Revista Pincha A Coruña xaneiro 2023

Page 1

contigo
Lévame
A CORUÑA | xaneiro 2023 COMER COS OLLOS Así son as cociñas abertas de A Espiga, Atípico e Pracer A COCTELARÍA, EN AUXE NA CORUÑA
Revista de Gastronomía & Cultura

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa ‘A provincia que sabe’ co obxecto de identi car a excelencia

dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia.

‘A provincia que sabe’ nace, por tanto, como un distintivo especí co para diferenciar e agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade baixo parámetros de sustentabilidade e calidade.

‘A provincia que sabe’ servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que uni que os seus criterios de busca.

CON PAIXÓN

Pouco a pouco vou coñecendo a hostalaría coruñesa e descubrindo o moito que ten que ofrecer. Pincha comezou a súa aventura na cidade herculina en novembro, complementando a edición que desde fai cinco anos facemos en Compostela. Desde entón, tiven a fortuna de visitar xa uns cantos locais, empezando a notar certas diferenzas, pero tamén moitas similitudes co sector compostelán. A principal, e a que me gustaría destacar neste número, é a paixón que demostran moitas das persoas que están atendendo tralas barras ou desenvolvendo a súa creatividade entre fogóns. Xente traballadora, moitas veces feita doutra pasta, da que é capaz de aguantar horas e horas en pé, enfrontándose a unha clientela que non sempre é amable, e facéndoo sempre cun sorriso. Loitando contra as pedras do camiño como unha pandemia ou unha subida de prezos brutal. Dándonos de comer e facéndoo, inda por riba, conseguindo que o pasemos moi ben.

Algúns, como os locais dos que falamos na principal reportaxe deste número (A Espiga, Atípico e Pracer), deciden traballar ademais a cara descuberta. Con cociñas abertas onde calquera erro pode ser visto. Con valentía e tesón.

Tamén hai quen quere demostrar que en aspectos como a coctelaría non temos nada que envexar a outras grandes urbes. E que aquí en boa música en directo non nos gana ninguén. Temos opcións nas que se preocupan ata dos máis pequenos da casa, como no Milongas. E coruñeses que desde Madrid triunfan cos seus podcast. De todos estes proxectos falámosvos neste xa segundo número de Pincha na Coruña, que tamén inclúe unha entrevista co director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia. Pasen e lean! Graciñas, unha vez máis, por estar aí.

ÍNDICE

04 reportaxe | Sen nada que ocultar

somos Coruña | Onde a música se volve real

#apapar | Milongas Coruña

entrevista | Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo

de bares | Os poetas do alcohol

A6 | Álex Fidalgo, de ‘Lo que tú digas’

axenda

directorios

ultramarinos | Pincha dá a benvida ao novo ano

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal coruna@revistapincha.gal

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Carlos Palomar, Javier Pereira Gasamáns, @JuanEAT_o, Patricia Dopazo e Ana Romero

Imprime: LUGAMI Artes gráficas SL Depósito Legal: C 607-2017

www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA 

BAVF
18
22
26
28
32
34
10
14
Por Rebeca Munín
reportaxereportaxe | 4 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Koke Trigo, na cociña aberta de A Espiga. Foto: Iván Barreiro

SEN NADA QUE OCULTAR

A Espiga, Atípico e Pracer son tres dos locais da Coruña que apostan por cociñas abertas nos seus establecementos

Dun tempo a esta parte, as cociñas á vista nos restaurantes son tendencia. E na Coruña non ía ser menos. A Espiga, Atípico e Pracer son tres dos locais que podemos atopar na cidade sen nada que esconder. Cando comemos neles non só gozamos das súas propostas culinarias, tamén podemos ver como as elaboran, transformando a nosa experiencia en todo un espectáculo gastronómico.

Rebeca Munín Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 5 |
Por

Pracer é dos tres locais dos que falamos nesta reportaxe o que primeiro abriu as súas portas. Foi en febreiro do 2019, baixo os mandos de Javi Freijeiro e Moncho Bargo. Situada en Zalaeta, esta taberna cunha estética rompedora fusiona comida e música con sesións dj, actuacións ao vivo, noites temáticas... “Nós sempre dicimos que non somos os mellores cociñeiros da Coruña, xa nos gustaría a nós! Hai un grandísimo nivel gastronómico aquí. Pero si que ofrecemos un local diferente, no que valoramos moito a posta en escena, o diálogo directo co cliente, comer directamente dentro dunha cociña como é comer na nosa barra...”, aseguran. E por que apostaron por este modelo de cociña aberta? “Porque a xente xa non sae só por alimentarse, senón para divertirse. E moito máis despois da pandemia que temos vivido. Agora priorizamos máis o gozo, a risa, esa conversa, que te rías co cociñeiro ou co camareiro...”, conta Javi. “Ademais os tempos de espera cando estás

nunha mesa son moito máis longos, pero cando estás nunha barra e estás vendo que che están cociñando, que están correndo, que che serven viño, que falan contigo un ratiño, que che explican o detalle... o tempo pasa mellor. A clientela está expectante para ver que pasa, a ver se cae algo ao chan, a ver se te queimas... Ao principio era unha cousa que nos daba moito reparo, porque cando traballas nunha cociña pechada non tes todo tan colocadiño. Aquí hai unha responsabilidade moi grande porque a xente ve todo. Tes que ter todo moi ben controlado, os tempos de cociña, todo limpo, organizado, ordenado... O servizo ten que ser un valse, que a xente do equipo baile, que flúa todo, que o sorriso estea sempre na cara...”, explica.

A súa é unha cociña de tempada e de mercado. “Cambiamos carta cada dous/tres meses. Nutrímonos do que a horta e a lonxa nos dá semanalmente. Estamos en contacto directo todos os días con varios provedores”, contan. Un dos seus

I Javi Freijeiro, na barra de Pracer. Foto: Iván Barreiro
| 6 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
“A xente xa non sae só por alimentarse, senón para divertirse”

piares é o produto local, aínda que Javi evita falar do termo ‘quilómetro cero’: “Moitas veces abusamos desa expresión. Non pasa nada por comprar en León, se o produto de León non o hai aquí e é de moitísima calidade. Se o hai aquí, evidentemente nós imos apostar polo galego. Entón, collemos ese produto e facémolo viaxar un pouco, por cociñas de América do Sur, Indonesia, o Norte de África... Sempre e cando esa elaboración realce o produto”.

Un pouco de rock & roll

Hai pouco máis dun ano -exactamente o 29 de decembro do 2021- Koke Trigo inauguraba o seu restaurante A Espiga na zona vella da Coruña. “Antes da pandemia xa tiña ganas de montar o meu propio proxecto. Buscaba un local que non estivera nun sitio só de paso, senón que a xente viñera aquí polo que nós facemos,

porque lle gusta a nosa cociña”, recorda. Pronto deron cun espazo na rúa Santiago que levaba baleiro case unha década despois de albergar durante máis de corenta anos un anticuario. A reforma foi completa e decidiron apostar por unha cociña aberta. “Sempre quixemos iso. Somos transparentes e non escondemos nada. Hai clientes que se sentan nestas mesas de diante e van ao principio cun pouco de coidado... pero sempre pasan un bo rato”, afirma. Nestes doce meses tenlles pasado de todo. Ata un día que se lles abriu un sifón en pleno pase e temeron manchar a algún dos comensais. “Por sorte non lle demos a ninguén”, conta entre risos. “A xente responde moi ben a este concepto e ata o pasan mellor”, admite. E aínda que ao principio tamén tiveron dúbidas polo tema dos olores ou os ruídos, o certo é que coas máquinas extractoras non teñen ningún tipo de problema.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 7 |
I Miguel Vázquez, Carlos Álvarez e Natalia Cid, no restaurante Atípico. Foto: Iván Barreiro

Koke vén dunha familia de hostaleiros coruñeses. “Meus avós tiñan unha casa de comidas no centro da Coruña, o bar Trigo. Meu avó foi futbolista e por aí pasaba moita xente do mundo do fútbol. Meus tíos emigraron a EEUU e foron cociñeiros alí. Meu pai traballou sempre no hotel María Pita. Era o xefe de compras. Pero o meu con esta profesión non é vocación. Eu nunca fora bo estudante e meu pai, que tiña moi boa relación co xefe de cociña do hotel, díxome que isto tiña moi boas saídas. Así que fun estudar ao instituto de Fragas do Eume e empecei así. Despois estiven en bastantes locais, tamén fóra, tocando diversos ámbitos da nosa profesión: pastelería, banquetes... pero o que realmente me gustaban era os restaurantes á carta, crear... e facer o que che sae”, confesa. O balance deste primeiro ano de vida de A Espiga non pode ser mellor. “Non esperabamos para nada a acollida. Foi unha grata sorpresa a aceptación que tivemos. Empezamos co medo do que ía pasar pola pandemia, aínda había algunhas restricións... pero desde o primeiro momento, comezamos a traballar moi ben”, sinala. Neste local, que fai referencia ao seu apelido (Trigo), aposta por unha “cociña moi libre. Moi do momento. De produto, mantendo o respecto que debemos ter por el. É unha cociña rica, que guste. Cun puntiño de rock and roll. O noso punto un pouco tolo. Sempre partindo dunha base tradicional, pero dándolle unha volta”.

Máis preto da clientela

O máis ‘noviño’ dos tres restaurantes dos que vos falamos nesta reportaxe é Atípico, na rúa Oliva. Só levan abertos catro meses co obxectivo de ofrecer algo diferente nunha zona chea de locais en pleno centro da Coruña. “Empregamos produto local, de proximidade, sen moita elaboración e sen artificios. Intentamos non parecernos a ninguén. Facemos cousas distintas como poñer un escabeche nunha sobremesa, mesturar salgado con doce etc.”, dinos o seu chef Miguel Vázquez.

De profesión militar, foi no exército onde comezou o seu gusto pola hostalaría. “Facía falla axuda na cociña e dinme de conta de que era o que realmente me gustaba. Decidín facer un ciclo medio no IES de Foz. Despois pasei por moitos locais, algúns con Estrela Michelin, como A Estación de Cambre; estiven no restaurante A Moa en Santiago; con Alberto Lareo e no Pampín Bar, tamén en Compostela. Logo marchei ao País Vasco e, por último, fóra de España. A pandemia pilloume en Australia e, cando puiden volver, empecei a traballar no restaurante El de Alberto, aquí na Coruña, ata que pensei en cumprir o meu soño e montar o meu propio local”, conta.

Xunto o cociñeiro Carlos Álvarez e a xefa de sala Natalia Cid, leva as rendas dun negocio no que a cociña é aberta porque “quería ser transparente, que a xente vexa que o que está comendo é un bo produto, que se manipula e trata ben”.

“Moitos veñen só a comer. Outros levántanse, páranse a mirar, saúdan...”, apunta. “E ademais, tamén serve para ter un maior trato coa clientela. Podes charlar con eles, falas aínda que só sexa por miradas... Iso a min encántame. E se te sorrín, eu xa estou encantado”, engade. Pero non lle pon nervioso traballar baixo a atenta mirada de tanta xente? “Non, porque teño que estar ao que teño que estar. E xa traballei en máis lugares coa cociña aberta. Nervioso póñome se vexo malas caras. Porque desde a cociña vexo todo. Intento ser moi perfeccionista e ponme nervioso que a alguén non lle guste o que eu fago. Neses casos, gústame saír a falar con eles e intentar saber que pasou para o seguinte prato melloralo. Busco que a experiencia en Atípico sexa perfecta”.

Non sabemos se perfecta, pero desde logo que ir comer a algún destes tres locais entretido é un rato. Meternos case entre os fogóns, descubrir as súas técnicas, admirar o seu talento, ver o que che serven sen trampa nin cartón... desde logo que paga moito a pena. E ti, valo probar?

“Tamén serve para ter un maior trato coa clientela. Podes charlar con eles, falas aínda que só sexa por miradas...”
| 8 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

UN 2023

INCERTO

A hostalaría coruñesa en particular e a galega en xeral comezan neste 2023 un ano con moita incerteza. Despois de superar unha durísima pandemia, a situación xeopolítica unida a un incremento dos prezos importante, fai perigar a viabilidade de moitos locais.

Javi Freijeiro, do restaurante Pracer, que tamén é presidente de Coruña Cociña, considera que o sector ten por diante un ano difícil: “A maioría dos locais que pertencen á Asociación son dunha cociña de altísimo nivel, pero cun tícket moi moderado. Facer isto cos incrementos do IPC, da materia prima en xeral, de alimentos básicos como ovos, fariña, pan... é moi complicado”.

E é que non debemos esquecer, como sinala Koke Trigo do restaurante

A Espiga, que “é paixón o que sentimos por isto, pero tamén é un negocio, do que vivimos moitas familias. É moi complexo o que vivimos coa subida dos prezos”, afirma.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 9 |
| 10 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023 somos coruña O Jazz Filloa é a decana das salas de concertos da Coruña e un dos clubs de jazz máis lonxevos do estado español
antes da actuación no
Ensaio
Jazz Filloa. Foto: Iván Barreiro

Onde a música se volve real

A música é parte fundamental da vida cultural de calquera cidade. A Coruña, aínda que non conta cun pasado recente tan mítico como o de Vigo e a súa movida, segue sendo un dos principais viveiros de bandas e músicos de Galicia. Grupos como Moura, Bala, Strikeback ou Crimson and Glory son testemuño do pulo musical deste curruncho do atlántico. Aínda que os interpretes son o xermolo de calquera escena, hai outra parte fundamental para que todo cobre sentido; pois a música é unha arte performativa e precisa dun escenario. É nesta faceta fundamental onde xogan o seu papel as nosas protagonistas, que non son outras que as salas de concertos da Coruña. A Coruña é unha cidade pequena, mais conta cun bo número de salas que dan lugar a unha programación do máis variado. Lamentablemente non dispomos de espazo suficiente para representalas a todas. Así que decidimos escoller un trío de ases como mostra do que a cidade herculina ofrece. A nosa selección está composta por o Jazz Filloa, a Sala Mardi Gras e a Sala Malavida.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 11 |
Por Javier Pereira Gasamáns

O Templo do Jazz

Temos que comezar pola decana das salas de concertos da Coruña. O Jazz Filloa fixo o pasado mes de decembro o seu 42 aniversario, o que a converte non só na máis veterana da cidade, senón nun dos clubs de jazz máis lonxevos do estado español. O responsábel desta sala é Alberto Mella, quen sempre exerceu de programador musical. Despois de tantos anos, Alberto segue coas ganas necesarias para levar unha sala coa actividade frenética que posúe o Filloa. Ademais, el asegurounos que a continuidade do Filloa é “indefinida”, todo un alivio para os amantes do jazz e da música improvisada.

Falamos de actividade frenética porque un mes normal a sala programa unha media de oito bolos; unha auténtica fazaña se temos en conta que o seu aforo é de pouco máis de vinte persoas. O groso da súa programación son músicos da cidade e máis de Galicia, unha opción que seguirá sendo así, como o confirma o propio Alberto Mella. Este ambiente de in-

timidade que xera unha capacidade tan pequena, ten por contrapartida que ás veces un ten que quedar fóra e perder o concerto, pero é normal, pois os amantes do jazz son unha das audiencias máis fieis coas que poden contar músicos e sala.

Hai que destacar a calidade dos concertos, pero non podemos deixar pasar a oportunidade de agradecerlle o apoio á escena local por parte do Filloa. Polas súas táboas teñen pasado centos de músicos locais que non poderían ter amosado

Preparando o bolo da | 12 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
A Mardi Gras fixo posible que desfrutásemos con bandas tan consagradas como Flehstones, Dictators, Buddy Miles ou Cosmic Physchos

a súa arte de non existir esta iniciativa. Grazas a esta concepción da programación, veteranos e novas figuras garanten a continuidade do Jazz Filloa, que vén de estrear unha segunda xuventude dende o fin das restricións da pandemia. Grazas ao seu éxito puidemos gozar en decembro da presenza do pianista Albert Bover, unha figura de nivel internacional. Longa vida ao Jazz Filloa.

It´s only ronck ´n´ but… Dicir rock na Coruña é dicir Mardi Gras. A sala cos seus vinte e tres anos de vida fixo posible que desfrutásemos con bandas tan consagradas como Flehstones, Dictators, Buddy Miles ou Cosmic Physchos. A Mardi non só vive de bandas recoñecidas, tamén hai espazo para bandas locais e para o que fai máis especial á sala, a súa aposta por bandas internacionais sen tanta sona. Tomi Legido, o programador da sala dende hai máis de dez anos, explica que moitas veces a primeira visita dunha banda internacional deixa perdas, pero que nunha segunda volta e a causa da boa sensación, o número de asistentes dóbrase e saen as contas.

Tomi Legido tamén comenta a dificultade de atraer xente nova ata as salas. Unha audiencia máis nova que non ten problema en acudir ao festivais. Segundo Tomi, “a xente paga trinta euros por ver a doce bandas, porén pagar doce euros por unha soa banda fáiselles moi caro, aínda que non pensan en que os festivais están subvencionados e con patrocinadores”. Tomi matiza que si que hai bandas que atraen un público máis novo, pero que deixan menos cartos na barra, que é a fonte de ingresos da sala; unha realidade que ás veces pasa desapercibida aos habituais.

A Mardi, como apuntamos do Jazz Filloa, ten o orgullo de ter unha comunidade ao seu redor.

A particularidade da sala da Travesía da Torre é posuír o seu propio club de fans, os socios da República da Mardi Grass, que

contan con descontos, xa que contribúen ao local cunha cota mensual. Por último, Legido destaca que a Mardi non é só rock. Segundo Tomi, na programación da Mardi, cunha media de dez bolos por mes, atoparemos punk, indie, blues e mesmo monólogos ou improvisación. Estes últimos “pola disposición da sala, non son os máis indicados pero funcionan ben”.

Malavida e por riba dando guerra A sala Malavida foi consecuente co seu nome cando abriron pouco antes da pandemia. A sala sobreviviu e a reapertura vai, como apunta o programador, David López, mellor do agardado, pero asegura que todo botará a andar de verdade no 2023. Non se cerran a ningún estilo, pero son conscientes de amosar algo diferente das outras salas. David di que non hai un plan a seguir, mais fan un esforzo para producir eventos con ata catro bandas, cando xa é complicado montar un con dúas actuacións. Malavida ten un ollo na escena local, por unha banda porque saben que atrae xente de fóra e por compromiso cos músicos da cidade. David López sinala que o futuro da sala pasa por mesturar ofertas de promotores e de bandas cunha programación propia. David, un tipo con experiencia na produción de bolos, lémbranos que a música en directo precisa de espazos destinados para ela e é responsabilidade da salas facer posíbel as condicións para que os músicos amosen a súa proposta. Nós só podemos dar as grazas a toda a xente que se move pola música.

TABERNA GALAICOANDALUZA Cenas de grupo ! El mejor ambiente de ayer, hoy y siempre A cervexería da Coruña artesá! 14billas referencias en neveira +100 da mellor birra nacional e internacional Síguenos en redes e entérate das próximas actuacións 100%
Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 13 |
da noite na Mardi Gras. Foto: Iván Barreiro
En Malavida non se cerran a ningún estilo, pero son conscientes de amosar algo diferente

COSTELETA DE VACA NO MILONGAS

O Milongas Coruña abriu as súas portas a finais do 2019, traendo á cidade un modelo de negocio de hostalaría que xa estaba triunfando noutras zonas de Galicia como a comarca de Santiago de Compostela ou Vilagarcía de Arousa.

Na súa carta, atopamos menús pechados (inclúen patacas, ensalada e sobremesa ou café no prezo) que destacan pola calidade dos seus produtos e o accesibles que son para o peto. Co ‘Milonga Campera’ podes comer todo o que queiras de churrasco de porco ou tenreira por 14,50 €. O ‘Milonga Chuletón de

CORUÑA

Ternera Gallega’ ten un prezo de 29,90 € e resulta ideal para compartir entre dúas persoas. O chamado ‘Milonguitas’ está pensado para os peques da casa ofrecendo churrasco ou hamburguesa por 6,50 €. Na ‘Milonga extrema’ a protagonista é a costeleta de tenreira por 14,90 €. A ‘Milonga marinera’ é con bacallau e ‘Milonga Crocante’, con croca, ámbalas dúas así mesmo por 14,90€. Tamén dispoñen dun menú do día por 11,50 €.

E, por suposto, o ‘Milonga Chuletón de vaca’ que probou o noso @JuanEAT_o e do que vos fala na seguinte páxina.

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 14 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

Regreso á Coruña e teño a fortuna de poder entrar no universo Milongas, un espazo no que a súa paixón pola carne reflíctese nada máis entras pola porta. Alí temos unha cámara na que podemos ver expostos algúns dos marabillosos produtos que teñen para nós.

Nesta miña primeira visita ao local coruñés -xa estivera anteriormente nos establecementos que a marca ten en Santiago- puiden probar a súa costeleta de vaca, unha peza de carne exquisita.

A súa preparación é sinxela, xa que o que fan eles realmente é “quitarlle o frío” , si, literalmente a carne pasa pola grella uns 30 segundos por cada cara. Despois, para servila, separan a peza do óso e fan uns cortes longos e diagonais para aproveitar ben todo o

@JuanEAT_o , preparando a costeleta de vaca do Milongas Coruña ao seu gusto.

Foto: Iván Barreiro

produto. E aquí vén o divertido! Aínda que sempre nos dixeron de pequenos -e a algún non tan pequeno...- que non debíamos xogar coa comida, amigos e amigas, isto é o que podemos facer con esta proposta. A costeleta vén acompañada dun pequeno prato quente para que ti poidas deixala ao teu gusto. Eu quixen probar de diferentes maneiras para saber cal me acaía mellor e, no meu caso, prefíroo ao punto, pouco feito, para saborear así mellor semellante delicia.

Eu, que sabedes que son moi comechón, rematei con todo porque era unha pena deixar algo no prato!! Pero que saibades que está pensado para compartir, xa que vén acompañado de patacas fritidas, moi ricas, ensalada e, como guinda, podes escoller sobremesa ou café incluídos no prezo (bebidas á parte).

Datos
Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o
Rúa Río
A Coruña
Costeleta
37 € Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 15 |
Lugar:
de Monelos, 1
Prato:
de vaca (para dúas persoas, con ensalada, patacas e dúas sobremesas ou cafés) Prezo:

José Ribas

José Ribas e a súa familia chegaron desde Arxentina a Galicia a principios dos anos 2000 para traballar no mundo da hostalaría. Vinte anos despois Milongas é unha cadea que conta xa con locais en Santiago, Poio, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Ames (en Milladoiro e Bertamiráns) e, como non, na Coruña.

Cal é a historia do Milongas Coruña?

No 2019, cando xa tiñamos abertas ‘parrilladas’ en Ames e Vilagarcía, xurdiunos a oportunidade de abrir outra sucursal na Coruña. Foi por medio dun provedor que nos avisou que había un local espectacular nesta cidade, co único inconveniente de que nunca funcionara. Sempre foi un establecemento de restauración, pero pasando por varios inquilinos. E iso foi o que me animou. Porque cando abrimos o primeiro local en Aldea Nova (Bertamiráns) ese espazo tamén levaba oito anos pechado e a nós foinos ben. Sentín esa mesma enerxía.

Pero chegou a pandemia... Si, tivemos unha ‘puntería’ bárbara! Abrimos en decembro do 2019, cunha aceptación moi boa e traballando con 14 persoas. Cinco, en cociña e nove, en sala. E en marzo tivemos que pechar como todos pola pandemia. Despois empezou un baile complicado. Este ano por fin se estabilizou e estamos encantados. Estamos xa nos mesmos niveis prepandemia. Aínda que tamén estamos nun momento complexo

José Ribas, no interior do Milongas Coruña. Foto: Iván Barreiro
| 16 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
“Ao Milongas vés a consumir carne, a un prezo moi competitivo e cunha calidade, bárbara”

polas subidas da materia prima, da electricidade, do gas... En 2022 non subimos os prezos, quixemos asumilo nós reducindo moito a marxe de beneficio. De media, pagabamos entre 1500 e 1700 euros de luz e pasamos a pagar 3600 euros.

Que ofrecedes neste local que vos diferencia?

O que nós queremos é que a xente atope un ambiente agradable e familiar e que saiba o que vai consumir. É dicir, que non se leve sorpresas. Aquí vés a consumir carne, a un prezo moi competitivo e cunha calidade bárbara. Temos, por exemplo, o menú Milongas Campera, que é un “come o que queiras”. Podes repetir as veces que queiras tanto churrasco de porco como de tenreira, ensalada, patacas e tamén vén con sobremesa ou café.

A cociña que facemos sempre digo que é con cariño. Consiste en comprar un bo produto e tratalo ben. Mercamos boa carne, deixámola madurar nas neveiras, que é fundamental, e logo vai directamente á grella. Máis saudable que iso non o hai.

E como debemos tomar esa carne? Ao punto, ben feita...?

Se tiveramos que poñer un punto para cada carne, teriamos que poñer un punto para cada cliente! (Ri) Cada persoa é un mundo. Eu, segundo a miña experiencia como restaurador, desde o meu punto de vista e coa miña formación, podo dicir como se tería que comer a carne que poñemos. Podo suxerir, pero non vou entrar nun debate co cliente. Por exemplo, nós sacamos a costeleta pouco feita e servímola nun prato quente para que o cliente termine de darlle o punto que queira.

Falabas antes de ambiente familiar, de feito na vosa web definídesvos como ‘family friendly’. Por que?

Eu teño tres fillos. Cando empecei con isto o meu fillo menor tiña un ano, a do medio tiña 3 e o

maior, 5. Era un suplicio saír a comer con eles e foi cando tiven a idea de montar un local no que poder ir comer cos meus fillos. Por que? Porque comen na mesa e queren ir xogar. Por iso en todos os nosos locais temos unha zona para os nenos e nenas, con xoguetes, cun mini campo de fútbol etc. E desa maneira podemos rematar de comer con tranquilidade os maiores.

Temos tamén uns menús adaptados para nenos e nenas. Recibímolos cuns manteis para que debuxen mentres esperan pola comida... E, cando temos unha mesa con peques, primeiro sempre os atendemos a eles.

Para poder reservar tendes un sistema de quendas. Por que decidistes facelo así? Facémolo un pouco por dignificar o noso traballo. Antes pasaba que nos reservaban mesas ás 14.15 h, o camareiro entraba ás 13.30 h para preparar o servizo. Ás 14.15 h, dunha mesa para seis, chegaban dúas persoas. E ata as 14.45 non chegaban os últimos dous comensais. E o camareiro estivo cruzado de brazos todo ese tempo. Despois, comían, facían a sobremesa... e quedabamos ata as 18.00 h. Pero o persoal que traballa nun restaurante ten vida, familias... Por iso xurdiu o sistema de quendas. Ao principio custounos que a xente se acostumara, pero se eu che digo cales son as normas da miña casa e as aceptas, pois xa está.

Ademais deste coruñés, tendes xa Milongas en Poio, Vigo, Vilargarcía e Ames. Seguirá crecendo o negocio?

Temos moitas oportunidades de seguir abrindo pero eu penso que o capital humano para montar un negocio é fundamental. Ata que non temos persoas formadas no noso sistema, que vaian crecendo con nós, para levar un local e que queiran implicarse, non pesamos en abrir novas sucursais.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 17 |
entrevista
Manuel Heredia é director xeral de Comercio e Consumo desde novembro de 2020.
| 18 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Foto: Iván Barreiro

Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo

que incentivar a remuda xeracional na artesanía galega”

AFundación Artesanía de Galicia fai neste 2023 vinte anos. Suma xa dúas décadas desenvolvendo programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais na nosa terra. Esta entidade sen ánimo de lucro depende da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, á fronte da cal está desde novembro do 2020 Manuel Heredia.

Vinte anos xa de Artesanía de Galicia. En que punto está hoxe en día a entidade?

Na actualidade temos rexistrados 3.370 artesáns e artesás. Son 826 obradoiros inscritos que realizan sobre 88 actividades artesanais e dan emprego a máis de 7.800 persoas. O cal é un dato bastante relevante.

Apostamos pola comercialización e estamos traballando para que, tanto con axudas como a nivel expositivo e de comunicación, os proxectos teñan boa visibilidade. É certo que hai artesáns e artesás que teñen un produto excepcional, pero

non saben vendelo. Desde Artesanía de Galicia axudámoslles, explicámoslles os ámbitos nos que teñen que mellorar... Eu sempre defendo o mesmo: unha vez que comercializas, o teu obxectivo ten que ser a satisfacción do consumidor. Porque se non é así, perdes eses clientes.

Sobre que máis obxectivos estades traballando? Preocúpanos moito a remuda xeracional e nese sentido, cremos que a formación é moi necesaria. Hai que profesionalizar o sector e mellorar a dixitalización. Por exemplo, é moi difícil plasmar nunha foto un produto artesanal, feito a man, con todas as súas impurezas... porque non son pezas perfectas. Iso é o bonito da artesanía. Son pezas únicas. A divulgación é tamén outra parte moi importante a través das feiras e encontros que facemos, como ‘Artesanía no prato’ ou ‘Artesanía de Galicia no Courel’. Esta última pon ademais o valor no rural galego, porque hai moitos proxectos que están na Fundación que nacen do rural, conservando procesos tradicionais, pero tamén evolucionando nos tempos actuais. E como dicía antes, hai que incentivar que a xente nova colla esa remuda.

Rebeca Munín
Por
Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 19 |
“Hai

O lucense Santiago Besteiro vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía no 2022. A xoieira compostelá Jose Castro fíxoo no 2021; a zoqueira Elena Ferro e a ceramista Paula Ojea, no 2019... Estes premios demostran que a artesanía galega ten un moi bo nivel?

Si, e non só iso. A propia Fundación foi finalista na última edición. Tamén o obradoiro de tornería Vikensen... Desde a creación destes galardóns no ano 2006, o sector artesán galego ten recibido 13 premios e unha mención especial, ademais de ser finalistas en numerosas ocasións. Galicia estase convertendo no foco no que miran outras comunidades autónomas. Hoxe podemos dicir con certo orgullo que, tanto a nivel de agroalimentación como de produtos artesanais, somos referencia a nivel nacional. Seguramente haberá moitas cousas que temos que mellorar, pero cada vez temos unha maior relevancia.

E fóra de España?

Cada vez nos teñen máis en conta. Neste 2023 a nivel dixital calquera produto galego pode ter unha canle de comunicación co resto do mundo. E iso é unha oportunidade que temos que aproveitar para poñer en valor o que temos. Hai vinte anos, tirabamos moito do noso, exportabamos a nivel local... pero hoxe en día somos unha gran potencia a nivel de exportación, de materia prima, de produto.

Falando de materia prima, outro selo que depende da Dirección Xeral de Comercio é o de Galicia Calidade, que en decembro celebrou o seu 25 aniversario. Cal é o segredo do seu éxito? Hai un gran traballo que fan e fixeron os seus xerentes pero eu creo que realmente o seu éxito é grazas ás empresas que apostan polo selo, que o ven como unha oportunidade de distinguir os seus produtos.

Nós buscamos esa tripla fusión: produto de Galicia Calidade, talento na cociña con eses grandes restauradores galegos que temos e que para as súas creacións aposten por pezas de Artesanía de Galicia.

“Hoxe en día somos unha gran potencia a nivel de exportación, de materia prima, de produto”
| 20 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Peza de Laura Delgado, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2022. Foto: cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Cales son os obxectivos principais da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para este ano 2023?

Apostamos por tres eixos principais: comercio de proximidade, dixitalización e sostibilidade. Os orzamentos para 2023 destinan 24 millóns de euros de investimento neste sentido.

Estamos nunha época complicada para o consumo, con grandes subidas nos prezos. Como vai axudar a Dirección Xeral?

Vimos dun escenario bastante complexo. Saímos da pandemia, no 2021 empezamos a albiscar certa recuperación e logo chegou un ecosistema xeopolítico que non favoreceu nada. Produciuse unha retracción do consumo, empezáronse a incrementar as materias primas, a inflación dos prezos... E polo tanto, a capacidade de gasto da poboación en xeral cada vez se reduce máis.

E con ese contexto puxémonos a traballar. No 2022 lanzamos un paquete de axudas ao sector comercial, con 20 millóns de euros, unha delas foi o Bono Activa Comercio, cunha contía de 5 millóns de euros. Activámolo para cofinanciar as compras no comercio galego. Tiñamos a disposición 30 euros para cada galego e galega

e, a partir dun determinado importe, tiñas unha serie de descontos. Foi moi ben recibido polo sector porque lles axudou a paliar esa inflación dalgunha maneira e, por outra parte, serviu para concienciar á xente de que consuma no pequeno comercio. No 2023 volvemos estar nun escenario de incerteza, pero pase o que pase estamos preparados, con todas as respostas.

Repetirase o Bono Activa Comercio neste ano?

O que temos é que apostar pola especialización do pequeno comercio. E obviamente ten que ser un comercio actualizado ao ano 2023. Ese é o noso labor como Administración. Está moi ben en momentos puntuais establecer programas de dinamización –xa o facemos a través das federacións e asociacións de comerciantes destinando 3 millóns e medio de euros para esas campañas–, pero no 2023 temos que ir vendo como evoluciona o ano. Tamén é clave que as entidades locais poñan un ollo no pequeno comercio. Cónstanos que algunha o fai, pero creo que ten que haber un plan estratéxico sobre o tipo de comercio que queren ter para que poidamos traballar todos conxuntamente.

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 21 |
“Estamos nun escenario de incerteza no consumo, pero pase o que pase estamos preparados para dar resposta”
#debares
| 22 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Miguel Arbe, na barra do Bordello Cocktail Parlour. Foto: Iván Barreiro

Os poetas do alcohol Coctelaría da Coruña

Saber escoitar… Sacrificio… Tempo…

“A misión dun barman é alegrar, non embriagar” Moita xente os coñece como os artesáns do xeo ou os poetas do alcohol. Ser bartender é moito máis que servir ou atender a barra, implica un sentimento e un significado. Ser bartender significa amar servir.

O trato apréciase e transmítese á elaboración. Non só é un espectáculo ou dúas mans coordinadas facendo un produto. É PERSONALIDADE, ARTE E SENTIMENTO.

Saber facer, tempo, dedicación, experiencia, improvisación, escoitar e observación. Control, satisfacción ó cliente, respecto, calidade, estilo, creatividade. É máis que unha simple mestura, non credes? Unha harmonía, un pensamento, unha comunicación, linguaxe, imaxe, arte. Neste artigo falamos con tres profesionais da coctelaría afincados na nosa cidade, A Coruña.

Bruno Ferraccioli, Pablo Gago e Miguel Arbe levan tempo apostando polo sector e difundindo o seu significado e valor.

Miguel Arbe – Bordello Cocktail Parlour Cóntame un pouco sobre ti…

Son Miguel Arbe, nacín na Coruña pero pasei boa parte da miña vida no mundo adiante. Os meus estudos son de informática de xestión, pero despois de ver que estar todos os días diante do ordenador non era cousa miña, fun á hostalería -e máis concretamente á coctelaría- porque me permite soltar a miña creatividade. Actualmente son propietario de Bordello Parlour, un proxecto de gastronomía líquida na rúa Varela Silvari, 2 baixo C.

Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría en Galicia e concretamente na Coruña? Por que emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión da coctelaría aquí igual que en grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Londres? A coctelaría en Galicia está a ver un aumento da popularidade que vén a reflectir o que se viu dende hai anos no mundo anglosaxón, pero coma sempre con retraso con respecto a eles. A intención de crear o meu proxecto na Coruña é ter a oportunidade de facer realidade as miñas ideas nunha zona «virxe» e formar parte, polo tanto, da punta de lanza desta nova tendencia na gastronomía da zona. Se comparamos Galicia con Madrid ou Barcelona, veremos que a nivel de

Por Patricia Dopazo @gente.que.cuenta Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 23 |

público temos posibilidades de perder pero, como na gastronomía sólida, os nosos produtos, a creatividade e as técnicas dos principais profesionais non teñen nada que envexar.

Cales son os aspectos positivos e negativos do sector na Coruña?

Gustaríame pensar que un aspecto positivo do sector nesta cidade é a tabula rasa coa que nos atopamos, unha lousa en branco que nos permite traspasar os límites da creatividade para dar a coñecer diferentes tipos de cócteles.

Respecto dos aspectos negativos, o principal creo que é a falta de profesionais e de formación do público (que están moi relacionados). Se houbera máis profesionais que se preocupasen pola calidade e por ofrecer bebidas ben feitas e cun bo equilibrio, sexa cal sexa o estilo, a clientela guiaríase máis polos creadores das devanditas bebidas para descubrir novos sabores. Como vén acontecendo na cociña onde os novos cociñeiros puideron achegar aos consumidores produtos menos coñecidos e menos tradicionais.

Existe apoio ou axudas por parte do Concello ó sector?

Déixame rir. A resposta é un non definitivo! O mínimo sería que as licenzas e actividades de hostalería estivesen ben organizadas e reguladas como noutros países, onde todos teñen claro que tipo de licenza lle permite facer que cousas e horarios de traballo se poden dividir ben. Podemos competir con grandes cidades?

En calidade, Galicia non ten nada que envexar a outras cidades máis habituais nas listas dos mellores locais de cócteles. Como xa dixen, a súa vantaxe é a cantidade de xente, pero a gran maioría son estranxeiros, así que se conseguimos aumentar ou atraer máis turismo e orientalo non só a un turismo gastronómico sólido, Galicia pode converterse nun referente. Sobre todo en lugares con máis afluencia turística como A Coruña, Santiago ou Vigo.

Cal é o teu cóctel favorito?

As nosas cartas cambian tantas veces que sería difícil escoller un, pero un dos últimos que chama moito a atención e que funciona moi ben, unha vez salvados os posibles prexuízos iniciais, é a Santa Compaña, unha combinación de crema de bagazo (orujo) galego de primeira calidade, limoncello, lima, xarope de limón tostado e unha escuma forte cuberta con café moído, sal negro e fume de pao santo. Todo para representar esa lenda galega que todos temos presente.

Bruno Ferraccioli – Gran Cru Café

Cóntame un pouco sobre ti…

Son Bruno Ferraccioli, teño 37 anos e son italiano. Nacín en Xénova, pero vivo actualmente na Coruña. Traballo en Gran Cru Café, unha cafetería con personalidade que ofrece unha ampla carta de comida caseira , viños, todo tipo de bebidas e cócteles na rúa Ciudad de Lugo, 36.

Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría en Galicia e concretamente na Coruña? Por que emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión da coctelaría aquí igual que en grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Londres?

En Galicia é moi descoñecida. Non se ve como en grandes cidades que contan con grandes locais de alto nivel. Aquí é unha gran descoñecida, pero vaise apreciando como funciona e, sobre todo, o traballo que hai detrás grazas ó noso facer.

Cales son os aspectos positivos e negativos do sector na Coruña?

Positivo é que hai moita sintonía entre nós. É unha cidade pequena pero apoiámonos moito entre todos os que formamos o sector, desfrutamos sen competitividade.

Negativo, non vexo nada, lévome ben con todos. É unha loita conxunta para situar e dar forza á coctelaría da cidade.

“Como na gastronomía sólida, os nosos produtos, a creatividade e as técnicas dos principais profesionais non teñen nada que envexar as doutras cidades”
| 24 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

Existe apoio ou axudas por parte do Concello ó sector?

Pouco podo dicir porque non é o meu rol. Toda iniciativa, concurso, evento etc obviamente é positivo. Podemos competir con grandes cidades?

Si, é unha cidade pequena pero ten forza con grandes profesionais á fronte. Temos a Miguel de Bordello, Andrés de Cloverclub, El Pirata, Bico Bar…

Cal é o teu cóctel favorito?

Teño un cóctel na carta que me trae recordos da miña terra.

EL SANREMO reflicte sabores da natureza, das flores, olor a mar e gastronomía libre. Sendo un apaixonado da música este trago foi bautizado en honor ó festival da música italiana que se celebra cada ano neste lugar máxico.

Pablo Gago – Bartender Cóntame un pouco sobre ti…

Son Pablo Gago. Dedícome ó sector da hostalería, especializado en bartending e bar managament. Teño máis de 16 anos de experiencia e titulación variada en coctelaría e xestión. Actualmente atópome en proceso de obras para a apertura do meu propio local, que estará situado na praza Josep Seller Loup.

Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría en Galicia e concretamente na Coruña? Por que emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión da coctelaría aquí igual que en grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Londres?

Creo que estamos nun momento moi doce. O cliente está comezando a apreciar as mesturas complexas,

elaboracións caseiras, o traballo… Opino que a tendencia é un consumo máis moderado pero mellor. A razón de emprender aquí foi resultado dunha evolución profesional lóxica en función do consumo e a tendencia observada no local onde traballaba, Zicatela. O meu proxecto é máis persoal. A coctelaría non será un complemento da cociña, senón a protagonista principal. O número de locais creceu de maneira incrible e marabillosa na cidade. Isto é moi bo e positivo, pois ofrece variedade e diferentes estilos.

Cales son os aspectos positivos e negativos do sector na Coruña?

Positivo é o grandísimo crecemento de locais e de academias de formación. Negativo que é unha tendencia pero falta formación de todos, é dicir, por parte do profesional e do cliente.

Existe apoio ou axudas por parte do Concello ó sector?

Todos os locais de hostalería teñen créditos anuais para a formación. É unha facilidade moi boa para formarte. Podemos competir con grandes cidades?

Fáltanos camiño. Creo que o que teñen de fortaleza as grandes cidades é a multicultura. Aquí está chegando moita xente de fóra pouco a pouco e imos collendo un camiño máis correcto e adquirindo unha evolución positiva e forte. Espero que a nosa coctelaría chegue a apreciarse e respectarse tanto como a doutras cidades.

Cal é o teu cóctel favorito?

Mais que un cóctel é un estilo. Son amante do cóctel aperitivo, fan dos amargos tipo Negroni, Spitz…

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 25 |
Arriba, detalle de Miguel Arbe. Abaixo, Pablo Gago. Fotos: Iván Barreiro

Álex Fidalgo:

Á

lex Fidalgo (Corcubión, 1985) é creador e presentador do podcast ‘Lo que tú digas’. Con 10 millóns de descargas, 80 mil oíntes e 278 episodios publicados, Álex foi dos pioneiros do mundo do podcasting no noso país.

Como o refrán de Mahoma, Álex Fidalgo fixo o propio coa radio. Sempre tivo claro que quería escoitar historias e transmitilas a través dun micrófono. Con 18 anos decidiu facer as maletas e mudarse a Madrid, terra de artistas, ou polo menos de paso. Tralas prácticas pertinentes, Fidalgo conseguiu achegarse un pouco máis á súa meta laboral cando entrou a formar parte de diversos equipos radiofónicos. En Onda Cero puidemos oílo en ‘La rosa de los vientos’, ‘La parroquia’ ou ‘No son horas’. E en Radio 4G, xunto a José Antonio Abellán, en ‘La jungla’.

Pero a profesión de periodista caracterízase pola temporalidade dos seus proxectos, polo que Álex tivo que retornar a Galicia. Este factor, sumado ó de ter que traballar en proxectos ou formatos nos que non se sentía de todo realizado, fíxolle caer nunha depresión severa, algo do que fala abertamente no seu podcast. Foi precisamente crealo o tope que se puxo a si mesmo para demostrarse se realmente valía ou non para o que amaba e para o que tantos anos levaba preparándose: a comunicación.

Comezou no 2017 dende a casa dos seus pais e por Skype. Tiña claro quen quería que fose o seu primeiro invitado, asumindo que non ía conseguir máis de dez oíntes nese primeiro piloto. José Miguel Mulet, bioquímico molecular, protagonizou xunto a Mercedes Milá no programa de televisión de Risto Mejide, ‘Chester’, unha confrontación que se fixo viral. Ó parecerlle interesante o tema, quixo afondar máis nel e darlle a oportunidade a Mulet de explicar o que ía contar ó programa. Atopouse con mil descargas, o que lle

aportou a motivación suficiente para, polo menos, sentirse válido para dedicarse á súa gran paixón, a radio. Ante a inexistencia de posibilidades de dito medio, construíuse unha propia.

Arturo González Campos, José Ramón Gayoso ou Sánchez Dragó son algúns dos seus primeiros episodios, pero a curva ascendente comezou a notarse despois das entrevistas a Laureano Oubiña, contrabandista e narcotraficante, e ó Dr. Cavadas, cando apenas facía aparicións públicas.

Ata o 2020, pandemia incluída, estivo en Galicia, pero dende o episodio 13 era el quen ía ata as casas ou estudos dos protagonistas.

Naquel intre conseguiu un contrato nunha plataforma de audio, pero el mesmo recoñece que se lle viña un mal mes, non podía asumir certas facturas. Con todo, pelexou ata conseguilo.

“Fago o que sempre quixen, entrevistar á xente dende a miña propia casa”
A6 — GASTROCULTURA da Coruña a Madrid | 26 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Fidalgo xunto con Arturo Pérez Reverte cando o entrevistou para o seu podcast.

de artes

Fai dous anos chegou unha nova fichaxe, esta vez nunha plataforma de máis alcance. Con ela comezou a ter un soldo co que podía manterse, pero a cambio de certas restricións á hora da publicación. Para, aparentemente, chegar a un novo nivel de recoñecemento, tiña que deixar a moitos dos seus seguidores no camiño por publicar seu contido nas plataformas de pago.

Así que, novamente, tomou unha decisión difícil, a de deixar de ter un soporte económico e publicitario para se entregar ó público ó que lle pechara o acceso.

‘Lo que tú digas’

As maneiras de consumir cultura cambian co paso do tempo, e aínda que o podcasting sexa un formato de audio, un gran número de oíntes escollen tamén a opción de oílo acompañado con vídeo. Iso é posible tamén con ‘Lo que tú digas’.

A día de hoxe publica dous episodios á semana relacionados coa ciencia, tecnoloxía, literatura, televisión e todo tipo de artes. Dende a súa casa, en Madrid, mencionando cada vez que pode o seu lugar de orixe, para cantar ó mundo as marabillas que hai a tan só 600 quilómetros de distancia.

As súas baleas brancas, como el mesmo as identifica, sempre foron Arturo Pérez Reverte, Francis Alsina, Andreu Buenafuente ou Íker Jiménez. Conseguiu entrevistalos a todos.

O deste galego (@alexfidalgo) é un exemplo de traballo, de esforzo, superación e constancia.

Se queredes escoitar os episodios de ‘Lo que tú digas’ (@ lqtdradio), atópanse nas plataformas Spotify, iVoox, Youtube ou Apple Podcast.

Álex, no seu estudo na súa casa en Madrid. Por Ana
Romero
Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 27 |
Publica dous episodios do seu podcast á semana relacionados coa ciencia, tecnoloxía, literatura, televisión e todo tipo

danza, o ilusionismo e as artes circenses. Trátase dunha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. O espectáculo nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros.

XANEIRO NO JAZZ FILLOA

ATA O 28 DE XANEIRO PASES ÁS 21:45 H E

23:00 H |

PREZO: 10 €/PASE (EXCEPTO CONCERTO CSMUS + JAM: 5€/PASE)

A axenda de concertos e jam sessions do mes de xaneiro no Jazz Filloa inclúe:

• XOVES 12:

Alber Grela Trío + Jam

• SÁBADO 14: POQ Trío

• MÉRCORES 18:

Martín Otero Trío

• VENRES 20: Marcel Pascual Quintet

• MÉRCORES 25:

Lito Martínez Trío

• XOVES 26:

Concerto CSMUS + Jam

• SÁBADO 28:

Ju Young & Martín Otero Dúo

XANEIRO NO GARUFA CLUB

ATA O 28 DE XANEIRO |

A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de xaneiro:

• VENRES 13 ÁS 22.00 H:

Garufa Blue Devils Big Band

• SÁBADO 14 ÁS 21.30 H:

Whisky Caravan + Mar de fondo

• DOMINGO 15 ÁS 19.00 H: Jamaica Cinema

• XOVES 19 ÁS 21.30 H:

Stompy Seven Jass Band

• VENRES 20 ÁS 22.00 H: The Nunzia’s

• SÁBADO 21 ÁS 22.00 H:

Coge aire (concerto solidario)

• MÉRCORES 25 ÁS 21.00 H: Teatro-impro

• XOVES 26 ÁS 22.00 H:

Savoy Club Big Band

• VENRES 27 ÁS 22.00 H: Rockers go to hell + Cancabalo

• SÁBADO 28 ÁS 22.00 H: Son de Camagüey

EL LAGO DE LOS CISNES PALACIO DE LA ÓPERA

15 DE XANEIRO ÁS 19:00 H |

PREZO: DESDE 32 €

Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.

Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal.

CONCERTO DE DAKHABRAKHA TEATRO COLÓN

20 DE XANEIRO ÁS 20:30

H |

PREZO: DESDE 13 €

A banda ucraína DakhaBrakha actuará o 20 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña

. Será unha emotiva cita que simboliza o apoio e solidariedade ao pobo de Ucraína. O recital conta coa colaboración do Concello da Coruña dentro do ciclo de concertos ‘Suseia et Ultreia: Pobos, Linguas, Tribos’, patrocinados polo Xacobeo. Será toda unha celebración da diversidade, coa vontade de tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xustiza social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música.

MOSCA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

13 DE XANEIRO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 6,5 €

O 13 de xaneiro o Teatro Rosalía de Castro acollerá a estrea absoluta do espectáculo ‘Mosca’.

‘Mosca’ é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza.

Con Fernanda Barrio, Martín Maez e Rocío Salgado. Dirección e autoría: Gustavo del Río.

INVENTIO

TEATRO COLÓN

13 DE XANEIRO ÁS 20:00 H E 14

DE XANEIRO ÁS 17 H E 20.30 H |

PREZO: DESDE 13 €

Inventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a

ACTIVIDADES EN PENCIL & FORK

XANEIRO E FEBREIRO |

Pencil & Fork comeza o ano ofrecendo novos cursos e obradoiros. O sábado 21 de xaneiro celebrarán o Ano Novo Chino cunha cea temática (reserva necesaria) e o domingo 22 realizarán un obradoiro de cociña tradicional do país asiático con Alba Jia, natural de Shandong. O 3 e 4 de febreiro o equipo de Arkhé axudaralles a crear unha pequena historia para covertila en cómic no obradoiro ImproComic. Podes inscribirte a estas ou outras propostas en pencilandfork.es

JOEJUFY, THE HUNTER FÓRUM METROPOLITANO

20 DE XANEIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: 9 €

Tirabeque Ka’avo presenta JoeJufy, The Hunter, no Fórum Metropolitano. Un espectáculo de teatro contemporáneo que profunda no mundo da moda en occidente, facendo evidente a problemática das cadeas de produción, distribución, venda e consumo. Nesta nova produción, baixo a dirección de Anahí Taraburelli, apostan por unha linguaxe teatral que navega polo surrealismo posmodernista, reflectindo a nosa sociedade: creadora e vítima do liberalismo, que ten présa por chegar a ningún lado e consome egoísta e cegamente sen pensar nas consecuencias.

| 2 Pincha | Revista 1 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

20 DE XANEIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 6,5 €

‘Último verán en Santa Cristina’, de Teatro do Noroeste, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Con Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela. Dirección e autoría: Eduardo Alonso.

NAIS CENTRO ÁGORA

21 DE XANEIRO ÁS 19:30 H |

PREZO: 15 €

O auditorio do Ágora acolle a representación de “Nais”, unha comedia de enredo chea de situacións disparatadas protagonizada por Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira), dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan faíscas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida.

CORAL POLIFÓNICA ‘EL ECO’ (1882-2022)”

SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO

ATA O 23 DE XANEIRO |

PREZO: DE BALDE

A sala municipal de exposicións de Palexco acolle a exposición ‘Coral Polifónica ‘El Eco’ (1882-2022)’ con motivo do seu 140 aniversario. A mostra recolle imaxes e relatos dos fitos máis importantes vividos nos primeiros 140 anos de historia da coral. A exposición conta con máis de 120 elementos entre os que se atopan coroas, medallas ou partituras.

XIII FESTIVAL

TERRA DE MAXIA

FÓRUM METROPOLITANO

21 DE XANEIRO ÁS 18:00 H |

PREZO: ENTRE 6 € E 8 €

Tierra de Hombres organiza a súa tradicional gala de Maxia no Fórum Metropolitano a beneficio do programa ‘Viaxe cara á vida’. Participarán grandes magos como Román García, Joshua Kenneth, Kiko Pastur, Mago Rebo, Mago Rufus. A gala será presentada pola xornalista Ana Villagrasa.

CHUNGO

TEATRO COLÓN

21 DE XANEIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: ENTRE 13 € E 17 €

Luís Zahera, recoñecido e galardoado actor galego, presenta no Teatro Colón “Chungo”, un monólogo no que repasará a súa nenez desde a infancia, o colexio, a súa familia,

RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR TEATRO COLÓN

26 DE XANEIRO ÁS 18:00 E 21.00 H, 27 DE XANEIRO ÁS 20.00 E 23.00 H E 28 DE XANEIRO ÁS 18.00 E 21.00 H |

PREZO: DESDE 16 €

O Centro Dramático Galego e Ainé unen forzas para levar ás táboas un texto de José L.Prieto, a partir dun traballo xornalístico de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea, coa dirección de Tito Asorey. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.

Interpretada por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneawws, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

Gastronomía & Cultura 3 | Un espacio diferente para los que buscan algo diferente web Instagram Pencilandfork.es pencilandfork_galicia Alquiler de espacios Cursos y talleres Eventos privados Eventos de empresa Reuniones sala bosque Cenas Cluedo Concursos Rodajes Gastronomía Idiomas Arte Salud y Bienestar Catas Música Tapas-café Paloma de ensaladilla Minitortilla Adriá Brioches Bagels Miniburguers Tostas XL Desayunos Dulces caseros Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 29 |
os seus inicios no mundo da interpretación, a súa carreira e unha chea de anécdotas e experiencias, todas elas reais como a vida mesma.

Cunha impoñente montaxe que ocupa todo o edificio do Cantón herculino, ‘AI: More than Human’ configura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.

LA VOLUNTAD DE CREER

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

27 E 28 DE XANEIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 9,50 €

De Pablo Messiez, escrita a partir de La palabra, de Kaj Munk. O menor dunha familia de irmáns vascos sostén que é Xesús de Nazaret. As súas irmás consideran que toleou por exceso de lecturas de Kierkegaard. Como en Ordet, haberá morte e resurrección. E, sobre todo, o desexo de xogar coa percepción das persoas espectadoras de modo que a propia función sexa unha posta a proba da súa fe.

QUEN DIXO MEDO?

GARUFA CLUB

1 E 2 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 15 €

Un espectáculo de humor con Carlos Blanco e Oswaldo Digón, para non parar de rir. ‘Quen dixo medo?’ son monólogos, claro, da man destes dous consumados e aplaudidos monologuistas. ‘Quen dixo medo?’ son mil. Ou máis. Mil e unha historias. Imposible aburrirse!

MIGUEL LAGO

TEATRO COLÓN

4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 13 €

LAGO é un show sen artificios. Un cómico sobre unha alfombra, baixo un foco e cun micrófono cara a cara fronte ao público. A comedia de club, a comedia de bar e estrada chega ás táboas dos grandes escenarios por primeira vez. Pura stand-up clásico. Xenuína comedia servida con liberdade, verdade e nudez que busca a quintaesencia do formato. E por suposto coa firma e a experiencia dunha icona do ‘One man Show’. Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy ou Ricky Gervais…

ESTO NO ES UN SHOW

AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN

11 DE FEBREIRO ÁS 18.00 E 20:30 H |

PREZO: DESDE 16 €

Un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén haberá moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que xa verías de Galder Varas en redes sociais (de feito, se non viches nada aínda, os responsables deste espectáculo recomendan botar unha ollada antes de comprar unha entrada. Seguro que serve de máis axuda que esta descrición).

O GALEGO, A MULATA E O NEGRO FÓRUM METROPOLITANO

28 DE XANEIRO ÁS 19:30 H |

PREZO: 5 €

Comedia baseada na peza teatral do gran dramaturgo, actor e historiador galego Gustavo Pernas Cora. Esta obra podería ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos nos que diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba desde 1886 ata 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que mostran coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor.

LA INFAMIA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

3 E 4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 8,50 €

De Lydia Cacho. Adaptación de Lydia Cacho e José Martret. O gobernador dun estado de México se alía cun empresario e pagan a un grupo de policías para que se despracen ata a outra punta do país para secuestrar a unha xornalista que publicou un libro onde lles denuncia por trata de nenas. Eses policías poden secuestrala “legalmente”, torturarla, matala polo camiño e lanzar o seu corpo ao mar onde probablemente ninguén o atopará nunca. Poden desatar o horror e saír totalmente impunes. Ou non...

AI: MORE THAN HUMANS

SEDE AFUNDACIÓN

ATA O 5 DE FEBREIRO |

PRECIO: DESDE 8 €

Ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial.

LA BATALLA DE LOS AUSENTES

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H |

PREZO: DESDE 8,50 €

A conmemoración dunha batalla esquecida reúne aos exiguos restos dunha tropa. Apenas se distinguen

| 4 Pincha | Revista 1 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 30 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

xa daquelas pantasmas que evocan, os que quedaron sepultados xunto co medo e a gloria, nas trincheiras. Diríase definitivamente vencidos polo tempo, derrotados polas hostilidades do destino, con todo, non abandonaron a esperanza de realizar unha última xesta gloriosa.

Na reunión anual planean perpetrar o asalto ao poder, soñan cun desquite que termine coas inxustizas e terminan que acaban entre ambicións e rivalidades. Na exploración de límites en que sempre traballa A Zaranda esta ‘Batalla dos ausentes’ móvese entre o elegíaco e a farsa, constituíndo en clave de humor unha alegoría descarnada da actualidade.

Con Francisco Sánchez, Gaspar Campuzano e Enrique Bustos.

LACÓNICAS

VIII XORNADAS GASTRONÓMICAS DE LACÓN CON GRELOS

DO 1 AO 26 DE FEBREIRO |

Coruñeses e visitantes volverán gozar un ano máis das tradicionais laconadas durante o Entroido grazas ás VIII Lacónicas - Xornadas gastronómicas do Lacón con Grelos que se celebrarán na cidade herculina.

MOSTRA FOTOGRÁFICA DE STEVEN MEISEL

PEIRAO DA BATERÍA

ATA O 1 DE MAIO |

PRECIO: DE BALDE

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Coruña

ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

Pincha Revista

coruna@revistapincha.gal

DOBLE O

NADA

TEATRO

ROSALÍA DE

CASTRO 24 E 25 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 8,50 €

É unha obra que transcorre cando o director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller e o outro home. Que influirá nesa decisión? A capacidade? O sexo? A experiencia? A audacia? O engano? A trampa?... Unha obra de impacto emocional, na que nada é o que parece ser, e na que a traizón e o amor son xiros continuos desa falsa rosca chamada poder. Unha obra atrapante contada maxistralmente. Con: Miguel Ángel Solá e Paula Cancio.

Máis dunha trintena de restaurantes e locais hostaleiros participan nestas xornadas ofrecendo a tradicional sopa, a laconada e as sobremesas con filloas, orellas ou rosquillas, ademais da bebida. Este evento gastronómico está organizado polo Consorcio de Turismo da Coruña, co obxectivo de exaltar un produto clásico da cociña tradicional galega no marco dunha festa tan querida polas coruñesas e coruñeses como é o Entroido.

Consulta a lista de restaurantes participantes en revistapincha.gal

O Peirao da Batería no porto da Coruña xa acolle a exposición “Steven Meisel 1993 A Year in Photographs” promovida pola Fundación de Marta Ortega (MOP). Os coñecementos de Steven de todos os aspectos da moda son incomparables. A súa influencia impulsou numerosas carreiras, especialmente as de Linda Evanxelista, Naomi Campbell, Stella Tennant e Kristen McMenamy. Como ben di a deseñadora Anna Sui: “Steven pode facer que calquera modelo brille máis que nunca en toda a súa carreira”. Velo empoderar ás modelos é “unha cousa máxica, é como namorarse”. A exposición é un gran desfile de máis de 100 retratos clásicos que son á vez clásicos, subversivos, enxeñosos e cálidos. En cada un deles, a lente de Steven capta á perfección as virtudes do seu modelo. Son algunhas das fotos máis importantes e interesantes da historia da moda.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

Gastronomía & Cultura 5 |
Pincha Revista Pincha Revista Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 31 |

Rúa Santiago, 4 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 23:30. Domingo de 13:00 a 15:30

T. 655 412 943 aespiga.com

Rúa Alfredo Vicenti, 12 A Coruña

Luns a xoves de 08:00 a 23:00 Venres de 08:00 a 01:00 Sábado e domingo de 10:00 a 01:00

T. 881 088 800

Praza de Ourense, 1 A Coruña

Luns a xoves de 10:00 a 22:00 h Venres e sábado de 10:00 a 23:00 h

info@downexperience.com downexperience.com

ORZÁN

Rúa Cordelería, 7 A Coruña

L-X-V-S de 13:00 a 15:30 e de 20:30 a 23:00. M e D de 13:00 a 15:30

T. 881 883 430 - milloorzan.com reservas@milloorzan.com

Rúa Oliva, 3 - baixo A Coruña

Martes a sábado de 13:15 a 15:30 e de 21:15 a 23:00

T. 881 968 442 - IG:_atipico_restaurante atipico22restaurante@gmail.com

Rúa Marcial del Adalid, 2 A Coruña

Me a S de 13:30 a 15:45 e 21:00 a 22:45 M e D de 13:30 a 15:45

T. 881 922 847 bidorestaurante.es

Rúa Varela Silvari, 2 - baixo C A Coruña

Non perdas os nosos directos e novidades

Rúa Panaderas, 20 A Coruña

D a Me de 18:00 a 00:00 - X de 18:00 a 00:30 - V e S de 18:30 a 02:45

Facebook: Caneca Furada Instagram: caneca_furada

Cociña de autor con inspiración latina e produto galego Café de especialidade torrado en Galicia

Rúa Alameda, 17 - baixo D A Coruña

Martes a sábado de 09:00 a 00:00 Domingos de 11:00 a 16:00

– EST 2005 –

T. 881 926 220 bordelloparlour.com @bordelloparlour milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

Rúa Zalaeta, 12 A Coruña

Martes a domingo de 11:00 a 00:00

T. 673 340 941 - restaurantehunico.com reservas@restaurantehunico.com

Rúa Capitán Troncoso, 4 A Coruña

T. 981 208 888 restaurantepablogallego.com

hostalaría | 32 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023

Un espacio diferente para los que buscan algo diferente

Rúa Alfredo Vicenti, 29 A Coruña

L de 09:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30 M a V de 10:30 a 15:00 e 17:30 a 22:30 S de 12:00 a 15:00

T. 620 071 174 - IG: @pencilandfork_galicia

outros negocios

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos

Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

Rúa Areal, 1B - local 1 Perillo / Oleiros

L a V de 09:00 a 15:00 e de 17:00 a 19:00. S e D de 09:00 a 15:00

T. 623 432 474 - FB: Parapan pan con amor parapanpan.es - IG: parapanpancon

Burguers, xogos de mesa e videoxogos

X a S de 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:30 M e Me de 13:00 a 17:00 D de 11:00 a 17:00

Rúa Plaza, 14 A Coruña IG: @yeah_yeah_yema

Rua San Nicolas, 1 A Coruña T. 981 901 595 coruna@viajesytours.eu

LIBRARÍA LOWCOST

Rúa San Andrés, 52 - baixo A Coruña T. 881 990 953 re-read.com

Únete a nós!!!

Rúa Orzan, 129 A Coruña IG: @yoloburger.gaming

Martes a domingo a partir das 19:00

IBROS & COUSAS

L OUSE IBRARÍA

Libraría feminista e de editoriais independentes

Rúa Orzán, 164 - baixo A Coruña IG: @ouselibraria

L a V de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 Sábado de 10:30 a 14:00

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

coruna@revistapincha.gal

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

Pincha A Coruña | xaneiro 2023 | 33 |

DAMOS A BENVIDA AO NOVO ANO CO ‘PINCHO DE PINCHA’

Unha vez ao ano –que non fai dano- tratamos de xuntarnos todo o equipo de Pincha facendo unha das cousas que máis nos gustan: papar! Aínda que nunca o conseguimos porque sempre hai a quen botamos en falta Nesta ocasión puidemos gozar do ‘Pincho de Pincha’ no restaurante San Jaime, en Compostela. Alí estiveron a directora da revista, Rebeca Munín, o deseñador Alberto Seoane, o fotógrafo Iván Barreiro, e as colaboradoras e colaboradores @JuanEAT_o, Xiana Lastra, Silvia Castiñeiras, Ruth Ríos, Jéssica Pintor, Carlos Palomar, José Crusat e César Varela. Brindamos, contamos anécdotas e recibimos como agasallo un saleiro para lembrar o importante que é botarlle sal á vida!

NAS RRSS

Se queres saber o que papamos no ‘Pincho de Pincha’ podes facelo vendo o vídeo que penduramos nas nosas redes sociais. Recorda que podes seguir á revista a través de Facebook, Twitter e Instagram (@revistapincha).

Nas nosas contas publicamos contidos tanto da revista en papel como da web revistapincha.gal, amosámosche as ofertas gastronómicas de moitos dos locais da Coruña e Compostela e ensinámosche moitos dos segredos cando estamos traballando.

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

BAVF

QUERES RECIBIR PINCHA NO TEU CORREO ELECTRÓNICO?

Inscríbete no noso boletín informativo para recibir as revista en pdf no teu correo electrónico, así como outras novas sobre gastronomía e cultura que publicamos na nosa web revistapincha.gal

Para empezar a recibir a nosa newsletter só tes que completar o formulario que atoparás na web.

Accede a través deste código QR ☞

| 34 | Pincha A Coruña | xaneiro 2023
Novo menú: Un luxo ao alcance de todos Como sempre, os produtos de tempada son os protagonistas Rúa Zalaeta, 12 A Coruña RESERVAS: +34 981 657 018 reservas@restaurantehunico.com Podes elixir o entrante e o segundo da túa preferencia por 34€ a 50€
Do 1 ao 26 de febreiro #LacónicasCoruña #SaboreaACoruña + info: www.visitcoruna.com · Menús · Colaboran: Organizan: consulte aquí os establecementos consulte aquí los establecimientos

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.