17 minute read
A6 | Álex Fidalgo, de ‘Lo que tú digas’
Álex Fidalgo:
Advertisement
Álex Fidalgo (Corcubión, 1985) é creador e presentador do podcast ‘Lo que tú digas’. Con 10 millóns de descargas, 80 mil oíntes e 278 episodios publicados, Álex foi dos pioneiros do mundo do podcasting no noso país.
Como o refrán de Mahoma, Álex Fidalgo fixo o propio coa radio. Sempre tivo claro que quería escoitar historias e transmitilas a través dun micrófono. Con 18 anos decidiu facer as maletas e mudarse a Madrid, terra de artistas, ou polo menos de paso. Tralas prácticas pertinentes, Fidalgo conseguiu achegarse un pouco máis á súa meta laboral cando entrou a formar parte de diversos equipos radiofónicos. En Onda Cero puidemos oílo en ‘La rosa de los vientos’, ‘La parroquia’ ou ‘No son horas’. E en Radio 4G, xunto a José Antonio Abellán, en ‘La jungla’.
Pero a profesión de periodista caracterízase pola temporalidade dos seus proxectos, polo que Álex tivo que retornar a Galicia. Este factor, sumado ó de ter que traballar en proxectos ou formatos nos que non se sentía de todo realizado, fíxolle caer nunha depresión severa, algo do que fala abertamente no seu podcast. Foi precisamente crealo o tope que se puxo a si mesmo para demostrarse se realmente valía ou non para o que amaba e para o que tantos anos levaba preparándose: a comunicación.
Comezou no 2017 dende a casa dos seus pais e por Skype. Tiña claro quen quería que fose o seu primeiro invitado, asumindo que non ía conseguir máis de dez oíntes nese primeiro piloto. José Miguel Mulet, bioquímico molecular, protagonizou xunto a Mercedes Milá no programa de televisión de Risto Mejide, ‘Chester’, unha confrontación que se fixo viral. Ó parecerlle interesante o tema, quixo afondar máis nel e darlle a oportunidade a Mulet de explicar o que ía contar ó programa. Atopouse con mil descargas, o que lle aportou a motivación suficiente para, polo menos, sentirse válido para dedicarse á súa gran paixón, a radio. Ante a inexistencia de posibilidades de dito medio, construíuse unha propia.
Arturo González Campos, José Ramón Gayoso ou Sánchez Dragó son algúns dos seus primeiros episodios, pero a curva ascendente comezou a notarse despois das entrevistas a Laureano Oubiña, contrabandista e narcotraficante, e ó Dr. Cavadas, cando apenas facía aparicións públicas.
Ata o 2020, pandemia incluída, estivo en Galicia, pero dende o episodio 13 era el quen ía ata as casas ou estudos dos protagonistas.
Naquel intre conseguiu un contrato nunha plataforma de audio, pero el mesmo recoñece que se lle viña un mal mes, non podía asumir certas facturas. Con todo, pelexou ata conseguilo.
Fidalgo xunto con Arturo Pérez Reverte cando o entrevistou para o seu podcast.
Ana Romero
Por
Fai dous anos chegou unha nova fichaxe, esta vez nunha plataforma de máis alcance. Con ela comezou a ter un soldo co que podía manterse, pero a cambio de certas restricións á hora da publicación. Para, aparentemente, chegar a un novo nivel de recoñecemento, tiña que deixar a moitos dos seus seguidores no camiño por publicar seu contido nas plataformas de pago.
Así que, novamente, tomou unha decisión difícil, a de deixar de ter un soporte económico e publicitario para se entregar ó público ó que lle pechara o acceso.
‘Lo que tú digas’
As maneiras de consumir cultura cambian co paso do tempo, e aínda que o podcasting sexa un formato de audio, un gran número de oíntes escollen tamén a opción de oílo acompañado con vídeo. Iso é posible tamén con ‘Lo que tú digas’. A día de hoxe publica dous episodios á semana relacionados coa ciencia, tecnoloxía, literatura, televisión e todo tipo de artes. Dende a súa casa, en Madrid, mencionando cada vez que pode o seu lugar de orixe, para cantar ó mundo as marabillas que hai a tan só 600 quilómetros de distancia.
As súas baleas brancas, como el mesmo as identifica, sempre foron Arturo Pérez Reverte, Francis Alsina, Andreu Buenafuente ou Íker Jiménez. Conseguiu entrevistalos a todos.
O deste galego (@alexfidalgo) é un exemplo de traballo, de esforzo, superación e constancia.
Se queredes escoitar os episodios de ‘Lo que tú digas’ (@ lqtdradio), atópanse nas plataformas Spotify, iVoox, Youtube ou Apple Podcast.
Álex, no seu estudo na súa casa en Madrid.
XANEIRO NO JAZZ FILLOA
ATA O 28 DE XANEIRO PASES ÁS 21:45 H E 23:00 H | PREZO: 10 €/PASE (EXCEPTO CONCERTO CSMUS + JAM: 5€/PASE) A axenda de concertos e jam sessions do mes de xaneiro no Jazz Filloa inclúe:
• XOVES 12: Alber Grela Trío + Jam • SÁBADO 14: POQ Trío • MÉRCORES 18: Martín Otero Trío • VENRES 20: Marcel Pascual Quintet • MÉRCORES 25: Lito Martínez Trío • XOVES 26: Concerto CSMUS + Jam • SÁBADO 28: Ju Young & Martín Otero Dúo
MOSCA TEATRO ROSALÍA DE CASTRO 13 DE XANEIRO ÁS 20.30 H | PREZO: DESDE 6,5 € O 13 de xaneiro o Teatro Rosalía de Castro acollerá a estrea absoluta do espectáculo ‘Mosca’.
‘Mosca’ é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese refl ectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Con Fernanda Barrio, Martín Maez e Rocío Salgado. Dirección e autoría: Gustavo del Río. danza, o ilusionismo e as artes circenses. Trátase dunha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. O espectáculo nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros.
XANEIRO NO GARUFA CLUB
ATA O 28 DE XANEIRO |
A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de xaneiro: • VENRES 13 ÁS 22.00 H: Garufa Blue Devils Big Band • SÁBADO 14 ÁS 21.30 H: Whisky Caravan + Mar de fondo • DOMINGO 15 ÁS 19.00 H: Jamaica Cinema • XOVES 19 ÁS 21.30 H: Stompy Seven Jass Band • VENRES 20 ÁS 22.00 H: The Nunzia’s • SÁBADO 21 ÁS 22.00 H: Coge aire (concerto solidario) • MÉRCORES 25 ÁS 21.00 H: Teatro-impro • XOVES 26 ÁS 22.00 H: Savoy Club Big Band • VENRES 27 ÁS 22.00 H: Rockers go to hell + Cancabalo • SÁBADO 28 ÁS 22.00 H: Son de Camagüey
INVENTIO TEATRO COLÓN 13 DE XANEIRO ÁS 20:00 H E 14 DE XANEIRO ÁS 17 H E 20.30 H | PREZO: DESDE 13 € Inventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a EL LAGO DE LOS CISNES PALACIO DE LA ÓPERA
15 DE XANEIRO ÁS 19:00 H | PREZO: DESDE 32 € Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.
Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal.
ACTIVIDADES EN PENCIL & FORK
XANEIRO E FEBREIRO |
Pencil & Fork comeza o ano ofrecendo novos cursos e obradoiros. O sábado 21 de xaneiro celebrarán o Ano Novo Chino cunha cea temática (reserva necesaria) e o domingo 22 realizarán un obradoiro de cociña tradicional do país asiático con Alba Jia, natural de Shandong. O 3 e 4 de febreiro o equipo de Arkhé axudaralles a crear unha pequena historia para covertila en cómic no obradoiro ImproComic. Podes inscribirte a estas ou outras propostas en pencilandfork.es CONCERTO DE DAKHABRAKHA TEATRO COLÓN
20 DE XANEIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 13 € A banda ucraína DakhaBrakha actuará o 20 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña . Será unha emotiva cita que simboliza o apoio e solidariedade ao pobo de Ucraína. O recital conta coa colaboración do Concello da Coruña dentro do ciclo de concertos ‘Suseia et Ultreia: Pobos, Linguas, Tribos’, patrocinados polo Xacobeo. Será toda unha celebración da diversidade, coa vontade de tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xustiza social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música.
JOEJUFY, THE HUNTER FÓRUM METROPOLITANO 20 DE XANEIRO ÁS 20:30 H | PREZO: 9 € Tirabeque Ka’avo presenta JoeJufy, The Hunter, no Fórum Metropolitano. Un espectáculo de teatro contemporáneo que profunda no mundo da moda en occidente, facendo evidente a problemática das cadeas de produción, distribución, venda e consumo. Nesta nova produción, baixo a dirección de Anahí Taraburelli, apostan por unha linguaxe teatral que navega polo surrealismo posmodernista, refl ectindo a nosa sociedade: creadora e vítima do liberalismo, que ten présa por chegar a ningún lado e consome egoísta e cegamente sen pensar nas consecuencias.
20 DE XANEIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 6,5 € ‘Último verán en Santa Cristina’, de Teatro do Noroeste, conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. Con Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela. Dirección e autoría: Eduardo Alonso.
XIII FESTIVAL TERRA DE MAXIA FÓRUM METROPOLITANO
21 DE XANEIRO ÁS 18:00 H | PREZO: ENTRE 6 € E 8 € Tierra de Hombres organiza a súa tradicional gala de Maxia no Fórum Metropolitano a benefi cio do programa ‘Viaxe cara á vida’. Participarán grandes magos como Román García, Joshua Kenneth, Kiko Pastur, Mago Rebo, Mago Rufus. A gala será presentada pola xornalista Ana Villagrasa. NAIS CENTRO ÁGORA 21 DE XANEIRO ÁS 19:30 H | PREZO: 15 € O auditorio do Ágora acolle a representación de “Nais”, unha comedia de enredo chea de situacións disparatadas protagonizada por Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira), dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan faíscas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida.
CHUNGO TEATRO COLÓN 21 DE XANEIRO ÁS 20:30 H | PREZO: ENTRE 13 € E 17 € Luís Zahera, recoñecido e galardoado actor galego, presenta no Teatro Colón “Chungo”, un monólogo no que repasará a súa nenez desde a infancia, o colexio, a súa familia, os seus inicios no mundo da interpretación, a súa carreira e unha chea de anécdotas e experiencias, todas elas reais como a vida mesma. CORAL POLIFÓNICA ‘EL ECO’ (1882-2022)” SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
ATA O 23 DE XANEIRO | PREZO: DE BALDE A sala municipal de exposicións de Palexco acolle a exposición ‘Coral Polifónica ‘El Eco’ (1882-2022)’ con motivo do seu 140 aniversario. A mostra recolle imaxes e relatos dos fi tos máis importantes vividos nos primeiros 140 anos de historia da coral. A exposición conta con máis de 120 elementos entre os que se atopan coroas, medallas ou partituras.
RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR TEATRO COLÓN
26 DE XANEIRO ÁS 18:00 E 21.00 H, 27 DE XANEIRO ÁS 20.00 E 23.00 H E 28 DE XANEIRO ÁS 18.00 E 21.00 H | PREZO: DESDE 16 € O Centro Dramático Galego e Ainé unen forzas para levar ás táboas un texto de José L.Prieto, a partir dun traballo xornalístico de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea, coa dirección de Tito Asorey. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría. Interpretada por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneawws, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música. Un espacio diferente para los que buscan algo diferente
Alquiler de espacios
Eventos privados Eventos de empresa Reuniones sala bosque Cenas Cluedo Concursos Rodajes
Cursos y talleres Gastronomía Idiomas Arte Salud y Bienestar Catas Música
Tapas-café
Paloma de ensaladilla Minitortilla Adriá Brioches Bagels Miniburguers Tostas XL Desayunos Dulces caseros
web Pencilandfork.es Instagram
LA VOLUNTAD DE CREER TEATRO ROSALÍA DE CASTRO 27 E 28 DE XANEIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 9,50 € De Pablo Messiez, escrita a partir de La palabra, de Kaj Munk. O menor dunha familia de irmáns vascos sostén que é Xesús de Nazaret. As súas irmás consideran que toleou por exceso de lecturas de Kierkegaard. Como en Ordet, haberá morte e resurrección. E, sobre todo, o desexo de xogar coa percepción das persoas espectadoras de modo que a propia función sexa unha posta a proba da súa fe.
O GALEGO, A MULATA E O NEGRO FÓRUM METROPOLITANO
28 DE XANEIRO ÁS 19:30 H | PREZO: 5 € Comedia baseada na peza teatral do gran dramaturgo, actor e historiador galego Gustavo Pernas Cora. Esta obra podería ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos nos que diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba desde 1886 ata 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que mostran coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor. QUEN DIXO MEDO? GARUFA CLUB
1 E 2 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 15 € Un espectáculo de humor con Carlos Blanco e Oswaldo Digón, para non parar de rir. ‘Quen dixo medo?’ son monólogos, claro, da man destes dous consumados e aplaudidos monologuistas. ‘Quen dixo medo?’ son mil. Ou máis. Mil e unha historias. Imposible aburrirse!
LA INFAMIA TEATRO ROSALÍA DE CASTRO 3 E 4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 8,50 € De Lydia Cacho. Adaptación de Lydia Cacho e José Martret. O gobernador dun estado de México se alía cun empresario e pagan a un grupo de policías para que se despracen ata a outra punta do país para secuestrar a unha xornalista que publicou un libro onde lles denuncia por trata de nenas. Eses policías poden secuestrala “legalmente”, torturarla, matala polo camiño e lanzar o seu corpo ao mar onde probablemente ninguén o atopará nunca. Poden desatar o horror e saír totalmente impunes. Ou non... Cunha impoñente montaxe que ocupa todo o edifi cio do Cantón herculino, ‘AI: More than Human’ confi gura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científi cos da intelixencia artifi cial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.
MIGUEL LAGO TEATRO COLÓN 4 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 13 € LAGO é un show sen artifi cios. Un cómico sobre unha alfombra, baixo un foco e cun micrófono cara a cara fronte ao público. A comedia de club, a comedia de bar e estrada chega ás táboas dos grandes escenarios por primeira vez. Pura stand-up clásico. Xenuína comedia servida con liberdade, verdade e nudez que busca a quintaesencia do formato. E por suposto coa fi rma e a experiencia dunha icona do ‘One man Show’. Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy ou Ricky Gervais…
AI: MORE THAN HUMANS SEDE AFUNDACIÓN
ATA O 5 DE FEBREIRO | PRECIO: DESDE 8 € Ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artifi cial. ESTO NO ES UN SHOW AUDITORIO SEDE AFUNDACIÓN 11 DE FEBREIRO ÁS 18.00 E 20:30 H | PREZO: DESDE 16 € Un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén haberá moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que xa verías de Galder Varas en redes sociais (de feito, se non viches nada aínda, os responsables deste espectáculo recomendan botar unha ollada antes de comprar unha entrada. Seguro que serve de máis axuda que esta descrición).
11 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 8,50 € A conmemoración dunha batalla esquecida reúne aos exiguos restos dunha tropa. Apenas se distinguen
xa daquelas pantasmas que evocan, os que quedaron sepultados xunto co medo e a gloria, nas trincheiras. Diríase defi nitivamente vencidos polo tempo, derrotados polas hostilidades do destino, con todo, non abandonaron a esperanza de realizar unha última xesta gloriosa. Na reunión anual planean perpetrar o asalto ao poder, soñan cun desquite que termine coas inxustizas e terminan que acaban entre ambicións e rivalidades. Na exploración de límites en que sempre traballa A Zaranda esta ‘Batalla dos ausentes’ móvese entre o elegíaco e a farsa, constituíndo en clave de humor unha alegoría descarnada da actualidade.
Con Francisco Sánchez, Gaspar Campuzano e Enrique Bustos.
DOBLE O NADA
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO 24 E 25 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 8,50 €
É unha obra que transcorre cando o director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller e o outro home. Que infl uirá nesa decisión? A capacidade? O sexo? A experiencia? A audacia? O engano? A trampa?... Unha obra de impacto emocional, na que nada é o que parece ser, e na que a traizón e o amor son xiros continuos desa falsa rosca chamada poder. Unha obra atrapante contada maxistralmente. Con: Miguel Ángel Solá e Paula Cancio. LACÓNICAS VIII XORNADAS GASTRONÓMICAS DE LACÓN CON GRELOS
DO 1 AO 26 DE FEBREIRO |
Coruñeses e visitantes volverán gozar un ano máis das tradicionais laconadas durante o Entroido grazas ás VIII Lacónicas - Xornadas gastronómicas do Lacón con Grelos que se celebrarán na cidade herculina. Máis dunha trintena de restaurantes e locais hostaleiros participan nestas xornadas ofrecendo a tradicional sopa, a laconada e as sobremesas con filloas, orellas ou rosquillas, ademais da bebida. Este evento gastronómico está organizado polo Consorcio de Turismo da Coruña, co obxectivo de exaltar un produto clásico da cociña tradicional galega no marco dunha festa tan querida polas coruñesas e coruñeses como é o Entroido. Consulta a lista de restaurantes participantes en revistapincha.gal MOSTRA FOTOGRÁFICA DE STEVEN MEISEL PEIRAO DA BATERÍA
ATA O 1 DE MAIO | PRECIO: DE BALDE O Peirao da Batería no porto da Coruña xa acolle a exposición “Steven Meisel 1993 A Year in Photographs” promovida pola Fundación de Marta Ortega (MOP). Os coñecementos de Steven de todos os aspectos da moda son incomparables. A súa infl uencia impulsou numerosas carreiras, especialmente as de Linda Evanxelista, Naomi Campbell, Stella Tennant e Kristen McMenamy. Como ben di a deseñadora Anna Sui: “Steven pode facer que calquera modelo brille máis que nunca en toda a súa carreira”. Velo empoderar ás modelos é “unha cousa máxica, é como namorarse”. A exposición é un gran desfi le de máis de 100 retratos clásicos que son á vez clásicos, subversivos, enxeñosos e cálidos. En cada un deles, a lente de Steven capta á perfección as virtudes do seu modelo. Son algunhas das fotos máis importantes e interesantes da historia da moda. Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Coruña ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:
coruna@revistapincha.galPincha
Axenda suxeita a posibles modifi cacións.
Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural