7 minute read
de bares | Os poetas do alcohol
Patricia Dopazo
Por
Advertisement
@gente.que.cuenta
Os poetas do alcohol
Coctelaría da Coruña
Saber escoitar… Sacrificio… Tempo…
“A misión dun barman é alegrar, non embriagar” Moita xente os coñece como os artesáns do xeo ou os poetas do alcohol. Ser bartender é moito máis que servir ou atender a barra, implica un sentimento e un significado. Ser bartender significa amar servir. O trato apréciase e transmítese á elaboración. Non só é un espectáculo ou dúas mans coordinadas facendo un produto. É PERSONALIDADE, ARTE E SENTIMENTO. Saber facer, tempo, dedicación, experiencia, improvisación, escoitar e observación. Control, satisfacción ó cliente, respecto, calidade, estilo, creatividade. É máis que unha simple mestura, non credes? Unha harmonía, un pensamento, unha comunicación, linguaxe, imaxe, arte. Neste artigo falamos con tres profesionais da coctelaría afincados na nosa cidade, A Coruña. Bruno Ferraccioli, Pablo Gago e Miguel Arbe levan tempo apostando polo sector e difundindo o seu significado e valor.
Miguel Arbe – Bordello Cocktail Parlour Cóntame un pouco sobre ti…
Son Miguel Arbe, nacín na Coruña pero pasei boa parte da miña vida no mundo adiante. Os meus estudos son de informática de xestión, pero despois de ver que estar todos os días diante do ordenador non era cousa miña, fun á hostalería -e máis concretamente á coctelaría- porque me permite soltar a miña creatividade. Actualmente son propietario de Bordello Parlour, un proxecto de gastronomía líquida na rúa Varela Silvari, 2 baixo C.
Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría en Galicia e concretamente na Coruña? Por que emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión da coctelaría aquí igual que en grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Londres?
A coctelaría en Galicia está a ver un aumento da popularidade que vén a reflectir o que se viu dende hai anos no mundo anglosaxón, pero coma sempre con retraso con respecto a eles. A intención de crear o meu proxecto na Coruña é ter a oportunidade de facer realidade as miñas ideas nunha zona «virxe» e formar parte, polo tanto, da punta de lanza desta nova tendencia na gastronomía da zona. Se comparamos Galicia con Madrid ou Barcelona, veremos que a nivel de
público temos posibilidades de Cal é o teu cóctel favorito? perder pero, como na gastronomía As nosas cartas cambian tantas sólida, os nosos produtos, a creatividade e as técnicas dos “Como na gastronomía veces que sería difícil escoller un, pero un dos últimos que principais profesionais non teñen sólida, os nosos chama moito a atención e que nada que envexar. Cales son os aspectos positivos e produtos, a creatividade funciona moi ben, unha vez salvados os posibles prexuízos negativos do sector na Coruña? e as técnicas dos iniciais, é a Santa Compaña, Gustaríame pensar que un aspecto positivo do sector nesta principais profesionais unha combinación de crema de bagazo (orujo) galego de cidade é a tabula rasa coa que non teñen nada que primeira calidade, limoncello, nos atopamos, unha lousa en branco que nos permite traspasar envexar as doutras lima, xarope de limón tostado e unha escuma forte cuberta os límites da creatividade para cidades” con café moído, sal negro e dar a coñecer diferentes tipos de fume de pao santo. Todo para cócteles. representar esa lenda galega Respecto dos aspectos negativos, que todos temos presente. o principal creo que é a falta de profesionais e de formación do público (que están moi relacionados). Se Bruno Ferraccioli – Gran Cru Café houbera máis profesionais que se preocupasen pola Cóntame un pouco sobre ti… calidade e por ofrecer bebidas ben feitas e cun bo Son Bruno Ferraccioli, teño 37 anos e son italiano. equilibrio, sexa cal sexa o estilo, a clientela guiaríase Nacín en Xénova, pero vivo actualmente na Coruña. máis polos creadores das devanditas bebidas para Traballo en Gran Cru Café, unha cafetería con descubrir novos sabores. Como vén acontecendo na personalidade que ofrece unha ampla carta de comida cociña onde os novos cociñeiros puideron achegar aos caseira , viños, todo tipo de bebidas e cócteles na rúa consumidores produtos menos coñecidos e menos Ciudad de Lugo, 36. tradicionais. Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría
Existe apoio ou axudas por parte do Concello ó en Galicia e concretamente na Coruña? Por que sector? emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión
Déixame rir. A resposta é un non definitivo! O mínimo da coctelaría aquí igual que en grandes cidades sería que as licenzas e actividades de hostalería como Barcelona, Madrid ou Londres? estivesen ben organizadas e reguladas como noutros En Galicia é moi descoñecida. Non se ve como en países, onde todos teñen claro que tipo de licenza lle grandes cidades que contan con grandes locais de permite facer que cousas e horarios de traballo se alto nivel. Aquí é unha gran descoñecida, pero vaise poden dividir ben. apreciando como funciona e, sobre todo, o traballo Podemos competir con grandes cidades? que hai detrás grazas ó noso facer. En calidade, Galicia non ten nada que envexar a outras Cales son os aspectos positivos e negativos do cidades máis habituais nas listas dos mellores locais de sector na Coruña? cócteles. Como xa dixen, a súa vantaxe é a cantidade Positivo é que hai moita sintonía entre nós. É unha de xente, pero a gran maioría son estranxeiros, así cidade pequena pero apoiámonos moito entre que se conseguimos aumentar ou atraer máis turismo todos os que formamos o sector, desfrutamos sen e orientalo non só a un turismo gastronómico sólido, competitividade. Galicia pode converterse nun referente. Sobre todo en Negativo, non vexo nada, lévome ben con todos. É lugares con máis afluencia turística como A Coruña, unha loita conxunta para situar e dar forza á coctelaría Santiago ou Vigo. da cidade.
Existe apoio ou axudas por parte do Concello ó sector?
Pouco podo dicir porque non é o meu rol. Toda iniciativa, concurso, evento etc obviamente é positivo.
Podemos competir con grandes cidades?
Si, é unha cidade pequena pero ten forza con grandes profesionais á fronte. Temos a Miguel de Bordello, Andrés de Cloverclub, El Pirata, Bico Bar…
Cal é o teu cóctel favorito?
Teño un cóctel na carta que me trae recordos da miña terra. EL SANREMO reflicte sabores da natureza, das flores, olor a mar e gastronomía libre. Sendo un apaixonado da música este trago foi bautizado en honor ó festival da música italiana que se celebra cada ano neste lugar máxico.
Pablo Gago – Bartender Cóntame un pouco sobre ti…
Son Pablo Gago. Dedícome ó sector da hostalería, especializado en bartending e bar managament. Teño máis de 16 anos de experiencia e titulación variada en coctelaría e xestión. Actualmente atópome en proceso de obras para a apertura do meu propio local, que estará situado na praza Josep Seller Loup.
Cal é o teu punto de vista persoal da coctelaría en Galicia e concretamente na Coruña? Por que emprendiches aquí o teu traballo? Tes unha visión da coctelaría aquí igual que en grandes cidades como Barcelona, Madrid ou Londres?
Creo que estamos nun momento moi doce. O cliente está comezando a apreciar as mesturas complexas,
elaboracións caseiras, o traballo… Opino que a tendencia é un consumo máis moderado pero mellor. A razón de emprender aquí foi resultado dunha evolución profesional lóxica en función do consumo e a tendencia observada no local onde traballaba, Zicatela. O meu proxecto é máis persoal. A coctelaría non será un complemento da cociña, senón a protagonista principal. O número de locais creceu de maneira incrible e marabillosa na cidade. Isto é moi bo e positivo, pois ofrece variedade e diferentes estilos.
Cales son os aspectos positivos e negativos do sector na Coruña?
Positivo é o grandísimo crecemento de locais e de academias de formación. Negativo que é unha tendencia pero falta formación de todos, é dicir, por parte do profesional e do cliente.
Existe apoio ou axudas por
Arriba, detalle de Miguel Arbe. Abaixo, Pablo Gago. parte do Concello ó sector? Fotos: Iván Barreiro Todos os locais de hostalería teñen créditos anuais para a formación. É unha facilidade moi boa para formarte.
Podemos competir con grandes cidades?
Fáltanos camiño. Creo que o que teñen de fortaleza as grandes cidades é a multicultura. Aquí está chegando moita xente de fóra pouco a pouco e imos collendo un camiño máis correcto e adquirindo unha evolución positiva e forte. Espero que a nosa coctelaría chegue a apreciarse e respectarse tanto como a doutras cidades.
Cal é o teu cóctel favorito?
Mais que un cóctel é un estilo. Son amante do cóctel aperitivo, fan dos amargos tipo Negroni, Spitz…