5 minute read

entrevista | Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo

Rebeca Munín

Por

Advertisement

Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo

“Hai que incentivar a remuda xeracional na artesanía galega”

AFundación Artesanía de Galicia fai neste 2023 vinte anos. Suma xa dúas décadas desenvolvendo programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais na nosa terra. Esta entidade sen ánimo de lucro depende da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, á fronte da cal está desde novembro do 2020 Manuel Heredia.

Vinte anos xa de Artesanía de Galicia. En que punto está hoxe en día a entidade?

Na actualidade temos rexistrados 3.370 artesáns e artesás. Son 826 obradoiros inscritos que realizan sobre 88 actividades artesanais e dan emprego a máis de 7.800 persoas. O cal é un dato bastante relevante. Apostamos pola comercialización e estamos traballando para que, tanto con axudas como a nivel expositivo e de comunicación, os proxectos teñan boa visibilidade. É certo que hai artesáns e artesás que teñen un produto excepcional, pero non saben vendelo. Desde Artesanía de Galicia axudámoslles, explicámoslles os ámbitos nos que teñen que mellorar... Eu sempre defendo o mesmo: unha vez que comercializas, o teu obxectivo ten que ser a satisfacción do consumidor. Porque se non é así, perdes eses clientes.

Sobre que máis obxectivos estades traballando? Preocúpanos moito a remuda xeracional e nese sentido, cremos que a formación é moi necesaria. Hai que profesionalizar o sector e mellorar a dixitalización. Por exemplo, é moi difícil plasmar nunha foto un produto artesanal, feito a man, con todas as súas impurezas... porque non son pezas perfectas. Iso é o bonito da artesanía. Son pezas únicas. A divulgación é tamén outra parte moi importante a través das feiras e encontros que facemos, como ‘Artesanía no prato’ ou ‘Artesanía de Galicia no Courel’. Esta última pon ademais o valor no rural galego, porque hai moitos proxectos que están na Fundación que nacen do rural, conservando procesos tradicionais, pero tamén evolucionando nos tempos actuais. E como dicía antes, hai que incentivar que a xente nova colla esa remuda.

O lucense Santiago Besteiro vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía no 2022. A xoieira compostelá Jose Castro fíxoo no 2021; a zoqueira Elena Ferro e a ceramista Paula Ojea, no 2019... Estes premios demostran que a artesanía galega ten un moi bo nivel? Si, e non só iso. A propia Fundación foi finalista na última edición. Tamén o obradoiro de tornería Vikensen... Desde a creación destes galardóns no ano 2006, o sector artesán galego ten recibido 13 premios e unha mención especial, ademais de ser finalistas en numerosas ocasións. Galicia estase convertendo no foco no que miran outras comunidades autónomas. Hoxe podemos dicir con certo orgullo que, tanto a nivel de agroalimentación como de produtos artesanais, somos referencia a nivel nacional. Seguramente haberá moitas cousas que temos que mellorar, pero cada vez temos unha maior relevancia.

“Hoxe en día E fóra de España? Cada vez nos teñen máis en conta. Nessomos unha te 2023 a nivel dixital calquera produto gran potencia galego pode ter unha canle de comunicación co resto do mundo. E iso é unha a nivel de oportunidade que temos que aproveitar para poñer en valor o que temos. Hai exportación, de vinte anos, tirabamos moito do noso, exportabamos a nivel local... pero hoxe materia prima, en día somos unha gran potencia a nide produto” vel de exportación, de materia prima, de produto. Falando de materia prima, outro selo que depende da Dirección Xeral de Comercio é o de Galicia Calidade, que en decembro celebrou o seu 25 aniversario. Cal é o segredo do seu éxito? Hai un gran traballo que fan e fixeron os seus xerentes pero eu creo que realmente o seu éxito é grazas ás empresas que apostan polo selo, que o ven como unha oportunidade de distinguir os seus produtos.

Nós buscamos esa tripla fusión: produto de Galicia Calidade, talento na cociña con eses grandes restauradores galegos que temos e que para as súas creacións aposten por pezas de Artesanía de Galicia.

Peza de Laura Delgado, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2022. Foto: cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

“Estamos nun escenario de incerteza no consumo, pero pase o que pase estamos preparados para dar resposta”

Cales son os obxectivos principais da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para este ano 2023?

Apostamos por tres eixos principais: comercio de proximidade, dixitalización e sostibilidade. Os orzamentos para 2023 destinan 24 millóns de euros de investimento neste sentido.

Estamos nunha época complicada para o consumo, con grandes subidas nos prezos. Como vai axudar a Dirección Xeral?

Vimos dun escenario bastante complexo. Saímos da pandemia, no 2021 empezamos a albiscar certa recuperación e logo chegou un ecosistema xeopolítico que non favoreceu nada. Produciuse unha retracción do consumo, empezáronse a incrementar as materias primas, a inflación dos prezos... E polo tanto, a capacidade de gasto da poboación en xeral cada vez se reduce máis.

E con ese contexto puxémonos a traballar. No 2022 lanzamos un paquete de axudas ao sector comercial, con 20 millóns de euros, unha delas foi o Bono Activa Comercio, cunha contía de 5 millóns de euros. Activámolo para cofinanciar as compras no comercio galego. Tiñamos a disposición 30 euros para cada galego e galega e, a partir dun determinado importe, tiñas unha serie de descontos. Foi moi ben recibido polo sector porque lles axudou a paliar esa inflación dalgunha maneira e, por outra parte, serviu para concienciar á xente de que consuma no pequeno comercio.

No 2023 volvemos estar nun escenario de incerteza, pero pase o que pase estamos preparados, con todas as respostas.

Repetirase o Bono Activa Comercio neste ano?

O que temos é que apostar pola especialización do pequeno comercio. E obviamente ten que ser un comercio actualizado ao ano 2023. Ese é o noso labor como Administración. Está moi ben en momentos puntuais establecer programas de dinamización –xa o facemos a través das federacións e asociacións de comerciantes destinando 3 millóns e medio de euros para esas campañas–, pero no 2023 temos que ir vendo como evoluciona o ano. Tamén é clave que as entidades locais poñan un ollo no pequeno comercio. Cónstanos que algunha o fai, pero creo que ten que haber un plan estratéxico sobre o tipo de comercio que queren ter para que poidamos traballar todos conxuntamente.■

This article is from: