![](https://assets.isu.pub/document-structure/230113104546-bed7949440f594631dcfacef40f946c0/v1/dcdd9b3d1d1218f56ef8378bdf1b9d76.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
1 minute read
ultramarinos | Pincha dá a benvida ao novo ano
DAMOS A BENVIDA AO NOVO ANO CO ‘PINCHO DE PINCHA’
Unha vez ao ano –que non fai dano- tratamos de xuntarnos todo o equipo de Pincha facendo unha das cousas que máis nos gustan: papar! Aínda que nunca o conseguimos porque sempre hai a quen botamos en falta Nesta ocasión puidemos gozar do ‘Pincho de Pincha’ no restaurante San Jaime, en Compostela. Alí estiveron a directora da revista, Rebeca Munín, o deseñador Alberto Seoane, o fotógrafo Iván Barreiro, e as colaboradoras e colaboradores @JuanEAT_o, Xiana Lastra, Silvia Castiñeiras, Ruth Ríos, Jéssica Pintor, Carlos Palomar, José Crusat e César Varela. Brindamos, contamos anécdotas e recibimos como agasallo un saleiro para lembrar o importante que é botarlle sal á vida!
Advertisement
NAS RRSS
Se queres saber o que papamos no ‘Pincho de Pincha’ podes facelo vendo o vídeo que penduramos nas nosas redes sociais. Recorda que podes seguir á revista a través de Facebook, Twitter e Instagram (@revistapincha). Nas nosas contas publicamos contidos tanto da revista en papel como da web revistapincha.gal, amosámosche as ofertas gastronómicas de moitos dos locais da Coruña e Compostela e ensinámosche moitos dos segredos cando estamos traballando.
www.revistapincha.gal
Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha BAVF
QUERES RECIBIR PINCHA NO TEU CORREO ELECTRÓNICO?
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230113104546-bed7949440f594631dcfacef40f946c0/v1/6f8690848727fb45f159c5aac6b864dc.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230113104546-bed7949440f594631dcfacef40f946c0/v1/278aad0f7280dc1f7b3f0520d4ab1271.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Inscríbete no noso boletín informativo para recibir as revista en pdf no teu correo electrónico, así como outras novas sobre gastronomía e cultura que publicamos na nosa web revistapincha.gal
Para empezar a recibir a nosa newsletter só tes que completar o formulario que atoparás na web. Accede a través deste código QR ☞