da marea duns tempos á deriva, “Contra todo pronóstico”, Joaquín Sabina, aos seus setenta e catro anos, de volta de todo e curado de espantos por vello e por diaño, anuncia o seu regreso aos escenarios para deleite de si mesmo e do seu público.

LA DISCRETA ENAMORADA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

9 E 10 DE XUÑO ÁS 20.30 H | PREZO: DESDE 9,50 € A comedia amorosa de enredos ‘La discreta enamorada’ de Lope de Vega (1604) atesoura versos de enorme beleza que lle van servir a unha nova promoción da Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico para presentarse en público. Con Íñigo Arricibita, Xavi Caudevilla, Cristina García, Ania Hernández, Nora Hernández, Antonio Hernández Fimia, Pascual Laborda, Cristina Marín-Miró, Felipe Muñoz, Miriam Queba, María Rasco e Marc Servera, Montse Díez, Lluís Homar.

JAVI DURÁN “FRACASHOW”

AUDITORIO AFUNDACIÓN

10 DE XUÑO ÁS 20.00 H |

PREZO: DESDE 15 €

Javi Durán chega á Coruña con ‘Fracashow’, un espectáculo que combina stand-up comedy con audiovisuais para facer pasar unha experiencia que roza o delirio, a épica e o anticonstitucional. Cun humor acedo moi particular e con actuacións por toda España, Javi Durán fala das súas miserias, a preguiza do politicamente correcto e o absurdo deste sistema no que estamos todos metidos.

CONCERTO DE KANY GARCÍA

PALACIO DA ÓPERA

23 DE XUÑO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 35 €

A multipremiada cantante e compositora Kany García regresa a España con esta xira. A artista portorriqueña gañadora de 6 premios Latin GRAMMY foi recentemente recoñecida co “Leading Ladies of Entertainment Award”, en honor ao seu labor como muller dentro da industria do entretemento.

CONCERTO DE MORAT

COLISEUM

29 DE XUÑO ÁS 22.00 H |

PREZO: DESDE 33 €

A banda colombiana de éxitos como ‘Porfa no te vayas’, ‘Cuando nadie me ve’, ‘Amor con hielo’ ou ‘Como te atreves’ actuará na cidade herculina no marco do seu World Tour, con tan só nove paradas en España.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Coruña ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: coruna@revistapincha.gal

SOMOS CRIMINAIS

TEATRO COLÓN

9 E 10 DE XUÑO ÁS 20.30 E 23.00 E 18.00

E 20.30 H | PREZO: 15 - 18 €

Tras o éxito da xira de presentación, Somos Criminais volve á carga nunha segunda xira. En

CONCERTO DE MANUEL CARRASCO COLISEUM

10 DE XUÑO ÁS 22.30 H |

PREZO: DESDE 40 €

Manuel Carrasco presenta en directo o seu noveno álbum de estudo ‘Corazón y Flecha’, una cita obrigada para volver a ver ao onubense sobre os escenarios que tantos éxitos lle deron. Entre outros recoñecementos conta co Golden Music Award á súa traxectoria musical e o premio Ondas ao Mellor Espectáculo Musical.

CONCERTO DE TINI

COLISEUM

24 DE XUÑO ÁS 22.00 H |

PREZO: DESDE 38 €

A superestrela arxentina Tini é un fenómeno global con 14 millóns de oíntes mensuais en Spotify.

Gañadora do Premio Billboard Arxentina a Artista do Ano no 2020 e á artista arxentina máis escoitada en Spotify globalmente. Ademais, ten colaborado coas máis grandes estrelas da música incluíndo a Alejandro Sanz, Christina Aguilera, Ozuna, Jonas Blue ou Coldplay.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

| 4 Pincha | Revista 1
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
Pincha A Coruña | maio 2023 | 31 |

Rúa Santiago, 4 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30. Domingo de 13:00 a 15:30

T. 655 412 943 aespiga.com

Rúa Comandante Fontanes, 17 A Coruña

L a X de 08:00 a 01:00

V de 08:00 a 03:00 e S de 17:00 a 03:00

D de 17:00 a 01:00

T. 981 619 435 cottonclubcoruna.es

Rúa Orzán, 15 A Coruña

De martes a xoves de 13:00 a 01:00 Venres, sábados e vésperas de 13:00 a 03:00

FB e IG: @barberiabar

T. 881 917 638

Praza de Ourense, 1 A Coruña

Luns a xoves de 10:00 a 22:00 h Venres e sábado de 10:00 a 23:00 h

info@downexperience.com downexperience.com

Rúa Varela Silvari, 2 - baixo C A Coruña

T. 881 926 220 bordelloparlour.com @bordelloparlour

Cociña de autor con inspiración latina e produto galego Café de especialidade torrado en Galicia

Rúa Alameda, 17 - baixo D A Coruña

Martes a sábado de 09:00 a 00:00 Domingos de 11:00 a 16:00

Avenida Habana, 22 A Coruña

L a S de 13:00 a 16:30 e 20:00 a 00:00

Domingos de 13:00 a 16:30

T. 981 261 916 - IG: asadorgonzaba coruna@asadorgonzaba.com

Rúa Galera, 43 baixo A Coruña

De mércores a luns de 12:00 a 16:00 e de 19:30 a 00:00

IG: vinoteca_jaleo

T. 881 916 520

– EST 2005 –

Rúa Capitán Troncoso, 4 A Coruña

T. 981 208 888 restaurantepablogallego.com milongasparrillada.com

FB e IG @milongasparrillada

ORZÁN

Rúa Cordelería, 7 A Coruña

L-X-V-S de 13:00 a 15:30 e de 20:30 a 23:00. M e D de 13:00 a 15:30

T. 881 883 430 - milloorzan.com reservas@milloorzan.com

Rúa Plaza, 14 A Coruña

X a S de 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:30

M e Me de 13:00 a 17:00

D de 11:00 a 17:00

IG: @yeah_yeah_yema

hostalaría | 32 | Pincha A Coruña | maio 2023

Asesoría

Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos

Luns a xoves de 10:00 a 22:00 Venres e sábado de 10:00 a 23:00

Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso

t. 981 570 393 – 608 883 589

Animación musical para todo tipo de eventos Alugueiro de equipos de son e iluminación

T. 676 681 739 aymanprosound.com IG: ayman_eventos_djs FB: AYMANPROSOUND

Avenida Fisterra 127 - baixo Arteixo

L a V de 8:00-15:00 e de 17:00-22:00 S de 11:00-12:00

T. 670 975 337 Cgcfunctionalboxing@gmail.com

Cambridge Intensive Courses & Kids Fun Summer Camps

Praza Alfonso XIII, 6 baixo A Coruña

T. 881 108 653 FB: english.connect.academy

deseño web :: estratexia dixital

Rúa Orzán, 194 - baixo A Coruña

T. 687 139 139 rasgoweb.com

T. 881 240 180 hioposgalicia.com info@hioposgalicia.com facebook: hioposgalicia instagram: hioposgalicia

LIBRARÍA LOWCOST

Rúa San Andrés, 52 - baixo A Coruña

T. 881 990 953 re-read.com

COMERCIO · SERVICIOS · HOSTELERÍA

Zona peatonal y adyacentes calle Orzán

Rúa Betanzos, 2 - baixo Sada - A Coruña

Luns a venres de 10:00 a 22:00 e de 17:15 a 20:00 - sábado de 10:00 a 14:00

hola@naiconceptstore.com naiconceptstore.com

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

Revista de Gastronomía & Cultura

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Revista de Gastronomía & Cultura

Functional boxing | Brazilian jiu jitsu | kick boxing | yoga
Revista de Gastronomía & Cultura
outros negocios Pincha A Coruña | maio 2023 | 33 |

ESTAMOS DE ANIVERSARIO! PINCHA FAI SEIS ANOS INFORMANDO EN GALEGO SOBRE GASTRONOMÍA E CULTURA

Seis anos pasaron desde aquela primeira Pincha que se publicou en maio do 2017 en Compostela. Máis dunha trintena de números en Santiago despois e con esta xa cuarta edición da revista na Coruña, facemos nestas páxinas un resumo deste tempo para que nos coñezas un pouquechiño máis!

Jorge Gago, chef do restaurante compostelán A Maceta que acababa de ser nomeado Cociñeiro Novo do Ano na edición dese ano do Fórum Gastronómico, protagonizou a primeira portada de Pincha. Nesas primeiras páxinas presentabamos por vez primeira o que chamamos o #equipazopincha: Rebeca Munín (directora), Alberto Seoane (deseñador), Iván Barreiro (fotógrafo) e as colaboradoras e colaboradores Jéssica Pintor, Ruth Ríos, Xiana Lastra, Juan Vázquez (@JuanEAT_o), Lorena Costas, José Crusat e Vicky Morales. Máis adiante sumaríanse Inés Silvalde, Delio Sánchez, César Varela, Silvia Castiñeiras e Marta Seoane. E coa saída de Pincha Coruña sumáronse

Patricia Dopazo, Javier Pereira Gasamans, Carlos Palomar e Ana Romero.

#pinchanaradio, Pinchapas e premio #somospincha

Ademais de editar a revista en papel e actualizar a nosa páxina web revistapincha.gal, así como as redes sociais Facebook, Instagram e Twitter; pronto empezamos a colaborar

no programa de radio ‘Gente Viajera de Galicia’ de Onda Cero. O espazo que presenta a xornalista Susana Pedreira emítese todos os venres ás 19.20 h con contidos moi interesantes sobre turismo, ocio, cultura, gastronomía... Nós temos a sorte de poder participar desde os nosos inicios contando unha vez ao mes os contidos da revista e facendo recomendacións gastroculturais.

No 2019, para celebrar o noso segundo aniversario, fixemos tamén unha gran festa na que presentamos as Pinchapas e entregamos a Laura Delgado, do restaurante santiagués Bodeguilla de Santa Marta o premio #somospincha Un galardón co que quixemos homenaxear aos camareiros e camareiras da cidade.

Pandemia con moito vídeo e guía de compras

O 2020 foi para Pincha o ano máis duro. Debido á pandemia da covid-19 só puidemos editar catro números en papel. Pero durante o confinamento non quedamos sen facer nada!

Realizamos moitas entrevistas por videochamada que aínda podes ver na nosa canle de YouTube e, no Nadal dese mesmo ano, lanzamos a nosa primeira Guía de Compras con propostas para agasallar de comercio local.

| 34 | Pincha A Coruña | maio 2023
Lanzamento das Pinchapas. Gente Viajera de Galicia de Onda Cero. A directora de Pincha, Rebeca Munín, gravando unha das seccións de #pinchanaradio no programa A primeira Guía de Compras que publicamos en Nadal. Laura Martínez, da Bodeguilla de Santa Marta, recollendo o premio #somospincha

Tamén no 2020 recibimos o Premio Manuel Beiras que outorga o Concello de Santiago como empresa de nova incorporación ao uso do galego. O xurado destacou o enfoque fresco e moderno para tratar na nosa lingua contidos de amplo interese social como a cultura e a gastronomía e achegalos especialmente ao público novo.

Premios da Crítica e expansión

2021 foi o ano da recuperación despois dun tempo moi duro para os dous sectores dos que tratamos na revista e no 2022 chegaron as recompensas a tanto esforzo. Pincha

foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia na categoría de Cultura Gastronómica e en novembro lanzamos o primeiro número da edición da Coruña.

E así chegamos ata maio do 2023, con dúas edicións, moito traballo feito e unha gran ilusión por seguir crecendo.

Graciñas ao #equipazopincha, aos anunciantes sen os que sería imposible imprimir unha revista coma esta, as e os protagonistas das nosas páxinas e, por suposto, aos lectores e lectoras.

www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha BAVF
Primeira portada da edición coruñesa, publicada en novembro do 2022. Portada do número 1 de Pincha que se publicou en Santiago en maio do 2017. Portada sen ningún titular que publicamos en pandemia, reflectindo só cunha imaxe como o estaba a pasar o sector cultural. Portada recreando con A Banda da Loba unha das imaxes máis icónicas de Queen. No 2020 recibimos o premio Manuel Beiras como empresa de nova incorporación ao uso da lingua galega. No 2022 fomos finalistas dos Premios da Crítica de Galicia na categoría de Cultura Gastronómica.
#somospincha

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.